A Estrada pon en valor o traballo dasgandarías da comarca e as mellorasacadadas en calidade e optimización de recursos.

 Hoxe tivo lugar unha xuntanza organizada pola concellería de
Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira con diferentes
representantes de explotacións gandeiras da comarca.
 A xornada, celebrada no restaurante ‘Semaná’ da Estrada, incluíu
un xantar de confraternidade e dúas charlas por conta da
veterinaria Sara García e o gandeiro José Carlos Vega.

O restaurante ‘Semaná’ da Estrada
acolleu hoxe unha xuntanza promovida pola área de Desenvolvemento Rural e
Actividade Agrogandeira, encabezada por María Ángeles Pais Carbia, na que
se recoñeceu o labor desenvolto polos profesionais gandeiros á fronte das súas
explotacións, así como as melloras acadadas tanto en termos de calidade
como optimización de recursos.
Na xornada, o alcalde, José López Campos e a edil, María Ángeles Pais Carbia
participaron diversos representantes de explotacións agrogandeiras da
contorna e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias
Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros.
A programación da cita incluíu charlas por conta de Sara García Vega,
veterinaria da cooperativa Xallas, quen tratou o manexo de reprodución das
vacas secas e tamén por conta do gandeiro do Grupo Reigada, quen compartiu
coas persoas asistentes a súa experiencia no sector.
Ao remate destas intervencións tivo lugar a entrega de premios ás explotacións
leiteiras gañadoras con base nos datos de control leiteiro recollidos por Africor
Pontevedra. As explotacións estradenses Gandeiria Pais S.C.e Rosa Ana
Tenreiro Merlan, xunto con Gandeiría Pereira S.C, de Forcarei, recibiron o
distintivo por índices xenéticos, que recolle os índices de varios parámetros
como produción, calidade ou conformación.
No referente calificación media, realizada a través da Confederación Nacional
de Frisona Española, que mediante uns calificadores seleccionan á gandaría
con mellor media, os premiados foron Gandeiría Gestoso S.C, da Estrada, e
Gandeiría Pereira SC e Manuel Míguez Filloy, ambas de Forcarei.
No eido da produción, os galardóns recaeron en Finca Santaya S.A.T e Mª
Susana Besteiro Otero, da Estrada, e Gandeiría Pereira S.C, de Forcarei.

A edil de Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira sinalou que “os
resultados obtidos por estas explotacións locais e da comarca responden ao
coidado e á calidade nos procesos, que fan do noso gando unha referencia a
nivel autonómico e nacional”.
Pola súa parte, o alcalde, José López, puxo en valor “uns distintivos que non
fan outras cousa que dar testemuña do fantástico traballo desenvolto polos
gandeiros e gandeiras, así como pola calidade natural do rural estradense, o
cal como non pode ser doutro xeito, repercute de forma directa na calidade dos
produtos”

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Teatro Principal honrou a poesía conrecitais e a entrega do premio Avelina Valladares

 A cita literaria corou ao noiés Manuel López Rodríguez como
vencedor do XXVII premio de poesía Avelina Valladares.
 Escolares de diversos centros de ensino estradenses levaron a
cabo o recitado de obras poéticas.

O Teatro Principal acolleu onte a
celebración da XVII Festa da Poesía, nun acto que incluíu tanto a entrega do
XXVII premio de poesía Avelina Valladares como un recital poético por conta
de estudantes de diferentes centros de ensinanza.
O escritor noiés, Manuel López Rodríguez recibiu de man do edil de Cultura,
Juan Constenla, o que é xa o seu terceiro galardón consecutivo neste certame.
O seu poemario ‘Fíotaxidermista’ foi seleccionada como a gañadora da
presente edición grazas ao seu “realismo cromático, clasicismo do íntimo e
cotiá e o hopperismo”.
O alumnado de diferentes centros de ensino enriqueceu o acto recitando obras
poéticas dalgúns dos autores e autoras máis sobranceiras deste xénero
literario.
A cita segue consolidándose como un dos eventos literarios máis sinalados no
municipio, sumando en cada edición un maior número de asistentes e
participantes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada abre luns o prazo de inscriciónpara a primeira quenda de actividades de piscina para persoas maiores

 O prazo estará en vigor ata o 22 de decembro e as persoas
interesadas poderán anotarse no departamento de Servizos Sociais
ou na sede electrónica municipal.

O Concello da Estrada abrirá o
vindeiro luns, día 18 de decembro, o prazo para que as persoas maiores de 50
anos que estean empadroadas no Concello poidan participar na primeira
quenda de actividades de piscina.
O prazo para formalizar as inscricións estará en vigor ata o venres 22 de
decembro, e as persoas que desexen participar na iniciativa poderán anotarse
no departamento de Servizos Sociais, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou a
través da sede electrónica municipal.
Cada sesión deberá contar cun mínimo de 7 alumnos e un máximo de 12.
A actividade nesta primeira quenda desenvolverase desde o 15 de xaneiro ata
o 31 de marzo no seguinte horario:
 Luns de 09:15 a 10:00 h
 Luns de 16:30 a 17:15h
 Luns de 19.30 a 20.15h
 Mércores de 09:15 a 10:00h
 Venres de 09:00h a 09:45h
 Venres de 09:45h a 10:30h

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada e a Federación Galega dePádel asinan un convenio parapromocionar este deporte na localidade

 O alcalde, José López, e o presidente da FGP, Manuel Fernández
Prado, formalizaron o convenio a través do cal se facilitará o
desenvolvemento deportivo e a promoción desta disciplina na
Estrada.
 Segundo este acordo A Estrada acollerá de xeito anual, como
mínimo, unha Fase Final autonómica de calquera categoría
federada.

O Concello da Estrada e a Federación
Galega de Pádel asinaron hoxe un convenio individual a través do cal se
mellorará o e facilitará o desenvolvemento deportivo e se buscará incentivar a
práctica desta modalidade deportiva no municipio.
O rexedor, José López, e o presidente da Federación Galega de Pádel, Manuel
Fernández Prado, selaron o acordo co que se promocionará unha modalidade
deportiva en auxe que cada vez suma máis adeptos.
Deste xeito, e conforme ao asinado, o Concello da Estrada, durante a duración
do convenio, cederá o uso das instalacións necesarias, de xeito gratuíto, para
os eventos e actividades que a Federación organice na localidade, dentro do
programa de tecnificación de xogadores, árbitros, oficiais de mesa e persoal
federativo.
Pola súa parte, a Federación organizará na Estrada de xeito anual, como
mínimo, unha Fase Final autonómica de calquera categoría federada, ou un
encontro promocional cumprindo con protocolos vixentes. Ademais, tamén
colaborará naqueles actos ou eventos de promoción deportiva orientados aos
clubs locais ou as Escolas Deportivas Municipais, programados pola área de
Deportes, e aportará material común para as Escolas Deportivas Municipais
por acordo de ambas partes.
Na actualidade, o Concello da Estrada xa ten asinados convenios coas
federacións autonómicas de Bádminton, Baloncesto, Balonmán, Fútbol, Rugby
e Voleibol, e en base aos mesmos, esta pasada semana, estiveron traballando
nas instalacións municipais, as federacións autonómicas de baloncesto,
balonmán e rugby, con ao redor de 200 deportistas.
O alcalde, José López Campos, celebrou a sinatura dun convenio “que nos
reafirma como unha das capitais do deporte galego” e sinalou a importancia da

sinerxia coas distintas federacións para potenciar e promover as distintas
modalidades no Concello, facendo emprego “da ampla variedade de
infraestruturas que moi cedo se complementarán co novo módulo cuberto
multideportivo”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada acollerá a concentración daselección española de voleibol sub-17como antesala dos vindeiros compromisosinternacionais

 Os combinados masculinos e femininos aloxaranse nas
instalacións da AGASP e realizarán as sesións de adestramento no
pavillón Manuel Coto Ferreiro.
 Haberá encontros contra Portugal os días 20, 21 e 22 e contra
Francia o día 28, todos eles de balde.
 Entre todos os conxuntos que tomarán parte estímase que A
Estrada acolla ao redor de 100 deportistas.

O Concello da Estrada reafirma a súa
posición como referente deportivo autonómico coa acollida das concentracións
dos combinados nacionais sub-17, tanto masculino como feminino, de voleibol.
O alcalde, José López Campos, e o director técnico da Federación Galega de
Voleibol e técnico da Selección Española Sub-17 feminina, Juan Carlos
Suárez, foron os responsables de presentar esta mañá a concentración que
ambos conxuntos realizarán na Estrada.
A selección masculina Sub-17 reunirase do 17 ao 23 de decembro para un
período de concentración no municipio estradense, sumándose o combinado
de Portugal, co cal se enfrontarán en amigables programado para os días 20 e
21 ás 18:00 horas e o 22, ás 10:30 horas, todos eles no Manuel Coto Ferreiro.
Mentres tanto, a selección feminina Sub-17 concentrarase do 23 de decembro
ata o 2 de xaneiro, e disputará un encontro contra a selección de Francia o
xoves 28 de decembro ás 18:00 horas no pavillón Manuel Coto Ferreiro. Esta
concentración servirá de preparación para o Torneo WEVZA da súa categoría
que terá lugar do 2 ao 8 de xaneiro en Herentals, Bélxica, previo o Campionato
de Europa da categoría.
Durante este período, os xogadores e xogadoras integrantes da expedición
aloxaranse nas instalacións de AGASP e realizarán as súas sesións de
adestramento no pavillón Manuel Coto Ferreiro, en baseo convenio do Concello
da Estrada coas federacións deportivas.
A entrada para todos os encontros programados será libre e gratuíta,
buscándose con esta medida, promover a participación e o apoio da veciñanza,

achegándolle a todas as persoas que desexen acudir deporte base de elite
cunha nutrida participación de deportistas galegos.

López Campos indicou que “acoller eventos desta índole é posible grazas ao
número de convenios que desde o Concello da Estrada asinamos coas
distintas Federacións, acordos que nos permiten organizar estes eventos e
consolidarnos como unha referencia deportiva en Galicia”. Durante a súa
intervención tamén destacou a colaboración do goberno autonómico “non me
esquezo da colaboración da Xunta de Galicia, facilitando as fantásticas
instalacións da AGASP para que os deportistas poidan dispoñer das mellores
condicións na súa estadía”.
Finalmente fixo un convite á veciñanza para asistir aos encontros que se
disputen durante esta concentración na Estrada, e agradeceu “o compromiso e
a implicación da Federación Galega de Voleibol para que os combinados
nacionais poidan realizar a súa preparación na Estrada”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

‘El Búho’ fará unha parada na Estradaeste venres para presentar os temas do seu novo disco.

 O edil de Cultura, Juan Constenla, e o membro da agrupación
Héctor Martínez presentaron esta mañá no consistorio o concerto
que terá lugar este venres no Teatro Principal.

O Concello da Estrada aposta polo
talento local como dinamizador da actividade cultural este Nadal co concerto de
‘El Búho’, que encherá de ritmo o Teatro Principal a partir das 21:00 horas
deste venres, 15 de decembro.
O edil de Cultura, Juan Constenla, foi o responsable de presentar xunto co
cantante e teclista estradense, Héctor Martínez, o concerto co que a
agrupación fará unha parada na Estrada dentro da xira de presentación do seu
primeiro disco, gravado polo produtor Juan de Dios Martin en Los Ángeles, nos
Estados Unidos, e masterizado por Felipe Tichauer, quen traballou con
anterioridade con artistas como Luis Fonsi ou Christina Aguilera.
Deste xeito, a veciñanza da Estrada poderá gozar dunha das bandas
emerxentes máis importantes do panorama musical galego, sendo ademais
unha agrupación con arraigo e identidade estradense, debido a que dous dos
seus actuais integrantes son orixinarios da localidade.
As persoas que desexen acudir ao concerto poderán retirar as súas entradas
por un prezo de 3 euros nas dependencias do departamento de Cultura.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A E strada reforzará as súasconexións sanitarias con Santiago através de tres liñas e un bus lanzadeira

 O alcalde, José López Campos, e a xefa territorial da Consellería de
Infraestruturas en Mobilidade, María Martínez, mantiveron esta
mañá unha reunión de traballo para tratar a temática da conexión
entre A Estrada e os hospitais de Conxo e o Clínico de Santiago.
 O sistema contempla saídas desde A Estrada cara a estación
intermodal ás 06:40, 13:45 e 20:50 horas e o percorrido inverso ás
08:15, 15:15 e 22:15 horas.
 Tamén se analizou a creación dun sistema de lanzadeiras que
conecte os hospitais coa estación intermodal.

O alcalde da Estrada, José López
Campos, e a xefa territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade,
María Martínez, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo para analizar a
conexión do municipio cos centros hospitalarios de Conxo e o Clínico
Universitario, en Santiago de Compostela.
Na xuntanza contemplouse a creación dun sistema que conecte A Estrada coa
estación intermodal da capital galega, con saídas desde o municipio
estradense ás 06:40, 13:45 e 20:50 horas e desde Santiago ás 08:15, 15:15 e
ás 22.15 horas.
Ademais coa finalidade de mellorar a mobilidade dos usuarios que fagan
emprego deste servizo tamén se proxecta a creación dun sistema de
lanzadeiras que conecte a estación intermodal cos centros hospitalarios.
Debido á integración na área do transporte metropolitano, os usuarios que
fagan emprego do transporte só deberían de pagar unha viaxe, incluíndose
deste xeito tanto o desprazamento a Santiago como o bus lanzadeira.
Deste xeito avanzase na resposta a unha demanda veciñal ofrecendo un
método de transporte que favoreza tanto ao persoal sanitario residente no
Concello, coincidindo as liñas cos horarios de entrada e saída laborais, como
aos veciños e veciñas que necesiten desprazarse aos centros sanitarios por
motivos de saúde ou para acompañar a algunha persoa ingresada nos
mesmos.

Publicado en Portada | Deja un comentario