BNG denuncia a falta de criterio do goberno municipal á hora de asfaltar pistas

Xoán Reices: «o goberno de López vai asfaltar en Berres unha pista forestal, cando no mesmo lugar de Vilancosta e Servide en Berres os accesos están intransitábeis»

O BNG critica a falta de criterio do goberno municipal do PP á hora de realizar os asfaltados nos viais municipais. Xoán Reices, candidato do BNG á alcaldía, explicou que «o goberno de López vai asfaltar en Berres unha pista forestal, cando no mesmo lugar de Vilancosta e Servide en Berres os accesos están intransitábeis, segundo nos comunicaron os propios veciños e veciñas».

«Cremos que calquera goberno municipal debe ter un criterio á hora de gastar os cartos públicos», explicou Reices, «esa pista forestal pode ser de interese asfaltala, mais o primeiro é darlle un bo servizo aos veciños e veciñas das aldeas, non é de recibo que teñen que andar sorteando as fochancas para chegar ás casas como ocorre agora».

O candidato do BNG afirma que «son innumerábeis os veciños e veciñas que se achegan a nós para denunciar o mal estado dos viais das aldeas e parroquias; mais o goberno de López segue de brazos cruzados, a pesar de que o malestar no rural medra cada día que pasa».

«Temos un goberno paralizado e esgotado», engade, «nin fan os orzamentos nin reparan as fochancas, como as que denunciamos hai case un mes no Souto de Vea».

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os usuarios e usuarias do centro de día da Estrada confeccionaron catro ‘Vidrieiras de Agadea’, dentro da Campaña de Primavera, impulsada por Agadea Alzheimer.

Os usuarios e usuarias do centro de día da Estrada confeccionaron catro ‘Vidrieiras de Agadea’, dentro da Campaña de Primavera, impulsada por Agadea Alzheimer.

 O obradoiro, cuxo obxectivo é  manter e potenciar as capacidades das persoas máis maiores a través da arte, consistiu na elaboración dunha serie de flores a partir de materiais de refugallo.

 O Concello acolleu, esta mañá, a entrega destas elaboracións por parte dalgunhas das usuarias do centro de día.

 Estes elementos serán colocados na Casa do Concello, na Casa das Letras, no Teatro principal e no Conservatorio

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Santo Enterro en A Estrada


O venres celebrouse a procesión central da Semana Santa estradense, a do Santo Enterro, coa participación de máis de sesenta irmáns e simpatizantes. Os comercios serán ás 20:00 h. Na seguinte procesión, o cruceiro guía da confraría marcará o camiño, seguido dun penitente arrastrando o gran cruceiro de madeira. Detrás avanzarán persoas portando a coroa de espiños, os cravos e o martelo, unha carruaxe do Neno Xesús acompañado de nenos, o Santo Sepulcro e os penitentes, o Cristo crucificado custodiado polos Nazarenos coas súas características capuchas e a Virxe das Dores. .
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG aposta por acondicionar o espazo do Xirimbao e a ponte colgante de Couso

Xoán Reices: «A ponte colgante é desde hai moitos anos unha referencia para os visitantes e turistas, mais está desaproveitada»

O río Ulla ofrece o noso concello espazos únicos de beleza e esparexemento que lamentabelmente non se aproveitan en todo o seu potencial. Un destes espazos é o Xirimbao e a ponte colgante de Couso.

Xoán Reices, candidato do BNG, e veciño da parroquia de Couso, «a ponte colgante está sinalizada desde a estrada que vai a Santiago, mais calquera visitante leva unha decepción ao chegar ao lugar, non pola beleza que agocha, senón porque é un espazo pouco amigábel, xa non digamos para as persoas que teñen mobilidade reducida».

«A Consellaría de Medio Ambiente ten planificado efectuar unha actuación nunha das masas comúns que rodean a entrada da ponte colgante», explica Reices, «os veciños e veciñas, que foron os que cederon os terreos, descoñecen en que consistirá esa actuación, mais pensamos que a administración autonómica debería ter en conta as súas peticións antes actuar nun espazo que podería ser unha auténtico atractivo turístico de primeiro orde para o noso concello».

O candidato do BNG cre que o concello podería xogar un papel importante nesta actuación como intermediario entre os veciños e veciñas e a administración autonómica. «O alcalde coñece a proposta dos veciños, de feito cederon os carballos, que se manteñen intactos, conseguen as masas comúns, fan unha proposta para acondicionar o espazo e a Consellaría fai o que lle dá gana sen contar con eles e elas».

«Desde o BNG apostamos por incrementar os espazos de lecer e esparexemento nas marxes do Ulla», afirma Reices. «A ponte colgante é desde hai moitos anos unha referencia para os visitantes e turistas, mais está desaproveitada», engade, «entendemos que a actuación da Consellaría de Medio Ambiente ofrece unha oportunidade para acondicionar ese espazo, mais debería ser sensíbel e contar cos veciños e veciñas, que a fin de contas cederon os terreos e traballan desde hai anos nese espazo con festas como a do escalo».

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xoves Santo en A Estrada

Procesión Xoves Santo
A procesión saíu da igrexa de San Paio e percorreu as rúas de San Antón, Justo Martínez, Iryda e avenida de Ponteareas para dirixirse á praza da Porta do Sol, dende onde subía polas rúas Ulla e Calvo Sotelo para regresar por Don Nicolás. á igrexa parroquial. Un nutrido grupo de fieis acompañou a procesión
Galería :
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA DESTINA 836.000€ AOS NOVE CONCELLOS DE DEZA E TABEIRÓS-MONTES AO ABEIRO DO PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2023-2024

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destina unha achega de 836.971 euros a prol dos nove concellos das bisbarras de Deza e Tabeirós-Terra de Montes ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, no que supón a partida máis importante de toda a comunidade galega.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou hoxe da resolución para esta zona nunha visita a Rodeiro, onde supervisou as obras realizadas en viais de Vilela e O Salto grazas aos fondos concedidos coa anterior convocatoria, na compaña do  xefe territorial do Medio Rural, Antonio Crespo, e o alcalde, Rubén Quintá, ao que confirmou que a dotación deste programa para o seu concello sitúase este ano en 83.534 euros, o que supón un lixeiro incremento con respecto ao exercicio precedente.

“A Xunta vai colaborar cos concellos de Deza e Tabeirós-Montes, como todos os anos, e prevé inxectar uns 836.000 euros nestas bisbarras para a mellora dos seus camiños municipais de uso agrícola, algo que é fundamental para axudarlles a facilitar a súa mobilidade interna e tamén a destinada a estas tarefas do agro. Ademais, a aposta polo apoio aos concellos volve saír reforzada, posto que se consolida o forte incremento de entre o 20% e o 30% aplicado o ano anterior”, sinalou o representante autonómico.

En concreto, a resolución da Consellería do Medio Rural distribuirá 53.606 euros para Dozón, 140.961 euros para A Estrada, 78.732 euros para Forcarei, 82.714 euros para Agolada, 115.278 euros para Lalín, os citados 83.534 euros para Rodeiro, 95.481 euros para Silleda, 68.553 euros para Vila de Cruces e 118.112 euros para Cerdedo-Cotobade. Precisamente hoxe finaliza o prazo de solicitude.

Visita á mellora en Vilela e O Salto

Na súa visita ao municipio de Rodeiro, o delegado territorial acudiu a supervisar as obras de pavimentación de camiños en Vilela e O Salto, que foron executadas coa achega íntegra de máis de 80.000 euros do Plan Marco 2022-2023. Esta actuación consistiu na renovación do firme en diversos tramos, que se atopaban deteriorados pola antigüidade da capa asfáltica, a carga de tráfico e os efectos da meteoroloxía, a preparación de cunetas, canalizacións de augas pluviais e outras pequenas melloras.

Ademais, o Concello de Rodeiro recibiu nos últimos anos, ao abeiro dos distintos programas de investimentos da Consellería do Medio Rural, unha contía global de máis de 600.000 euros, o que lle permitiu actuar en preto de vinte pistas municipais nos lugares de A Ponte, Fornas, Barbeitos, O Carballo, Mourigás, Padín, Vilameá, Lamademena, Suíme, Río, Vistuíde, Mamoelas, Calque, Carboentes, O Coto ou A Torre. “Rodeiro é dos municipios máis beneficiados da provincia ao abeiro do Plan Marco, xa que Xunta sempre ten ánimo de colaborar cos concellos rurais, e iso se traduce neste apoio tan importante, posto que ten en conta que este municipio ten un fortísimo peso agrogandeiro e distribúese en ata vinte parroquias con máis de 150 quilómetros cadrados de superficie”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os GES de Brión, Curtis, Ortigueira e A Estrada reforzan as súas dotacións de rescate co apoio da Xunta

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe nunha nova entrega de equipamento a distintos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) da comunidade. Trátase de catro equipos de excarceración que supoñen un orzamento global superior aos 227.500 euros destinados aos GES con sede en Brión, Curtis, Ortigueira e A Estrada.

Dótanse así das ferramentas axeitadas para corte, separación, elevación e tracción de altas prestacións en tarefas de rescate e actuacións en emerxencias, como accidentes de tráfico con persoas atrapadas e rescates en espazos confinados, estruturas colapsadas ou con excarceración de persoas, entre outras. Deste xeito, os equipos compóñense dunha bomba a motor, mangueiras, cizalla, separador, cilindro de corte, puntais de estabilización, punzón rachacristais, serra e diversos accesorios como baterías, soportes, escudo protector entre outros elementos.

O material súmase ao reforzo dotacional impulsado pola Xunta para apoiar o labor dos GES e que suma un investimento global superior aos 2 M€. Neste marco de acción, recentemente entregáronse seis furgóns de servizos varios, cinco camións autobomba e outros catro equipos de excarceración.

A Xunta aposta así por dotar os servizos de emerxencias dos concellos cos recursos precisos para o desenvolvemento do seu labor a prol da prevención e da protección da cidadanía e do patrimonio. Segundo apuntou Diego Calvo, o obxectivo é garantir as mellores condicións de seguridade e a maior eficacia na atención das incidencias e nos seus tempos de resposta.

Apoio aos servizos de emerxencias locais

Nesta liña referiuse a que, pese a tratarse dunha competencia local -dos municipios de máis de 10.000 habitantes e das deputacións nos de menor poboación- o Goberno galego colabora no equipamento dos seus GES e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) con máis de 24 M€ nos últimos anos. No caso das AVPC estase a entregar tamén material da orde de equipamento do ano pasado, que conta cunha dotación de 1 M€ para coitelas quitaneves, remolques, tendas de campaña para a atención ás emerxencias, vehículos todoterreo, esparexedores de sal, embarcacións pneumáticas e desfibriladores externos.

O vicepresidente segundo explicou que o Goberno galego asume máis da metade do custo anual dos GES e dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento. Tamén financia os gastos de mantemento das AVPC a través dunha orde anual que supón, de media, 340.000 euros.

Cómpre lembrar que a Xunta aprobou a finais do pasado ano a sinatura de dous convenios coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións da Coruña e Lugo para financiar o desenvolvemento dos GES destas provincias. Así, o convenio coa Deputación da Coruña ten unha vixencia de dous anos, mentres que o asinado coa de Lugo é só para este ano.

Deste xeito, ambas as deputacións que no exercicio anterior rexeitaran as melloras propostas pola Xunta aceptaron aplicalas neste 2023 cos novos convenios. Así, incrementaranse en 40.000 euros os custos salariais dos efectivos dos GES, pasando de 280.000 a 320.000 euros, co obxecto de adaptalos ao seu custo real actual. Na provincia da Coruña tamén se acordou equiparar o financiamento do servizo municipal de Noia ao resto dos GES, pasando de 155.000 a 320.000 euros.

Estas melloras xa se levan aplicando nos grupos da provincia de Ourense grazas ao acordo da Xunta coa Deputación ourensá e a Fegamp formalizado en 2022 para manter o acordo durante catro exercicios, ata 2025. No caso dos GES da provincia de Pontevedra, rexeitaran as medidas e o acordo actual vence a finais deste ano.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario