Veciños e veciñas da Estrada puxéronse en contacto co BNG para denunciar os graves incumprimentos da empresa Monbús nos horarios que ten estabelecido na concesión do transporte público entre A Estrada e Santiago de Compostela.
Segundo explicou o candidato do BNG, Xoán Reices, «a empresa Monbús, que ten un monopolio de facto no transporte por Estrada no noso país, fai literalmente o que lle dá a gana, cambiando horarios segundos as necesidades da empresa non en función ca concesión que lle outorgou a Xunta de Galiza».
«Desde o BNG isto parécenos moi grave, xa que prexudica a estudantes e traballadores e traballadoras que utilizan diariamente o traxecto A Estrada-Santiago e viceversa», explica Reices, «e o grave é que a empresa Monbús fai cambios ao seu antollo e sen avisar, deixando en moitos casos aos veciños e veciñas literalmente tirados».
O candidato do BNG explica que «non é de recibo esta actitude déspota de Monbús, os contratos están para cumprilos e a Xunta de Galiza ten que velar polo seu cumprimento e senón cumpre ten que sancionar á empresa de xeito exemplar».
«Neste sentido», explica Reices, «trasladamos esta problemática á nosa deputada no Parlamento Galego, Montse Prado, que ser reunión con persoas que se viron afectadas polos cambios repentinos de horarios de Monbús, e presentou unha serie de iniciativas e preguntas, que no esencial piden a Xunta obrigue a esta empresa a cumprir os horarios establecidos nas condicións de explotación e tamén insta á administración autonómica a iniciar un expediente sancionador diante dos incumprimentos levados a cabo pola concesionaria do servizo de transporte público desta liña.» «Desde o BNG cremos que isto non pode quedar en nada, ten que haber sancións e graves contra esta empresa que prexudica aos veciños e veciñas da Estrada coa súa actitude déspota», engade.
Por outra parte parte, o candidato do BNG tamén subliñou o escaso papel xogado polo alcalde da Estrada. «Cónstanos que López é coñecedor deste problema e cónstanos que non fixo nada ao respecto», explica, «aínda este xoves recibimos por correo a queixa dun usuario que se quedou literalmente tirado en Compostela ás 9 da noite, un horario que figura mesmo na web do concello da Estrada e na da empresa, porque ese autobús só chegaba até Pontevea».
«Como xa temos denunciado», explica Reices, «o alcalde está sempre de brazos cruzados ante os problemas que teñen os veciños e veciñas, non move un dedo por nada, e ben que cobra por atender as demandas da veciñanza».
«Por outra parte», engade Reices, «desde o BNG cremos que estes problemas co transporte público son inadmisíbeis nun momento no que desde as administracións públicos se está a fomentar o uso deste medio de transporte; para moita xente é o único medio de transporte, e para outra tanta é único xeito de ir traballar ou estudar a un prezo asequíbel, ante a subida dos prezos dos carburantes». «Se as administración apostan polo transporte público, e entendemos que así debe ser, estas actitudes por parte desta empresa non son admisíbeis», afirma Reices.
BNG leva ao Parlamento os graves incumprimentos horarios de Monbús
ÉXITO DE PÚBLICO NA FEIRA DE O
RECINTO FEIRAL ESTRADENSE

A FEIRA DE OPORTUNIDADES / ANTIGÜIDADES D
RECINTO FEIRAL ESTRADENSE
PORTUNIDADES / ANTIGÜIDADES DO
Máis de 5.000 persoas acuden ao primeiro evento do calendario
. Os visitantes coa súa presenza avalan
A Feira de Comercio e a de Antigüidades e Artesanía, seguen a ter
un público fidel que as secunda edición tras edición.
tiveron unha excelente
Ás dezanova horas tivo lugar o sorteo de vintedous lotes de
Máis de 5.000 visitantes acudiron durante a fin de semana ao Recinto Feiral
e todo elo debido a
calidade e prezo competitivo dos productos expostos que son accesibles a todo
vehículos de gama
ra e fianciación a medida
o que posibilitou que
moi ben e igualmente estivo moi
n distraerse e divertirse namentras os
a cargo de Dani
, cofinanciadas pola Deputación Provincial
de Pontevedra, congregaron a moito público infantil, en moitos casos,
acompañados dos seus proxenitores.
A Feira de Oportunidades do Comercio e a de Antigüidades e Artesanía,
seguen tendo un tirón especial, avaladas por un público fidel que as secunda
edición tras edición. Esto queda refrendado pola cantidade de visitantes que
acolleu o pavillón cinco e seis, onde se ubican estas dúas mostras. Estos dous
sectores foron os que mais volumen de transaccións realizaron.
Onte ás dezanove
patrocinados polas firmas presentes na Feira de Oportunidades.
apelidos dos/as agraciados/as
O Recinto Feiral estradense abrirá de novo as súas portas os vindeiros días
14, 15 e 16 de Abril, co
de Pontevedra, congregaron a moito público infantil, en moitos casos,
acompañados dos seus proxenitores.
Feira de Oportunidades do Comercio e a de Antigüidades e Artesanía,
seguen tendo un tirón especial, avaladas por un público fidel que as secunda
ición tras edición. Esto queda refrendado pola cantidade de visitantes que
o pavillón cinco e seis, onde se ubican estas dúas mostras. Estos dous
sectores foron os que mais volumen de transaccións realizaron.
dezanove horas, sorteáronse vintedous lotes de agasallos
patrocinados polas firmas presentes na Feira de Oportunidades.
agraciados/as, faránse públicos o luns trece de marzo.
O Recinto Feiral estradense abrirá de novo as súas portas os vindeiros días
e 16 de Abril, co l Salón do Vehículo de Ocasión.
Diego Calvo aposta por fortalecer as relacións entre Galicia e as rexións celtas de Bretaña, Escocia, Gales e Irlanda
Diego Calvo aposta por fortalecer as relacións entre Galicia e as rexións celtas de Bretaña, Escocia, Gales e Irlanda
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe por videoconferencia nunha reunión co presidente da rexión de Bretaña, Loïg Chesnais-Girard, e con representantes de Irlanda, Escocia e Gales, para abordar posibles vías de colaboración de Galicia con estes territorios que comparten historia, cultura e tradicións. No encontro, no que tamén participou o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, abordouse o debate e intercambio de políticas a prol da creación de novos vínculos.
Ana Pontón presentará o 18 de marzo a candidatura do BNG da Estrada
O vindeiro sábado 18 de marzo a portavoz nacional do BNG presentará no Restaurante Samaná a candidatura do BNG da Estrada, encabezada por Xoán Reices. O acto público está previsto para as 12 do medio día e intervirán ademais da portavoz do BNG, Susana Camba (actual concelleira nacionalista), Vanesa Iglesias (número 2 da candidatura) e Xoán Reices (candidato á alcaldía).
O BNG da Estrada deu a coñecer a candidatura das municipais o 24 de de febreiro, integrada por 21 persoas en cremalleira, máis 5 suplentes. A candidatura está composta por homes e mulleres que teñen unha ampla experiencia no activismo social e político, así como no cultural e lingüístico, ao sindical e social, e por suposto no feminismo. Son persoas en permanente contacto coas necesidades dos veciños e veciñas, e perfectos coñecedores da situación social e política da Estrada.
A presentación da candidatura non só servirá para dar a coñecer publicamente os nomes das persoas que integran a lista do BNG ás eleccións de maio, tamén servirá para esbozar as principais liñas programáticas para sacar A Estrada do declive social, económico e demográfico.
Asociacións veciñais da Estrada melloran os seus locais sociais co apoio da Xunta
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe na Estrada os locais das asociacións veciñais de Cora e Paradela para coñecer as melloras realizadas co apoio da Xunta. O Goberno galego investiu preto de 24.700 euros en obras de acondicionamento e en novo equipamento para estas instalacións. As accións enmárcanse no Plan específico de acción comunitaria, dotado con 3 millóns de euros.
Así, a Asociación de Veciños de San Miguel de Cora recibiu 12.688 euros, dos que 12.000 se destinaron a obras e os 688 restantes a equipamento. As obras permitiron mellorar o illamento, coa colocación de tella e dun canlón no tellado, e a accesibilidade, coa instalación dunha rampla de pedra, beirarrúa e escaleiras para o acceso ao baño. Tamén se colocou plaqueta no interior.
Pola súa banda, a Asociación de Veciños de Paradela obtivo 12.000 euros para o acondicionamento exterior e interior do seu local. No que respecta ao exterior, restauráronse as paredes e realizouse unha actuación integral no tellado. No interior tamén se traballou nos muros e executouse unha obra integral de acondicionamento, fontanería e instalación do material preciso para dotar o edificio dun cuarto de baño.
Durante as visitas a directora xeral referiuse á importancia de darlles resposta ás demandas dos colectivos veciñais como pezas fundamentais na dinamización do rural e no benestar da veciñanza. Nesta liña, incidiu na necesidade de que estes colectivos conten con espazos que lles permitan desenvolver a súa actividade coas condicións e o equipamento precisos para levala a cabo, así como co máximo confort para as persoas usuarias.
Preto de 2 M€ investidos en Pontevedra
Natalia Prieto destacou a elevada participación que rexistra cada ano o Plan específico de acción comunitaria, a liña de axudas destinada a asociacións veciñais e de mulleres rurais, e a comunidades de usuarios de augas. A través del, a Xunta beneficiou o pasado ano 139 entidades da provincia de Pontevedra, a que concentrou máis axudas, cun importe que suma 1,8 M€. Deste total, 34 asociacións de veciños dispuxeron de 489.147 euros para melloras nos seus locais sociais.
Concretamente no concello da Estrada, un dos que máis solicitudes presentou, houbo seis colectivos veciñais beneficiados. Trátase, ademais dos dous visitados hoxe, da Asociación de Veciños Amigos do Castro de Barbude, Asociación de Veciños de San Lois de Orazo, Asociación de Veciños de San Xorxe de Cereixo e Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Santa María de Aguións. Entre todas elas recibiron preto de 81.500 euros para melloras nos respectivos locais.
Segundo explicou a directora xeral, na actualidade estanse xa a valorar as solicitudes recibidas para acollerse á convocatoria do Plan específico de acción comunitaria deste ano, á que tamén se presentaron as dúas asociacións veciñais visitadas hoxe.
Entre os proxectos subvencionables inclúense dúas liñas, unha delas dotada con 2,5 millóns de euros para obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais onde as entidades veciñais e de mulleres rurais desenvolven a súa actividade e para obras de mellora, reforma e reparación de infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias promovidas por comunidades de usuarios de augas.
Os 500.000 euros restantes da outra liña financian a adquisición de equipamento necesario para o funcionamento das organizacións beneficiarias. En concreto, mobiliario, material de oficina, equipamento informático ou acústico e audiovisual ademais doutros recursos para actividades específicas.
Desde a súa posta en marcha, en 2016, a Xunta leva investido no Plan preto de 16 millóns de euros cos que se apoiaron máis de 1.300 proxectos en toda Galicia.
«Vox populi» VENTA DE ENTRADAS
A Estrada acollerá o 25 de marzo o Festival Música no Camiño
O Teatro Principal da Estrada acollerá o vindeiro 25 de marzo o festival de acordeóns Música no Camiño, organizada pola agrupación Os Lóstregos e a Asociación de Acordeonistas da Estrada para honrar á ruta xacobea ao seu paso pola vila.
A edil Amalia Goldar e Javier Expósito, de Os Lóstregos, presentaron onte no Concello o festival, no que se fará unha homenaxe a Manolo Sangiao Puente, o contrabaixista de Os Lóstregos que faleceu en novembro de 2022 nun accidente de tráfico.







































