O RECINTO FEIRAL ESTRADENSE INAUGURA O SEU CALENDARIO
FEIRAL CUNHA DOBLE MOSTRA EXPOSITIVA



O RECINTO FEIRAL ESTRADENSE INAUGURA O SEU CALENDARIO
UNHA DOBLE MOSTRA EXPOSITIVA.
Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, 10/03/2023.
O recinte abreu as súas portas o venres dende as dezaseis horas.
O comercio local, aporta á Feira de Oportunidades un total de
firmas expositoras, cumplimentadas con outras
de fora da Estrada e vintecinco firmas de anticuarios e artesanos.
A mostra contará con dúas actuacións para os mais cativos
infantil con inchables e vintedous sorteos patrocinados polas firmas
expositoras así como, polo restaurador local do “O Asador de Leo”
es ás catro da tarde, o recinto feiral estradense, abr
portas a todos os visitantes que desexaran achegarse a contemplar as
novidades que presentan a 11ª Feira de Oportunidades do Comercio e a
ª Feira de Antigüidades e Artesanía. A mostra continúa o sábado e o
domingo, en horario ininterrumpido de once a vinte horas.
A Feira de Oportunidades do Comercio conta cun total de vinte
firmas. O comercio local, aporta un total de dezasete
restantes son procedentes de concellos limítrofes da provincia de Pontevedra
ópanse representados os sectores descanso,
tapicería, artesanía, textil, calzado, xoguetería, automoción, menaxe,
comercio local estradense respalda novamente a mostra
O certame conta cun programa de actividades para as xornadas do
sábado e do domingo. O sábado terá lugar unha actuación artística
que terá lugar as doce horas no pavillón catro
mesma hora, actuará no mesmo pavillón Cristina Collazo Gómez coa “A Cova
. Estas actividades estan cofinanciadas pola Excma. Deputación
Provincial de Pontevedra, a traverso do programa Pontegal.
O sábado e o domingo, ás doce horas, terá lugar no pavillón unha
degustación gratuíta para todos os visitantes de productos loca
queixo, mel, embutidos). Esta degustación está financiada polo Concello da
domingo ás dezanove horas, terá lugar no pavillón cinco o sorteo de
vintedous agasallos patrocinados polas firmas presentes na Feira de
como, pola firma de restauración local “O Asador de Leo”.
O recinto feiral contará cun parque infantíl con hinchables destinado
aos mais cativos. 


GALERÍA;

Publicado en Portada | Deja un comentario

María Dolores Casais Rey, homenaxeada co Premio de Honra ao Traballo de Mulleres do Concello da Estrada


Na Estrada comezaron a media tarde os recoñecementos, a Sala MOME acolleu a entrega do Premio de Honra ao Traballo de Mulleres do Concello da Estrada, que este ano homenaxeou a María Dolores Casais Rey, por toda unha vida dedicada aos demais.

GALERÍA DO ACTO:



Publicado en Portada | Deja un comentario

AMICOS CLAUSURA O CURSO DE “SERVIZO DE CÁTERING” NO CONCELLO DA ESTRADA  

  • Os dez alumnos que realizaron a acción formativa recibiron un diploma en  recoñecemento do seu esforzo.  

  

  • A formación iniciouse o 27 de febrero e dirixiuse a persoas desempregadas con  discapacidade ou en situación de risco de exclusión social.  

 

Amicos clausurou hoxe o curso “Servizo de Cátering”,  pertencente ao seu programa “Más Empleo” que desenvolve coa Fundación “La Caixa” e o  Fondo Social Europeo, a formación impartiuse no viveiro de Empresas da Estrada e contou coa  colaboración de Valenciaga Cátering e o Concello da Estrada.  

  

Os dez alumnos participantes recibiron un diploma recoñecendo o seu esforzo. A formación,  dirixida a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social, tivo unha  duración de 40 horas na modalidade presencial.  

O peche acudiu José López Campos, alcalde da Estrada, quen afirmou que “para o concello foi  un pracer ceder espazos para contribuír á formación dos que máis o precisan”,con isto aproveito  a ocasión para felicitar ás persoas que completaron a formación, e está convencido que con  este tipo de cursos, que teñen unha elevada demanda, favorécese a posibilidade de inserción  no mundo laboral.  

Tamén estivo presente Óscar Dúran, Concelleiro de emprego da Estrada, “desde o consistorio  atopámonos á disposición das persoas máis vulnerables para o que necesiten” e agradeceu á  Asociación Amicos a súa aposta e compromiso co Concello.  

Entre os asistentes estivo Pablo Penide, orientador laboral de Amicos nas comarcas de Tabeirós  e Deza, que coordinou o desenvolvemento da formación durante estes días. Penide quixo  agradecer ó alumnado o seu interés e constancia ao longo de todo o curso. Asemade, dedicou  unha palabras de agradecemento ao Concello de A Estrada e o grupo Valenciaga Catering.  

  

A formación desenvolveuse grazas ao apoio da empresa local Valenciaga Cátering, que no ultimo  ano foi galardoada co premio Xove Empresarix Pontevedra 2022, outorgado pola Asociación de  Jovenes Empresarios (AJE) de Pontevedra. O seu xerente, Óscar Rivas, quen estivo presente  neste acto, animou aos participantes a perder o medo e iniciarse no mundo da hostalería, xa  que as condicións do sector evolucionaron e é unha moi boa opción de emprego.  

  

Doutra banda, Miguel Beiro, responsable da área de Alianzas e Emprego de Amicos quixo dar as  grazas a todos os participantes, recoñecendo o esforzo realizado e animándoos a ter unha boa  actitude de cara o mundo laboral. 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O RECINTO FEIRAL ESTRADENSE PRESENTA AOS MEDIOS DE
COMUNICACIÓN A 11ª FEIRA DE OPORTUNIDADES DO COMERCIO E A 64ª
FEIRA DE ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA.

O RECINTO FEIRAL ESTRADENSE PRESENTA AOS MEDIOS DE
COMUNICACIÓN A 11ª FEIRA DE OPORTUNIDADES DO COMERCIO E A 64ª
FEIRA DE ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA.
Fundación de Exposicións e Congresos da
Esta mañan tivo lugar no Recinto Feiral estradense, a presentación aos medios de
comunicación do primeiro certame do seu calendario feiral 2023: 11ª Feira de Oportunidades
do Comercio e a 64ª Feira de Antigüidades e Artesanía.
Concelleiro de Promoción Económica Oscar Durán , Jorge Fuentes Secretario de A.C.O.E
,Patricia Magariños Xerente A.C.O.E. e Cesar Barbosa en representación de Artest como
asociado.
Este doble certame ocupará un total de catro pavill
centenar de firmas expositoras. De entre todas as firmas, destaca a participación maioritaria
dos comerciantes locais da Estrada.
A inauguración do certame, correrá a cargo do Dtor. Xeral de Comercio e Consumo, Manuel
Heredia Pérez. O acto oficial de inauguración, terá lugar o vindeiro día dez, ás 17.00 horas.
O recinto Feiral estradense, estará aberto
vinte horas o sábado e o domingo.
A mostra contará cunha serie de activida
de productos locais (sidra, mel, queixo e embutidos), patrocinadas polo Concello da Estrada,
Sorteo de vintedous lotes patrocinados por todas as firmas presentes na Feira de
Oportunidades, parque infantil co
artísticas, unha o sábado (Dani Barreiro & Kids)
ambas as 12.00 horas, no pavillón nº. 4.
Os sectores representados nesta ampla mostra son: Textíl (Home, muller, nen
menaxe, mobiliario, descanso, tapicería, roupa do fogar, electrodomésticos, vehículos de
ocasión, artesanía, antigüidades, etc…
Unha oportunidade única con descontos do 60%, 70% e 80%, incluso maiores que en
épocas de rebaixas. Esta iniciati
Pontevedra, Concello da Estrada e Asociación de Comerciantes da Estrada.



Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta reforza a aposta pola igualdade desde as aulas con dous novos proxectos educativos vinculados á figura de Emilia Pardo Bazán e ao cinema

O conselleiro de Educación visita o colexio do Foxo, na Estrada, un referente na posta en marcha de iniciativas escolares que fomentan a perspectiva de xénero

Román Rodríguez destaca o “salto cualitativo” da última década en materia de igualdade no eido educativo, como se reflicte nos resultados do último informe PISA

A Xunta de Galicia lanza dúas novas ferramentas educativas vinculadas ao cinema e á figura de Emilia Pardo Bazán para traballar a igualdade e a perspectiva de xénero. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha visita ao colexio CEIP do Foxo, da Estrada, un centro moi activo na posta en marcha de iniciativas escolares neste ámbito a través de pezas teatrais, cine, espectáculos de maxia, contos tradicionais e investigacións de campo sobre mulleres pioneiras da contorna estradense.

Román Rodríguez explicou que, aínda que esta é a semana da igualdade, esta “hai que sementala e regala cada día desde todos os ámbitos” e no caso do sistema educativo galego “temos unha carreira de fondo cun salto cualitativo na última década”.

Proba disto, tal e como sinalou, son os últimos datos coñecidos polo informe PISA que sitúan ao alumnado galego como o máis concienciado coa igualdade entre homes e mulleres cun 93,6 % de estudantes que afirma coñecer o tema e estar familiarizado con el.

Amplo abano de programas educativos específicos

Neste senso, o conselleiro referiuse a que Galicia conta cun marco legal propio “sólido” e cunha Estratexia Galega de Convivencia que é a folla de ruta da que parten as iniciativas neste eido que abranguen aspectos como a formación do profesorado, as bibliotecas escolares os Contratos-Programa, o Plan Proxecta ou a incorporación aos currículos educativos de todas as etapas cun enfoque transversal da igualdade de xénero.

Por exemplo, ao abeiro dos Contratos-Programa, no presente curso hai preto de 6.000 docentes e 400 centros que están traballando en accións de fomento da coeducación, a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a detección e o tratamento das violencias machistas e a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual e de xénero.

No caso do Plan Proxecta, hai 161 centros educativos implicados en programas como Donas de si, Por 365 días de respecto e igualdade, Quérote+, Galicons-net (de consumo e xénero), De Ítaca a Ávalon, Rapazas emprendedoras nas TIC e Xente de Don. 

Tendo en conta que tanto o cinema como a literatura son ferramentas “moi idóneas para conectar cos rapaces”, segundo sinalou o conselleiro, a Consellería de Educación poñe a disposición dos centros tamén dúas novas accións que son Mulleres da man de Emilia Pardo Bazán e Cinema con perspectiva.

Aventura educativa a modo de viaxe

A primeira delas, Mulleres da man de Emilia Pardo Bazán, ten como obxectivo achegar referentes femininos aos alumnos de Primaria a través da figura da escritora coruñesa.

Isto faise a través do xogo A condesa rebelde, configurado como unha aventura educativa a modo de viaxe desde a súa Galicia natal, no que os alumnos descubrirán os logros da escritora na loita pola igualdade, marcados por momentos de superación, rebelión e éxito. Ademais, os centros terán acceso á plataforma Minervas, con información bibliográfica, editorial e audiovisual de máis de 300 mulleres referentes nos seus campos.

Audiovisuais con temática en igualdade de xénero

No caso de Cinema con perspectiva -dirixida a alumnos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO- inclúe a proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero, adaptados a cada etapa educativa.

Así mesmo, tamén se ofrece un obradoiro para que os rapaces poidan crear unha sinxela produción audiovisual propia. Nesta primeira convocatoria, seleccionaranse ata 30 centros para participar na proxección de curtametraxes e dez para os obradoiros.

Enquisa de convivencia e Estratexia de Inclusión

Ao abeiro da devandita estratexia a Consellería está traballando noutras accións como o lanzamento o vindeiro mes de abril da cuarta Enquisa de convivencia para testar o clima nas aulas, nunha guía de pautas de sensibilización contra a violencia de xénero co obxectivo de favorecer que os centros identifiquen e saiban actuar ante situacións deste tipo e en actuacións específicas para rachar cos estereotipos de xénero no eido da Formación Profesional.

Tamén se está ultimando a Estratexia Galega de Inclusión onde se reforzará a oferta formativa do profesorado no eido da coeducación e a igualdade de xénero e a orientación vocacional desde idades temperás para favorecer a igualdade de oportunidades entre sexos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

López ten que elixir: ou está cos veciños e veciñas de Sabucedo que non queren o parque eólico ou está co lobby eléctrico

Xoán Reices: «O alcalde ten que tomar medidas, mesmo xudiciais para frear o parque eólico do Campos das Rosas»

Este venres no Parlamento Galego debateuse a iniciativa do BNG para encargar un informe independente sobre o impacto do parque eólico do Campo das Rosas. A iniciativa defendida polo deputado nacionalista, Luís Bará, buscaba atallar a instalación dos muíños de vento nunha zona de grande interese medio ambiental na que habitan cabalos salvaxes. A iniciativa foi rexeitada polo PP.

O candidato do BNG, Xoán Reices afirmou que «o voto negativo do PP á iniciativa do BNG confirma o que xa todos sabiamos, que o goberno de Rueda está vendido ao lobby eléctrico que espolia os nosos recursos, sen que iso repercuta dalgún xeito no tecido socio-económico do noso país e xa non digamos no noso concello».

«Por outra parte», engade Reices, «a negativa do PP no Parlamento a facer un novo estudo de impacto ambiental deixa en mans do alcalde e do goberno municipal  a iniciativa para frear este parque eólico que afectará gravemente ao medio ambiente, á fauna do Campo das Rosas e por suposto, á festa da Rapa das Bestas».

«López xa non pode tirar balóns», engade Reices, «agora tócalle ao alcalde estar á altura das demandas dos veciños e veciñas de Sabucedo.»

O candidato nacionalista recordou que no pleno de febreiro o PP rexeitou a urxencia dunha moción do BNG que «instaba ao goberno municipal a iniciar medidas concretas, mesmo xudiciais, contra o parque eólico que pretende construír Naturgy no Campo das Rosas, derivando o asunto nunha comisión».

«Desde o BNG entendemos que o goberno do PP non pode demorarse máis», afirma Reices, «ten que tomar a iniciativa; López ten que elixir: ou está con Naturgy e a Xunta que aprobou este proxecto ou está cos veciños e veciñas de Sabucedo que rexeitan o parque eólico». «De momento parece que se coloca ao lado dos seus e do lobby eólico, deixando tirados aos veciños e veciñas», engade.

«Por outra parte», engade Xoán Reices, «no BNG estamos sumamente preocupados pola inacción deste goberno a respecto dos parques eólicos que se instalarán proximamente no noso concello; hai varios proxectos en marcha, un é o do Campo das Rosas e outro o de Castrovalente, ambos xa contan coa bendición da Xunta e en ambos casos está en perigo o noso patrimonio inmaterial e material respectivamente».

Publicado en Portada | Deja un comentario

AXUDAS MUNICIPIAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2023

O Concello da Estrada aprobou este pasado luns en Xunta de Goberno Local a convocatoria de
axudas municipais á creación de empresas 2023.
Para este ano destinanse un total de 30.000 euros.
Poden acollerse ás mesmas todas aquelas persoas; empresariado individual e as pequenas e
medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa
actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 (enténdese por inicio da
actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-).
Como requisito xeral a empresa/autónomo terá que ter o seu domicilio fiscal e social na Estrada.
As axudas teñen un alcance de ata 2.000 euros por solicitude.
Este ano, as bases foron modificadas para fomentar o empadroamento na Estrada. Así,
puntuarase con tres puntos a cada persoa tanto emprendedora como empregada que se
empadroen na Estrada. Cabe destacar que de media o valor do punto acostuma a quedar fixado
nuns 80/90 euros, estariamos falando de 240 euros de media máis por persoa empadroada, na
concesión da subvención.
Como cada ano, o departamento de promoción económica tentará axilizar a resolución das mesmas
para que as persoas solicitantes reciban a axuda canto antes.
Segundo previsións, estimamos que mañá venres, o BOP publique a convocatoria. Unha vez
publicadas as mesmas, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar
as solicitudes.
Se algunha persoa ten dúbidas ou precisa axuda para a tramitación da subvención, pode dirixirse ao
departamento de emprego municipal sen necesidade de cita previa ou chamando ao teléfono 986
677 740.

Publicado en Portada | Deja un comentario