O Entroido deixa as rúas da Estrada un bo sabor de boca enchendoas de sorrisos

GALERÍA: 

N

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada presenta a súa candidatura apostando pola renovación e polo rural

O BNG da Estrada aprobou por unanimidade a candidatura coa que concorrerá as eleccións municipais de maio apostando por unha importante renovación no primeiro tramo da candidatura. Así, as tres primeiras persoas da lista, Xoán Reices Villar, Vanessa Iglesias Casal e Ricardo Castro Camba, é a primeira vez que se presentan nunha lista do BNG.

Mais a renovación non só é de caras no primeiro tramo da candidatura, tamén en idade, xa que as tres primeiras persoas que encabezan a candidatura roldan os 30 anos de idade, o que demostra a a aposta do BNG da Estrada pola mocidade como motor da nosa candidatura, que impulsará o cambio político no noso concello.

A candidatura do BNG coa que concorrerá ás eleccións municipais é tamén unha aposta polo rural, non como un parque temático para turistas, senón como un lugar onde vivir e traballar, con servizos equiparábeis aos que teñen os veciños e veciñas da vila. Así, a metade das persoas que conforman a candidatura vive en distintas parroquias do noso rural.

Por outra parte, os compañeiros e compañeiras que conforman a nosa candidatura teñen unha ampla experiencia no activismo social, desde o cultural o cultural e lingüístico, ao sindical e social, e por suposto no feminismo, en permanente contacto coas necesidades dos veciños e veciñas e das súas inquedanzas.

O BNG sae a por todas. Traballaremos nos vindeiros meses coa máxima ambición e imos dar o mellor de nós para poñer enriba da mesa unha alternativa política que transforme o noso concello. Queremos que A Estrada sexa un referente, queremos que sexa un Concello BNG, queremos que sexa un modelo a seguir como o son hoxe Pontevedra, Allariz, Ribadeo, Tomiño … e tantos os outros.

Queremos un concello do que todos os veciños e veciñas se sintan orgullosas, un concello que desenvolva o seu potencial, que coide do seu patrimonio e poña e valor os seus recursos, e que poña no centro as necesidades das veciñas e dos veciños, empezando polo saneamento do rural e rematando pola mellora e humanización de todas as rúas da vila.

LISTA DA CANDIDATURA DO BNG:


  1. Xoán Reices Villar, ten 31 anos, é administrativo, psicólogo e actor; veciño de Couso.
  2. Vanessa Iglesias Casal, ten 36 anos, é enmarcadora, deseñadora de cadros, historiadora da arte. Veciña de Rubín.
  3. Ricardo Castro Camba, ten 28 anos; biólogo, é técnico de laboratorio na Misión Biolóxica de Galicia.
  4. Carmen Rei Romeu, ten 57 anos; é labrega e gandeira; e é veciña de Berres.
  5. Pablo Carracedo Goldar «Jásper», ten 43 anos, mestre e músico, veciño de San Xorxe de Cereixo.
  6. Clara Iglesias Cortizo, ten 55 anos, é profesora de secundaria e presidenta da asociación cultural Vagalumes; é veciña da Estrada.
  7. Sindo Vilamaior Martínez, ten 60 anos, é comerciante e foi presidente de ACOE; veciño de Ancorados.
  8. Laura Silva Picallo, ten 20 anos, estudante de ciencias políticas e da administración; é veciña de Montillón.
  9. Xoán Carlos Villanueva Núñez, ten 57 anos; foi traballador de Martínez Otero, onde exerceu de director de ebanistería; pre-xubilado; é veciño de Ouzande.
  10. María Blanco Corral, ten 53 anos, é mestra de infantil; é veciña da Estrada.
  11. Víctor Pousada López, ten 41 anos, natural de Matalobos, reside na vila; é traballador do sector da alimentación, membro do comité de empresa de Distribucións Froiz pola CIG e membro da executiva da Unión Local da CIG A Estrada-Deza.
  12. Lorena Rodríguez Rivadulla, ten 21 anos, é estudante en prácticas de ciencias políticas; é veciña de Moreira.
  13. Xosé Manuel Nogueira Rodríguez, ten 49 anos; é profesor de ensino secundario; secretario de organización da CIG-Ensino; é veciño de Figueiroa de Abaixo.
  14. Carmela Goldar Ferro, 56 anos; traballa de PSX do SERGAS; é veciña da Estrada.
  15. Toño Blanco Señoráns, ten 38 anos; é coidador nun centro de día; é veciño de Toedo.
  16. Lourdes Piñón Custodio, ten 41 anos; é traballadora do SERGAS; veciña da Estrada.
  17. Marcos Otero Paino, ten 45 anos, é técnico audiovisual; é veciño de Loimil.
  18. Ana Pintos Pérez, ten 44 anos; traballa en Correos, delegada sindical pola CIG. Feminista e activista polos dereitos dos animais. Veciña da Estrada.
  19. Xosé Manuel Baños García, ten 52 anos, é técnico en redes sociais e informáticas; é veciño de Santo André de Vea.
  20. Susana Camba Castro, ten 49 anos; traballa no 112; é veciña da Estrada. É portavoz municipal do BNG.
  21. Xosé Magariños Maceiras, ten 54 anos, é profesor. Veciño da Estrada. Foi portavoz municipal do BNG.


SUPLENTES:

  1. Xosefina Pereira Rivas, ten 70 anos; é mestra xubilada; é veciña da Estrada; foi concelleira do BNG.
  2. Lois de la Fuente Vizoso, ten 28 anos, é informático, técnico microinformático en Inforhouse. É veciño da Estrada.
  3. Raquel López Doce, ten 55 anos; é traballadora social; traballa de docente de secundaria; foi portavoz municipal do BNG da Estrada; é veciña da Estrada.
  4. Xan Carlos Castro Blanco, ten 52 anos; traballador de Telefónica; é veciño de Guimarei; foi concelleiro do BNG.
  5. Constantino Regueira Paz, ten 69 anos; é mestre xubilado; é veciño de Guimarei.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada repartirá case 3.000 euros no seu concurso de disfraces, elevando o premio especial para estradenses e inagurando a categoría de mascotas.



Hoxe a partir das 17.00 horas comezarán a desfilar os participantes no concurso de disfraces, que será presentado por Isi na Praza da Feira. O trazado previsto contempla saír deste enclave cara a Porta do Sol, para despois subir polo Ulla e Calvo Sotelo, ata o cruce con Justo Martínez. O desfile continuará pola rúa Iryda e conectará con Castelao, regresando á Praza da Feira. O xurado estará composto pola alcaldesa de Mocidade, Lucía Seoane, polo membro de Producciones Trípode e locutor de radio Pedro Pérez e por outra persoa vinculada ao mundo cultural da Estrada. Valorarán os aspectos artísticos do traxe, a orixinalidade, a creatividade e a participación activa e humorística no desfile. En canto ás categorías, na individual infantil (ata 14 anos), haberá un primeiro premio de 90 euros, un segundo de 60 e un terceiro de 30. Na individual de adultos os premios serán de 120, 90 e 30 euros. Por parellas establécense premios de 150, 100 e 50 euros, mentres que para os grupos haberá un primeiro clasificado con 1.000 euros, 600 para o segundo e 300 para os que queden en terceiro lugar. Ademais, nesta ocasión ascende a 200 euros o premio especial na modalidade de grupos que se reserva aos concursantes do concello estradense. Por primeira vez tamén compiten mascotas que o farán por un único premio por valor de 50 euros. O luns de Entroido tamén será, como é tradición, o día de visita á parroquia de Guimarei, onde se celebrará o tradicional baile de disfraces. Contará coa orquestra Paris de Noia, unha banda de música e servizo de autobuses dende a zona urbana. Como todos os anos, haberá unha carpa. MARTES. A tradición reclama o seu espazo neste día. A partir das 16.30 horas, carrozas e comparsas percorrerán as rúas. Está previsto que participen grupos dos colexios O Foxo, Lourdes e Figueiroa, así como carrozas de Callobre, Guimarei, Arnois, Santeles, Couso ou Santa Cristina de Vea, xunto con entidades como Stradanza. Ás 18.30 horas chegarán á Praza da Feira os encontros e vítores dos Xenerais de Santa Cristina de Vea.

 
Publicado en Portada | Deja un comentario

Más de un ciento de alumnos se gradúan en la 14ª promoción de Policía Local formada en la Academia Gallega de Seguridad Pública

El vicepresidente segundo y conselleiro de Presidencia, Justicia y Deportes, Diego Calvo, participó hoy en el acto de graduación de la 14ª promoción de Policía Local formada en la Academia Gallega de Seguridad Pública (Agasp). Finalizada la preparación, los 117 alumnos y alumnas que la integran tomarán posesión mañana en los 34 ayuntamientos de destino.

 

Al acto también asistieron el director general de Emergencias e Interior, Santiago Villanueva, la directora general de Administración Local, Natalia Prieto, y las delegadas territoriales de la Xunta en Vigo y en Ferrol, Marta Fernández-Tapias y Martina Aneiros, respectivamente.

 

En su intervención, el vicepresidente segundo reafirmó el compromiso de colaboración de la Xunta con los ayuntamientos gallegos en la selección y formación de los miembros de la Policía Local. En esta línea, recordó que ya en 2017 se firmó un convenio con la Federación Gallega de Municipios y Provincias (Fegamp), mediante el que 89 municipios de los 127 con cuerpo de Policía Local y de los 11 con vigilantes municipales delegaron en el Gobierno gallego el proceso selectivo a través de oposiciones unificadas. Así, el 3 de marzo arranca ya la formación de la que será la 15ª promoción de Policía Local, con cerca de un ciento de aspirantes.

 

Diego Calvo destacó que son ya “más de 3.000 alumnos de 14 promociones de Policía Local y de las distintas promociones de categorías de mandos formados en esta academia”, a la que se refirió como “centro de referencia en la formación de las fuerzas y cuerpos de seguridad” en el que los nuevos agentes podrán seguir actualizando conocimientos.

 

Para el vicepresidente segundo, las cifras demuestran la relevancia de la labor desarrollada por la Agasp, con más de 163.500 participantes en los cientos de cursos anuales de los planes de formación continua de la academia. En ellos participan efectivos de fuerzas y cuerpos de seguridad -Policía Local, Policía Nacional, Policía Autonómica y Guardia Civil-, que trabajan en Galicia, así como de los servicios de emergencias, como voluntarios de Protección Civil, miembros de los Grupos de Emergencias Supramunicipales (GES) o del servicio de extinción de incendios.

 
 

Abierta la convocatoria de un nuevo curso para GES

Precisamente hoy el Diario Oficial Galicia publica la convocatoria de la Academia Gallega de Seguridad Pública (Agasp) para la realización de un curso sobre intervención en emergencias para los ayuntamientos con GES. El objetivo es proporcionarle al personal que participó en los procesos selectivos de los Grupos de Emergencias Supramunicipales los conocimientos necesarios sobre los principales riesgos y emergencias a los que se van a enfrentar en su labor.

 

De este modo, los alumnos recibirán formación en primeros auxilios, actuaciones en caso de accidentes de tráfico, extinción de incendios urbanos e industriales e intervención en incendios forestales. La acción formativa se realizará entre los días 1 y 24 de marzo y constará de 70 horas lectivas, con ejercicios prácticos y una prueba final, bajo la modalidad semipresencial.

La iniciativa se dirige a todo el personal que participó en los procesos selectivos de los GES, con prioridad para los de los ayuntamientos que cuentan con un grupo de nueva creación y que ya disponen de una sed para él.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada leva ao Parlamento a alta sinistralidade da PO-841 ao seu paso por Baloira

Xoán Reices: «Isto non pode seguir así, xa sabemos que o alcalde non move un dedo por nada, mais non BNG non nos imos quedar de brazos cruzados mentres semana tras semana sucédense os accidentes, sen que se tomen medidas

Montse Prado: «é inexplicábel e unha irresponsabilidade que a Xunta xestionada polo PP non tome cartas no asunto e se tome a serio a seguranza vial que ten alarmados aos centos de veciños e veciñas da Estrada que utilizan a diario este vial

 O BNG denunciará no Parlamento Galego a alta sinistralidade que se rexistra na PO-841, entre A Estrada e Santiago de Compostela. Na mañá de hoxe, Xoán Reices, candidato do BNG á alcaldía, e Montse Prado comprobaron in situ o tramo no que se concentran un elevado número de accidentes de tráfico, á altura da parroquia de Baloira.

Segundo explicou Xoán Reices «no BNG estamos moi preocupados polo elevado número de accidentes que se rexistran no tramo de Baloira, sen que até o momento a Xunta apenas tomou algunha iniciativa, que sen embargo non tiveron o efecto desexado». «Un medio de comunicación local contabilizou 7 accidentes en apenas 6 meses; isto non pode seguir así, hai que tomar medidas», afirma o candidato do BNG, «mais como xa sabemos que o alcalde non move un dedo por nada, nós no BNG non nos imos quedar de brazos cruzados mentres semana tras semana sucédense os accidentes».

«Neste sentido», engade Reices, «chama a atención que aínda hoxe a Xunta non arranxou os quitamedos do cruce de Baloira e o que hai preto do Rollo, que quedaron desfeitos logo dos accidentes rexistrados hai xa dous meses».

Polo súa parte, a deputada do BNG, Montse Prado, que visitou a zona e comprobou o tramo da estrada PO-841, explicou «é inexplicábel e unha irresponsabilidade que a Xunta xestionada polo PP non tome cartas no asunto e se tome a serio a seguranza vial que ten alarmados aos centos de veciños e veciñas da Estrada que utilizan a diario este vial».

«O BNG xa levou iniciativas neste sentido», explica a deputada nacionalista, «lamentabelmente rexeitadas polo PP, como foi a iniciativa que levamos en 2018 na que pedimos o arranxo do perigoso cruce de Baloira que dá servizo ás parroquias de San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santo André de Vea, Frades e, por suposto, a Pontecesures.»

A deputada do BNG indicou que «polo BNG non vai quedar, insistiremos unha vez máis no Parlamento Galego para que a Xunta tome medidas efectivas contra o alto número de accidentes da PO-841 que comunica A Estrada con Santiago de Compostela, así como o perigoso cruce de Baloira, un arranxo necesario e demandado polos veciños e veciñas da zona». «Pido ao PP que sexa sensíbel, que se tome a serio a seguranza vial deste tramo que utilizan a diario centos e centos de veciños e veciñas da Estrada», afirma.
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

*PROGRAMA VISITA COIDADOS PORTA A PORTA*

Programa coidados porta a porta. Imos facer a segunda visita A Estrada os próximos días 2,3 e 6 de Marzo.
Funciona igual que a primeira visita, podoloxía, revisión auditiva e/ou estimulación da memoria para maiores de 55 anos.
Xa está aberta a cita previa nos mesmos teléfonos, 622748283 e 623546992.
Nesta segunda visita ofrecemos a posibilidade dunha charla de podoloxía, sobre coidados básicos do pé. É algo opcional, que ofrecemos a maiores do servizo.
A charla do primeiro día (2 de marzo) será ás 19,00 h no MOME

Publicado en Portada | Deja un comentario

*CURSOS PARA COIDADORES/AS*

Durante os meses de febreiro e marzo levaranse a cabo cursos gratuitos para coidadores e coidadoras de persoas con algún tipo de demencia. Organizados por AGADEA en colaboración coa Escola Galega de Saúde.

Hora e lugar de celebración: 16:00-18:00H. Edificio Novo Mercado, 2º planta.

No caso de que sexan do teu interese cumplimenta a folla de inscrición marcando as charlas as que queiras asistir. Non te esquezas de facelo chegar a AGADEA en man, mediante correo electrónico ou por whatsapp. A inscripción tamen se pode realizar mediante a web da Escola Galega de Saúde: https://extranet.sergas.es/FEWEB/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&idioma=ga

Publicado en Portada | Deja un comentario