O pasado 14 de xaneiro de 2023 no Pazo da Deputación de Pontevedra
realizouse un acto onde unha grande parte dos concellos da Provincia de
Pontevedra, asinaron unha Declaración e Compromiso para continuar
contribuíndo á normalización do uso oral e escrito do galego como lingua do
dereito, das relacións xurídicas e dos procesos xudiciais nos que interveñan
as corporacións municipais. Así o que se pretende co citado compromiso,
entre outras cuestións, é que cando un concello contrate un avogado ou
procurador, estes profesionais do dereito usen o galego tanto no ámbito
escrito como no oral.
O acordo foi promovido por tres institucións:
A Irmandade Xurídica Galega, Asociación de xuristas partidarios do
uso da lingua galega na actividade xudicial.
A Deputación de Pontevedra.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia,
Tamén foi apoiada pola Asociación de Funcionarios para a
Normalización Lingüística.
O Concelleiro de Móvete Iván Sanmartín acudira persoalmente ao dito
acto, neste caso, como membro da citada Irmandade Xurídica Galega.
Dende MOVETE promovemos a dita moción que se aprobou por
unanimidade no Pleno celebrado o día 2 de marzo ás 20:30 na casa
consistorial, xa que consideramos que o Concello de A Estrada ten que
manter o seu histórico compromiso coa nosa lingua, e que a sinatura da
DECLARACIÓN E COMPROMISO PARA A GALEGUIZACIÓN
XURÍDICA DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
supón un evidente avance na normalización do galego nun ámbito como é o
dereito e a xustiza onde aínda queda moito camiño por percorrer neste eido.
O CONCELLO DA ESTRADA APROBA POR UNANIMIDADE A
MOCIÓN DE MÓVETE PARA ASINAR A DECLARACIÓN E
COMPROMISO PARA A GALEGUIZACIÓN XURÍDICA DOS
CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
O BNG RECLAMA Á XUNTA UN PLAN DE INVESTIGACIÓN, ESCAVACIÓN E POSTA EN VALOR DE CASTRO VALENTE
Unha representación do BNG mantivo un encontro hoxe en Herbón para avaliar as accións a levar a cabo en relación co parque eólico de Castro Valente. Na xuntanza participaron as deputadas Iria Carreira e Montse Prado e o deputado Luís Bará, a portavoz municipal en Padrón, Bea Rei, a portavoz na Estrada, Susana Camba, o candidato nacionalista á alcaldía da Estrada Xoán Reices e militantes da organización dos dous concellos.
Ademais, o grupo nacionalista demanda á Xunta que impulse e financie, en colaboración co sistema universitario galego, un proxecto para a investigación, prospección arqueolóxica, conservación e divulgación do xacemento arqueolóxico de Castro Valente.
CAMPIONATO GALEGO DE JUDO
INFANTIL E CADETE 2023
Esta fin de semana o Judo será o protagonista no pavillón Manuel
Coto Ferreiro da Estrada que acollerá, o domingo 5 de Marzo, o
Campionato Galego Escolar por primeira vez neste concello, no que
participarán 363 deportistas e 113 técnicos.
Xornada de mañá, que comenzará ás 11:30, será a quenda da
categoría Cadete:
➔ 186 deportistas ( 122M / 64F)
➔ 31 clubs galegos competirán buscando a súa praza no podio e a
clasificación para o Campionato de España Escolar.
➔ 53 adestradores acompañarán aos xoves deportistas no evento
mais importante a nivel autonómico da tempada.
Xornada de tarde pelexarán polo mesmo obxectivo @s
deportistas da categoría infantil:
➔ 167 (111M / 56F) é o número de promesas do judo autonómico
que se dará cita no municipal na xornada de tarde
➔ 32 clubs de toda Galicia
➔ 60 técnicos.
A Federación Galega de Judo despregará 4 tatamis de competición na
pista central onde se desenvolverá competición.
A colaboración entre Federación e Concello da Estrada, continuará
este curso cun stage Pre Mundial entre os días 2 e 6 de abril na
mesma instalación.
PROGRAMA CULTURAL PRIMAVERA 2023
MARZO
MULTIPERSPECTIVAS
Paula Quintas
DÍA: Venres 3 de marzo
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Danza contemporánea
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 40 min
ENTRADA (reducida): 5,00 (retirada anticipada no Dpto.Cultura a partir do luns 27 de
febreiro)
SINOPSE: Multiperspectivas#2 é un espectáculo para espazos non convencionais ou
espazos convencionais que permitan o tránsito do público no escenario, un espectáculo
no que se mestura a palabra a través da improvisación teatral, o circo a través do traba-
llo de funambulismo, a danza contemporánea, a intervención espacial e o público que
participa na peza. Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para
enfrentarse coa realidade do espazo que nos rodea.
PABLO MEIXE
Quen aguanta isto?
DÍA: Sábado 4 de marzo
HORA: 20.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Monólogo cómico
CATALOGACIÓN: +12 anos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 5.00€ (retirada en Ataquilla.com ou o Dpto. Cultura)
SINOPSE: Este monólogo non deixa indiferente a ninguén porque foi creado para em-
patizar con todas aquelas situacións que nos suceden acotío e que rematan por superar-
nos. Experiencias cotiás coma tratar con cativos, mercar no supermercado ou simple-
mente convivir con compañeiros/as de piso son a temática deste espectáculo, que conse-
guirá xerar complicidade con calquera que o presencie.
SILVIA PENIDE
Parladoiro musical
DÍA: Xoves 9 de marzo
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Entrevista + concerto
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: Convite (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: A autora coruñesa, con 7 discos ás súas costas, celebra o seu vixésimo ani-
versario na música cun parladoiro no que falará sobre a súa traxectoria no eido musical
ao tempo que interpretará algunha das súas cancións máis coñecidas. Gañou dúas veces
o premio Martín Códax da música galega e ten colaborado con artistas coma Xoel Ló-
pez, Víctor Manuel ou Javier Álvarez.
LOS CHIKY ́S
En concerto
DÍA: Sábado 11 de marzo
HORA: 20.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Música dos anos 60-70
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 70 min
ENTRADA: Convite (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: A emblemática banda estradense volve ao Teatro Principal para facer un
percorrido polos clásicos dos anos 60. O concerto renderá homenaxe a un dos fundado-
res da banda: Miguel Silva Romero. Un concerto cheo de nostalxia que fará as delicias
dos moitos siareiros que ten a agrupación na vila.
VOX POPULI (nec mea vox)
Malasombra Producións
DÍA: Venres 17 de marzo
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Musical
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 95 min
ENTRADA: 5,00 (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Vox populi é un espectáculo de gran formato. Unha ópera rock con música
e letras orixinais, interpretada en directo por doce actrices, actores e músicos. A monta-
xe fala da auxe da ultra dereita en todo o mundo na época actual. Toca unha gran canti-
dade de temas relacionados con este fenómeno, tales como a inmigración, as liberdades
e os dereitos sociais.
JOSÉ CORBACHO
Ante todo mucha calma
DÍA: Sábado 18 de marzo
HORA: 20.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Monólogo cómico
CATALOGACIÓN: +16
DURACIÓN: 80 min
ENTRADA: 10,00 (recollida Dpto. Cultura ou)
SINOPSE: Este é un monólgo no que Corbacho se ri de todo, pero, basicamente… de
si mesmo! E tamén dos seus pais, da súa muller, do seu fillo, do seu can, e… dos seus
principios. Principios que por certo van cambiando en cada función. Posto a rirse, rise
ata dos espectadores que van velo, pero sobre todo o que pretende é que os que máis
rían sexan eles. Porque está a cousa como para deixar de rirse.
IGLOO EN CONCERTO
DÍA: Venres 24 de marzo
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Concerto pop-rock
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 75 min
ENTRADA: 5,00 (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Despois duns meses gravando o seu oitavo disco, Igloo saca o seu novo tra-
ballo discográfico, producido polo compositor e guitarrista de Vetusta Morla. Juanma
Latorre. No concerto do Principal poderán escoitarse as cancións máis emblemáticas
dos dezaseis anos de carreira desta agrupación comandada por Beni Ferreiro.
FESTIVAL MÚSICA NO CAMIÑO
DÍA: Sábado 25 de marzo
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Concerto de acordeóns
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 75 min
ENTRADA: 10,00 (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Despois do éxito do ano pasado, o Festival de acordeóns volve cun abano
de artistas de auténtico luxo: María Jesús y su acordeón, Os Lóstregos, Escola Munici-
pal de Acordeóns das Pontes, Marietta e Airiños da Porta Falsa de Manzaneda. O evento
estará presentado por Noelia Rodríguez.
ABRIL
MAXIA EN FAMILIA
LUIS BOYANO
DÍA: Sábado 1 de abril
HORA: 18.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Maxia
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Público familiar
ENTRADA: 5,00€ (recollida previa no departamento de Cultura)
SINOPSE: O Premio nacional de maxia e Premio mundial na especialidade de menta-
lismo, Luis Boyano, chega ao Teatro Principal despois de ter triunfado na grella televi-
siva ao lado de Antonio Lobato no programa Desafía tu mente. Maxia participativa, hu-
mor e efectos sorprendentes son algúns dos ingredientes de un dos mellores magos do
panorama nacional. Un espectáculo para gozar en familia.
MARILAR ALEIXANDRE
Parladoiro literario
DÍA: Xoves 13 de abril
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Entrevista
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: Convite (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Recentemente galardoada coma Premio Nacional de Narrativa 2022 pola
obra As malas mulleres, Marilar Aleixandre é unha das voces narrativas máis premiadas
e significadas da literatura galega contemporánea. O parladoiro abordará a súa traxecto-
ria coma escritora, rematando cunha sinatura de libros.
LA MEJOR OBRA DE LA HISTORIA
SPASMO TEATRO
DÍA: Sábado 15 de abril
HORA: 18.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia xestual
DURACIÓN: 55 min
CATALOGACIÓN: Infantil +5 anos
ENTRADA: 3,00€ (recollida previa no departamento de Cultura)
SINOPSE: De novo sen palabras e co humor coma instrumento para chegar a toda a
familia, Spasmo amósanos nesta comedia as obras de arte máis relevantes da historia.
Un espectáculo visual e futurista polo seu formato dixital que nos recorda ás aplica-
cións móbiles destinado aos máis cativos. Neste museo virtual combínanse artes escéni-
cas e plásticas cun gran componente didáctico.
SUSANA SEIVANE
Parladoiro musical
DÍA: Xoves 20 de abril
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Entrevista + concerto
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: Convite (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Herdeira dunha prestixiosa estirpe de gaiteiros, Susana Seivane é, sen lugar
a dúbidas, un dos grandes referentes da música tradicional galega no mundo. Neste par-
ladoiro fará un repaso pola súa traxectoria profesional, ademais de interpretar varias pe-
zas do seu amplo repertorio musical.
AS QUE LIMPAN
A PANADARÍA TEATRO
DÍA: Venres 21 de abril
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Adultos
ENTRADA: 5,00€ (recollida previa no departamento de Cultura)
SINOPSE: Un cartel pendurado do manubrio dunha porta. “Por favor, arranxe o cuar-
to”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son as
que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. Esta
é unha sátira utópica inspirada na loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por
conseguiren uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos
propietarios das cadeas hoteleiras.
POL 3.14 EN CONCERTO
DÍA: Venres 28 de abril
HORA: 21.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Concerto pop-rock
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 75 min
ENTRADA: 10,00 (recollida Dpto. Cultura ou wegow.com)
SINOPSE: Joaquín Polvorinos, que dá nome á banda madrileña Pol 3.14, achegará ao
Teatro Principal as cancións do seu novo álbum, ao tempo que fará un repaso polos
grandes éxitos da súa longa discografía. Temas como Lo que no ves, Jóvenes eterna-
mente, No time ou La Terminal poderán escoitarse neste concerto realizado en formato
trío.
COLECTIVO GOVO
TABÚ
DÍA: Sábado 29 de abril
HORA: 20.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Danza contemporánea
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 5,00 (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Tabú conta a historia que hai detrás dunha imaxe en branco e negro, perten-
cente ao Aquivo Municipal de Allariz, onde 12 mulleres aparecen ataviadas co uniforme
futbolístico posando en formación. O espectáculo realiza un mergullo nas curiosidades
destas travesías de vida feminizadas e aínda por descubrir.
MAIO
LUIS PIEDRAHITA
Es mi palabra contra la mía
DÍA: Venres 5 de maio
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Monólogo cómico
CATALOGACIÓN: +16
DURACIÓN: 75 min
ENTRADA: 10,00 (recollida Dpto. Cultura ou ataquilla.com)
SINOPSE: Este é un monólogo cheo de inxenio e tenrura no que Luis Piedrahita ana-
liza os aspectos máis absurdos do cotián para descubrir que ninguén está contento coa
vida que lle tocou en sorte. Profundas reflexións e improvisacións meticulosamente en-
saiadas que chegan á mesma conclusión: só o humor nos fai a vida soportable.
LEONARDO E OS BIOSBARDOS
A XANELA DO MAXÍN
DÍA: Sábado 6 de maio
HORA: 12.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Teatro de monicreques
CATALOGACIÓN: +5 anos
DURACIÓN: 50 min
ENTRADA: 3,00 (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Leonardo, no seu intento por integrarse e adaptarse a Auria fará por superar
as probas que a cuadrilla da Roncolla lle obriga a realizar para formar parte dela. Entre-
tanto debe tamén coidar de pecharlle ás galiñas pola noite, porque están a desaparecer
misteriosamente e é que na súa granxa outro drama se está a cocer… os raposos teñen
atemorizados aos habitantes do galiñeiro cos temibles Biosbardos.
INMA LÓPEZ SILVA
Parladoiro literario
DÍA: Xoves 11 de maio
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Entrevista
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: Convite (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Inma López Silva é unha das autoras e críticas teatrais máis importantes do
sistema literario galego. Galardoada con prestixiosos premios como o Xerais de novela
ou o Blanco Amor, Inma falaranos no Parladoiro sobre o libro que está a piques de saír
do prelo, e sobre outros temas da vida editorial e literaria galega.
MAESTRISSIMO (PAGAGNINI 2)
PRODUCCIONES YLLANA
DÍA: Venres 12 de maio
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia xestual
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 55 min
ENTRADA: 10,00€ (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Maestrissimo é un impresionante espectáculo «allegro e molto vivace» a
metade de camiño entre o concierto de cámara, a comedia satírica e o retrato de época,
no que se amosan, ao máis puro estilo Yllana, as aventuras e desventuras dun cuarteto
de cordas nun período indeterminado entre os séculos XVII e XVIII (Barroco e Neocla-
sicismo).
TRISCUS BELISCUS
RILO E PENADIQUE
DÍA: Sábado 13 de maio
HORA: 12.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Teatro de monicreques
CATALOGACIÓN: 0-3 anos
DURACIÓN: 35 min
ENTRADA: 3,00 (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Triscus beliscus é un espectáculo-taller de narración oral e música parra a
familia, a cargo da narradora e educadora Vera Rilo e a música de Sonsoles Penadi-
que. Os máis peques da casa poderán cantar, xogar e bailar con Xan, con Pedro, co can,
co gato e o rato ata caer de cu polo buraco.
*XANTAR FESTA DO MAIOR 2023*
O prazo de inscrición para participar no “XANTAR FESTA DO MAIOR 2023” permanecerá aberto ata o 14 de marzo (ambos días incluídos). As persoas interedas poderán anotarse no Departamento de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00 de luns a venres. Haberá aforo limitado de asistencia.
Poderán participar as persoas que cumpran os seguinte requisitos:
– Estar empadroado no municipio da Estrada.
– Ter cumpridos os 65 anos (en caso de matrimonio ou parella, será suficiente que un dos dous cumpra este requisito)
A Festa do Maior terá lugar o sábado 18 de marzo as 14:00 horas no Pavillón Municipal Coto Ferreiro.
Porase a disposición das persoas que o precisen un servizo de autobús de carácter gratuito, para o traslado de ida e volta ata o lugar do xantar. Informarase aos usuaios que soliciten o servizo das rutas e horarios do mesmo.
O prezo do xantar será de 18 euros para matrimonio ou parella e de 10 euros para as persoas que acudan de maneira individual.
A Xunta reorganizará nun só edificio os dous órganos xudiciais do concello da Estrada

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, tratou esta mañá o proxecto básico e de execución das obras de construción do novo edificio xudicial da Estrada co alcalde da localidade, José López, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López. , e o arquitecto Víctor Manuel López Puga, cuxo estudio foi adxudicado en abril de 2021 polo servizo de redacción do proxecto básico e de execución das obras.
O proxecto podería ser revisado e reformulado para axustalo á crise do abastecemento material e ás especificidades da futura Lei de Eficiencia Organizativa, conseguindo un maior uso e funcionalidade do inmoble, a máxima eficiencia e sustentabilidade das súas instalacións e unha mellor accesibilidade de todas as persoas que acudan ao mesmo. o edificio xudicial. Ademais, ambos xulgados estarán na mesma planta. Segundo indicou José Tronchoni, cúmprese así o Plan Xustiza 2030.
O director xeral de Xustiza sinalou que unha vez analizada a nova proposta de previsión é necesario proceder á licitación a finais de maio. A duración estimada das obras é dun ano.
A execución desta obra permitirá a reorganización dos dous órganos xudiciais existentes en distintos emprazamentos da Avenida Benito Vigo -os Xulgados de Primeira Instancia e Instrución número 1 e número 2- nun único predio na parcela da Baiuca na avenida de la Torre cedida polo concello.
A superficie útil prevista do edificio é de 1.817 metros cadrados con posibilidade de albergar unha nova dependencia xudicial no futuro. Tamén contará con salas de audiencia, ademais de espazos para outros servizos e organismos xudiciais como o decanato, unha sala de videoconferencia e informática, unha sala de atención a vítimas, rexistro civil, un despacho e unha sala de espera para o Instituto de Xurídica. Medicina de Galicia ( Imelga ), un despacho para a Fiscalía e unha área de profesionais do dereito, procuradores e licenciados sociais.
Neste novo espazo traballarán 18 profesionais: 2 xuíces, 2 avogados da Administración de Xustiza, 12 funcionarios e 2 axentes de seguridade. O orzamento previsto para a execución da obra ascende a 2,7 millóns de euros, dos cales 2 millóns están reservados na conta autonómica deste exercicio.
Mejora de las infraestructuras judiciales
El proyecto se enmarca en el Plan de infraestructuras judiciales de la Xunta, en el que se se llevan invertidos más de 127 millones de euros. Según indicó el director xeral de Xustiza, en este año se seguirá avanzando en el desarrollo del plan con obras como la prevista en A Estrada, así como con la nueva sede del Instituto de Medicina Legal del Imelga en Santiago de Compostela. José Tronchoni se refirió también a las diversas obras de mejoras que se están realizando en las infraestructuras judiciales gallegas y que contarán este año con un presupuesto de 1,6 millones de euros.
Grande-Marlaska impulsa a candidatura de López Bueno á Alcaldía da Estrada

A presentación de Luis López Bueno como candidato á alcaldía estradense contou cunha gran mostra de autoridades socialistas, que non dubidaron en apoiar ao líder da agrupación local na súa carreira por arrebatarlle o bastón de mando ao popular José López. Concelleiras, membros da executiva local e alcaldes e representantes dos concellos limítrofes; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o secretario xeral provincial e delegado da Zona Franca, David Regades, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso ou o eurodeputado Nicolás González Casares foron algunhas das caras máis coñecidas en o encontro socialista , que tivo lugar no restaurante Samaná da Estrada. Pero, sen dúbida, houbo unha persoa cuxa presenza na presentación dun concello de gama media como a da Estrada non deixou indiferente a ninguén: o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, que viaxou a Galicia para dar un forte impulso. a á candidatura de López Bueno, líder do principal partido da oposición.
"É un luxo estar aquí na Estrada apoiando a candidatura de Luis López Bueno", dixo Grande-Marlaska. E "é un luxo", dixo, "porque Pontevedra é o paradigma do socialismo galego", Así, o conselleiro do Interior lembrou que nas pasadas eleccións xerais a metade dos votos socialistas en Galicia "foi en Pontevedra". porque "aquí temos políticas socialistas importantes en diferentes concellos". Tamén fixo referencia ao goberno popular estradense, porque "cando estás na oposición como na Estrada" ves "as debilidades do PP", que "mira e fala por boa xente", mentres que o PSOE, apuntou. , traballa a prol das clases traballadoras, "non deixando atrás a ninguén"; e fixo especial fincapé no apoio ás políticas socialistas de mulleres, maiores e mozos. Grande-Marlaska tamén describiu algúns dos logros dos gobernos socialistas en materia de educación, sanidade ou traballo, entre outros.
O Ministro tamén destacou a importancia de explicarlle á xente "o que fixemos", traballar para que "non haxa cidadáns de segunda" e ter un "proxecto de futuro". Todo isto como claves para gañar as próximas eleccións. Antes de concluír a súa intervención, animou aos presentes a "mobilizarse", e como din os galegos, "a traballar o arnés".














































