AVISO – CAMBIO PERCORRIDO CABALGATA*

👉 ➡ rúa Varela Buxán ➡ avda. Fernando Conde ➡ r. Ulla ➡ r. Calvo Sotelo ➡ Pr. de Galicia ➡ r. Peregrina ➡ r. Capitán Bernal ➡ avda. de América ➡ avda. Benito Vigo ➡ Pr. do Concello.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os reis chegan A Estrada a partir das 18.30h

Os Reis chegarán á Estrada ás 18:30 horas coa súa tradicional cabalgata. Este ano ademáis das carrozas dos tres Reis Magos traerán con eles unha carboeira, para repartir carbón aos que non se portaron como deberían o pasado ano. Completarán o desfile a Banda Municipal de A Estrada, músicos do Obradoiro Carlos Barruso, xigantes e cabezudos.

O recorrido será o seguinte: partirá do Centro de Saúde recorrendo as rúas Varela Buxán, Ponteareas, Porta do Sol, Ulla, Calvo Sotelo, Praza da Farola, Pérez Viondi e Avenida Benito Vigo, rematando na Praza do Concello onde se fará a tradicional recepción.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Un dragón de globos medieval encherá hoxe de cor as rúas Estradenses






A comitiva dun dragón medieval de 15 metros de longo por catro de longo visitou esta tarde A Estrada para promover a dinamización das rúas que evitaron a choiva ao longo da semana pasada. A peza, elaborada integramente con globos, non deixará indiferente a ninguén e dará continuidade ás propostas de ambientación que xa se sentiron onte na rúa peonil Calvo Sotelo, da man de Forzu2. O dragón non foi o único que percorreu esta tarde as rúas da capital estradense a partir das 18.30 horas. Xunto a el estarán os paxes reais, que recolleron as cartas e peticións aos Reis Magos, así como o grupo de animación de Animacreques.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta inagura na Estrada o programa de ocio educativo «Día da Xuventude», que percorrera 30 concellos de Galicia.





A Xunta inaugura na Estrada o programa de ocio educativo ‘Día da Xuventude’, que percorrerá 30 concellos de Galicia

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiron hoxe na Estrada á inauguración do novo programa de lecer e educación non formal posto en marcha pola Xunta de Galicia para celebrar e valorar o Día da Xuventude.


Este novo programa, no marco do Plan de Correspondentes, conta cun amplo programa de formación e lecer dirixido tanto á mocidade galega como ás súas familias, dado que esta iniciativa tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral.


Cristina Pichel explicou que A Estrada será a primeira parada deste programa, que ata abril parará nunha trintena de localidades distintas das catro provincias galegas. Así, destacou que con esta iniciativa “ofértanse alternativas de lecer educativo saudable de xeito totalmente gratuíto, nas que se espera que a mocidade non só o pase ben, senón que tamén aprendan e desenvolvan novas habilidades”.


En cada un dos concellos, a mocidade contará cunha ampla oferta de actividades gratuítas como xogos didácticos gastronómicos, futbolín humano, tiro con arco, obradoiros medioambientais, habilidades de empregabilidade. Ademais diso, tamén contarán con información xuvenil e postos de concienciación sobre a igualdade de xénero.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, puxo en valor recursos como o posto en marcha hoxe na Estrada e que estará presente en 30 concellos para «ofrecer alternativas de conciliación e espazos de atención ás familias». Segundo subliñou, a iniciativa forma parte do conxunto de actuacións que Galicia desenvolve dende o Plan Corresponsable de xeito transversal e que supón un punto e seguido nas políticas de fomento da conciliación e corresponsabilidade que a Consellería de Emprego e Emprego A promoción vénse desenvolvendo Igualdade e á que destinará en 2023 un total de 14,6 millóns de euros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG denuncia as letras machistas dunha das atraccións que o concello colocou na Alameda

Xoán Reices: «Pedimos ao concello a retirada inmediata do repertorio musical machista e instamos ao goberno municipal do PP a implicarse máis na loita contra a violencia machista»

Segundo Xoán Reices, «a atracción ‘El Torito Vacilón’, instalada polo concello na Alameda nestes datas de Nadal, ten entre o seu repertorio unha canción do grupo ‘Zapato Veloz’, titulada ‘Tribu Comanche’ onde unha das súas estrofas indica que ‘soy del norte compadre paisano / de la tribu de los cañoneros / de los que usa muy bien el mortero / de los que pasan a las indias por la piedra'».

«Desde o BNG cremos que este tipo de cancións non son axeitadas en ningún contexto», afirma, «e moito menos como fondo musical dunha atracción infantil, onde nenos e nenas do noso concello van pasar unha tarde de lecer».

«Este tipo de letras fomentan a cultura da violación e son denigrantes para as mulleres, que desde logo son valores que están nas antípodas dos que debería promocionar o concello», afirma o candidato do BNG, Xoán Reices.

«Desde o BNG pedimos a retirada inmediata deste tipo de cancións machistas nas atraccións colocadas polo concello na Alameda», indica Reices. «É máis, o goberno municipal debería implicarse máis na loita contra a violencia machista,» engade, «promovendo campañas de educación afectivo-sexual, masculinidades igualitarias, corresponsabilidade doméstica… en colaboración coas ANPAS e os centros escolares do concello.»

«O concello non pode ser o promotor do machismo,» afirma Reices, «senón ser o principal actor na loita contra a violencia machista».

Publicado en Portada | Deja un comentario

RUEDA DESTACA QUE COA PROLONGACIÓN DA AG-59 OS TEMPOS DE VIAXE ENTRE OS MUNICIPIOS DE SANTIAGO E A ESTRADA SE REDUCIRÁN A 10 MINUTOS SEN PAGAR PEAXES

O presidente da Xunta, Alfonso
Rueda, destacou que coa prolongación da AG-59 os tempos de viaxe entre os municipios
de Santiago de Compostela e A Estrada se reducirán a 10 minutos sen pagar peaxes. As
obras para completar a autoestrada entre as dúas localidades comezarán o vindeiro ano e
contarán cun investimento de máis de 65 millóns de euros. “Van supoñer un antes e un
despois para as comunicacións e para a vida e a competitividade da Estrada e toda a
comarca”, resaltou Rueda.
Na presentación do proxecto na Casa do Concello da Estrada, ante representantes
veciñais e empresariais do municipio e da comarca de Tabeirós-Terra de Montes, Rueda
explicou que no futuro os usuarios poderán facer o percorrido desde A Ramallosa (Teo)
–onde remata actualmente actualmente a autoestrada— ata o municipio en menos da
metade de tempo. Ademais, A Estrada situarase a uns 10 minutos da AP-9, é dicir,
integrada na principal columna vertebral do Eixo Atlántico.
Máis polo miúdo, Rueda explicou que as actuacións vanse levar a cabo en dúas fases: un
primeiro treito que unirá A Ramallosa e Pontevea –ao que se destinarán 33 millóns de
euros- e un segundo tramo de Pontevea ao Rollo, xa no concello da Estrada, e que terá un
investimento de 34,4 millóns de euros.
A finalización da autoestrada trátase, segundo explicou, dunha das obras máis agardadas
polos veciños da comarca e é un proxecto estratéxico para a Xunta. “Deixar a dez minutos
a capital galega dunha zona tan importante como é A Estrada é algo que había que facer”,
resaltou. Neste sentido, o titular da Xunta subliñou que vai supoñer unha mellora na
seguridade viaria; na vertebración territorial da comunidade e na competitividade da
Estrada, un concello que non só alberga importantes institucións como a Academia Galega
de Seguridade Pública ou o Centro Integrado de Emerxencias 112 e do 061 senón que é
un municipio cunha gran actividade industrial e comercial.
No vindeiro mes de xaneiro se levarán a cabo as expropiacións para executar a primeira
fase destas obras -o treito de 3,5 km- entre A Ramallosa e Pontevea e as actuacións
licitaranse ao longo do primeiro trimestre. “Dentro dun ano as obras deste treito xa estarán
en execución e o prazo previsto é de 20 meses”, indicou Rueda. Mentres, aclarou,
seguirase avanzando no proxecto das obras da segunda fase: outros 4 quilómetros entre
Pontevea e A Estrada.
En concreto, será unha infraestrutura tecnicamente complexa que vai incluír a execución
de tres viadutos -para salvar os ríos Santa Lucía, Ulla e Vea- ademais de sete pasos
inferiores e tres pasos superiores.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os músicos de Bremen aterrizan mañá no Principal

 
Mañá martes terá lugar, no Teatro Principal, o primeiro dos dous musicais previstos para os días 27 e 28 de decembro. A compañía madrileña La Bicicleta porá en escena Los músicos de Bremen en dúas sesións previstas para as 17.30 h e as 19.30 h. O mércores, no mesmo horario, porán en escena Pinocho, a mítica peza de Carlo Collodi. A compañía La Bicicleta é a compañía titular do teatro Sanpol madrileño, especializado na montaxe e exhibición de musicais infantís e familiares. As entradas para os musicais poden retirarse no departamento de Cultura ou na tenda Tiko Doco da Estrada.
 
Publicado en Portada | Deja un comentario