O Concello da Estrada activou hoxe a campaña de fomento do empadroamento “Contigo somos máis e mellores”

 

 

 

O Concello da Estrada activou hoxe a campaña de fomento do empadroamento “Contigo somos máis e mellores” co obxectivo de convencer a potenciais novos residentes das vantaxes de empadroarse na Estrada e concienciar á veciñanza das consecuencias negativas que tería para o municipio a perda da categoría de concello de máis de 20.000 habitantes.

Algunhas destas consecuencias serían a perda de autonomía municipal, a imposibilidade de optar a determinados fondos europeos, a baixada das aportacións económicas doutras administracións e a posible redución e merma de servizos públicos.

 O alcalde, José López Campos, explica que “os destinatarios prioritarios desta campaña son aquelas persoas que residen ou traballan na Estrada, pero que por diferentes motivos aínda non están empadroadas. A todas elas convidámolas a pasar desde esta semana polo concello para empadroarse”.

 A campaña desenvolverase durante un mes e incluirá a colocación de carteis informativos e vallas publicitarias, anuncios nos medios de comunicación, recursos audiovisuais e mais o envío de cartas explicativas a todos os fogares do municipio.
#Contigosomosmáisemellores

Publicado en Portada | Deja un comentario

VISITA DE PAPANOEL A ESTRADA

GALERÍA PAPANOEL VISITA O CONCELLO DE A ESTRADA

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada e Inserta Empleo asinan un convenio para
fomentar o emprego das persoas con discapacidade

O alcalde da Estrada, José Carlos López, e a coordinadora de
Desenvolvemento e Xestión de Medios e directora en funcións de Inserta
Empleo en Galicia, Beatriz Gallego, asinaron esta mañá un convenio para
fomentar o emprego das persoas con discapacidade do municipio.
Este acordo establece un marco de colaboración para mellorar a situación no
mercado laboral das persoas con discapacidade mediante o establecemento
de programas de formación, captación, derivación, orientación e inclusión
destas ao mercado laboral, para facilitar o seu acceso a un emprego de
calidade.
Así mesmo, prevé o deseño conxunto e a execución de accións específicas
para mozas con discapacidade, para impulsar a súa incorporación no
mercado laboral e concienciar o tecido empresarial na aposta polo talento
novo. O convenio tamén inclúe a colaboración co tecido asociativo do
municipio para que a prestación de servizos a persoas con discapacidade se
canalice a través das diferentes asociacións que as representan.
O alcalde asegurou que “é un privilexio poder asinar este acordo de
colaboración para atender os colectivos máis desfavorecidos, buscando a
igualdade de oportunidades para todas aquelas persoas que queiran
incorporarse ao mercado laboral”. López destacou tamén “o momento doce
que está a travesar o mercado laboral no noso concello”.
Pola súa banda, Beatriz Gallego asegurou que o acordo hoxe asinado
“reforza a atención ás persoas con discapacidade, xa que son os concellos
os que mellor coñecen as necesidades dos cidadáns por ser a institución
máis próxima a eles”.

Gallego engadiu que “imos sumar esforzos e compartir recursos, o que,
estamos convencidos se vai traducir na mellora da empregabilidade das
persoas con discapacidade na Estrada”.
Este convenio enmárcase nos programas operativos de Inclusión Social e da
Economía Social (Poises) e de Empleo Juvenil (POEJ), que está a
desenvolver a Fundación ONCE a través de Inserta, co cofinanciamento do
Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Empleo Juvenil, para incrementar a
formación e o emprego das persoas con discapacidade.
Inserta Empleo é a entidade de recursos humanos de Fundación ONCE
expertos na atención ás persoas con discapacidade, e centra a súa
actividade en mellorar a súa formación e conseguir a súa inclusión no
mercado laboral. Conta cunha experiencia de máis de 25 anos e un equipo
de expertos en orientación e intermediación, repartidos polas súas 46
oficinas en toda España. Axuda ás persoas con discapacidade a atopar
emprego, as forma se é necesario, e ofrece ás empresas os mellores
candidatos para os postos que necesitan cubrir. Todo iso de forma gratuíta.

Publicado en Portada | Deja un comentario

BNG homenaxea a 11 militantes con 40 anos de militancia nacionalista

O BNG da comarca Tabeiros-Terra de Montes-Deza homenaxeou  a 11 militantes que levan 40 anos de militancia na organización nacionalista. Este homenaxe enmárcase nos actos que o BNG está a realizar por todo o país para conmemorar os 40 anos de existencia e traballo en defensa dos intereses de Galiza, mais tamén dos concellos da nosa comarca.

As e os militantes homenaxeados son Amado López Gutiérrez (Lalín), Xosefina Pereira Rivas (A Estrada), Manuel Anxo Rendo Lema ( A Estrada), María Xosé Vizoso Saborido ( A Estrada), Rafael Iglesias Blanco (Lalín), Amparo Barreiro Carracedo ( A Estrada), Antón Pavón González (Vila de Cruces), Francisco Xabier Barreiro Carracedo (A Estrada), Xosé Luis Castro Blanco (Agolada), Sindo Vilamaior Martínez (A Estrada) e Xoán Carlos Vizoso González (Lalín). Todas elas mantiveron e manteñen militancia activa desde hai 40 anos e foron o xerme do BNG na nosa comarca, impulsando e construíndo a organización desde a nada.

En 1982 estaba todo por facer, sen embargo hoxe o BNG ten representación institucional en todas as localidades da comarca, agás Agolada, e ten centos de militantes que manteñen viva e activo o nacionalismo, alén da propia organización do BNG.

O acto de homenaxe realizouse no MOME da Estrada e contou coa participación de Xoán Reices (candidato á alcaldía). Tamén interveu Lucía Veciño, secretaria da Fundación Galiza Sempre, que presentou o libro «40 anos ao servizo de Galiza, que recolle os momentos máis representativos da historia do BNG desde 1982. No acto tamén interveu Xoán Carlos Vizoso González, de Lalín, un dos históricos que explicou como foron os inicios do BNG na nosa comarca. Finalmente interveu a deputada e membro da Executiva Nacional do BNG, Montse Prado, que explicou o reto ao que se enfronta o BNG nos vindeiros anos, que non é outro que conseguir a presidencia da Xunta e ensanchar a base do nacionalismo galego.

Publicado en Portada | Deja un comentario

PROGRAMACIÓN DE NADAL A ESTRADA 2022

22 DECEMBRO
20.30h / Teatro Principal: Parladoiro e sinatura de libros a cargo do escritor Manolo Rivas. Os
convites poden retirarse no Departamento de Cultura ou na Libraría Marxe.

23 DECEMBRO
18.30h: Pasacalle Troula Leds
20.30h / Teatro Principal: Concerto de nadal do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso. Os
convites poden retirarse no Departamento de Cultura a partir do vindeiro luns.

24 DECEMBRO
13.00h / Zona dos Viños: Sesión vermú de Noiteboa con Galifunk
18.30 h: Cabalgata de Papá Noel e recepción posterior no Palco da Música da Alameda Municipal

26 DECEMBRO
18.30 h: Pasacalle troula Steam Punk
19.30 h: Concerto Moa Trío (Praza da Feira)

27 DECEMBRO
17.30 h e 19.30 h / Teatro Principal: Los Músicos de Bremen. El musical Cía La Bicicleta
(Madrid). As entradas poden retirarse no Departamento de Cultura ou na tenda Tiko Doco.
19.00 h / Porta do Sol e Farola: Pasacalle e concerto de Os Bregadiers
20.00 h / MOME: Presentación da Miscelánea histórica e cultural. Entrada libre.

28 DECEMBRO
17.30 h e 19.30 h / Teatro Principal: Pinocho. El musical Cía La Bicicleta (Madrid). As entradas
poden retirarse no Departamento de Cultura ou na tenda Tiko Doco.
19.00 h / Praza do Mercado e Rúa Calvo Sotelo: Pasacalle e concerto do grupo St. James Dixie
Band.

29 DECEMBRO
12.30 h: Visita do Apalpador ás rúas da vila. Unha actividade promovida pola Deputación de
Pontevedra.
18.30 h: Pasacalle co espectáculo Animacreques.
20.00 h / Rúa Calvo Sotelo: Concerto recital a cargo do Orfeón Voces Graves de Arousa.

30 DECEMBRO
19.00 h: Pasacalle do Dragón medieval.
20.00 h / Rúa Serafín Pazo: Concerto Moa Trío

31 DECEMBRO
13.00 h / Zona dos Viños: Sesión vermú de Fin de Ano co grupo Supermirafiori.

2 XANEIRO
18.30 h / Rúa Calvo Sotelo: Representación do espectáculo Forzu2

3 XANEIRO
18.30 h: Pasacalle Troula cos Paxes Reais

4 XANEIRO
18.30 h: Representación do espectáculo Máis Ritmo a cargo de Detrés

5 XANEIRO
18.30 h: Cabalgata de Reis e posterior recepción na praza do Concello.

Publicado en Portada | Deja un comentario

CONCILIA NADAL 2022

• A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e
12 anos.
• DATAS E HORARIO: do 23 de decembro de 2022 ó 5 de xaneiro de 2023 (ambos
incluidos). En horario de 8:30 a 14:30, de luns a venres.
• LUGAR DA ACTIVIDADE: NOVO MERCADO (No Espazo Concilia)
• PRAZAS: 15 rapaces/as.
• PRAZO DE INSCRICIÓN: do 13 ó 20 de decembro (ambos incluídos)
• COTA DE INSCRICIÓN:
a) Familias empadroadas no Concello da Estrada: 23 euros.
b) Familias non empadroados no termo municipal e que os pais acrediten atoparse
traballando na Estrada (termo municipal): 38,5 euros. (sempre e cando queden
prazas libres)
• PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán
presentarse no Departamento de Servizos Sociais ou no Rexistro Xeral do Concello
da Estrada, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; ou a través da sede
electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal).
A documentación a presentar xunto coa solicitude segundo modelo, é a seguinte:
▪ D.N.I do pai, nai ou titor
▪ Vida laboral dos pais/titores

No caso de que o no de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes
segundo o seguinte orde de prioridades:
1. Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
2. Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
3. Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten
atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
4. Orde de entrada das solicitudes.
5. Rapaces e rapazas non empadroados no Concello da Estrada e que os pais acrediten
atoparse traballando na Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

Proxecto talleres baile galego institutos A Estrada.


Con este proxecto de baile tradicional galego o que se pretende non so é que
os rapaces e rapazas, entre idades de trece a dezaseis anos, coñezan a
cultura tradicional galega senón tamén a importancia que ten dentro da súa
evolución tanto a nivel psicomotor como a nivel psicoevolutivo.
O enfoque que se pretende dar a este traballo e didáctico e pedagóxico.

A metodoloxía que utilizaremos, e partir sempre dos coñecementos previos que
ten o alumnado para que todo aquelo que se vai ensinando teña un sentido e
unha comprensión por parte do alumnado.
Coa aprendizaxe do baile tradicional o que fomentamos no alumnado é:
– Coñecemento corporal.
– Equilibrio.
– Lateralidade.
– Segmentación corporal.
– Coordinación e control postural
– Automatización de movementos.
– Coordinación oculo-espacial.
– Espacio auditivo.
– Creatividade.

Todo isto conseguirase a través dunha serie de pasos-estructuras ( un,dous,
tres sen cruzar os pés, picados por diante e detrás, adiante-atrás……) que
iremos traballando ao longo dos talleres.
O fin último é que o alumnado aprenda a crear os seus propios puntos e
entenda o que está a facer co seu corpo.
Temos que partir da base que o baile tradicional galego é un baile que se baila
en parella e en grupo polo tanto tamén se vai traballar o compañerismo, o
respecto, a solidariedade, a convivencia… digamos que van ter que estar
perfectamente compenetrados para poder facer os bailes e que uns dependen
de outros para levalos a cabo.

2. Obxectivos a traballar
– Coñecer o seu propio corpo.
– Escoitar o ritmo.
– Afianzar e traballar o equilibrio, automatización de movementos,
creatividade.
– Traballar a lateralidade, equilibrio, control e coordinación corporal e
oculo-espacial, espacio auditivo.
– Aprender a manexar os movementos dos pes.
– Comprender os movementos que se realizan.
– Coñecer e investigar sobre a cultura popular galega

– Aprendemos un, dous, tres, sen cruzar e cruzado.( picado por diante e por
detrás)
– Aprendemos salto, abaixo, arriba sen cruzar e cruzado por diante e atrás
(adiante-atrás)
– Facemos os movementos cos brazos arriba.
– Bailamos en grupo.
– Aprendemos as diferentes estructuras dos bailes (fila, roda, fila movida nos
espacio, peche de rodas, apertura de rodas)
– Creamos os nosos propios puntos, e baile.
– Coñecemos a cultura popular galega.

As sesións constarán aproximadamente dunha hora, que se desnvolverán ao
longo de dous meses.

Levaráse a cabo a través da observación e pretenderase que o alumnado
explique os movementos que vai aprendendo.

Publicado en Portada | Deja un comentario