CONCERTO SOLIDARIO A FAVOR DE AGADEA (A Estrada e Cuntis)

 

Informámoslles que o próximo martes día 22 o GRUPO DE ACORDEÓNS ESTRADENSE OS LÓSTREGOS, ofrecerá un concerto solidario a favor da Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer. (centro de día da Estrada e Cuntis).

Dito concerto terá lugar nas instalacións do EDIFICIO NOVO MERCADO-2ª planta, a partires das 11:45 h. Con entrada de valde ata encher o aforo.

O repertorio incluirá  temas da nosa música tradicional e incluirá tamén outros moi populares.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

¡Quedámonos sen Praza da Feira!

Xoán Reices: «É a constatación dun feito que está á vista dos veciños e veciñas, pero que o goberno municipal do PP segue empeñado en negar, mesmo hai algún concelleiro que se dedica facer gracias nas redes sociais a conta da praza»

«Aínda que o goberno municipal do PP o negue, a Praza da Feira ten un serio problema», explicou o candidato do BNG, Xoán Reices, «denunciámolo desde o principio, alá polo mes de xuño, e reiterámolo, como siga chovendo imos quedar sen praza».

O candidato do BNG indicou que «calquera persoa que pase pola praza nestes días pode ver como moita claridade os regos feitos pola auga da choiva no piso de terra da Praza, arrastrando todo ao seu paso». «Isto non é unha opinión que facemos desde o BNG, é a constatación dun feito que está á vista dos veciños e veciñas, pero que o goberno municipal do PP segue empeñado en negar, mesmo hai algún concelleiro que se dedica facer gracias nas redes sociais a conta da praza».

«Desde o BNG volvemos a insistir en que o alcalde ten que esixirlle unha solución á empresa construtora», afirma Reices», «isto non pode ser o conto da Praza de Abastos, que arrastra deficiencias desde a súa inauguración». «Ou se arranxan os problemas ou quedaremos sen praza», engade.

Publicado en Portada | Deja un comentario

GALA DO DEPORTE CONCELLO DA ESTRADA 2022

O Concello da Estrada, por medio da Concellaría de Deportes, Novas
Tecnoloxías e Participación Cidadá, anuncia a IV Gala do Deporte do Concello da
Estrada, que vai a celebrarse o martes día 20 de decembro as 20h no Teatro Principal,
na que será a festa do deporte estradense este ano 2022.
Volve este evento no 2022, despois de dous anos sen celebrarse pola
COVID19. A suspensión da gala viña motivada por un lado, polas restriccións en
recintos pechados e con aglomeración de público, e por outro, non se podía realizar
unha valoración obxectiva cos mesmos criterios dos obxectivos acadados por
deportistas e clubs, xa que os condicionantes de cada un para realizar á actividade,
alteraron o seu normal desenvolvemento, por múltiples factores. Isto impediu que o
xurado puidese realizar as súas propostas de forma equitativa e razoable.
Como novidade incluimos 3 novas categorias (mellor equipo, mellor evento e
mellor adestrador) para dar cobertura máxima as modalidades existentes no noso
concello. Establécense 12 categorías, que son as seguintes:
1. Mellor deportista ano en curso (masculino e feminina).
2. Mellor deportista de base ano en curso (masculino e feminina, ata 18 anos)
3. Deportista/club revelación ano en curso.
4. Mellor club/asociación/entidade deportiva ano en curso.
5. Mellor club/asociación/entidade deportiva de traballo coa base ano en curso.
6. Mellor equipo ano en curso.
7. Mellor evento deportivo ano en curso.
8. Mellor adestrador/a ano en curso.
9. Mellor entidade patrocinadora, de apoio deportivo e/ou difusión a
clubs/asociacións/entidades deportivas e deportistas federados da Estrada.
10. Premio a traxectoria deportiva.

Os nominados nas distintas categorías daranse a coñecer nos vindeiros días, e
previa reunión do xurado, coñeceranse os gañadores o mesmo día da gala. O premio
a traxectoria deportiva non conta con nominados xa que será una nominación directa
por parte do xurado.

PROPOSTAS IV GALA DO DEPORTE CONCELLO DA ESTRADA 2022 : 

MELLOR DEPORTISTA MASCULINO 2022
David Vázquez (automobilismo)
Mario López (natación)
Rodrigo Sanjurjo (bádminton)
MELLOR DEPORTISTA FEMININA 2022
Carmen Escariz (marcha atlética)
Nikol Carulla (bádminton)
Nuria Gómez (fútbol)
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO sub 18 2022
Pablo López (Club Tenis RC)
Rubén Comerón (Club Bádminton A Estrada)
Ismael Brea (Estrada Futsal)
MELLOR DEPORTISTA FEMENINA sub 18 2022
Iziar Barcala (Club Bádminton A Estrada)
Carolina Valiño (CNS a Estrada)
Rocío Castro (Club Judo Base)
DEPORTISTA/CLUB REVELACIÓN 2022
Sport Team Estrada
Ainhoa Castro (EEFB/ UD A Estrada)
Club de Tenis Recreo Cultural
MELLOR CLUB 2022
Club Ximnasia A Estrada
EDM A Estrada Baloncesto
Club Bádminton A Estrada
MELLOR CLUB DE BASE 2022
CNS A Estrada
Club Patin A Estrada
Club Judo Base
MELLOR EQUIPO 2022
EDM senior masculino
Sport Team Estrada
EEFB infantil
MELLOR EVENTO DEPORTIVO
V Torneo de fútbol benxamín Concello da Estrada (EEFB)
TransGalaica BTT (Bikestrada)
XXVI Subida A Estrada (Escudería Estradense)
MELLOR ADESTRADOR/A
David González Beceiro (EDM)
Sofía Mosteiro Losada (Club Ximnasia A Estrada)
Marcos Otero Rodríguez (Atletismo A Estrada)
ENTIDADE DE APOIO O DEPORTE
Start Motor
Panadería Cervela
Cervexería Eureka
PREMIO TRAXECTORIA
Deportista/Club

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

OS FONDOS #NextGenerationEU PERMITEN A DIVERSIFICACIÓN CULTURAL NA ESTRADA CUN
ACUMULADO DE 21 ACTUACIÓNS NO RURAL E PRETO DE 1.000 ESPECTADORES.

O pasado 24 de setembro botaba a andar na vila a primeira parte do ciclo de exhibición
cultural Un cómico na aldea, unha iniciativa impulsada polo departamento de Cultura do
Concello da Estrada ao abeiro dos fondos #NextGenerationEU e o Mecanismo de
recuperación e resilencia do regulamento (UE).
A iniciativa pretende dar un impuso á dinamización da cultura ao longo do territorio coa ampliación e diversificación cultural nas áreas non urbanas, con cargo ao Plan de transformación, recuperación e resiliencia aprobado no ano 2021. Feito un balance parcial
desta primeira fase de actuación rematada o 31 de outubro, o resultado non puido ser máis
positivo. No programa participaron 14 artistas para un total de 21 actuacións e preto de 1.000
espectadores acumulados. Unha media de máis de 40 espectadores por función que fala, ás
claras, do éxito desta iniciativa. A partir do mes de febreiro, porase en marcha unha segunda
rolda de actuacións por outras 20 parroquias estradenses, cunha programación que pretende
incluír, ademais, un roteiro cinematográfico polo Pazo de Oca e un roteiro literario polo Berres
dos irmáns Valladares, evento que tivo que suspenderse en outubro por mor da choiva.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Festival Lume na Lareira en A Estrada


O Teatro Principal da Estrada foi onte o escenario dunha nova edición do festival de música folk Lume na Lareira, que contou coa actuación de Os Larpeiros da Coruña, Padre Xiao, Xirandola. Cristo Cristini, Antonio Barrios e Ialma e Rut, aos que se sumaron Os Dezas de Moneixas que se estrearon no festival e os anfitrións.
Galería:
Publicado en Portada | Deja un comentario

O ciclo “Un cómico na aldea” de distribución cultural polo rural
estradense péchase cun acumulado de 21 actuacións e preto de 1.000
espectadores.

O pasado 24 de setembro botaba a andar na vila a primeira parte do ciclo
de exhibición cultural Un cómico na aldea, ao abeiro dos fondos
NextGenerationEU. Unha iniciativa que pretende dar un impuso á
dunamización da cultura ao longo do territorio coa ampliación e
diversificación cultural nas áreas non urbanas, con cargo ao Plan de
transformación, recuperación e resiliencia aprobado no ano 2021.

Feito un balance parcial desta primeira fase de actuación rematada o 31 de
outubro, o resultado non puido ser máis positivo. No programa
participaron 14 artistas para un total de 21 actuacións e preto de 1.000
espectadores acumulados. Unha media de máis de 40 espectadores por
función que fala, ás claras, do éxito desta iniciativa.
A partir do mes de febreiro, porase en marcha unha segunda rolda de
actuacións por outras 20 parroquias estradenses, cunha programación que
pretende incluír, ademais, un roteiro cinematográfico polo Pazo de Oca e
un roteiro literario polo Berres dos irmáns Valladares, evento que tivo que
suspenderse en outubro por mor da choiva.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PP presenta unha emenda para incluír o enlace á AP-53 en Lamela, Silleda

 Para Lalín, inclúen a mellora integral da estrada nacional N-
640 ao seu paso polo concello; mellora da capa de rodadura
da N-525, N-640 e ronda exterior que conecta Goiás co
Polígono Industrial Lalín 2000 e a bonificación da peaxe na
AP-53.
 Constenla critica que os orzamentos máis expansivos
conxelan as partidas que destinan para a provincia, “son
desoladores, e ademais ser malos, non os executan”.

O Partido Popular presentou unha emenda para reclamar ao
Goberno central que inclúa nos Orzamentos Xerais do ano 2023 o enlace á AP-53,
en Lamela, desde a N-525, en Silleda.
O voceiro do PP local, Ignacio Maril, recorda que é unha reivindicación que levan
anos facendo, “é un acceso vergonzoso, non hai en todo o país unha situación
como esta, e por iso é urxente que o Goberno central actúe e ofreza unha solución
definitiva”. Así o denunciou esta mañá en rolda de prensa, xunto ao deputado
nacional, Juan Constenla, e a tenente de alcalde de Lalín, Paz Pérez.
Ademais, Maril amósase sorprendido porque o Goberno local de Silleda non
introducise ningunha emenda nin esixise o arranxo deste vial. Ademais, lamenta
que durante a visita do Delegado do Goberno a Silleda, “non se falou de
investimentos reais para o concello para 2023, senón de liñas de subvencións ás
que Silleda concorre do mesmo xeito que o resto de municipios”.
Por iso, di que “non se están cubrindo as demandas dos veciños de Silleda e, o
peor de todo, é que o Goberno local e o alcalde aceptan esta situación. Esta
actuación é prioritaria e non se pode renunciar a ela. Unha situación perigosa para
todos os que transitan por ela”.


O deputado nacional, Juan Constenla, explicou que, ademais de esta emenda para
Silleda, os populares incluíron outras catro emendas para Lalín e A Estrada. Todas
elas por valor de 5,8 millóns de euros e “son infraestruturas moi necesarias para
esta comarca”.
Con respecto a Lalín, os populares reclaman que se inclúan nos orzamentos para
2023 a mellora integral da estrada nacional N-640 ao seu paso polo concello;
mellora da capa de rodadura da N-525, N-640 e ronda exterior que conecta Goiás
co Polígono Industrial Lalín 2000 e a bonificación da peaxe na AP-53.
A maiores, as emendas do PP volven a recoller que se inclúa unha partida real
para a Variante da Estrada, un proxecto vital para este concello e que leva
paralizado varios anos. Explican que a partida que destinan nos orzamentos para
este proxecto é simbólica, resulta insuficiente para iniciar os trámites e por iso
solicitan que se amplíe a un millón de euros. Din que é unha demanda histórica
para evitar tráfico rodado polo centro da Estrada. “Debe de ser o único concello
que está cortado por unha nacional con tanto tráfico, o que provoca caos na
circulación pero tamén moita inseguridade viaria e numerosos sinistros”, explica
Constenla. Por iso, insiste en que “o importante é que a execución das
infraestruturas aparezan reflectidas nos orzamentos xerais con partidas reais,
porque esa é a única garantía de que as cousas se poden facer, e non aparecen”.


MÁIS DE CEN EMENDAS PARA A PROVINCIA
Os deputados nacionais rexistraron máis de cen emendas da provincia aos
Orzamentos Xerais do Estado para 2023, que ascenden a 331 millóns de euros.
Unhas emendas que son froito do traballo e da colaboración permanente cos
concellos, o que permite “trasladar a Madrid os proxectos e as necesidades reais
da provincia, ante uns orzamentos que teñen grandes carencias para Pontevedra”,
sinala Juan Constenla. Recorda que os orzamentos máis expansivos conxelan as
partidas que destinan para Galicia, “uns orzamentos para esta provincia
desoladores e cun porcentaxe de execución que, neste ano 2022, foi do 28% en
Galicia. Ademais de ter malos orzamentos, non executan”, denuncia.

EMENDAS CONCELLO IMPORTE
Variante da Estrada A Estrada 1M€
Para compensar a sociedades concesionarias de autopistas según
normativa. AUTOPISTA AP-53 Lalín 2M€
Mellora integral da carretera nacional N-640 o seu paso polo concello Lalín 1,2M€de Lalin

Mellora do curso de desgaste da N-525, N-640 e circunvalación exterior que conecta Goias co Polígono Industrial Lalín 2000 Lalín 1M€ Enlace coa AP53 en Lamela (Silleda) dende a N525 Silleda 600.000 €

 

Publicado en Portada | Deja un comentario