XII MILLA SAN SILVESTRE ESTRADENSE

O Concello da Estrada, organizará o vindeiro SÁBADO día 31 de Decembro

a XII Milla San Silvestre Estradense.

Trátase dunha proba de carácter lúdico non competitiva, de inscrición
gratuita e con sorteos de agasallos para todos os participantes.

INFORMACIÓN XERAL
Data: SÁBADO 31 de Decembro de 2022.
Hora: a partir das 16:00, retirada de dorsais.
Lugar: Praza da Feira e contorna
Distancia: de 100m a 1.609 m. aprox
Organiza: Concello da Estrada

Inscrición: Ata o XOVES 29 de Decembro de 2022 a través da

web: www.emesports. es

Facendo constar: Nome – Apelidos – Data nacemento.
CATEGORIAS, DISTANCIAS E HORARIOS APROXIMADOS

Pitufos (nados no 2017 e posteriores)- 100 metros – 17:00h

Prebenxamín ata Infantil (nados entre os anos 2016 e 2009)- 1⁄2 milla (800 m) – 17:15h
Cadetes ata Veterans (nados nos anos 2008 e anteriores)- 1 milla (1609 m) – 17:30h

PERCORRIDOS

 A carreira da categoría Pitufos terá lugar polas inmediacións da praza da Feira (CIRCUITO
VERDE – rua Ulla).
 A carreira da categoría Prebenxamín ata Infantil terá lugar por un circuito urban pechado o
trafico de aproximadamente 800m de lonxitude (CIRCUITO ROXO – praza da feira – rua irmáns
Xosé e Severino Trigo – rua Calvo Sotelo – rua Justo Martínez – rua Irida – rua Castelao – Rua
Ulla – porta do sol – praza da feira), o que haberá que dar 1 VOLTA para completar a distancia
total de 800m. A saída e meta situaranse na praza da Feira.
 A carreira da categoría Cadetes ata Veterans terá lugar por un circuito urban pechado o trafico
de aproximadamente 800m de lonxitude (CIRCUITO ROXO – praza da feira – rua irmáns Xosé e
Severino Trigo – rua Calvo Sotelo – rua Justo Martínez – rua Irida – rua Castelao – Rua Ulla –
porta do sol – praza da feira), o que haberá que dar 2 VOLTAS para unha distancia total 1600m.
A saída e meta situaranse na praza da Feira.

PREMIOS E AGASALLOS

 Trofeo o disfraz máis orixinal e trofeo o grupo máis numeroso do mesmo disfraz.
 O rematar todas as carreiras das distintas categorías, todos os participantes serán obsequiados ca
degustación de chocolate quente e produtos de repostería.
 O rematar todas as carreiras das distintas categorías, realizarase o sorteo dos agasallos segundo
o número de dorsal. Para participar nos sorteos dos agasallos que se farán na chocolatada é
obrigatorio levar o dorsal ben visible.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS

 Retirada de dorsais a cambio dun quilo de comida non perecedeira que se destinará a Cáritas
Parroquial A Estrada, dentro da Operación quilo de Nadal 2022.
 Colaboración ca Fundación Andrea.
A Fundación ten como finalidade básica a atención e o apoio económico, moral, informativo ou de
calquera outra natureza, ás familias que, contando con escasos recursos económicos teñan que
coidar aos seus fillos nas enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, que estes
poidan padecer, facilitándolles solucións e axudas áxiles ante situacións de carencias inmediatas.
O seu ámbito de actuación é nacional.

Número de conta para donacións:
BBVA ES89 0182 5920 55 0201612758
LA CAIXA ES64 2100 4876 0322 0004 4308
Código BIZUM: 00908
Concepto: San Silvestre Estradense
 A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo.
 Calquer/a participante, no caso de ser agraciado con dous ou máis agasallos, únicamente poderá
recoller o primeiro deles, volvéndose a sortear os restantes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O RECREO CULTURAL ABRE O SÁBADO 10 O SEU MERCADO DE
NADAL CON MÁIS DE 20 EXPOSITORES

 O evento reserva un programa de actividades paralelas, entre elas
o Concerto de Nadal da Banda Escola Municipal, un contacontos
de Ana Meilán ou danza coreográfica e de salón con Sondodance.
 As súas portas estarán abertas ao público en xeral, de 12.00 a
20.30 horas e con entrada gratuíta, con oferta de churros e
chocolate quente, cafetería e street food
 Os nenos poderán gozar de inchables tematizados durante toda a
xornada ou pintar árbores de Nadal de cartón
 Artesanía e produto local, de novo a tarxeta de visita deste
mercado de proximidade

O Recreo Cultural da Estrada ten xa todo preparado para
a que será a segunda edición do seu Mercado de Nadal, una aposta que a directiva que preside
Iago González Beceiro puxo en marcha o pasado ano, con moi boa acollida de público, no seu
intento por apostar polo produto local, artesán e de proximidade á hora de realizar as
compras propias desta especial época do ano. A cita será o próximo SÁBADO 10 DE
DECEMBRO, nas instalacións desta entidade, que terá as súas portas abertas para recibir ao
público en xeral. Logo de pechar a distribución do espazo, o número de expositores que
secundarán este mercado -o único desta tipoloxía que se celebra na Estrada- supera a vintena.
O Mercado de Nadal, que conta coa colaboración do Concello da Estrada, abrirá o sábado as
súas portas ao público ás 12.00 horas. Aínda que as instalacións estarán operativas dende
primeira hora da mañá, o uso dos salóns reservarase ás labores de montaxe dos postos para
que, ao mediodía, o público poda achegarse para interesarse polos seus artigos e realizar as
súas compras. Unha vez inaugurado, o mercado funcionará de xeito ininterrompido ata as
20.30.

A actividade estará completamente preservada das posibles adversidades meteorolóxicas.
Deste xeito, os máis de 20 postos instalaranse ocupando por completo os dous salóns da
sociedade, configurados nesta ocasión como un espazo aberto e diáfano. A equipa directiva
quixo deseñar unha xornada na que se favoreza a maior afluencia posible, buscando que
todos os produtores, artesáns e comerciantes presentes poidan extraer o maior proveito da
súa asistencia.
Deste xeito, ademais das moitas sorpresas que se reservan os expositores nun escaparte
profundamente inspirado no Nadal, a organización inclúe no cartel una serie de actividades
paralelas que buscan favorecer o entretemento daqueles que se acheguen ata o Recreo
Cultural nesta xornada de portas abertas. Malia que aínda quedan algúns detalles por
incorporar á previsión de actividades, a directiva confirmou que o primeiro dos eventos
culturais que acompañarán a esta convocatoria será o CONCERTO DE NADAL da BANDA
ESCOLA MUNICIPAL, una agrupación dirixida por Santiago Mella García e integrada polos
talentos máis novos que conforman a canteira da Banda Municipal da Estrada. A súa actuación
está programada para as 13.00 horas. Mella García avanzou que o repertorio será variado
aínda que, coma non podía ser doutro xeito, non faltarán temas de Nadal. Os músicos tocarán
para os presentes por espazo aproximado de media hora.
Xa pola tarde, a escritora ANA MEILÁN tomará o relevo. Para a súa visita, o Recreo Cultural
contou coa inestimable colaboración da librería Pintaletras. A recoñecida autora ofrecerá unha
sesión de contacontos ás 17.30 horas -para socios e non socios, seguindo a filosofía do
Mercado de Nadal- e terá ocasión de presentar aos máis pequenos os seus últimos títulos: O
aire do lobo Rigoberto e Oito Patas. Pintaletras puido xa constatar o interese que está
espertando a actividade a través da súa reserva de prazas. Aínda así, o evento estará aberto a
todos os que se acheguen.
Xa ás 19.00 horas chegará a última actividade paralela da man dos bailaríns da escola
SONDODANCE. Ofrecerán un espectáculo de danza coreográfica inspirado no Nadal e unha
exhibición de bailes de salón na que participarán os alumnos máis pequenos do centro, que
veñen amosando o seu grande talento nos recentes campionatos autonómicos.
O apartado gastronómico non se descoidará. No acceso ao Mercado de Nadal haberá durante
todo o día un posto de churros e chocolate quente, para adozar e quentar uns días que se
agardan fríos. Xa no interior, a firma estradense ARGENTINOS porá a disposición de todos os

interesados un servizo de barra de comida estilo street food, con cans quentes con diferentes
salsas que os usuarios poderán pedir ao seu gusto, racións de nachos con queixo fundido e
picante e o seu famoso bocadillo quente pulled pork. Xa para as últimas horas do día, haberá
racións de pizza.
O recinto terá o 10 de decembro un acceso único, reservando a primeira entrada das
instalacións para os expositores, de xeito que o público entre pola zona das piscinas e pistas de
tenis. A entidade xerará máis prazas de estacionamento aproveitando os terreos próximos ás
pistas de pádel. Como non podía ser doutro xeito, o Recreo Cultural estará decorado á altura
dun mercado de Nadal no seu interior, se ben este espírito tamén chegará ao exterior a
través de dous inchables xigantes de motivos propios da época.
De igual xeito, para favorecer que os adultos poidan realizar con tranquilidade as súas compras
e para garantir que a cativada goce tamén do día, no pavillón que alberga as pistas de tenis
cubertas estarán instalados dous XOGOS INCHABLES DE GRAN TAMAÑO E INSPIRACIÓN
NAVIDEÑA que se suman este ano á oferta da firma estradense TIKOLANDIA e que serán de
acceso gratuíto.
De seguido, apórtase unha lista dos expositores que terán un posto no segundo Mercado de
Nadal do Recreo Cultural:
 PINTALETRAS. Esta librería e xoguetería ofrecerá no seu posto unha ampla selección
dos artigos que forman parte do seu catálogo nas instalacións da Rúa Castelao. A
maiores, tamén levará unha escolla de produtos artesáns das firmas DONA
FORMIGHIÑA e ALBOIO.
 LIBRERÍA DURÁN. No seu posto non faltarán as últimas novidades literarias para
lectores de todas as idades, incluíndo algúns títulos navideños que non poden faltar
nun mercado coma este.
 CREA CON ADVA. Dende o obradoiro desta marca de artesanía chegarán moitos
detalles personalizados para estas datas e para outras ocasións especiais.
 AGASALLOS. Con tenda física na Estrada dende hai poucos meses, o seu posto podrá a
disposición dos interesados amplo surtido de regalos personalizados, de fondo
inspiración no Nadal ou lámpadas do máis orixinal.

2

 MULLERES DA ESTRADA. A asociación estradense aproveitará o Mercado de Nadal
para compartir algunhas das súas creacións, froito dos seus obradoiros e, en moitos
casos, empregando materiais reciclados.
 ROBUR WOOD. Xoiería en madeira chea de orixinalidade na que se poderá atopar ese
agasallo especial.
 A ARTESA. Emprazada na Rúa Iryda, esta tenda é toda unha embaixada dos produtos
estradenses. Ofrecerá cestas de Nadal configurados con eles e da súa man estarán
representados produtores da Estrada MEL DE CAÑEDO, MEL DE BREA, SIDRA
PEROJA, SIDRA DE RABIOSA, MELINDRES PELEGRINA, GALLETAS MARUXIO,
CHOURIZOS E LACON DE SAN MARTIÑO, GINEBRA 5HA, MARMELADA DE BIOFRUIT
DE ANCORADOS, OVOS DE VOLTEIRO, MOSTO DE RABIOSA ou ACEITE AS BESADAS
DE CALLOBRE.
 TUPPERWARE. Sobran as presentacións. A coñecida marca desplegará un surtido dos
seus produtos no que non faltará o acento do Nadal.
 A DOS NENOS. Esta zapatería infantil da Rúa Justo Martínez trasladará o seu escaparte
por un día ao Recreo Cultural, ofrecendo zapatos para os pés dos máis cativos de gran
calidade e para todos os gustos.
 EL TOCADOR DE LOS AROMAS Con sede na Rúa Calvo Sotelo, no acceso ás Galerías
2000, a firma ofrece perfumes de equivalencia de alta calidade, produtos de cosmética
natural e aromaterapia, cremas, xabróns e cestas de agasallo, entre outros artigos.
 DOCE. O seu obradoiro está aberto ao público nas céntricas Galerías San Antón.
Chegarán ao Mercado do Nadal coas súas galletas decoradas para a ocasión, tartas,
pan de xamón e unha ampla variedade de doces, moitos deles preparados para
agasallar.
 SUBERINE Complementos e bolsos de cortiza cheos de personalidade. Están
elaborados nun tecido vexetal que marcan a diferencia pola súa alta calidade, deseño
e elegancia.
 ABRACADABRA. Dende este posto, Silvana Esmorís ofrecerá complementos e detalles
para eventos completamente feitos a man.
 CASTELANI ARTE STUDIO. Deseños orixinais creados para días especiais.
 LIBRERÍA LOLIMAY. Emprazada na Avenida de Santiago, estará representada cunha
selección de libros e material escolar, entre outros artigos que garanten acertar co
agasallo.

2

 BY CHORÉN A súa colección de Nadal é irresistible. Polo de agora a súa venda é a
través das redes sociais, así que este mercado será unha ocasión perfecta para gozar
destes artigos únicos en vivo e en directo.
 CORDÓN DE PLATA. A firma achegarase o sábado con todo tipo de manualidades
personalizadas, cun toque e estilo moi orixinal.
 GOLOCHUPS. Neste posto gozarán de xeito especial os máis pequenos. Todo o doce
que un poida imaxinar, servido en creacións orixinais.
 MARÍA DOLORES VICENTE. Esta artesana terá tamén o seu espazo para ofrecer
artigos elaborados co aprezado encaixe de Camariñas.
 ROSA DE CABANAS. A autora non estará presente no mercado cun posto propio, pero
si o estarán os seus calendarios para 2023, un almanaque que é en si mesmo unha
obra de arte (ou varias), xa que recolle a serie de acuarelas Mulleres Imaxinadas, unha
por mes.
 ARLIT Desta volta a firma dezana non terá stand propio no mercado, pero estará
representada a través das súas árbores de Nadal de cartón da campaña
#nocortespinos. Haberá varios deles decorando os salóns e algúns en branco para que
sexan os nenos visitantes os que os decoren
 PURI AREÁN. A fotógrafa, con estudo na Rúa Castelao, cede ao Mercado de Nadal un
dos seus fondos para a realización das fotografías máis especiais desta época. Será nun
photocall instalado nunha zona do mercado para que os propios usuarios tomen as
súas fotografías ou selfies.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Acoe subvencionará la matrícula en la Emae de sus socios y familiares

La Asociación de Comerciantes de A Estrada (Acoe) firmó ayer un convenio de colaboración con la Escola Municipal de Artes Escénicas (Emae), integrada en la Fundación Cultural. La asociación se compromete a abonar durante un año el 30% de la matrícula en la escuela de los socios y de sus familiares directos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Teatro festexa a Festa da Poesía

O teatro Principal da Estrada foi escenario a noite pasada da entrega do premio Avelina Valladares ao poeta noiés Manuel López Rodríguez, que acadou o galardón por segundo ano consecutivo. A entrega fíxose no transcurso da Festa da Poesía, con recitacións de alumnos dos centros educativos locais. O gañador reivindicou a forma por encima da temática na poesía e explicou que o poemario gañador é unha homenaxe aos libros-xogo do estilo «escolle a túa aventura»

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada reparte máis de 100.000 euros en axudas a 26 clubes e seis deportistas

O Concello da Estrada vén de pechar o reparto de subvencións a clubs deportivos e deportistas federados correspondentes á tempada 2021-2022. En total, repartíronse 103.000 euros: 100.000 entre os 26 clubs presentados á convocatoria e 3.000 entre os seis deportistas federados que solicitaron a axuda.


No apartado de clubs, a maior cantidade levouna a Escola Estradense de Fútbol Base (EEFB), con 13.940 euros. O resto das axudas foron as seguintes: 8.590 euros para o Estrada Futsal, 3.590 para o club ciclista Bikestrada, 3.540 para o CNS A Estrada, 1.750 para o Sincroburbullas, 960 para o Carracedo Competición, 3.010 para o Sondodance, 3.540 para o EDM, para o estradense 9,950,000. Club Ciclista, 2.780 para o CD San ​​Paio, 1.670 para o CAI A Estrada, 3.620 para o Figueroa Estrada Pádel, 4.350 para o Judo Base Club, 4.030 para o RC Tenis Club, 1.260 para o RC Club Tenis de Mesa, 3.270 para o Ximnasia A. Estrada Club, 4.280 para o Atletismo A Estrada, 10.550 para o Bádminton A Estrada, 3.360 para o Patín A Estrada Club, 1.290 para o Top Spin de tenis de mesa, 990 para os Veteranos Berres, 1.080 para o ADC Guimarei , 1.200 para o Vea CF, para o Sport 2, 540. Equipo A Estrada, 1.230 para o CD Berres e 3.130 para a UD A Estrada de fútbol sala.

No que respecta aos deportistas individuais, as achegas foron para Ainoa Carracedo Flores (459,30 euros), Claudia Torres Rey (137,70), Alicia López Peón (581,40), Iria Rivas Iglesias (520,50), Natalia Rivas Iglesias (841,80) e Alejandro Piso Señorán (459,30). ).
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Concellaría de Igualdade e Servizos Sociais do Concello da Estrada quere facer pública
unha nota de prensa en relación á suposta problemática que segundo a voceira do grupo
municipal Móvete existe na prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en canto á
subministración de medicamentos aos usuarios.

Esta Concellaría declara que NON é certo que se deixara de achegarlles a medicación
aos usuarios e usuarias do servizo no fogar. As auxiliares a domicilio seguen
supervisando e acompañando a toma daquela medicación que os médicos lles
prescriben. O que deixou de administrarse é a medicación subministrada por xiringa, é
dicir, aqueles medicamentos que se poñen por vía subcutánea. Unha función que non
forma parte das súas obrigas e deberes profesionais e que debe ser supervisada por
persoal especializado.
Aínda que estas auxiliares viñan prestando este servizo ata o de agora co consenso de
familia, auxiliares e empresa; consenso que sempre respectou o Concello, diversos
informes provenientes de empresas de riscos laborais e de grupos sindicais poñen de
manifesto que a subministración de medicamentos por vía subcutánea non é unha función
das auxiliares a domicilio. É por tanto a lexislación laboral que rexe este sector a que
impide seguir co mesmo protocolo de actuación.
Logo de que a empresa concesionaria do servizo puxese en coñecemento do Concello a
dita modificación, a Concellaría de Servizos Sociais adiantoulle telefonicamente ás tres
familias afectadas o contido da carta que ían recibir para facilitarlles a adaptación a este
novo escenario. Paralelamente, solicitóuselle tamén á empresa concesionaria uns días de
marxe para facilitar o dito período de adaptación.
Recalcamos por tanto desde esta Concellería que non se está quitando ningún servizo ou
dereito. A prestación da subministración dos medicamentos inxectables por parte das
auxiliares non vén contemplado en ningún marco normativo. Aclaramos tamén que os
usuarios afectados por este cambio son usuarios que contan con apoio familiar polo que
non se produce en ningún caso unha situación de desamparo ou abandono, xa que cando
se realiza un proxecto de intervención por parte dun taballador ou traballadora social, ese
proxecto sempre analiza e ten en conta a contorna do usuario, acordándose a
intervención ou servizo que cubra o máximo das súas necesidades.
As informacións verquidas pola portavoz de Móvete demostran, pois, un evidente
descoñecemento das distintas modalidades de prestación da Lei de Dependencia,
confundindo a prestación do SAF con outros instrumentos de axuda no fogar como poden
ser as libranzas vinculadas ao servizo que son xestionadas directamente pola Xunta de
Galicia.

Este equipo de Goberno está a demostrar o seu firme compromiso co mantemento e
mellora da prestación do Servizo de Axuda no Fogar, un servizo que incrementará a partir
deste mes de decembro a partida de 1.054.000 mil euros que manexa anualmente para
que as persoas dependentes vexan mellorado o servizo e as auxiliares que desempeñan
este servizo poidan mellorar tanto as súas condicións salariais como a propia
organización do servizo que dispensan. As familias da vila sempre terán abertas as
portas da Concellaría para tratar ou consultar calquera cuestión que redunde na mellora
da calidade de vida das persoas usuarias deste servizo de axuda no fogar.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O actor Joan Strader impartirá na vila un taller de “Humor
para torpes”

 

A Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) saca 10 prazas para o taller de
Humor para torpes, impartido polo actor catalán Joan Strader que terá lugar os días 2
e 3 de decembro, un taller baseado na cración do gag cómico.
Joan Strader foi o fundador da compañía Pez en Raya e de Juancallate. Neste taller,
prioriza o uso da imaxinación, a estupidez e esa constante búsqueda do simple como
ferramenta fundamental para crear unha linguaxe persoal. Un taller onde o absurdo é
o elemento que dispara a creatividade escénica. Ata o momento, o actor levou este
taller por teatros e escolas de localidades como as Rozas, Bilbao, Tarragona,
Durango, León, Tenerife ou Barcelona.
O taller estrutúrase en catro partes: A búsqueda do simple, deconstruír e construír,
creatividade para crear pezas únicas e orixinais e consciencia a través do risco de
atreverse a fracasar.
Comezará o venres día 2 no Museo do Moble e da Madeira de 16.30h a 20.30h,
continuará o sábado no Teatro Principal de 10.30h a 13.30h e rematará a tarde do
sábado cunha exhibición aberta ao público a partir das 20.00h.
O prezo do taller é de 30,00€. Está dirixido, principalmente, a actores, monologuistas
e todas aqueles artistas afeccionados ou profesionais acostumados a medirse co
público. Todos os interesados/as poden dirixirse ao departamento de Cultura do
Concello da Estrada ou chamar ao teléfono 986573601.

Publicado en Portada | Deja un comentario