A Feira do Mel da Estrada reúne a dez abelleiros

A Feira do Mel da Estrada reúne a dez abelleiros que ofrecen degustacións e produtos caseiros
A Praza de Abastos da Estrada acolle desde onte a primeira Feira do Mel do municipio, no que participan dez abelleiros da localidade, que ofrecen degustacións e produtos caseiros de calidade. Ademais dos postos de venta, durante a xornada de hoxe haberá ‘showcookings’ protagonizados por Iván Méndez e Tere Rico.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O alcalde estradense e a concelleira de servicios sociais visitan o Servizo de Atención Temperá da Estrada

Durante o ano 2022 foron atendidos 42 nenos e nenas (32 nenos e 10 nenas) no Servizo de
Atención Temperá da Estrada.
Este servizo foi posto en marcha polo goberno local no ano 2019 , con atención as familias os
martes e xoves de 12.00 a 14.00 e de 15.00 a 19.00 horas, e se comenzou con un número de nenos
atendidos arredor de 10.
En ese momento xa o goberno adquireu o compromiso de ir crecendo e ampliando o servizo se así
o requería a demanda intendano ir mellorando o servizo.
Agora o Concello adxudica a Atención Temperá do municipio á entidade Fundación Foltra por un
ano con posibilidades de dúas prórrogas se así se acorda polas partes. Aproveitouse tamén para
ampliar as horas de servizo, e asi con este novo contrato se aumentou considerablemente o
horario de atención.
As horas de cada profesional tamén se aumentaron considerablemente, xa que na posta en marcha
do servizo as horas semanais de cada profesional eran de 13 horas/semana e agora de 20
horas/semana
Así mesmo, tamén se adquireu novo mobliario a fin de ir mellorando a comodidade tanto dos
profesinais como dos usuarios e familias para lograr un ambiente que favorezca a comodidade de
todos os implicados no Servicio de Atención Temperá asi como unha maior operatividade do
mesmo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O adestrador Moncho Fernández protagonizará o día
17 o quinto dos “Parladoiros” no Teatro Principal

O adestrador do Obradoiro CAB, Moncho Fernández,
protagonizará o vindeiro xoves 17 de novembro, ás 20.30 horas no Teatro Principal da
Estrada, a quinta entrega do ciclo de “Parladoiros” organizados con motivo do 75
aniversario do Principal.
O evento xirará arredor da figura do adestrador e intentará ofrecerlle ao público unha
visión diferente do protagonista, con declaracións inéditas e anécdotas da súa biografía.
A encargada de conducir o Parladoiro será a xornalista Marga Pazos que, ademais de
repasar a vida persoal e profesional de Moncho Fernández, terá en conta as aportacións
do público ao longo do encontro.
Moncho Fernández ten unha longa vinculación ao Concello da Estrada, xa que durante
anos exerceu de adestrador do equipo local EDM Baloncesto, onde deixou unha fonda
pegada que aínda se lembra no club.
Desde a presentación deste novo formato no mes de marzo, cada un dos “Parladoiros”
que se celebraron na Estrada conseguiu acadar un grande éxito entre o público con
invitados como Roberto Vilar, Miguel Anxo Bastos, Antón Losada, Guadi Galego ou Xosé
A. Touriñán.
Esther Estévez, do #DígochoEu, pechará o ciclo en decembro
O de Moncho Fernández será o penúltimo Parladoiro que acollerá o Teatro Principal da
Estrada. O ciclo chegará á súa fin no mes de decembro coa última entrega, que terá como
protagonista a presentadora do espazo “Dígocho Eu” da Televisión de Galicia, Esther
Estévez.
Aquelas persoas que desexen asistir deberán retirar a súa invitación de balde no
Departamento de Cultura do Concello da Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Este vindeiro luns comezaranse a despachar os convites para o concerto de Milladoiro no Teatro Principal

O vindeiro luns día 14 de outubro comezaranse a despachar no
departamento de Cultura do Concello da Estrada os convites para
o concerto que a mítica agrupación folk Milladoiro ofrecerá no
Teatro Principal o venres 25 de novembro ás 21.00h

Vintetrés anos despois de que Milladoiro inaugurase o Teatro
Principal un 13 de maio do ano 1999, a mítica agrupación volve
para celebrar o 75.o aniversario da súa reapertura. Será un concerto
cheo de emotividade, onde Milladoiro presentará o seu novo disco
“Cantigas de amigos”. Este disco vén ser unha pequena selección
daquelas voces amigas que pasaron pola vida de Milladoiro cunha
selección de cancións perfectas para refrescar a memoria e as
lembranzas dos máis de corenta anos de vida desta emblemática
formación.

O concerto, organizado polo Concello da Estrada e patrocinado
pola Consellería de Cultura vén pechar a programación especial
que este ano o Concello presentou con motivo do aniversario do
Teatro Principal.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA REMATA A MODERNIZACIÓN DOS CENTROS
EDUCATIVOS PÚBLICOS DA ESTRADA CON 1,2 M€ E AVANZA
NA AMPLIACIÓN DO IES LOSADA DIÉGUEZ POR 3 M€

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de
Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, vén de rematar co proceso de
modernización dos centros educativos públicos do Concello da Estrada tras investir case
1,2 millóns de euros ao longo deste ano e xa traballa no vindeiro gran proxecto nesta área
para o municipio, orientado á ampliación e creación de novos talleres de FP no IES Losada
Diéguez cun orzamento de 3 millóns de euros.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou do estado dos
investimentos educativos globais realizados nos colexios e institutos do municipio
estradense na visita final de supervisión ás obras de rehabilitación integral e enerxética do
CEIP de Figueroa, onde estivo acompañado polo xefe territorial de Educación, César
Pérez, o alcalde, José López, e outros representantes municipais e educativos.
A rehabilitación integral e enerxética do CEIP de Figueroa que se realizou ao longo deste
ano supuxo un investimento da Xunta de 838.000 euros, que se destinaron á substitución
das fiestras, a mellora das cubertas e das fachadas, a instalación de falsos teitos, a
renovación dos sistemas de iluminación e á dotación de illamento térmico co obxectivo de
outorgar unha maior confortabilidade e eficiencia a estas instalacións.
Deste xeito, culminouse a modernización deste colexio público despois de que a
Consellería de Educación investirá 222.000 euros na última década en actuacións no
comedor, a cuberta ou o sistema eléctrico e de que se realizaran outras obras menores a
cargo do Concello da Estrada no que corresponde ao seu mantemento.


Ademais desta actuación, o departamento autonómico que dirixe Román Rodríguez tamén
rematou, entre o verán e o presente outono, a substitución de luminarias no IES Manuel
García Barros (81.000 euros) e no IES Número 1 (56.000 euros), a renovación de todas as
carpintarías exteriores do CEIP Cabada Vázquez de Codeseda (143.000 euros) e a
instalación dun módulo exterior para aulas e outras obras no IES Losada Diéguez (63.000
euros).
“O resultado da mellora global dun centro tan importante e que ten centos de alumnos
como o de Figueroa é magnífico e vén a completar a modernización da práctica totalidade
dos colexios e institutos da Estrada, xunto coas demais obras realizadas este ano, e
demostra que a aposta da Xunta polas infraestruturas educativas da Estrada é un feito e
algo necesario tanto polo volume de alumnado como pola calidade do ensino”, sinalou o
representante autonómico.
Luis López indicou que a realización destes investimentos é merecida, necesaria e fácil de
levar a cabo “cando se trata dun Concello como o da Estrada co que hai un gran clima de
colaboración, porque sempre actúa con sensatez nas súas peticións e afronta cada ano de
xeito puntual os labores de mantemento que lle corresponden e outras obras, investindo
decenas de miles de euros nos centros públicos, polo que temos unha coordinación
engraxada e exemplar”.
Finalmente, o delegado territorial anunciou que a Consellería de Educación está a traballar
na actualidade na fase administrativa para a próxima licitación da obra de ampliación do
IES Losada Diéguez orientada á creación de novos e modernos talleres para a Formación
Profesional, unha actuación que comezará o vindeiro ano e que conta cunha partida
específica de 3 millóns de euros no proxecto dos Orzamentos da Xunta para 2023.
“Rematamos coa posta a punto de todos os centros deste concello, pero seguimos
totalmente implicados co ensino e estamos a avanzar a gran velocidade nun proxecto tan
ilusionante como o do Losada Diéguez, que vai ter un investimento moi potente e que vai a
marcar un antes e un despois na FP da Estrada e do norte da provincia”, concluíu o
representante autonómico.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada celebrará a Feira do Mel o venres e o sábado

O Concello da Estrada celebrará o vindeiro venres e sábado a Feira do Mel na Praza de Abastos, un evento organizado polo Concello e por abelleiros da localidade que busca ser «unha homenaxe ás abellas e á súa importancia para a obtención de alimentos».O concelleiro de Comercio, Óscar Durán, e o abelleiro Xosé Manuel Durán, organizador desta cita, presentaron onte a iniciativa na Casa do Concello e desgranaron a programación da Feira. Nela participarán dez abelleiros da capital de Tabeirós-Terra de Montes e contará coa presencia de dous recoñecidos cociñeiros, que son o chef Iván Méndez e a reposteira Tere Rico. Ademais, o alumnado dos colexios Cabada Vázquez, de Codeseda, e Villar Paramá, de Vea, colaboran coa cita con debuxos de abellas e da súa importancia nos produtos alimentarios, uns deseños que ‘vestirán’ os botes de mel que se porán á venta durante a celebración da Feira. Tamén haberá, aparte de mel caseiro, un posto de material apícola.A inauguración terá lugar o vindeiro venres, ás 12.30 horas; e de 12.00 a 14.00 haberá unha degustación gratuita de platos elaborados con mel con Iván Méndez e Tere Rico, que volverán deleitar coas súas receitas aos asistentes á Feira do Mel o sábado no mesmo horario. Así mesmo, o sábado ás 10.30 horas terá lugar unha ‘viaxe sensorial’ por Galicia a través dos seus meles.Con esta cita o Goberno local pretende tamén dar a coñecer o produto local, que «ten un valor incalculable», dixo Óscar Durán.A partir de hoxe mesmo, os praceiros van agasallar aos seus clientes con rifas para sortear un lote de produtos das abellas. O sorteo, que será presencial, será o sábado, ás 14.00 horas, coincidindo co peche da Feira do Mel.

 
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

LA TIENDA TIEN 21 ZAPPING DE A ESTRADA ADQUIERE EL SELLO DE CALIDAD MEDIOAMBIENTAL POR SU GESTIÓN DE RESÍDUOS

La Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos, ADEN; creada hace más de 15 años con la finalidad de agrupar a las empresas de distribución y venta de electrodomésticos con el objetivo de convertirse, entre otras cuestiones, en una plataforma que otorgara cumplimiento a la normativa que en materia de residuos de aparatos eléctricos y electrónicos (RAEE) se refiere; ha alcanzado la cifra de más de 50.000 toneladas desde año 2015, garantizando así la seguridad y trazabilidad de los RAEE. Una elevada cifra que surge del trabajo realizado por las más de 750 tiendas asociadas distribuidas en 7 comunidades autónomas españolas.

 

La asociación ADEN, constituida por las cuatro principales plataformas almacenistas gallegas, adquiere mayor relevancia al respaldar y ofrecer soluciones y servicios a establecimientos repartidos en áreas urbanas y rurales, en su mayor parte, en la comunidad autónoma gallega; motivo por el que esta asociación nacional ha elegido celebrar su tercera edición en Santiago Compostela. 

 

En el evento, que tuvo lugar en la Ciudad de la Cultura y fue conducido por la actriz Iria Sobrado, comenzó realizando un balance sobre las cifras alcanzadas en los últimos años, a lo que siguió la ponencia “SUMAS: la ciencia de la actitud para avanzar”, impartida por el reconocido formador y “speaker”, Leandro Fernández Macho; dando paso, posteriormente, a la parte central del evento con la entrega de galardones que, este año 2022, han recaído en los establecimientos Milar Electromiñor (Baiona), Milar Cayro (Cambados), Euronics Hermida (Vigo), Euronics Gran Vía (Negreira), Tien 21 Mito (A Coruña), Tien 21 Zapping (A Estrada), Activa Casas Faya (Ordes), Activa Tendanosa (Vilagarcía de Arousa), Expert Bazar Lago (Monforte de Lemos), Expert Gregorio (Ourense), Cenor Puentes (Vilalba) y Cenor JVM (Colindres, Cantabria). 

 

Seguidamente intervino el el presidente de ADEN, Javier González, que agradeció el compromiso de todos los empresarios, así como la sinergia y líneas de actuación que se están llevando a cabo con la administración autonómica en beneficio del comercio local. 

 

 

Por último, y ya como clausura a esta tercera edición, tuvo lugar la intervención del director general de planificación energética y recursos naturales, Pablo Fernández Vila, quien destacó la importancia de ADEN como interlocutor entre el comercio local y la administración y puso en valor el Plan Renove de electrodomésticos que llegó a 13.500 hogares gallegos con 2 millones de euros de fondos propios este año 2022. Por su parte, la directora general de Calidad Ambiental, Sostenibilidad y Cambio Climático, Sagrario Pérez Castellanos; destacó la “relevancia que esta asociación y sus asociados tienen en el cumplimiento de los objetivos de reciclado de residuos municipales, no solo porque ejecutan la retirada sino por la labor de sensibilidad de la población” y también quiso destacar el necesario trabajo conjunto para que las acciones que se establezcan desde la administración sean ejecutables.

 

EN CIFRAS:

Desde la implantación, en el año 2015, del Sistema Integral de Gestión de ADEN se ha logrado:

  • Recoger, tratar y valorizar 50.000 toneladas de RAEE
  • Evitar la emisión de 67.000 toneladas de CO2
  • Revalorizar más de 28.000 toneladas de material férrico 
  • Recuperar 7.000 toneladas de plásticos 

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario