A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE E O CONCELLO DE A ESTRADA
PROMOVEN A PARTICIPACIÓN DA CIDADANÍA NA CAMPAÑA SOLIDARIA “TRES
MILLÓNS DE GRAZAS”

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
(ADOS), en colaboración co Concello de A Estrada, promoven o desenvolvemento da campaña
especial “Tres Millóns de Grazas”, como recoñecemento aos máis de tres millóns de doazóns
realizadas polos galegos e galegas dende o ano 1993, achegando o solidario xesto da doazón de
sangue á capital de Tabeirós-Terra de Montes.
Dende ADOS sublíñase o carácter solidario e altruísta da cidadanía de A Estrada, que no ano 2021 efectuou un total de 716 doazóns de sangue, o que significa unha taxa de 35 doazóns de sangue por cada mil habitantes e ano, nun período tamén condicionado polas circunstancias da pandemia da COVID-19.
Necesidade constante O Concello de A Estrada e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue promoven a colaboración da veciñanza na campaña de doazón de sangue para asegurar o gran labor asistencial dos 32 centros hospitalarios galegos, que
precisan entre 400 e 500 doazóns diarias. Por iso, dende o Concello de A Estrada animase  a doar sangue.
Para tentar garantir unha resposta adecuada co obxecto de cubrir a demanda de compoñentes
sanguíneos que necesitan os hospitais galegos, desenvólvense acciones informativas cos concellos.
Nesta campaña “Tres millóns de Grazas” encádrase a colaboración que se levará en A Estrada
cunha unidade móbil de ADOS.
Campaña na Praza da Constitución A unidade móbil de ADOS estará situada na Paza da Constitución (diante da Casa do Concello) o venres 23 de agosto, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00, e o sábado 24, de 10:00 a 15.00 horas. ADOS lembra que para doar sangue, debemos ser maiores de idade, pesar máis de 50 quilos e non padecer ou ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue. Non se precisa cita previa.

Publicado en Portada | Deja un comentario

López anuncia que o Concello fará unha reforma integral
das piscinas municipais para mellorar a súa eficiencia

 O alcalde da Estrada, José López, avanzou esta mañá
que o Concello levará a cabo unha reforma integral das piscinas municipais, logo de
reunirse con técnicos municipais para avaliar o estado das instalacións e determinar as
actuacións que se deberán acometer.
O rexedor local explicou que, “despois de levar máis de 25 anos sen que as piscinas
municipais sexan obxecto de melloras estruturais”, durante o encontro mantido cos
técnicos constatáronse varias deficiencias e perdas de auga na piscina olímpica, e engadiu
que “desde o Concello non imos permitir nin por funcionalidade nin por eficiencia
continuar cunhas instalacións neste estado”.
As actuacións plantexadas centraríanse no vaso de maior capacidade, de 50 metros de
longo e 25 metros de ancho, e consistirían en converter esta piscina olímpica en dous
vasos máis pequenos: un deles de 25 metros de longo por 12,50 metros de ancho, e o
outro de 16 metros de longo por 8 metros de ancho. Esta mellora conlevaría un
importante aforro, xa que dos arredor de 2.000 metros cúbicos de auga que son
empregados na actualidade para encher a piscina olímpica, coa construción dos dous
novos vasos só se precisarían 700. Ademais, tamén permitiría aumentar a oferta aos
usuarios ao dispoñer dun novo vaso intermedio de menor profundidade. Os traballos
completaríanse co cambio de todo o sistema de circulación da auga.
“Con estas importantes melloras reducirase considerablemente o consumo de auga e a
veciñanza poderá volver a gozar dunhas instalacións á altura das súas expectativas”,
asegurou o alcalde.
Co fin de ter executados os traballos antes do próximo verán, López avanzou que unha
vez finalizado o informe dos técnicos municipais haberá unha proposta firme de
actuación no mes de outubro e “intentarase axilizar o procedemento o máximo posible”
para comezar coa licitación das obras durante este ano. “Aproveitaremos este proxecto
para engadirlle valor a unhas instalacións que funcionan moi ben durante a tempada
estival e que, xunto con outros espazos como a praia fluvial de Liñares, completan unha
oferta moi interesante para a veciñanza no verán”, remarcou López.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A empresa adxudicataria comeza os traballos de
construción da pista de atletismo da Estrada

A empresa adxudicataria do proxecto para a creación
da pista de atletismo da Estrada, Construcciones y Viales S.A (COVSA), iniciou esta semana
os seus traballos de construción coa chegada da maquinaria necesaria para realizar as
obras.
A primeira fase do proxecto deuse por rematada no mes de xullo, cando a firma Ivanca
finalizou as actuacións previas para o acondicionamento do terreo de dúas hectáreas
sobre o que irá asentada a pista de atletismo. Desde entón, os técnicos da obra levaron
a cabo o contrato e a descarga dos materiais necesarios para a segunda fase, deseñaron
os planos de construción, perfilaron o sistema de recollida e aproveitamento de auga co
que contará a instalación e prepararon os accesos para a chegada da maquinaria.
Ao longo desta semana, coas máquinas sobre o terreo, a empresa levará a cabo a drenaxe
da superficie, colocará os bordos perimetrais e elaborará un sistema de recollida de augas
pluviais. Unha vez rematadas estas tarefas iniciais, comezará a levantar a estrutura da
pista, de 176,91 metros de longo e 92,52 metros de ancho (medidas necesarias para a
súa homologación), composta por oito rúas de 400 metros e acabado sintético.
A construción da pista de atletismo comezará pola súa parte central, composta por herba
natural e consistente nunha área de 104 metros de longo e 64 metros de ancho, que
poderá ser empregada como campo de fútbol e na que se desenvolverán os seguintes
deportes: salto de lonxitude; lanzamento de disco, martelo ou xavelina; salto con pértiga;
e triplo salto. Logo de finalizar a parte central, realizarase un aglomerado xeral da
superficie sobre a que se asentará a pista e instalarán o material sintético.

As obras desta segunda fase teñen un prazo de execución de 12 meses, aínda que desde
o goberno local confían en que poidan estar rematadas en abril do 2023. O proxecto
conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros. Do total, 800.000 proveñen da Deputación
de Pontevedra a través do Plan Reacpon e 460.000 serán financiados con fondos propios
do Concello.
Paralelamente á construción da pista, o arquitecto responsable do deseño do módulo
anexo cuberto co que se dotarán as instalacións vén de entregarlle o proxecto aos
técnicos do Concello. Actualmente atópase en fase de revisión e nos vindeiros días será
tramitado e entregado á Xunta de Galicia co obxectivo de ter licitadas as súas obras antes
do remate deste ano.
Este módulo será empregado como lugar de adestramento para os clubes de ximnasia e
artes marciais da Estrada e suporá un investimento de dous millóns de euros: un deles
procedente da Secretaría Xeral para o Deporte e o outro millón de fondos propios do
Concello. Para poder iniciar a súa construción, contemplada nunha terceira fase, será
necesario que estea finalizada a pista de atletismo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello lanza a aplicación “Benquéro(ME)” para
combater a violencia de xénero entre a mocidade

A concelleira de Igualdade, Amalia Goldar, presentou
esta mañá a aplicación móbil gratuíta “Benquéro(ME)”, impulsada desde o Centro de
Información á Muller do Concello da Estrada co obxectivo de promover a igualdade e
previr a violencia de xénero entre a mocidade estradense.
Na súa intervención, Goldar destacou que esta iniciativa, financiada con fondos do Pacto
de Estado contra a violencia de xénero e deseñada en colaboración coa empresa
ReTnova, “é froito de varios meses de traballo para conseguir crear un recurso atractivo,
fácil e útil, capaz de chegar á poboación dunha maneira efectiva”, e expresou o seu
desexo de que “teña un bo recibimento entre a mocidade”. Neste senso, a edil adiantou
que se realizará unha campaña de divulgación desde o Concello a través dos centros
educativos da Estrada para presentar esta ferramenta e explicarlle o seu funcionamento
aos estudantes.
Durante a presentación da aplicación, a concelleira de Igualdade estivo acompañada da
directora do Centro de Información á Muller da Estrada, Marga de la Calle; e da
representante de ReTnova Lara Fuentes. Marga de la Calle explicou que a aplicación xa
está dispoñible para descargar tanto en dispositivos iOS como Android e é útil “tanto para
homes como para mulleres”. “Temos a esperanza de que con ferramentas coma esta se
poida atallar este problema crecente entre a mocidade e axudar ás mulleres a tomar a
decisión”, engadiu.
Aqueles/as que descarguen a aplicación nos seus dispositivos poderán atopar, entre
outras, as seguintes pantallas e funcionalidades: un test de autoavaliación para homes e
mulleres, co obxectivo de coñecer se están a ser vítimas de violencia de xénero ou están

a exercela nas súas parellas; un test con explicacións para desmentir mitos ou
estereotipos sobre a violencia de xénero; unha serie de recomendacións xenéricas
baseadas en casos reais; pasos que deben seguir se teñen coñecemento dalgunha
situación de violencia de xénero ou se a están a sufrir; e recursos dispoñibles aos que
acudir.
A maiores, Marga de la Calle explicou que “co obxectivo de manter viva a aplicación”,
conta cun apartado de novas “que se irá actualizando coas actividades que se
desenvolverán neste eido desde o Concello” e mais cunha caixa de consultas ou
suxestións “para facela máis participativa e aberta”

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada recupera a súa Feira da Xuventude os
días 24 e 25 coa participación de 53 colectivos

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, presentou
hoxe a segunda edición da Feira da Xuventude, que se celebrará no pavillón Manuel Coto
Ferreiro os días 24 e 25 de setembro despois de dous anos de parón pola pandemia e
contará coa participación de 53 colectivos e emprendedores.
Na presentación do evento, o edil de Cultura estivo acompañado dos directivos da
Asociación Recreativa, Cultural e Educativa Ocionautas Annie Sánchez e Alonso de la
Cantera; e da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de
Galicia, Cris Pichel. Na súa intervención, Constenla agradeceu o labor da Asociación
Recreativa, Cultural e Educativa Ocionautas, organizadora do evento, e mais da Xunta de
Galicia, colaboradora xunto co Concello da Estrada. “As administracións públicas
debemos amosar o noso compromiso con iniciativas coma esta, que potencien o talento
e brinden oportunidades de futuro para a nosa mocidade”, asegurou o edil, e engadiu
que “debemos aproveitar este escaparate con ideas revolucionarias en sectores como a
artesanía, a tecnoloxía, a ciencia, a cultura ou o deporte para que sigan crecendo e
creando”.
Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de
Galicia, Cristina Pichel, asegurou que a feira “é unha boa oportunidade para a mocidade
da contorna para coñecerse, aprender e intercambiar contactos para que poidan xurdir
novos proxectos froito destas alianzas”. Neste senso, a secretaria de Ocionautas, Annie

Sánchez, agradeceu o apoio das administracións “para materializar este proxecto, creado
coa intención de que tanto emprendedores como colectivos creen sinerxías”.
Durante os días nos que se celebre a feira, o pavillón Manuel Coto Ferreiro estará aberto
de 11.00 a 20.00 horas, a entrada será de balde e desenvolveranse 60 actividades
protagonizadas polos colectivos e emprendedores. Os/as participantes, procedentes da
Estrada e doutras 16 localidades galegas, beneficiaranse de espazo expositivo de balde,
axudas para o desprazamento, dietas e zona de acampada. Ademais, o evento contará
con profesionais baixo a figura de “coaches”, que avaliarán e asesorarán aos colectivos
participantes; e con observadores de empresas de recoñecido prestixio co obxectivo de
captar novos talentos entre os asistentes.
As actividades enmarcadas nesta segunda edición da Feira da Xuventude darán comezo
o sábado 24 de setembro ás 12.00 horas, con exhibicións de xogos de mesa e charlas
sobre o movemento LGBT+ ou sobre cómo emprender no mundo da arte. Ás 13.00 horas,
a asociación Pegadas Culturais realizará unha mostra das súas actividades; celebraranse
varias probas de jugger para dar a coñecer este deporte; e haberá unha charla sobre a
Asociación Entropía. Ás 15.00 horas, haberá dous obradoiros de iniciación no airsoft e de
introducción á creación de personaxes. Ás 16.00 horas, actuará o grupo de teatro Cajón
de Sastre; a asociación xuvenil Arousa Moza realizará un concurso; Latexo Percusión
ofrecerá un obradoiro gratuíto de percusión afrobrasileira; haberá unha demostración de
“highline»; e o grupo de fútbol americano Blackravens ofrecerá unha charla informativa.
Ás 17.00 horas, a asociación UVigo Motorsport explicará cómo se fabrica un vehículo;
Magic Stride achegará aos participantes o xogo de cartas Magic The Gathering; e a
asociación Slackline Na Ría abordará as modalidades e os beneficios da práctica do
slackline. Ás 18.00 horas haberá obradoiros de creación de xogos de mesa e de iniciación
ao slackline e, ás 19.00 horas, a asociación Izel presentará o seu proxecto internacional
de skateboarding solidario.
Á noite, a partir das 22.00 horas, están programados varios concertos na Zona dos Viños
protagonizados polas seguintes agrupacións: GoldenWolves, Latexo Percusión,
Overlook237 e Gbriek.
A xornada do domingo 25 comezará ás 11.00 horas coa representación dramática da
escritora Paula Cascallar. Ás 12.00 horas, o autor Efrén presentará os seus libros; Explicit
Prods ofrecerán un obradoiro de edición de imaxes; e a asociación Rotting Pizza celebrará
un concurso de pintar miniaturas. Ás 13.00 horas haberá varias charlas sobre obras
pictóricas, deportes de montaña e a participación social. Ás 15.00 horas, XenTD100cia
ofrecerá a charla “Son demasiado pequenos, a verdade da ciencia na infancia”; Gbriek
ensinará a producir música a nivel profesional; e Delta Operators realizarán
entrenamentos de airsoft. Ás 15.30 horas comezará o encontro amistoso de roller derby
entre o Irmandiñas, Jabatas e Negra Sombra. Ás 16.00 horas, UVigo Aerotech explicará
cómo se fabrica un avión e a asociación Blackwater ofrecerá un obradoiro de iniciación
ao airsoft. Ás 17.00 horas, Yumivigo realizará un obradoiro de iniciación ao cosplay e á

caracterización; Blackravens levarán a cabo unha exhibición de fútbol americano; e
Jugger Galicia ofrecerá unha charla sobre este deporte. Finalmente, ás 18.00 horas
rematarán as actividades coa charla sobre quidditch de Quidditch Galicia e mais coa
charla de Javier Cabalar sobre adestramento canino.

Publicado en Portada | Deja un comentario

VOLTA CON FORZA O SON DOS ARRIEIROS

 

A segunda edición do festival O Son dos Arrieiros, enmarcado dentro da programación
do Xacobeo 21-22 e con entrada de balde para os/as asistentes, contará coas actuacións
de 21 artistas e grupos galegos espallados en catro escenarios diferentes situados nos
seguintes espazos do casco urbano estradense: a renovada Praza da Feira, a carballeira
do Campo da Feira, a Praza do Novo Mercado e o Teatro Principal da Estrada. O evento
dará comezo o venres 16 coa actuación do grupo A Banda da Loba, ás 21.00 horas no
Teatro Principal; logo, a Praza da Feira acollerá os concertos de Sleepy Spice, ás 22.00
horas; Berto, ás 23.00 horas; e C. Mirazo, ás 00.00 horas.

Contacto: Santiago Cacheiro | santi.cacheiro@somoswecom.com | 698 19 63 10
A programación do sábado 17 comezará ás 12.00 horas coa actuación de Mundo Prestigio
na Praza da Feira, onde tamén o farán The Rapants, ás 14.00 horas; María Grep, ás 16.00
horas; Youcanthide, ás 18.00 horas; Grima, ás 20.00 horas; Ortiga, ás 23.00 horas; e
Señora DJ, ás 00.30 horas. No escenario situado na carballeira do Campo da Feira
sucederanse as seguintes actuacións: ás 13.00 horas, Treintañeras Cañeras; ás 15.00
horas, Catuxa Salom; ás 17.00 horas, Allova; ás 19.00 horas, Copa Turbo; e ás 22.00 horas,
Thee Blind Crows. O Teatro Principal acollerá o sábado un único concerto, o do grupo
Néboa ás 21.00 horas, e durante a mañá está previsto que a gaiteira Susana Seivane e
Caamaño & Ameixeiras actúen no Novo Mercado.
O domingo 18 será o derradeiro día do festival e contará cunha sesión vermú na Praza da
Feira composta pola actuación do grupo Grande Amore, ás 12.30 horas; e Kris K DJ, ás
13.30 horas.
Aos eventos mencionados anteriormente súmase a celebración da II Ruta Infantil BTT
Concello da Estrada, organizada dende o Departamento de Deportes, que terá lugar o
sábado 17 de setembro. Os/as participantes sairán ás 16.00 horas dende a Praza do
Concello e realizarán un percorrido de 13 quilómetros de baixa dificultade durante tres
horas. Aqueles menores que desexen participar deberán ter como mínimo 6 anos de
idade e ir acompañados dun adulto. Poderán inscribirse de balde en www.bikestrada.com
ata o 15 de setembro.
O alcalde da Estrada, José López, celebrou “a existencia de actividades para todos os
públicos, nunha fin de semana que converterá A Estrada na capital da cultura e do sector
da madeira de Galicia”, e que traerá consigo un “importante retorno económico” para a
hostalaría e os comercios locais.

GALERÍA CONCERTOS:

Publicado en Portada | Deja un comentario

Visitantes de distintas zonas de Galicia achéganse á Feira do Moble, que encara
a súa recta final con actividades para toda a familia


A Feira do Moble de Galicia encara a súa recta final tras tres xornadas nas que a cita
feiral recibiu xa a visita de público chegado dende distintas zonas de Galicia. Así, xunto
aos visitantes estradenses, ao recinto feiral están a chegar espectadores de numerosas
localidades coma as veciñas Cuntis, Sillleda ou Lalín pero tamén doutros munic
repartidos por toda a comunidade como é o caso de A Coruña, Ames, Arteixo ou Cangas,
entre outros.
Xunto ao mobiliario e o equipamento para o fogar, están a despertar o interese do
público outras propostas entre as que destacan os sistemas intelixent
automatismos ou as prestacións de aforro enerxético, por exemplo. Xunto a elas,
sobresaen outros ámbitos como son a decoración, os electrodomésticos, o bricolaxe e as
solucións en calefacción e climatización. Cabe sinalar que na xornada
do Moble recibiu tamén a visita do director xeral de Comercio e Consumo, Manuel
Heredia, que percorreu os distintos pavillóns do certame.
Primeiros agasallos entregados
Por outra banda, o certame entregou xa os agasallos dos primeiros so
premiados cun vale de lavado e limpeza de vehículo foron Dolores Constenla, Sonia
Pérez, Concepción Maceira e Manuel Rodríguez. Así mesmo, Mercedes Touriño, Rita
Peteiro, Paz Vázquez e José Martínez resultaron gañadores dun vale de combustib
mentres Guadalupe Ríos, Jacobo Budiño e Verónica Barros desfrutarán dunha cea.
Na súa terceira xornada, os visitantes aplaudiron tamén a actuación do mago Popín
Palomero, que ofreceu un espectáculo cofinanciado pola Deputación Provincial de
Pontevedra. O programa cultural continuará mañá coa actuación, prevista para as 18.00
horas, do mago ilusionista Marco. No seu último día de celebración, a Feira do Moble
abrirá novamente as súas portas ás 11.00 e poderá visitarse ata as 20.00 horas. Contará
tamén con parque infantil e cun novo sorteo de agasallos entre os visitantes
en balneario Termas de Cuntis
de Exposicións e Congresos da Estrada
Visitantes de distintas zonas de Galicia achéganse á Feira do Moble, que encara
a súa recta final con actividades para toda a familia
A Feira do Moble de Galicia encara a súa recta final tras tres xornadas nas que a cita
feiral recibiu xa a visita de público chegado dende distintas zonas de Galicia. Así, xunto
aos visitantes estradenses, ao recinto feiral están a chegar espectadores de numerosas
localidades coma as veciñas Cuntis, Sillleda ou Lalín pero tamén doutros munic
repartidos por toda a comunidade como é o caso de A Coruña, Ames, Arteixo ou Cangas,
Xunto ao mobiliario e o equipamento para o fogar, están a despertar o interese do
público outras propostas entre as que destacan os sistemas intelixentes de limpeza e os
automatismos ou as prestacións de aforro enerxético, por exemplo. Xunto a elas,
sobresaen outros ámbitos como son a decoración, os electrodomésticos, o bricolaxe e as
solucións en calefacción e climatización. Cabe sinalar que na xornada
do Moble recibiu tamén a visita do director xeral de Comercio e Consumo, Manuel
Heredia, que percorreu os distintos pavillóns do certame.
Primeiros agasallos entregados
Por outra banda, o certame entregou xa os agasallos dos primeiros so
premiados cun vale de lavado e limpeza de vehículo foron Dolores Constenla, Sonia
Pérez, Concepción Maceira e Manuel Rodríguez. Así mesmo, Mercedes Touriño, Rita
Peteiro, Paz Vázquez e José Martínez resultaron gañadores dun vale de combustib

Exif_JPEG_420

mentres Guadalupe Ríos, Jacobo Budiño e Verónica Barros desfrutarán dunha cea.
os visitantes aplaudiron tamén a actuación do mago Popín
que ofreceu un espectáculo cofinanciado pola Deputación Provincial de
a. O programa cultural continuará mañá coa actuación, prevista para as 18.00
horas, do mago ilusionista Marco. No seu último día de celebración, a Feira do Moble
abrirá novamente as súas portas ás 11.00 e poderá visitarse ata as 20.00 horas. Contará
con parque infantil e cun novo sorteo de agasallos entre os visitantes
en balneario Termas de Cuntis, patrocinadas por Balneario Termas de Cuntis e Fundación

Publicado en Portada | Deja un comentario