O alcalde da Estrada, José López, avanzou esta mañá
que a ampliación do polígono industrial de Toedo, incluída na segunda modificación do
Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, atópase en fase de
aprobación inicial por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo logo de superar os
trámites de avaliación ambiental.
O rexedor local celebrou os avances neste proceso, que permitirá aumentar a superficie
do polígono empresarial de Toedo en 160.000 metros cadrados, e que reflicte “o claro
compromiso do goberno local co tecido productivo estradense”. López engadiu que ante
“o despegue empresarial” que está a experimentar a zona nos últimos anos, con varias
firmas asentándose no terreo do polígono estradense, estas actuacións permitirán
“solucionar a falta de solo empresarial e conlevarán a xeración de emprego e riqueza no
noso municipio”.
Ademais desta actuación, o Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia
tamén incorpora a modificación do ámbito da Cidade do Moble para facer viable a súa
construción.
Na actualidade, este documento atópase en fase de exposición pública e poderanse
presentar alegacións durante dous meses. Unha vez aprobado definitivamente, coa
conseguinte conversión do solo rústico a solo urbanizable industrial, será integrado no
Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e permitirá desenvolver logo os trámites
para a urbanización desas zonas.
A Xunta aproba inicialmente a ampliación do polígono
industrial de Toedo tras superar os trámites ambientais
O Concello ofertará actividades de pintura e
ximnasia para as persoas xordas do municipio
o Estas novas propostas súmanse ás actividades do Concello para a prevención da
dependencia, musicoterapia, piscina e arteterapia, das que se están a beneficiar
máis de 500 persoas
o A edil de Benestar Social, Amalia Goldar, destaca que “con esta iniciativa non só
aumenta a oferta municipal de actividades, senón que tamén se incrementan os
servizos adicados a persoas con algún tipo de discapacidade”
A concelleira de Benestar Social, Amalia Goldar,
anunciou esta mañá que o seu Departamento porá en marcha dúas novas actividades de
pintura e de ximnasia dirixidas ás máis de 150 persoas xordas e con discapacidade
auditiva empadroadas no municipio co obxectivo de facilitar a súa integración social.
Durante unha reunión celebrada esta mañá no MOME xunto con técnicos e usuarios/as
da Federación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), a edil aproveitou para comunicarlles
a noticia e ter en conta as súas preferencias á hora de programar as novas actividades.
Goldar asegurou que con esta iniciativa “non só aumenta a oferta municipal de
actividades, senón que tamén se incrementan os servizos adicados a persoas con algún
tipo de discapacidade atendendo ás súas demandas”, e explicou que “nun principio estas
actividades desenvolveranse desde outubro ata decembro, pero a idea é mantelas ao
longo do 2023 se gozan dunha boa acollida entre os participantes”.
A actividade de pintura terá lugar os martes, de 10.00 a 12.00 horas, nas instalacións da
Asociación Galega das Artes; e a de ximnasia desenvolverase os venres, ás 10.30 horas
no Novo Mercado. Aquelas persoas con dereito a beneficiarse destas actividades que
desexen participar poderanse inscribir a partir de mañá no Departamento de Servizos
Sociais de 9.00 a 14.00 horas.
Esta iniciativa nace do compromiso do Concello de programar actividades de carácter
lúdico e social adicadas a este colectivo ao abeiro do convenio asinado coa FAXPG no mes
de xuño e das necesidades manifestadas polos/as usuarios/as ao longo de varias
conversas mantidas coa veciñanza.
Máis de 500 persoas participan nas actividades municipais
Estas novas actividades sumaranse á ampla programación do Concello da Estrada con
propostas de carácter lúdico e social, das que se están a beneficiar na actualidade máis
de medio milleiro de persoas repartidas entre o casco urbano e o rural estradense.
No caso das actividades dirixidas á prevención da dependencia para maiores de 50 anos,
que inclúen pilates, xerontoximnasia e un taller de memoria, estanse a desenvolver en
10 grupos no casco urbano e mais en 19 parroquias estradenses. Paralelamente, estanse
a celebrar a actividade de musicoterapia no Novo Mercado durante as tardes dos martes,
na que están a participar 60 persoas; e mais a de arteterapia, dirixida a persoas con
discapacidade intelectual, que conta con 14 participantes.
Ás anteriores sumarase a partir do 3 de outubro a actividade de piscina para maiores con
60 persoas inscritas; e as novas actividades de pintura e ximnasia que se impulsarán
desde o Concello dirixidas ás persoas xordas e con discapacidade auditiva, que comezarán
o vindeiro 4 de outubro.
López anuncia a creación dun heliporto na parcela
municipal situada a carón do centro de saúde
o As actuacións, proxectadas en 26.600 euros e pendentes de licitar, inclúen a
construción dunha plataforma e a creación dunha pasarela para comunicala coa
entrada de Urxencias
o O rexedor local destaca que o proxecto, que atende ás demandas do persoal
sanitario, “amosa a aposta do goberno local por mellorar o acceso ás emerxencias
de toda a veciñanza”
O alcalde da Estrada, José López, anunciou esta mañá
que o goberno local ten previsto dotar ao centro de saúde estradense dun heliporto “para
facilitar a aterraxe e o despegue do helicóptero do 061 nun lugar estable, evitando perder
tempo na procura dun terreo cando se desprace á Estrada por algunha emerxencia”.
As actuacións, proxectadas en 26.600 euros e pendentes da súa licitación, consistirán na
construción dunha plataforma na parcela de titularidade municipal situada a carón do
centro de saúde, na zona da Baiuca, e mais a creación dunha pasarela que comunique a
plataforma coa entrada de Urxencias.
O rexedor local destacou que este proxecto, que atende ás demandas do persoal
sanitario do centro de saúde da Estrada e mais ás do propio 061, “amosa unha vez máis
a aposta do goberno local por mellorar o acceso ás emerxencias de toda a nosa
veciñanza”. Ademais, precisou que os técnicos municipais levan meses traballando nesta
proposta pero o procedemento estivo paralizado á espera de obter os permisos
necesarios do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana pola súa
proximidade á estrada N-640.
O alcalde lembrou que “o compromiso do goberno local coa mellora dos servizos
sanitarios” verase reflexado tamén coa substitución da actual ambulancia municipal do
Servizo de Emerxencias da Estrada por outra nova, para o que se adicarán 75.000 euros
“co obxectivo de seguir mantendo un servizo básico e fundamental para a veciñanza,
complementario ao do 061, e que realiza preto de 1.300 intervencións ao ano”.
O Concello inicia o procedemento de contratación
das obras para renovar a sinalización do casco urbano
A Xunta de Goberno Local do Concello da Estrada
vén de aprobar o inicio do procedemento de contratación para a execución das obras de
mellora integral da sinalización no casco urbano, proxectadas cun orzamento de
292.100,90 euros.
Con esta actuación, que será financiada a través do Plan Concellos da Deputación de
Pontevedra, o Concello ten como obxectivo a mellora de todos os sinais de dirección, de
tráfico e de rúa na totalidade do casco urbano da Estrada. Para iso, substituiranse todos
os sinais existentes, na súa meirande parte en mal estado ou obsoletos, e instalarase a
nova sinalización empregando un único material para conseguir unha imaxe homoxénea.
Os traballos conlevarán a instalación de máis de 600 novos sinais nas rúas do casco
urbano, que inclúen: sinais de código, entre os que se atopan elementos como sinais
triangulares, circulares, cadrados, octogonais, placas complementarias e sinais con
indicacións xerais; e sinais de dirección, compostos por sinais indicativos de rúas simples,
dobres, e sinais verticais con unha, dúas ou tres placas. Todos eles estarán formados por
un poste circular e sinais de caixón pechado de aluminio.
Unha vez iniciada esta actuación no casco urbano, nas vindeiras semanas tamén está
previsto comezar coa licitación do proxecto de mellora integral da sinalización no rural,
para o que se empregarán 814.084 euros e extenderá estas actuacións ás 51 parroquias
estradenses. Os traballos que se contemplan no rural inclúen o cambio dos sinais de
dirección, de comezo e de fin de parroquia, e de lugar na totalidade de lugares da Estrada,
ademais da instalación de 61 paneis informativos con datos de cada parroquia e a
colocación de novas placas co número da cada vivenda
BUSCADORES DE TALENTOS NA II FEIRA DA XUVENTUDE ESTRADENSE
Buscadores de talentos e cincuenta grupos na II Feira da Xuventude de A Estrada

No pavillón estradense Manuel Coto Ferreiro arrincou este sábado a segunda edición da Feira da Xuventude, un foro organizado por Ocionautas e no que se dan cita un total de 53 colectivos, coa presenza de adestradores e tamén de observadores de empresas para captar novos talentos . En canto á programación programada para este domingo, último dos dous días, as actividades comezan ás 11:00 horas cunha representación dramática da escritora Paula Cascallar. Ao mediodía, Efrén presentará os seus traballos; Explicit Prods ofrecerá un obradoiro de edición de imaxes e a asociación Rotting Pizza realizará un concurso de pintura en miniatura. Xa ás 15.30 horas, encontro de roller derbi; Ás 16.00 horas, UVigo Aerotech explicará como se fai un avión e ás 17.00 horas terá lugar unha iniciación ao cosplay. MO
O mercado dos sábados ocupa a totalidade dos
seus postos tras sumar cinco incorporacións
O concelleiro de Mercados, Gonzalo Louzao,
anunciou esta mañá que o mercado que se celebra os sábados na rúa Waldo Álvarez Insua
e na Praza do Novo Mercado volverá ter os seus 20 postos ocupados despois de sumar
cinco novas incorporacións.
Estas incorporacións fanse efectivas logo de comprobar de xeito individualizado entre os
postos incluídos na listaxe de agarda recollida no Departamento de Tesoureiría do
Concello que cumpren cos requisitos e teñen a documentación en regra para levar a cabo
a súa actividade.
Louzao explicou que os cinco novos postos serán de textil e contará cada un con seis
metros de fronte.
A EMAE estreará a comedia “Pastel de Escarapote”
os días 8 e 9 de outubro no Teatro Principal
O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, presentou
esta mañá no Teatro Principal da Estrada a obra “Pastel de Escarapote”, unha comedia
que estreará a Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) os días 8 e 9 de outubro.
Na súa intervención, Constenla destacou o papel da Fundación Cultural no noso
municipio, “protagonista da maioría da actividade cultural e formativa que ofrece o
Concello”, e animou á veciñanza “a achegarse a gozar do moito talento que engloba este
elenco de auténtico luxo que se subirá ao escenario”.
Durante a presentación do espectáculo, o edil de Cultura estivo acompañado da directora
da obra, Marián Mañobre; do xerente da EMAE, Xosé Lueiro; e de gran parte do seu
elenco. Marián Mañobre agradeceu o convite da EMAE para participar neste proxecto e
destacou “a gran familia teatral que existe na Estrada, na que se xeneran moitas sinerxías
entre artistas como é o caso deste espectáculo”.
O elenco da obra está formado polos exalumnos da EMAE Chelo do Rejo, Cristina
Andrade, Pablo Chichas e José Antonio Valcárcel; e pola profesora da escola Anabel Gago,
que estarán baixo a dirección da responsable da compañía Ibuprofeno Teatro, Marián
Bañobre, coa colaboración de Lorena Rozados como axudante de dirección. Ademais, a
representación contará coa música en directo dos seguintes compoñentes do Obradoiro
de Música Moderna Carlos Barruso: Juan Núñez, Manuel Castedo e Pablo Bernárdez.
Chelo do Rejo aproveitou para agradecerlle a Xosé Lueiro o seu labor “para facer medrar
o teatro dunha maneira ou doutra” e fixo fincapé en que “sen él, moitas destas cousas
non poderían poñerse enriba dun escenario”. A estas palabras sumouse logo o resto do
elenco, asegurando que “Lueiro é o que nos empurra e o que nos apoia para abrirnos as
portas dun teatro moi vivo”, e referíronse ao espectáculo como “unha proposta moi
divertida, dinámica e viva para que a xente ría e goce moito”.
Lueiro quixo poñer en valor a adaptación do texto da obra levada a cabo por Santi
Cortegoso. “Este proxecto naceu hai dez anos na miña cabeza e quedou caduco”,
asegurou, e engadiu que a adaptación “dotou a obra dunha perspectiva de xénero con
personaxes femininas empoderadas”. O xerente da EMAE tamén destacou a colaboración
do escultor estradense Manolo Vilaverde.
Esta comedia teatral estrearase con dous pases no Teatro Principal da Estrada: o sábado
8 de outubro, ás 21.00 horas; e o domingo 9 de outubro, ás 19.00 horas. Logo destas dúas
funcións, realizará unha xira polas parroquias estradenses.
As persoas que desexen gozar deste espectáculo poderán recoller as súas entradas, cun
prezo de cinco euros, a partir do luns 26 de setembro no Departamento de Cultura do
Concello e en Calzados A Esquina.






















































