Couso recupera o festival As Nosas Músicas os días
13 e 14 de agosto cunha decena de agrupacións

O alcalde da Estrada, José López, presentou esta mañá a
XXV edición do Festival As Nosas Músicas, organizado pola Asociación A Xesteira coa
colaboración do Concello, que se volverá celebrar na parroquia de Couso os días 13 e 14
de agosto despois de dous anos de parón pola pandemia.
Xunto co rexedor local, na presentación do evento participaron os representantes da
Asociación A Xesteira Iván Magariños, Xermán Alexandre Muíños e Alejandro Brey. Na
súa intervención, José López destacou o labor das persoas que forman parte da
organización dun evento destas características “para conseguir manter ano tras ano esta
festa e axudar a que A Estrada sexa un dos referentes culturais a nivel galego”.
Pola súa banda, Xermán Alexandre Muíños quixo agradecer a colaboración do Concello
da Estrada “e mais a de arredor de 100 empresas, na súa meirande parte estradenses”
para que esta celebración continúe consolidándose. Neste senso, destacou que este
“será o primeiro ano que haberá dous días de festa”, cunha importante participación das
agrupacións musicais da zona, e avanzou que o premio “As Nosas Músicas” desta edición
será entregado a Emilio Españadero, presentador do programa da Radio Galega “Lume
na Lareira” e antigo compoñente de varias agrupacións de música tradicional, “polo seu
traballo a prol da cultura”.
As actividades programadas arredor do festival As Nosas Músicas darán comezo o sábado
13 de agosto, cun obradoiro de baile con perspectiva de xénero e unha ruada a partir das
19.00 horas na que participarán as seguintes agrupacións musicais: Ultreia, Aldomir, A
Ponte Vella e Doner e os Kebabs.

Contacto: Santiago Cacheiro | santi.cacheiro@somoswecom.com | 698 19 63 10
Na xornada do domingo 14 haberá actividades durante todo o día. Ás 14.00 horas terá
lugar unha sesión vermú coa actuación do grupo Campantes da Braña. Xa pola tarde, a
partir das 17.00 horas, haberá xogos tradicionais para todas as idades, un obradoiro de
iniciación ao baile tradicional e unha mostra sobre a personaxe de Barriga Verde. A festa
rematará ás 21.30 horas coa entrega do premio “As Nosas Músicas” a Emilio Españadero
e a celebración do festival, que contará coa actuación das seguintes agrupacións: Leilía,
Alvariza, Airiños da Freba, Art-Monium e Ailá.
Paralelamente aos citados actos, a festa contará cunha zona gastronómica con tres
postos de comida, aparcadoiro e zona de acampada. Ademais, haberá servizo de autobús
de balde que sairá ás 21.00 horas dende A Estrada (A Farola) ata Couso e voltará dende
Couso ás 4.30 e ás 6.30 horas da madrugada, con paradas en Pontevea e A Estrada (A
Farola).

Publicado en Portada | Deja un comentario

O alcalde da Estrada visita o Campus Deportivo de
Verán para a clausura da súa primeira quenda

O alcalde da Estrada, José López, visitou esta mañá a praia
fluvial de Liñares para acompañar aos asistentes ao Campus Deportivo de Verán durante
a clausura da súa primeira quenda, na que participaron 196 nenos e nenas.
Deste campamento, ofertado polo Concello para facilitar a conciliación das familias e
mellorar os valores asociados ao deporte nos participantes, estanse a beneficiar durante
o mes de xullo un total de 360 menores de entre 5 e 16 anos, divididos en dúas quincenas.
O vindeiro luns dará comezo a segunda quenda con 183 menores inscritos, e para o día
28 de xullo está programada unha visita ao Aquapark de Cerceda.
Dende o Departamento de Deportes, que dirixe Ismael Pena, informaron de que aínda é
posible anotarse para as dúas quendas que se desenvolverán durante o mes de agosto,
para as que existen prazas libres logo de inscribirse 107 menores. Para facelo, poderán
presentar as solicitudes a través da sede electrónica do Concello da Estrada ou de xeito
presencial, na oficina do Rexistro do Concello.

Publicado en Portada | Deja un comentario

López chama ao consumo responsable da auga para
evitar tomar medidas restritivas dende o Concello

O alcalde da Estrada, José López, fixo esta mañá un
chamamento á veciñanza a “realizar un uso responsable da auga” despois de coñecer que
a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Parada “leva bombeando auga
ininterrumpidamente dende o pasado 7 de xullo”.
Concretamente, nas últimas 24 horas producíronse na ETAP 4.300 metros cúbicos e
gastáronse 4.600, o que supón que se está a consumir máis auga da que se está a xerar.
Esta situación vese agravada pola ausencia de chuvia e a vaga de calor que afecta a Galicia
durante as últimas xornadas, provocando que o caudal do río Umia, do que se abastece
A Estrada, teña un nivel moi baixo que impide subministrar unha maior cantidade de
auga, conlevando unha menor capacidade de abastecemento.
O rexedor local tamén instou á cidadanía a “evitar na medida do posible o uso dos
recursos da traída para realizar os labores de regadío ou para encher piscinas
particulares”, e engadiu que “se non hai ningún tipo de regularización por parte dos
usuarios teranse que levar a cabo medidas restritivas dende o Concello”, aínda que polo
momento non están contempladas.
O noso municipio abastécese do río Umia. As súas augas son tratadas na Estación de
Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Parada e dende alí trasládanse aos depósitos
ubicados en Penerada, dende os que baixa pola traída municipal e se distribúe por todo
o casco urbano e parte dos núcleos rurais máis próximos. En Codeseda existe outra traída
pública que da servizo a esta parroquia. Recentemente, o goberno local investiu máis de
150.000 euros nas instalacións da súa captación, o que permitiu aumentar a súa
capacidade.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada comeza a retirada de máis de oito
vehículos abandonados do seu casco urbano

A Policía Local do Concello da Estrada está a traballar na
retirada de máis de oito vehículos abandonados situados en varias rúas do casco urbano
do municipio co obxectivo de mellorar a imaxe do pobo e eliminar estos elementos
contaminantes que reducen as prazas de aparcadoiro dispoñibles.
A campaña foi iniciada coa retirada de dous vehículos da rúa Manuel de la Calle e da
Avenida de Marín, e nos vindeiros días retiraranse outros seis vehículos abandonados
estacionados nas seguintes vías: na N-640, á altura de Matalobos; na rúa 14; no Camiño
Real; na 2a Travesía do Matadoiro; no Camiño a Ouzande; no Camiño das Pozas e na
Avenida de Pontevedra.
Durante as próximas semanas, a Policía Local porá o foco no rural, onde se identificaron
case unha centena de vehículos sospeitosos de estar en situación e abandono tanto na
vía pública como en terreos privados. Deste total, máis de 50 xa foron retirados polos
seus propietarios unha vez recibida a notificación da Policía Local, e procederase á
retirada forzosa de preto de 40 logo de non poder efectuar a comunicación aos seus
propietarios ou de superar o prazo dun mes do que dispoñen para retirar o seu vehículo.
Grazas a un convenio asinado coa Deputación de Pontevedra, a retirada do vehículo e
mais o seu posterior desmontaxe e desinfección realizarao unha empresa contratada
polo ente provincial.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A II FEIRA DOS FROITOS VERMELLOS SUPERA O ÉXITO DA ANTERIOR
EDICIÓN E CONSOLÍDASE COMO UNHA REFERENCIA NO SECTOR

A Estrada converteuse esta fin de semana, por
segundo ano consecutivo, na capital dos berries galegos. O Novo Mercado da
Estrada acolleu a II Feira dos Froitos Vermellos, que supera o éxito da edición
de 2021 cunha cita que duplica as dimensións da anterior.

A feira, organizada polo Concello da Estrada e a Asociación Berries Galicia,
contaba este ano con máis do dobre de postos que en 2021. Un éxito que
tamén se trasladou á asistencia, así como ao produto ofrecido, que se rematou
durante esta mañá.

A organización da cita sinala a súa importancia para dar a coñecer este produto
galego e as posibilidades de elaboración. Na feira, ademais de probar e mercar
os produtos de forma natural, tamén se puideron descubrir distintas
preparacións con froitos vermellos.

Dende as 10:00 da mañá, un total de 16 produtores de froitos vermellos e
elaboradores de produtos abrían os seus postos ao público. Na inauguración da
feira estiveron presentes Silvestre José Balseiros Guinarte, director xeral de
Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias; José López, alcalde do
Concello da Estrada; Óscar Durán, concelleiro de Promoción Económica do
Concello da Estrada, Miguel Óscar Rancaño, concelleiro de Sanidade, Turismo e
Relacións Institucionais do Concello da Estrada e Ramiro Touceda, presidente
de Berries Galicia.

A cita contou tamén cun DJ, unha degustación gratuíta de froitos vermellos
frescos, produtos elaborados e cócteles así como o sorteo dunha cesta de
froitos vermellos entre as persoas que compraron no mercado. Ademais, o
público tamén puido desfrutar dun showcooking con froitos vermellos así como
unha degustación gratuíta de cócteles sen alcohol.

Ata a feira achegáronse tamén persoas interesadas en cultivar froitos vermellos,
que puideron obter información no posto da asociación Berries Galicia.

Participantes na II Feira dos Froitos Vermellos

Concretamente, participarán os seguintes produtores de froitos vermellos: Os
Arandiños (Vilalba), Finca Arandeiras de Ferraces (A Baña), Finca A Estoxa (A
Capela), Biogalaica 2011 S.L. (Palas de Rei), Finca San Miguel (San Cristovo de
Cea), Ecoarándano (Santa Comba), Terras do Norte (Castroverde), Berries do
camiño (Lugo), Frutas y Hortalizas Río Ulla S.A.T. (A Estrada), Susana Refojo
(Dodro), Finca do Muíño de Cuíña (Lalín), Biofruitgalicia (A Estrada) e Finca de
Teo (Teo).
Respecto das empresas que utilizan os froitos vermellos como materias primas
acudirán a pastelería Mimela e Casa do Pan, ambos de A Estrada, así como as
marmeladas de Nela Gourmet (Ourense).

Publicado en Portada | Deja un comentario

Juán Constenla visita as obras de mellora do firme en varias parroquias Estradenses

 O  concelleiro de Medio Rural, Juan Constenla, acompañou aos operarios que están a realizar as obras de limpeza das cunetas e de mellora do firme dos viais da parroquia de Curantes, que suporán un investimento de 114.000 euros e actuarán nos seguintes lugares: A Barreira, Cortes, Igrexa, Campo da Festa, A Nogueira, O Porto, As Pereiras e Curantes Vello.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O goberno local levará mañá á Mesa de Mobilidade o
proxecto de novas humanizacións no casco urbano

O Concello da Estrada celebrará mañá, ás 19.00 horas, unha
nova Mesa de Mobilidade na que se debatirán as propostas de novas humanizacións no
casco urbano, derivadas do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS).
Durante a sesión, na que participarán representantes do goberno local, do resto de
grupos políticos, de técnicos, de membros da ACOE, da Asociación Comarcal de
Empresarios (ACE) e da Asociación de Hostaleiros da Estrada, debatirán varios proxectos
que “xorden a raíz da recente peonalización de varias rúas da vila”, explicou o edil de
Urbanismo, Gonzalo Louzao, aos que se sumarán “outras actuacións proxectadas de cara
o futuro para continuar aplicando o PMUS”.
Unha das propostas que se levará á mesa será a peonalización do treito da Avenida de
Ponteareas entre a rúa Baiuca e a Porta do Sol, vía que quedou sen saída logo da
humanización da Porta do Sol. Esta actuación conlevaría a anulación da parada de taxis
ubicada na Avenida de Ponteareas, polo que Louzao xa contactou cos taxistas da Estrada
para buscar unha alternativa e chegaron a un acordo para instalar a nova parada no cruce
entre a Avenida de Fernando Conde e a Avenida Leicures. Louzao asegurou que os
taxistas “valoraron positivamente este novo emprazamento por atoparse próximo á súa
ubicación habitual e moi preto da Praza da Feira”.
Outra das rúas sobre a que se planificarán novas actuacións será o treito da rúa Justo
Martínez entre a rúa San Antón e a Calvo Sotelo. A intención do goberno local é asfaltar
o vial e elevalo á mesma altura ca as beirarrúas para conseguir unha plataforma única e
igualar este treito co outro da mesma rúa, entre a Calvo Sotelo e a Irida, sobre o que o
Concello actuou recentemente.

Contacto: Santiago Cacheiro | santi.cacheiro@somoswecom.com | 698 19 63 10
Ademais, a Mesa de Mobilidade tamén abordará o proxecto para a regulación do tráfico
na Travesía da Feira, situada entre a rúa Irmáns José e Severino Trigo e a rúa 25 de Xullo.
Para iso, segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, contemplarase a anulación dunha
das zonas de estacionamento a ambos lados da rúa co obxectivo de facilitar o tránsito de
vehículos para acceder á Carballeira da Feira e mais aos garaxes. Louzao afirmou que
“esta actuación non suporá ningún problema, xa que o goberno local vén de aumentar
2.000 metros cadrados de aparcadoiro gratuíto” grazas ao arrendamento da finca situada
entre a Travesía da Feira e a rúa 25 de Xullo.
O edil de Urbanismo engadiu que “unha das prioridades do PMUS é a de facer camiños
escolares seguros”. Neste eido, durante a reunión comezaranse a artellar actuacións
futuras como a ampliación das beirarrúas dende a Praza de Galicia ata o CEIP Pérez Viondi
para facilitar o tránsito de pais, nais e menores.

Publicado en Portada | Deja un comentario