O Concello presenta a Conta Xeral do 2021 cun
incremento de 17,2 millóns sobre o orzamento inicial

O Concello da Estrada celebrará mañá, ás 20.30 horas,
unha Comisión de Facenda na que o goberno local presentará a Conta Xeral
correspondente ao exercicio do 2021. Unhas contas das que o concelleiro de Facenda,
Alberto Blanco, puxo en valor “a capacidade de xestión do goberno local para conseguir
recursos extraorzamentarios”, o que permitiu incrementar en 17,2 millóns de euros os
13,7 millóns do orzamento inicial ata acadar os 30.943.053,67 euros.
O edil de Facenda subliñou que “o esforzo do Concello para mellorar as infraestruturas
públicas permitiu acadar a cifra récord de 14,9 millóns de euros de investimento”
situando a partida adicada a esta finalidade nos 15.463.336,52 euros, que se empregaron
en proxectos como a remodelación da Praza da Feira, o cambio das luminarias do rural,
a peonalización de varias rúas do casco urbano ou os asfaltados dos viais das parroquias.
Esta capacidade inversora reflexouse do mesmo xeito no aumento do valor patrimonial
en 1,7 millóns de euros.
O concelleiro de Facenda tamén destacou a “capacidade de aforro” do goberno local,
que permitiu pechar o exercicio do 2021 con 3,02 millóns de euros de remanente de
tesourería. Grazas a isto, serán empregados durante este ano 1.143.100 euros dese
remanente a través do recoñecemento de crédito extraordinario e incrementando o xa
existente para mellorar infraestruturas, apoiar iniciativas locais e acometer actuacións
imprevistas que respondan ás demandas da veciñanza.
En concreto, a Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) recibirá unha aportación
extraordinaria de 135.000 euros, que se vén concedendo dende o ano 2020 co obxectivo
de apoiar iniciativas como o Mercado de Verán ou as campañas do Nadal que fomenten
o comercio local no municipio. Ademais, contémplase adicar 98.000 euros para posibles

adquisicións de terreos por parte do Concello; outros 255.500 euros irán adicados á
mellora de infraestruturas viarias tanto no rural como no casco urbano da Estrada; e
5.000 euros destinaranse a mellorar a instalación do aire acondicionado na Escola Infantil
A Galiña Azul.
A maiores, tamén se incrementarán partidas xa contempladas no orzamento cos
seguintes investimentos contemplados: 30.000 euros para mellorar as instalacións dos
distintos centros educativos do municipio; 150.000 euros co obxectivo de financiar
actividades culturais e festexos populares; 85.000 irán adicados a facer fronte a posibles
imprevistos nas obras de construción da pista de atletismo; 17.000 euros empregaranse
para a organización e a promoción de eventos e campañas que visibilicen aos produtores
locais; 20.600 euros adicaranse para o pago da sinalización de rutas turísticas; e 120.000
para facer fronte aos gastos de subministración nas vías urbanas e rurais.
“Sempre nos caracterizamos por ser prudentes e asegurar a sostibilidade financieira ante
as malas previsións de cara ao futuro derivadas da situación económica adversa que
estamos a atravesar, por este motivo quedarán dispoñibles dous terzos do remanente
que garantirán a nosa solvencia para poñer en marcha novos proxectos no futuro”,
asegurou o edil.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Sala Abanca da Estrada acolle ata o 29 de xullo a
exposición de 62 obras dos alumnos de Arteterapia

A concelleira de Asuntos Sociais, Amalia Goldar, visitou
esta mañá na Sala Abanca a exposición dos/as alumnos/as da actividade de Arteterapia,
impulsada polo Concello da Estrada para fomentar a integración das persoas con
discapacidade intelectual do municipio, na que se exhiben 62 cadros dos participantes en
colaboración coa Asociación Galega das Artes.
Con esta mostra, o alumnado pecha a primeira quenda desta actividade financiada con
fondos propios do Concello, que parará durante o mes de agosto e retomarase de novo
en setembro. Durante a súa visita, a edil de Asuntos Sociais reafirmou o apoio do Concello
con este tipo de iniciativas e puxo en valor o labor da arte como integradora social.
Goldar tamén quixo felicitar polos seus traballos a cada un dos seguintes 15 alumnos e
alumnas que participan na mostra: Carlos Gómez, Dolores Tanoira, Montserrat Tanoira,
Rebeca Ferreiro, Ana Felisa Saurez, Almudena Collazo, María Isabel Torrado, Manuel
Loureiro, José Manuel Rivas, María Diéguez, Victoria Carolina Gomes, Julio César
Rodríguez, José Manuel Monteagudo, Jorge Torres e Mario Silva.
A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro venres 29 de xullo, e aquelas persoas
que o desexen poderán visitala de balde de 11.00 a 13.00 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello cubre as 52 prazas dispoñibles para
participar no Campamento no Mar 2022

A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, anunciou
esta mañá que o Concello recibiu 55 solicitudes para optar ás 52 prazas ofertadas para
participar no Campamento no Mar 2022, que se desenvolverá no campamento xuvenil
“Virxe de Loreto”, situado en Porto do Son, dende o 26 de agosto ata o 4 de setembro.
Mañá publicarase na web do Concello a listaxe co nome dos menores admitidos, para a
que se tivo en conta a súa orde de inscrición, e os tres que permanecen en listaxe de
agarda. Tamén se publicará un cuestionario informativo que deberá ser cuberto e asinado
polo pai, nai ou titor dos menores e presentado acompañado da seguinte
documentación: DNI do menor, DNI dun dos proxenitores, tarxeta sanitaria do menor,
libro de familia ou título de familia numerosa (no caso de solicitar algunha das
bonificacións por segundo irmán ou por familia numerosa), e unha foto recente do
participante.
A partir de mañá, os pais, nais ou titores dos menores inscritos poderán recoller a carta
de pago no Departamento de Servizos Sociais, de 9.00 a 14.00 horas, e deberán realizar
o pagamento antes do día 5 de agosto. Unha vez feito o pago, poderán presentar o
xustificante de xeito presencial no Departamento de Servizos Sociais, ou a través do
correo electrónico servizossociais@aestrada.gal .
A edil de Servizos Sociais tamén avanzou que o vindeiro día 22 de agosto o Concello
acollerá unha reunión informativa na que participarán as familias dos participantes xunto
con técnicos do Concello e mais da empresa que xestione o campamento

Publicado en Portada | Deja un comentario

PREMIO XORNALÍSTICO Manuel Reimóndez Portela XXVII EDICIÓN 2022

Hoxe tivo lugar na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, a presentación aos medios de comunicación das bases que rexeran a XXVII Edición do “Premio Xornalístico Manuel Reimondez Portela”. A presentación das mesmas correu a cargo de Juan Manuel Constenla, Presidente do Comité de Seguimento do Premio, Juan Andrés Fernández, vogal do Comité de Seguimento e José Manuel Bouzas, secretario do Comité de Seguimento e do xurado do galardón.

O prazo de recepción de traballos a concurso, remata o vindeiro día 6 de setembro de 2022.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Román Rodríguez anuncia una inversión de 220.000€ para restaurar el puente medieval de Pontevea

La Xunta de Galicia ha previsto invertir 220.000 euros para restaurar el puente medieval de Pontevea que une las provincias de A Coruña y Pontevedra sobre el río Ulla. Así lo anunció hoy en una visita el conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, en la que precisó que las obras están ya en proceso de licitación.

 

El responsable autonómico de Cultura señaló que los trabajos que impulsa el Gobierno gallego permitirán garantizar la mejor conservación de una infraestructura clave para los términos municipales de A Estrada y Teo. “Este puente, una de las más singulares de Galicia, no solo funciona como nexo de unión entre dos municipales, sino que es ya un icono de esta comarca y uno de los espacios para el ocio y el turismo más frecuentado por los vecinos y visitantes”, afirmó Román Rodríguez.

 

En este sentido, el conselleiro destacó el gran valor cultural que atesora este puente de origen medieval. “La vía que hoy transitamos jugó un papel fundamental en la peregrinación y en las rutas comerciales desde su creación en el siglo XI y nombradamente en la época romana”, incidió antes de recordar que fue su importancia y sus características arquitectónicas las que propiciaron que en el año 2017 fuera declarada Bien de Interés Cultural, con la categoría de monumento histórico-artístico, obteniendo la máxima protección de la Ley de Patrimonio Cultural.

 

Cinco meses de ejecución

En concreto, el objetivo de los trabajos que la Administración autonómica prevé poner en marcha es resolver las patologías existentes en la ponte. Para tal fin se ejecutarán actuaciones que permitan consolidar la estructura mediante la recuperación y refuerzo de los muros y la instalación de tres tirantes de acero anclados a los refuerzos de hormigón. Además, se reconstruirán los taludes laterales con muros de contención.

 

El proyecto que cuenta con un plazo de ejecución de cinco meses se completa con la recuperación de los adoquines y del entorno, la renovación del pavimento y del mobiliario urbano, la limpieza del adoquinado y la realización de catas arqueológicas para ampliar el conocimiento sobre los restos de piedra encontrados.

 

Espacio lleno de historia

La de Pontevea es un puente singular del patrimonio cultural de Galicia localizada en una vía de comunicación de origen romana, cuya construcción es de época medieval. A lo largo de la historia sufrió varias reconstrucciones y fue escenario de hitos como la Guerra de la Independencia o las luchas contra las tropas napoleónicas que se desenvolvieron a partir del año 1809 lo que ocasionó daños en elementos de la estructura como los arcos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello adxudica en 60.149 euros a substitución
das carpintarías exteriores do pavillón Coto Ferreiro

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación
das obras de substitución de carpintarías exteriores no pavillón Manuel Coto Ferreiro á
empresa Proyectos y Contratas Covelo S.L. por un importe de 60.149,10 euros, que será
financiado a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
O proxecto foi elixido entre un total de cinco empresas que presentaron cadansúa
proposta para acometer estes traballos, que inclúen a renovación das oito portas e da
totalidade das fiestras do pavillón. Estas actuacións deberán estar rematadas no prazo de
dous meses, facilitando que este espazo volva ser empregado cando os clubes retomen
os seus adestramentos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Ignacio Vidal Portabales gaña o XXXIV Premio Manuel
García Barros coa obra “As horas dunha illa remota”

O xurado da XXXIV edición do premio de novela Manuel
García Barros, que convoca o Concello coa colaboración da Editorial Galaxia, vén de
galardoar ao escritor Ignacio Vidal Portabales pola súa obra “As horas dunha illa remota”.
A novela, presentada baixo o lema de “O voo do azor”, resultou elixida pola maioría dos
membros do xurado entre os 33 orixinais presentados nesta edición.
O xurado estivo composto por Marta Neira Rodríguez, María de las Mercedes Corbillón
Fernández, Marcos Sánchez Calveiro, Armando Requeixo Cuba e Carlos Loureiro
Rodríguez.
Armando Requeixo xustificou a elección desta obra “no coidado na caracterización dos
dous personaxes protagonistas, dúas irmás cunha figura paterna chea de luces e sombras
que viven as sombras dunha infancia difícil en Colombia que proxectan o seu ronsel no
presente adulto de ambas na súa Galicia de orixe”.
Ademais, os membros do xurado desatacaron a calidade da prosa coa que está escrita a
novela, cun emprego dos diálogos de grande mestría funcionando a obra coma un
conxunto “que se retroalimenta nas partes e que convida a pensarnos e repensarnos”.
Ignacio Vidal Portabales é Doutor en Dereito e profesor titular de Dereito Mercantil na
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de
Compostela. Compaxina a docencia coa escritura, con varios ensaios publicados sobre
temática xurídica e catro obras narrativas en galego publicadas na Editorial Xerais.

O premio está dotado con 9.000 euros e inclúe a publicación da novela. A súa entrega
levarase a cabo este outono nun acto no Teatro Principal da Estrada que volverá a ser
público despois de dous anos condicionado pola pandemia.

Publicado en Portada | Deja un comentario