O concelleiro de Mercados, Gonzalo Louzao, visitou esta
mañá a cada un dos feirantes situados no aparcadoiro municipal da rúa Iryda para
comunicarlle a súa volta á Praza da Feira a partir do mércores 6 de xullo, unha vez
rematadas as obras neste espazo e finalizadas as festas patronais do San Paio.
Durante a visita, Louzao aproveitou para notificarlles de maneira individualizada tanto as
renovacións das concesións dos postos como aqueles que deberán causar baixa “por
presentar débedas co Concello ao non pagar a ocupación do espazo público de xeito
reiterado”, explicou o edil. Concretamente, permanecerán activos 63 postos e haberá 11
propostas de baixa, que se sumarán aos 26 postos que se decidiu non ocupar durante a
pandemia “para garantir a distancia social” e se mantiveron libres durante a execución
das obras de mellora da Praza da Feira “co obxectivo de adaptarse á ubicación provisional
no aparcamento da rúa Iryda, de menores dimensións”, asegurou Louzao. Aqueles postos
que foron propostos para causar baixa terán agora un prazo de dez días hábiles para
realizar alegacións e intentar xustificar a súa situación.
Unha vez realizado o cambio de ubicación, co que se respectará na medida do posible as
zonas nas que xa estaban situadas os postos actuais, o concelleiro de Mercados avanzou
que se cubrirá a totalidade dos 100 espazos dispoñibles na Praza da Feira “coa
incorporación dos postos que figuran na listaxe de agarda” recollida no Departamento de
Tesourería, voltando a unha feira “de gran formato” con postos de alimentación, textil e
polbeiros.
Nos vindeiros días, o Concello contactará cos postos que figuran nesa listaxe para
comprobar de xeito individualizado, por orde de entrada no rexistro, se cumpren cos
requisitos. De ser así, poderán escoller entre os 37 espazos dispoñibles.
Os postos da feira estradense volverán á súa
ubicación habitual a partir do vindeiro 6 de xullo
A Estrada se rindió a las fiestas de San Paio
A Estrada volvió a rendirse ante la magia de las
de San Paio, quellenaron la villa de actividades,
música y diversión durante cinco largos días.
A pesar de que el tiempo no acompañó en algunas
de las jornadas, lo que provocó el cambio de
situación de algunas de Las actividades programadas,
ello no impidió que millares de personas
disfrutaran de unas merecidasfiestas por todo lo
alto .
GALERÍA :
SAN PAIO 2022 DOMINGO 26 DE XUÑO*
– *10:00* // *3X3 de fútbol* categoría base (Alameda Municipal)
– *10:30* // *Musikenos* (Teatro Principal)
– *11:00* // Bombas de Palenque
– *11:00* // *Alfombra floral* elaborada pola Asociación de Alfombristas da Estrada (Rúa Calvo Sotelo)
– *11:00* // *Xfest*: Skateboard, Scaperoom, Karaoke, Nerf, Ponte-Slackline (Estación de Autobuses)
– *11:00* // Pasacalle *Charanga BB+*
– *12:00* // *Musikenos* (Teatro Principal)
– *13:00* // Concerto *Banda de Música Cultural da Estrada* (Alameda Municipal)
– *16:00* // *3X3 de fútbol* categoría absoluta (Alameda Municipal)
– *16:00* // *Xfest*: Taller grafiti, Batalla de galos, Esgrima histórica (Estación de Autobuses)
– *18:00* // Parque de Atraccións de Feira (Praza da Feira)
– *18:00* // Pasacalle *Charanga BB+*
– *18:00* // Final torneo de tenis dobres Concello da Estrada (pistas municipais)
– *19:00* // *Concerto infantil con inchables e festa da escuma* (Praza do Mercado)
– *19:00* // Pasacalle Banda de Música Cultural da Estrada
– *20:00* // *Batucada Latexo Percusión* (Praza de Galicia)
– *20:00* // *Xfest*: Mani Maro, Breynz, Ruvix (Estación de Autobuses)
– *20:00* // Misa Cantada na honra a San Paio polo Coro San Simón de Teo e procesión a cargo da Agrupación Musical de Cornetas, Tambores e Gaitas ACOTAGA de Ferrol e Banda de Música Cultural da Estrada.
– *22:30* // *XOEL LÓPEZ* (Praza do Concello)
– *00:00* // *ORQUESTRA EL COMBO DOMINICANO* (Praza de Galicia)
As familias sen recursos da Estrada terán 450
viaxes de balde nas atraccións durante o San Paio
Os feirantes da trintena de atraccións que permanecerán
instaladas na Praza da Feira durante as festas patronais do San Paio veñen de decidir en
colaboración coa Concellaría de Eventos, que dirixe Gonzalo Louzao, repartir 450 bonos
entre as familias sen recursos da Estrada.
Cada un destes bonos corresponderase cunha viaxe gratuíta en calquera das atraccións
instaladas na Praza da Feira e poderán empregarse durante todos os días que
permanezan abertas.
O obxectivo, explica o edil de Eventos, é “que aquelas familias que máis o precisan poidan
ter a oportunidade de gozar do parque de atraccións”. Os bonos foron entregados en
Cáritas e será a propia asociación a que faga o reparto entre os seus usuarios.
A Estrada ofrecerá un “menú deportivo” composto
por sete eventos durante as festas de San Paio
A Concellaría de Deportes, que dirixe Ismael Pena,
brindará aos veciños e veciñas do municipio un amplo “menú deportivo” composto por
sete eventos que complementarán a oferta cultural e de ocio durante as festas patronais
de San Paio 2022, que se celebrarán na Estrada dende o 23 ata o 27 de xuño.
Trátase dunha programación deportiva para todas as idades e con ampla participación da
veciñanza, que presenta novidades e recupera actividades que tiveran que ser canceladas
pola situación sanitaria durante os dous anos anteriores. A primeira cita deportiva
organizada polo Concello da Estrada no marco do San Paio será a carreira Nocturna
Estradense, que celebrará a súa X edición baixo o nome de “Estranoite” o venres 24 de
xuño, despois de dous anos de parón pola pandemia. O evento contará con 470
corredores inscritos. As categorías infantís sairán ás 21.00 horas e a categoría absoluta ás
23.00 horas, ambas dende a rúa Calvo Sotelo, e a proba estará musicada polo Power Trío
a partir das 23.00 horas.
Durante a xornada do sábado 25 celebraranse varias actividades relacionadas co deporte.
Ás 10.00 horas, o campo de fútbol Manuel Regueiro acollerá o torneo preparatorio para
o Campionato Europeo 2022 da Selección Galega de Fútbol Gaélico; á mesma hora, dará
comezo no pavillón Manuel Coto Ferreiro o torneo 3×3 de baloncesto coas categorías
benxamín, alevín, infantil e cadete e, xa pola tarde, ás 16.00 horas, continuará coas
categorías xuvenil e sénior; a partir das 16.00 horas, a zona deportiva tamén acollerá a
oitava edición do Trofeo de Ciclismo Concello da Estrada; unha hora máis tarde, ás 17.00
horas, terá lugar un seminario de defensa persoal feminina, de balde e sen inscrición
previa, no pavillón Manuel Coto Ferreiro.
O domingo 26, a primeira cita deportiva será o torneo 3×3 de fútbol sala que se disputará
no pavillón Manuel Coto Ferreiro a partires das 9.30 horas e, xa pola tarde, continuará a
partires das 15.30 horas. Durante a xornada tamén se levará a cabo o XFest na Estación
de Autobuses, con actividades como skateboard, escape room, karaoke ou ponte-
slackline dende as 11.00 horas, e obradoiro de grafitis, batalla de galos e esgrima histórica
a partir das 16.00 horas. As actividades deportivas do domingo finalizarán coas fases
finais do Torneo de Tenis Concello da Estrada, que comezarán ás 17.00 horas nas pistas
municipais de tenis.
O luns 27 de xuño, derradeiro día das festas, completará o “menú deportivo” a
celebración da Festa da Bicicleta. A actividade dará comezo ás 11.00 horas na Praza do
Novo Mercado e contará con dous circuítos, un para menores e outro para maiores de
14 anos, cun percorrido de 800 metros e de 5 quilómetros respectivamente.
O Concello da Estrada entrega o premio de textos
teatrais Varela Buxán a José Luis Baños de Cos
A concelleira de Educación, Amalia Goldar, fixo entrega
esta mañá no Concello do premio de textos teatrais Manuel Daniel Varela Buxán ao
dramaturgo José Luis Baños de Cos pola súa obra “Segunda morte”. O gañador da oitava
edición foi agasallado cun cheque de 1.200 euros e unha bolsa con varios libros que
resultaron gañadores en certames literarios da Estrada.
Durante o acto, a edil de Educación estivo acompañada do gañador do galardón, José Luis
Baños de Cos; do presidente do xurado, Santiago Cortegoso; e do xerente da Escola
Municipal de Artes Escénicas, Xosé Lueiro. Na súa intervención, Goldar destacou “o gran
compromiso do Concello da Estrada coa actividade cultural e a escrita literaria” e fixo
referencia aos sete premios que se convocan de xeito anual no noso municipio para
promover a cultura en galego. Tamén avanzou que nas vindeiras semanas se coñecerán
as obras gañadoras do premio de poesía Avelina Valladares e o de novela Manuel García
Barros.
Pola súa banda, o gañador do premio, José Luis Baños de Cos, agradeceu esta iniciativa
ao Concello da Estrada e destacou a “importancia de que existan premios coma este e se
manteñan no tempo” ante a complicada situación que atravesan os textos dramatúrxicos.
O presidente do xurado, Santiago Cortegoso, definiu a obra gañadora como un “texto
moi de autor”, cunha estrutura complexa e elaborada que conta unha historia
contemporánea sobre a emigración e a fugacidade das relacións na sociedade
contemporánea, e expresou o seu desexo de que “chegue ao público non só a través da
escrita, senón tamén dos corpos e as voces”.
O galardón inclúe a edición do texto teatral gañador por parte da editorial Fervenza, que
comezará a súa distribución por todas as librarías galegas dentro de dous anos, cando
teña lugar a seguinte edición deste certame.
Varias actividades do San Paio previstas para o 24
mudarán de ubicación ante a previsión de choiva
O concelleiro de Eventos, Gonzalo Louzao, anunciou esta
mañá que as malas previsións meteorolóxicas para a xornada do venres 24 de xuño
conlevarán o cambio de ubicación de varias das actividades previstas durante ese día co
gallo das festas patronais do San Paio, co obxectivo de “evitar calquera cancelación e
manter toda a programación”.
Deste xeito, manteranse todos os eventos programados durante o venres e non haberá
modificacións nos horarios. O concerto do grupo de acordeóns Os Lóstregos e Marietta,
previsto nos xardíns municipais ás 12.30 horas, celebrarase no Teatro Principal; e a
exhibición da escola de baile Sondodance, prevista inicialmente nos xardíns municipais,
mudarase para o pavillón Manuel Coto Ferreiro.
En caso de choiva, ás anteriores modificacións sumaríase o cambio do pregón a cargo de
David Amor e da actuación do grupo Treixadura, que pasarían a celebrarse no Teatro
Principal; e as actividades infantís previstas na Praza do Mercado pasarían a ter lugar o
luns 27 de xuño ás 12.00 horas. O resto da programación manteríase sen cambios.
Louzao tamén asegurou que se manterán todas as actividades previstas para a noite de
San Xoán: a sardiñada de balde -que contará con carpa-, o tradicional lumeiro e o
concerto de Baiuca na Praza do Concello.































































