PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN CULTURAL 75 ANIVERSARIO TEATRO PRINCIPAL

O día da presentación cultural sempre é un día especial para nós. Máxime, nun ano coma este, no que o noso querido Teatro Principal cumpre o seu 75 aniversario. Inaugurado un 29 de xuño de 1947, este Teatro  foi, tanto na súa función coma sala cinematográfica, coma na función de recinto escénico; o epicentro da vida cultural da Estrada. E é a nosa intención que siga a ser ese lugar onde a nosa veciñanza soñe, se emocione e goce dos mellores eventos culturais de dentro e fóra de Galicia. Este ano con maior motivo matiza o concelleiro de cultura Juán Constenla.

 

Deste xeito, toda a programación cultural do ano 2022 presentarase baixo o epígrafe 75 ANIVERSARIO TEATRO PRINCIPAL para render homenaxe a esta casa pola que teñen pasado tantas xeracións de estradenses e figuras coma Estrellita Castro, Lolita Sevilla, Antonio Machín, Andrés Pajares e un longo etcétera. Podedes ver ás miñas costas a imaxe gráfica deste aniversario, deseñada pola ilustradora estradense ROSA DE CABANAS, unha imaxe que tenta apertar o pasado e o presente deste espazo tan importante para a nosa vila.

 

Para celebrar esta homenaxe ao Teatro Principal quixemos salientar un pouco máis o carácter cultural da nosa programación, intentando que o público poida tamén converterse en protagonista activo da programación. É unha relación de eventos tamén diversa en canto a formatos, estilos e públicos. A idea é que todo o mundo atope nela algo de interese. Eventos top á altura dunha efemérede tan importante coma esta.

 

Neste senso, incorporamos un novo ciclo á nosa programación á que demos en chamar PARLADOIROS. Nel, persoeiros relevantes da cultura e da sociedade galega charlarán co público nun ton informal e divertido a través dun formato entrevista salferido con  continuas sorpresas para os convidados.

Este ciclo iniciarase este vindeiro 18 de marzo coa presenza do artista e presentador ROBERTO VILAR. A continuación serán os politólogos ANTÓN LOSADA e MIGUEL ANXO BASTOS (estes dous veñen xuntos) e GUADI GALEGO e XOSÉ TOURIÑÁN os que pechen este ciclo. Despois pasarémosvos un dossier coas datas todas. Serán eventos de entrada gratuíta. A entrada para o primeiro deles, o de Roberto Vilar poderá retirarse a partir do vindeiro luns día 7.

 

En relación a estes parladoiros, contamos tamén cunha sección dedicada a autoras e autores literarios. De aquí ao verán, pasarán polo Teatro Principal a poeta premio Nacional ALBA CID, o poeta tamén premio nacional de literatura infantil ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, o novelista FRANCISCO CASTRO e a novelista ARANTZA PORTABALES. Unha nómina de auténtico luxo. A idea é que sexan charlas literarias onde o público poida dialogar tamén cos propios convidados.

 

Á marxe deste ciclo de encontros con persoeiros relevantes, contamos cunha programa teatral de gran nivel. Como nota máis salientable, dicir que con motivo do 75 aniversario do TEATRO, a compañía máis importante de Galicia: O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO estará no Teatro Principal na primeira fin de semana de xuño coa peza Ás oito da tarde cando morren as nais.

É unha deferencia e unha homenaxe que esta institución pública lle quere facer ao Teatro da nosa vila con motivo do seu aniversario.

 

No apartado monólogos temos pechada xa a presenza este vindeiro sábado de Miguel Ángel Rodríguez EL SEVILLA, o  actor, escritor e cantante de Mojinos Escocíos, evento para o que aínda quedan algunhas entradas.

 

Unha semana máis tarde visitará este teatro o cómico RAFA MAZA, o actor oscense que está a triunfar na sala Alfil de Madrid co seu personaxe de Fabiolo. Ante o éxito que tivo o ano pasado na nosa vila e o feito de que só puideron velo 50 persoas por mor da crise sanitaria, volvemos a traer este espectáculo, que garante gargalladas cada 10 segundos. Un dos mellores espectáculos cómicos do ano en España.

 

No apartado do teatro infantil, estrearemos o ciclo Colorín Colorado este próximo sábado cun espectáculo multipremiado de XAMPATITO PATO, que se titula Só. Tamén un concerto da Banda das Apertas de MAGÍN BLANCO e o espectáculo Aibo da compañía Eléctrica. Como gran evento familiar, contaremos co musical da BELLA Y LA BESTIA da compañía valenciana Eventime, un musical de gran formato avalado por un grande éxito de crítica e público.

 

En canto ao apartado teatral para adultos, a carteleira conta con espectáculos de auténtico luxo. O mes de marzo aterrará no Teatro unha das mellores compañías europeas, a compañía Atalaya de Sevila cunha adaptación da CELESTINA.

O venres día 1 de abril, os moitos devotos da compañía YLLANA na Estrada, poderán asistir ao espectáculo Primitals, un especctáculo que xunta música coral e humor a esgalla.

 

O venres 22 de abril será a compañía ourensá Sarabela Teatro a que poña en escena a obra de Manolo Rivas A LINGUA DAS BOLBORETAS, unha das obras máis premiadas en Galicia.

 

Tamén contaremos co gran éxito do teatro galego deste último ano, a superprodución de Chévere NEVERMORE. E pechará o mes de maio outro dos grandes éxitos do teatro galego destes últimos anos, a obra OS NENOS DA VARÍOLA da compañía Pérez e Fernández.

 

O apartado local tamén terá presenza na programación coa presentación da banda Lucía Azurmendi Grupo, o festival de Acordeóns organizado polos Lóstregos, e as actuacións da Banda Municipal e da Coral Polifónica.

 

Quería tamén comentarvos que o departamento de Cultura incluirán na programación tres exposicións para os próximos meses cun marcado acento local. Este venres inaugurarase a da ilustradora Rosa de Cabanas, titulada Mulleres Valentes e que será presentada este mércores nunha rolda de prensa. No mes de abril e da man da Editorial Galaxia presentaremos outra centrada na vida e obra de Manuel García Barros que percorrerá os colexios e IES estradenses nos próximos meses e en maio será o pintor Manuel Fragoso o que inaugure a súa nova colección de cadros titulada Soños rotos.

 

Estas e máis cousas que tedes debulladas no dossier que vos adxuntamos serán as que artellen unha primavera chea de talento, diversión e entretemento. Todos os que queiran ver máis polo miúdo toda a programación poderán vela na web do Concello ou na nosa APP de Cultura a partir de xa.

 

A partir  do vindeiro luns, poderanse comezar a recoller xa as entradas para os distintos eventos, entradas que este ano irán tematizadas co cartel e o logo deste 75 aniversario do Teatro Principal que terá a súa propia celebración pasadas as festas do San Paio. Eventos que presentaremos xa entrado o mes de xuño.

 

Lembrar que tanto a AGADIC como a Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral de Política Lingüística colaboran na posta en marcha dunha programación que agardemos, estea a altura da celebración e das demandas da nosa veciñanza.

 

Así que animo desde aquí a todos os veciños a participar dela, orgullosos dun Teatro que seguirá a ser ese lugar de encontro coa cultura, ese fogar das musas onde os soños de público e artistas se fagan realidade.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

GALERÍA FOTOGRÁFICA DA GALA DO ENTROIDO EN A ESTRADA

GALERÍA FOTOGRÁFICA DA GALA DO ENTROIDO EN A ESTRADA BÚSCATE:

Publicado en Portada | Deja un comentario

Urxe unha solución ao cruce da PO-2016 que vai a Guimarei, Cereixo e Vinseiro

A raia continua que nestes días debuxou o Ministerio de Transportes desde a Baiuca á rotonda das Colonias deixa aínda máis complicado o acceso á PO-2016.

Segundo explicou a concelleira do BNG, Susana Camba, «non cuestionamos a necesidade de pintar a raia continua nese tramo, xa que as circunstancias coa instalación do Lidl así o recomendan, mais esa raia continua faille a vida moi complicada aos veciños e veciñas de Guimarei, Cereixo e Vinseiro, coller esa estrada se van das Colonias á vila pola PO-640». «A complicación dese acceso xa existía antes», explica a concelleira nacionalista, «mais á altura da Lennon había raia descontinua e moitos veciños e veciñas xiraban nese tramo, pero agora xa non se pode».

«En reiteradas ocasións instamos ao alcalde a mellorar ese acceso», afirma Susana Camba, «mais logo duns tímidos intentos coa Deputación, nada máis se soubo e pasou o que sempre pasa cando o alcalde non fai nada por solucionar os problemas dos veciños e veciñas: complícanse!».

«Por iso volvemos a instar ao alcalde a aportar unha solución a ese cruce», engade a concelleira do BNG, «non pode ficar de brazos cruzados, mentres os veciños e veciñas sofren as consecuencias da súa pasividade». «É urxente que pete nas portas do Ministerio e da Deputación para que poñan enriba da mesa unha solución, os veciños e veciñas non poden seguir agardando por máis tempo», afirma.
 
«Por outra parte», indica a concelleira do BNG, Susana Camba, «estamos unha vez máis ante unha proba da falta de planificación do goberno do PP; fanse proxectos sen ter en conta as afeccións posibeis ao tráfico, a mesma situación que se está a dar coas obras na praza da feira e na rúa principal; o PP provocou unha situación polo que a veciñanza da vila que viva nas rúas Fernando conde, Gradín, Cañoteira, etc que queiran ir cara a PO 2016 teranse que desprazar cara a outra punta da vila para poder tomar este vial. O exemplo do desgoberno do PP».
Publicado en Portada | Deja un comentario

LÓPEZ BUENO CONSIDERA “POUCO COHERENTE” A PRESENZA DE
MEMBROS DO PP LOCAL NA VISITA DA CONSELLEIRA DE POLÍTICA
SOCIAL

Luis López Bueno tachou como “pouco coherente” a
presenza de López Campos e Amalia Goldar na visita que fixo a Conselleira
de Política Social ao Concello da Estrada o pasado mércores. Para o
socialista, que membros do PP local acompañaran á Conselleira é “pouco
coherente” porque “son os mesmos concelleiros que votan en contra das
iniciativas para traer novos servizos sociais ao Concello”.
Bueno destacou que hai escasas tres semanas o PP votou en contra de
solicitarlle á Consellería de Política Social a posta en marcha dun Punto de
Encontro Familiar na Estrada, proposta que partía do Grupo Municipal
Socialista “como todas as propostas para a área de Benestar Social”.
Nese sentido, o líder da oposición lamentou que o PP intente apropiarse do
traballo que está desenvolvendo a iniciativa privada na Estrada a través de
empresas e asociacións. López Bueno entende a visita “en clave electoral”
porque nos últimos anos “non se aumentou o apoio institucional e o
económico subiu o estritamente necesario” ás asociacións e empresas que
xestionan os servizos sociais do Concello. Destacou que os servizos de
Espazo Concilia, Atención Temperá, Escola Infantil, SAF e Centro de día “fan
un traballo impresionante cos escasos recursos que reciben do Concello e da
Xunta”, e opina que “se máis tiveran, máis traballo farían”.
Tamén considera que as visitas do pasado mércores estaban destinadas a
“apropiarse” do traballo que realiza a iniciativa privada no ámbito dos
servizos sociais, e recorda que esa iniciativa privada “é a que está asumindo
a xestión e a prestación dos Servizos Sociais no lugar do Concello e a
Concelleira de Benestar Social”.
López Bueno tamén lamentou que o alcalde “claudicara” ante a Xunta de
Galicia a propósito dunha nova residencia pública na Estrada. O líder
socialista esixirá no vindeiro pleno que o PP “inicie as xestións para
conseguila” e deixe de ser “cómplice” do modelo privatizador da Xunta. O
socialista apuntou a que “a residencia pública actual quedou moi escasa de
prazas, a nova residencia privada estará chea en poucas semanas, e A
Estrada merece máis prazas en residencias públicas”.
Considera que a posición da Estrada como cabeceira de comarca e preto de
Compostela, a demanda actual e o aumento que virá nos vindeiros anos fan
posible que coexistan dúas residencias públicas e unha privada que terían
cubertas todas as prazas. López Bueno asegurou que “está no tellado do PP.

Publicado en Portada | Deja un comentario

CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA CEIP O FOXO

Os nenos e nenas do Ceip O Foxo festexan o día de Rosalía con Lingúa de signos, en Francés en Galego con recitación de poemas da escritora Galega.

Búscate na Galeria:

Publicado en Portada | Deja un comentario

DÍA DE ROSALÍA EN A ESTRADA

 

O Concello de A Estrada coma cada ano ven de presentar na noite de onte o  vídeo de Rosalía no teatro Principal, nun acto no que alumnos de todos os colexios da vila participaron nun recital rosaliano. A homenaxe espallouse ademáis polos centros educativos da vila, onde durante a mañá se sucederon actos culturais e lúdicos en homenaxe á poeta galega na conmemoración do seu nacemento. No CEIP de Figueiroa, o cantautor Manoele de Felisa ofreceu un concerto no que mesturou os poemas musicados de Rosalía con outros do repertorio propio. Os rapaces escoitaron con coñecemento de causa o poema Nascín cando as plantas nascen, que xa traballaran nas aulas. O colexio Pérez Viondi recibiu a visita da escritora Rosalía Morlán no marco da actividade Dende Trazo ata Padrón coas Rosalías.

recibiu a visita da escritora Rosalía Morlán no marco da actividade Dende Trazo ata Padrón coas Rosalías. A autora, que será a madriña da XI Festa das Palabras, achegou aos nenos ao universo da poesía e fíxolles unha chea de agasallos cargados de significado, como unha árbore feita de follas cunha morea de palabras ou un peixe, un galo e un lagarto para os pequenos de Infantil. Mentres, no CEIP de Oca cantouse a coro No bico un cantar e no do Foxo houbo performance, rap rosaliano e recitado do poema Pra Habana en cinco linguas: galego, castelán, inglés, francés e linguaxe de signos. No IES Antón Losada a celebración foi con teatro. Oito alumnas da aula de teatro Avelaíñas, dirixida por Fran Campos, puxeron en escea a adaptación teatral de dous poemas da homenaxeada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

 A CONCELLEIROA AMALIA GOLDAR VISITA O TALLER DE ARTETERAPIA

O día 21 deste mes comezou a impartirse a actividade de arteterapia, actividade dirixida a persoas con discapacidade intelectual que organiza o Concello da Estrada durante este ano 2022. Esta actividade impartirase dende este mes de febreiro ata decembro os luns, mércores e venres en horario de 16.00 h a 19.00 h. Unha actividade que é totalmente de balde para os usuarios.

O taller desenvólvese nas instalacións de Galega das Artes, asociación encargada de desenvolver esta actividade, que consiste en facer diversos traballos de carácter artístico e educacional en moi diversas materias como lenzo, madeira, cristal, cerámica, teas etc. O que se busca é a integración e participación dos usuarios e a realización de traballos que favorezan a súa autonomía e a súa capacidade motora.

Na tarde de hoxe a concelleira Amalia Goldar visitou as intalacións e os seus usuarios.

Publicado en Portada | Deja un comentario