Aprazamento do inicio de actividades para maiores

Debido aos elevados datos que arroxa a pandemia no nosa vila, e a fin de evitar as
actividades grupais nestes momentos, o Concello acordou retrasar o inicio das
actividades para maiores, previsto para o día 10 de xaneiro, ao 1 de febreiro, se
como parece, se produce un descenso de contaxios nas vindeiras semanas.
As persoas que aínda non abonaron o importe da actividade, non terán que facelo
ata que se comunique o novo prazo desde o departamento de Servizos Sociais.
No que atingue ás persoas que xa realizaron o abono, estase estudando coa
empresa, a posibilidade de recuperar as horas do mes de xaneiro para cumprir co
calendario previsto.
Esta medida preventiva trata de evitar a concentración de grupos numerosos. Hai
que ter en conta que nalgunha parroquia o número de alumnos chega a 19, e no
centro urbano a 25. Aínda que o espazo para impartir as clases é suficiente e xa
estaba contemplado un protocolo de seguridade; este aprazamento supón un
exercicio de prudencia, buscando a seguridade e saúde dos participantes nas
actividades e do resto da poboación.

Publicado en Portada | Deja un comentario

ACTIVIDADE DE PISCINA PARA PERSOAS MAIORES

PRIMEIRA QUENDA 2022 

PRAZO DE INSCRIPCIÓN Dende o 03.01.2022 ata o 12.01.2022 (Ambos incluidos) 

REQUISITOS PARA PARTICIPAR Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos O critrerio de selección de participantes establecerase por número de rexistro de entrada 

LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE Departamento de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00 ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada 

DATAS DA ACTIVIDADE Dende o 17.01.2022 ata o 01.04.2022 

HORARIOS / GRUPOS 

  • Luns de 09:15h a 10:00h 

Luns de 16:30h a 17:15h 

Mércores de 09:15h a 10:00h 

  • Venres de 09:00h a 09:45h 
  • Venres de 09:45h a 10:30h 

NO DE ALUMNOS POR SESIÓN Mínimo 7 alumnos/sesión e máximo 12 alumnos/sesión 

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR A SOLICITUDE 

  • COPIA DO DNI 
  • CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE SE FOSE O CASO 

NOTA: A solicitude estará colgada na paxina web do Concello da Estrada. 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Manuel Pereira Valcárcel presenta o poemario Tomas falsas

O poeta estradense, afincado en Madrid, Manuel Pereira Valcárcel presentará
mañá martes, ás 20.00 h, na sala Mome da Estrada o seu novo poemario Tomas
falsas, ilustrado por Ana Cristina Lapiedra Argachal e editado por Medulia
Editorial.
O poemario é unha homenaxe á memoria cinematográfica, e emprega termos
desta arte como pretexto para reflexionar sobre a decepción, a falsidade e a
mentira. Fala de escenas que precisamos desbotar porque se corresponden con
lugares e momentos lesivos.
No evento participará, ademais do propio autor, a escritora Maite Dono. Haberá
tamén unha xeira de recitacións e unha sinatura de exemplares do libro ao remate
do acto.
A entrada será libre ata completar a capacidade da sala. Haberá redución de
localidades por motivos de prevención sanitaria.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Una vez máis o centro de saúde da estrada sen persoal sanitario suficiente en urxencias

O alcalde da Estrada pode presumir de ter un centro de saúde que queda moi ben nas fotos, mais os problemas crónicos do anterior aí seguen, e non é quen de mover un dedo para solucionalos

A Estrada ten un centro de saúde moderno e dotado da última tecnoloxía punta, mais a pesar destes adiantos, segue cos mesmos problemas crónicos co anterior, isto é, a falta de profesionais sanitarios para atender o servizo de urxencias.

Este sábado 1 de xaneiros, os veciños e veciñas da Estrada volveron a atoparse cun servizo de urxencias infradotado, e o que é peor, durante varias horas quedou sen un dos dous médicos que atenden este servizo por mor dunha urxencia.

E todo isto ocorre en plena pandemia, cos contaxios desatados no noso concello, o que provocou o colapso do servizo de urxencias, e obviamente do persoal, tanto profesionais sanitarios como administrativos.

O alcalde da Estrada pode presumir de ter un centro de saúde que queda moi ben nas fotos, mais os problemas crónicos do anterior aí seguen. O triste e preocupante é que temos un alcalde que só de preocupa das pequenas cousas, de atender os caprichos das grandes empresas, deixando de lado os grades problemas que afectan a todos os veciños e veciñas da Estrada, a empezar por un servizo público de saúde de calidade.

Aínda hoxe, e a pesar das tráxicas situacións que se viviron non hai moitos meses no PAC da Estrada, o noso alcalde non foi quen de levantar a voz contra un goberno da Xunta insensíbel, que presume de facer máis con menos, mais as consecuencias desas políticas desastrosas están aí e teñen consecuencias.

Instamos ao alcalde da Estrada a reivindicar diante do goberno do PP máis medios humanos suficientes para o centro de saúde da Estrada. Non é de recibo a pasividade do noso alcalde.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta autoriza ceder a antiga estación de autobuses o Concello de A Estrada


O departamento de Facenda emitiu informe favorable para a reversión ao Concello da Estrada da estación de autobuses e dos terreos que ocupa, cedidos en 1993 á Xunta. Supón un paso máis no proceso iniciado para converter o edificio para outros usos, sendo o principal a creación dunha Casa da Xuventude. O alcalde, José López, destacou onte que o primeiro trimestre de 2022 está marcado para pechar o convenio que permite contar con estas instalacións, da que xa partiu a empresa estradense coa segunda planta pechada. Tras o informe favorable de Facenda, agora hai que chegar á petición oficial de reposición para o acordo plenario. Será imposible dispor da documentación para a sesión ordinaria de xaneiro, trasladada ao día 13, pero López espera aprobala en febreiro e asinar despois o convenio coa Xunta. O Concello fixara unha partida de 300.000 euros no plan Edusi pero “non será suficiente e teremos que conseguir fondos doutros programas”, indicou o alcalde. s.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada contará cunha recepción estática dos Reis Magos de Oriente na Praza do Concello para todos os nenos e nenas do concello


Na Estrada, acordouse onte suspender o desfile do día 5. Si haberá unha recepción estática dos Reis Magos de Oriente na Praza do Concello mentres a situación non empeore ou haxa pautas. que impiden que se celebre. Queda por artellar como se levará a cabo.
Publicado en Portada | Deja un comentario

“Os Fabulosos Cleaners”, no Principal de A Estrada



O Teatro Principal da Estrada acolleu na mañá de onte, a partir das 12:30 horas, a representación da obra Rosalía Onte presentouse Os Fabulosos Limpadores, peza da compañía Malasombra, dirixida por Xoque Carvajal. O aforo para estes eventos é limitado, polo que se invita a solicitar as invitacións na Concellería de Cultura.
Publicado en Portada | Deja un comentario