Tras o éxito da súa primeira edición, O Son dos Arrieiros foi quen de abrirse oco entre os
finalistas dos Iberian Music Awards que se celebrarán o vindeiro 26 de marzo en Lisboa.
Compite nas categorías de ‘mellor festival’, ‘mellor novo festival’, ‘mellor festival en
interior’, ‘mellor programación cultural complementaria’ e ‘mellor contribución a
sustentabilidade’ e ‘mellor fotografía de festival’.
Os premiados están sometidos á votación popular na web do certame. O resultado darase
a coñecer o 22 de marzo. Os premios entregaranse nunha gala que terá lugar o vindeiro
26 de marzo en Lisboa.
Os Iberia Music Awards outórganse aos mellores festivais, artistas, patrocinadores e
medios de comunicación de toda a Península Ibérica, grazas aos votos do público e dun
xurado oficial.
Inclúense no marco do Talkfest, un congreso que ten por obxectivo ser o punto de
encontro de profesionais do sector para reflexionar mediante un conxunto de conferencias
e relatorios, sobre o estado da industria musical, tanto a nivel nacional como internacional
que se celebrará durante o mes de marzo en Lisboa.
O Son dos Arreiros 2021 tivo lugar o 29 e 30 de outubro na Estrada. A organización está a
traballar na súa segunda edición que comezará a presentar nos vindeiros meses.
O Son dos Arrieiros opta a seis premios nos iBERIAN MUSIC AWARDS
A Miscelánea Histórica e Cultural cumpre coa súa cita anual
O alcalde da Estrada, José López Campos, e o xerente do Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela, Juan Andrés Fernández, compareceron onte ante os medios para presentar a 24 edición da Miscelánea Histórica e Cultural da Estrada. Fiel á súa cita anual, este libro recolle doce novos artigos sobre a historia da Estrada e os seus persoeiros. Unha pequena xoia coa que seguir facendo o mosaico da historia dun pobo.
SUSPENSIÓN SAN SILVESTRE 2021
Con motivo da situación que está creando a expansión do COVID19 AEstradaDeporte, anuncia a SUSPENSIÓN da carreira de carácter lúdico non competitivo San Silvestre 2021, que estaba programada para este vindeiro venres día 31.
Esta suspensión ven motivada polo rápido incremento de casos positivos na nosa comunidade autónoma, e en particular no noso concello. A decisión tómase seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias e tendo en conta ás futuras posibles restricións para á celebración deste tipo de eventos, aínda tratándose dunha actividade ao aire libre.
Nesta situación, consideramos que é responsable esta decisión, ca que pretendemos garantir a saúde e seguridade daqueles/as que iban a participar nesta proba.
Aqueles participantes que xa tiveran formalizada a sua inscrición, poden recoller a sua camiseta e o seu agasallo de Robur no departamento de deportes no 4º andar do concello, a cambio dun kg de comida non perecedeira que, como estaba previsto, irá destinada a Cáritas Parroquial. Poderanse recoller en horario de 9 a 14 horas dende este mércores día 29 ata o mércores día 12 de xaneiro.
O sorteo dos agasallos das 5 cestas de Nadal farase entre os participantes inscritos, o luns día 3 de xaneiro, tal e como estaba sinalado no protocolo da proba, e comunicándollo polos canais habituais os gañadores.
ACTA DO XURADO DESIGNADO PARA A VIII EDICIÓN DO PREMIO DE TEXTOS TEATRAIS «VARELA BUXÁN»
Na Estrada, ás 11.30 h de decembro de 2021, na Sala de Xuntas da
Casa do Concello da Estrada, reúnense os membros do xurado para escoller o
texto gañador da VIII edición do Premio de Dramaturxia «Manuel Daniel Varela
Buxán», cos compoñentes que de seguido se relacionan:
D.a Ana Carreira Varela
D. Santiago Cortegoso Calvar
D.a Esther Carrodeguas…
Despois de ler os orixinais presentados, e de analizalos conxuntamente, o
xurado acordou, por unanimidade, conceder o VIII Premio de Textos Teatrais
Manuel Daniel Varela Buxán á obra presentada baixo o lema Entre Escila e
Caribdis . Unha vez aberta a plica, o lema correspóndese coa obra Segunda
morte de José Luis Baños de Cos.
O xurado destacou deste texto a complexidade da estrutura dramática da
peza, que articula a narración dunha historia dramática e contemporánea dun
xeito fragmentado.
A nivel temático, trata a inmigración, unha cuestión de candente actualidade,
desde diferentes puntos de vista. Ten unha poética moi particular, que
propón imaxes escénicas cheas de simbolismo, compoñendo unha metáfora
envolvente e suxestiva.
E non sendo outro o obxecto desta reunión, dáse por finalizada sendo
as 12.07 h, en lugar e data arriba indicados. Asinan comigo, todos os
asistentes ao pé da presente acta, da que eu como secretario dou fe.
Suspendese a Cabalgata de Papanoel por mor das inclemencias do tempo
*AVISO CABALGATA* 

Por mor das inclemencias do tempo *queda cancelada a cabalgata de Papá Noel* desta tarde ás 18 h.
Agardando que vos atopedes todxs moi ben aproveitamos para desexarvos unha feliz noite
As cabalgatas de Papá Noel e Reis están listas para engalanar o nadal estradense
Mañá día 24 de decembro, data sinalada na que Papá Noel percorre os fogares estradenses, terá lugar a tradicional Cabalgata de Papá Noel, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
Este ano, por mor da situación sanitaria, os nenos e nenas non poderán acompañar a Papá Noel e ás maxestades dos Reis Magos nas súas carrozas, aínda que si poderán deixar as súas peticións na caixa de correo situada na porta do Concello.
As cabalgatas partirán ás 18.00 h. No tocante á de Papá Noel o percorrido que seguirá será o seguinte: Centro de Saúde, Rúa Varela Buxán, Avda Fernando Conde, Rúa Ulla, Calvo Sotelo e Rúa Serafín Pazo, ata Avda Benito Vigo en dirección, novamente ao Centro de Saúde. Recoméndaselles aos asistentes que se estendan ao longo do percorrido, evitando as típicas aglomeracións entre a Porta do Sol e a Praza de Galicia. O percorrido da cabalgata dos Reis comunicarase nos vindeiros días.
O Concello tratará de manter en pé as actividades programadas para o Nadal, activando os protocolos necesarios para poder levalas a cabo dun xeito seguro. En todo caso, prégalles a nenos e maiores, que gocen das festas de nadal con sentidiño.
O MEU AGASALLO ES TI
Esta mañá na rolda de prensa a concelleira Amalia Goldar presenta en sociedade un
vídeo clip. Pero non é un vídeo clip calquera, senón a canción do nadal na
nosa vila. Unha canción composta polo grupo estradense PLAN SIBERIA co
que o Concello quere felicitarlle o nadal a toda a veciñanza.
Titulada O MEU AGASALLO ES TI, a canción é un rock and roll, cunha
mensaxe ben optimista nestes tempos de incertidume. É un tema que
reivindica o feito de desfrutar do nadal ao lado dos nosos, con familia e
amigos, sen ter que meternos necesariamente nesa voráxine consumista que
rodea estas festas. Por outra banda, trata de lanzar unha mensaxe de
esperanza nestes tempos onde a crise sanitaria está a golpear tan duro á
nosa sociedade.
Esta canción será a banda sonora de todas as actividades programadas polo
Concello durante o nadal e poderá escoitarse en todas as terminais
mediáticas e redes sociais do Concello. A inauguración será hoxe ás 21.00 h
na canle de youtube do Concello da Estrada.
Sabemos que non é máis ca un pequeno agasallo simbólico, pero creo que
hoxe, máis ca nunca os responsables públicos debemos lanzar unha
mensaxe de esperanza aos nosos veciños e veciñas. E se é través dun
artista estradense e dunha mensaxe tan motivadora, mellor aínda.
Dicir, por outra banda, que xa están a disposición do público, as entradas do
festival infantil de nadal Colorín Colorado que empezará o vindeiro luns ás
12.30 h coa adaptación ao teatro da obra da Vendedora de fósforos, feita por
Caramuxo Teatro.
Como medida de seguridade, o Teatro rebaixará as butacas dispoñibles ao
40% da súa capacidade. As entradas poderán recollerse no departamento de
Cultura ou no propio portelo do Teatro. A programación está subida en todas
as plataformas do Concello.
Nada máis. Remato xa, felicitando a Gabriel Blanco e a Plan Siberia por esta
canción. Motivos laborais impediron que puidesen achegarse a presentala a
esta rolda de prensa. Agardemos que teñamos oportunidade, no vindeiro, de
escoitarlla tocar en directo nalgún concerto na vila.
Agradecerlles tamén ao profesorado e alumnado do CEIP Pérez Viondi a súa
colaboración no vídeo clip e tamén ao realizador estradense Lucas Terceiro a
realización do vídeo. A Estrada é un centro aglutinador de talento e
compromiso cidadá.
Boas festas a todos e feliz ano 2022.










































