A nova rotonda da N-640 para dar acceso ao Mercadona converterá esta estrada nun funil

Pedimos ao alcalde que dea un trato preferencial ás demandas das veciñas e dos veciños, no canto de mimar e mirar polos intereses dunha grande empresa privada.

 

Para que se instale na Estrada unha nova área comercial todo son facilidades, só hai que ver a rotonda que facilitará os desprazamentos ao Mercadona. Porén os veciños e veciñas de Guimarei, Cereixo e Vinseiro terán que seguir agardando pola mellora do acceso á EP-7016, desde a N-640, preto das Colonias.

A alfombra vermella que se lle estende desde o goberno municipal a está área comercial contrasta co abandono desta parte do concello, a pesar das demandas veciñais e do acordo unánime do pleno aprobando para mellorar este acceso. De feito, o alcalde mantivo en 2018 -diso xa hai tres anos – con responsábeis da Deputación onde se tratou este asunto, mais desde aquela nada se soubo.

Pedimos ao alcalde que dea un trato preferencial ás demandas das veciñas e dos veciños, no canto de mimar e mirar polos intereses dunha grande empresa privada.

Unha rotonda pequena que dará problemas

Desde o BNG entendemos que a rotonda recentemente construída na N-640 ten un ancho escaso, especialmente para os vehículos pensados (camións e autobuses). De feito, xa se poden ver as rodeiras por enriba das marxes da rotonda, o que demostra que é unha tramo difícil de manobrar para uns vehículos destas dimensións.
Por outra parte, vemos tamén que esta rotonda converterá a N-640 nun funil en canto o Mercadona entre en funcionamento, así como se ocupen as vivendas da urbanización que leva aparellada esta área comercial. Así, se xa é complicado atravesar un casco urbano con 17 pasos de peóns e 9 semáforos, agora engadímoslle unha rotonda funil, que converterá nunha odisea atravesar o casco urbano.

Se xa é importante termos unha Variante para desconxestionar o centro urbano, en canto entre en funcionamento o Mercadona e as vivendas converterase nunha necesidade imprescindíbel. Porén o goberno municipal do PP non amosa maior interese en dotar o noso concello dunha variante que desde o BNG consideramos clave para o desenvolvemento social e económico do noso concello.

Instamos ao alcalde a anticiparse aos problemas e liderar esta demanda histórica do noso concello. É polo ben dos veciños e veciñas da Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE REXISTRA UNHA MOCIÓN PARA QUE A ESTRADA CONTE CUN PUNTO DE ENCONTRO FAMILIAR NO ANO 2022

O PSOE local rexistrou na tarde de onte unha moción
para solicitarlle á Xunta de Galicia a posta en marcha dun Punto de
Encontro Familiar no Concello da Estrada. O voceiro socialista, Luis López
Bueno, entende que é un servizo “absolutamente necesario” e que “non ten
ningún sentido que pais e nais estradenses deban desprazarse a Pontevedra
para este servizo”.
O líder socialista entende que A Estrada é un Concello cabeceira de comarca
onde a carteira de servizos sociais dos que gozan os veciños e veciñas moi
escasa. Tamén valora que o grupo de goberno xa demostrou a súa pouca
preocupación por mellorar a cobertura dos escasos programas existentes e por
procurar novos servizos. É máis, A Estrada ten cifras de gasto en Servizos
Sociais moi por baixo da media autonómica, (160,53 € por veciño en Galicia,
136 na Estrada).
O voceiro tamén remarcou que A Estrada xa vai tarde nesta reclamación á
Xunta de Galicia. “Non ten ningunha boa explicación que este servizo
unicamente estea operativo nas sete cidades galegas”, indicou. Ademais
explicou que se a Xunta realmente quere combater o despoboamento dos
Concellos do interior, debe promover servizos públicos de calidade neles. Nese
sentido, xustificou a radicación do Punto de Encontro na Estrada para atender
a demanda existente na Estrada pero tamén nos concellos limítrofes “que
teñen ao noso concello como referencia”.
Tamén instou ao goberno a “traballar” para subir canto antes esta proposta ao
Pleno. “Veremos se o PP ten ganas de traballar ou tardará meses en subir o
asunto ao pleno, como adoite facer”. López Bueno considera que “unha
proposta coma esta debería ser atendida” e advertiu ao PP de que “votar en
contra non é unha opción”.
López Bueno destacou que as únicas iniciativas en servizos sociais postas en
marcha durante este mandato proveñen de propostas do Grupo Municipal
Socialista. Os mellores exemplos son a gratuidade para segundos fillos e
sucesivos na Escola Infantil Municipal e a implantación dun Centro de Atención
Temperá, dúas cuestións que o PP tan sequera detectara. O socialista
considera que é unha cuestión gravísima, xa que a área de Benestar Social
conta cunha Concelleira que percibe nin máis nin menos que 30.000 euros ao
ano para detectar e dirixir este tipo de iniciativas, e apunta que incluso se
perderon milleiros de euros de financiamento para estes servizos en
expedientes que levou “persoalmente” Amalia Goldar.

A pesar da nefasta xestión do PP o certo é que os veciños e veciñas da
Estrada merecen contar cunha oferta de servizos sociais promovidos polo
Concello moito máis ampla ca a actual. Ademais, a despreocupación e a
incapacidade demostradas polo PP nesta área de goberno provocan que a
maioría destes servizos estean prestándose en instalacións pouco axeitadas ás
necesidades, como é o edificio do Novo Mercado ou o piso cedido ao Concello
na Rúa Benito Vigo.
A falta de espazos para a instalación de novos servizos é un problema a
resolver, onde o Grupo Municipal Socialista volveu atinar coa resposta. Cómpre
restaurar o vello centro de saúde e habilitalo como un Centro Integral de
Atención Social, onde se centralicen nunhas instalacións axeitadas os poucos
programas que ofrece o Concello, e outros que se poderían engadir no futuro.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada celebrará o seu Mercadiño de Nadal os días 22,24,29 e 31 de Decembro

El Concello de A Estrada celebrará Mercadiños de Nadal para fomentar las compras

tanto del comercio local como de la Praza da Abastos, donde se

ubicarán los puestos participantes.

Así, los productores locales se sumarán a los que ya están

normalmente en la Praza.

El Mercadiño se celebrará los días 22, 24, 29 y 31 de diciembre.

En el primer turno, 22 y 24, participarán Pico Lacañedo, Maruxío

Terra e Sal, Rabiosa, Crea con ADVA, Asociación Olivar,

Capixuta y Centro Medelo; y el segundo, que será los días 29 y

31 de este mes, estarán Biofruit,

Peroja, Creando con Tania, Asociación Olivar y Maruxío Terra

e Sal.

Asimismo, dentro de las actividades que se organizarán alrededor de estos Mercadiños

habrá degustaciones tanto mañana, coincidiendo con la feria

de los miércoles, como el día 29.

Además, acompañarán a estos eventos actuaciones musicales.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A pista de xeo de A Estrada recibe en dous días 200 persoas



Os veciños da Estrada tamén dispoñen do atractivo espazo para patinar, nun espazo de 300 metros poderán descargarse no seu interior 30 persoas, indicando ao encargado de vixiar que todo vai ben sobre o xeo e non se produce ningún incidente. Outras vinte persoas poderán estar fóra da pista, sempre tendo en conta os límites restritivos contra o COVID-19. Aínda que comentan que as actividades de patinaxe seguen bastante relaxadas en horario de mañá, ao redor do mediodía comezan a chegar visitantes para gozar do espazo habilitado. Dende a súa inauguración o pasado domingo, a carpa da Estrada contou coa presenza de entre 150 e 200 persoas. É imprescindible levar luvas, máscara e roupa propia para cubrirse do frío dentro da zona de patinaxe. Nos arredores do lugar tamén se manterán as medidas cautelares. Está previsto que a partir do mércores aumente a afluencia de visitantes á Estrada, coas vacacións escolares. Actividades de Nadal na Estrada Os veciños e turistas da Estrada poderán gozar dunha programación de luxo para estas datas de decembro. O día 23 a música apodera da Estrada no concerto do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. O día 24 ás 18.00 horas pasará o Desfile de Papá Noel, onde se espera que os máis pequenos disfruten ao grande; para o 27 de decembro, a animación sairá á rúa polo Apalpador ás 11.00 horas. horas, e no Teatro Principal presentarase a obra “A nena que vivía nunha caixa de mistos” (Caramuxo Teatro). O día 28 ás 12.30 horas presentarase “Os fabulosos cleaners” (Teatro Malasombra), o día 29 “Rosalía”, o día 30 “Ris Ras, tamén ás 12.30 horas. O día 31 terá lugar a popular Carreira de San Silvestre ás 17:00 horas nas Rúas de Vila. Para pechar o calendario de actividades, o 5 de xaneiro a Cabalgata de Reis .
Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA LICITA A REDACCIÓN DO PROXECTO DO NOVO EDIFICIO XUDICIAL NA ESTRADA

  • A Plataforma de Contratos da Xunta publica hoxe o anuncio de contratación da redacción do proxecto básico e de execución, por un importe duns 77.200 euros
  • As empresas interesadas teñen de prazo ata o 3 de xaneiro para presentar as súas ofertas
  • O novo inmoble permitirá reorganizar nun só edificio os dous órganos xudiciais existentes actualmente en sedes diferentes
  • Contará cunha superficie de 1.817 metros cadrados e dúas plantas, unha para os espazos públicos e outra para os xulgados, ademais dun soto para os arquivos
  • O orzamento previsto para levar a cabo a obra ascende a 2,4M€

 

A Xunta vén de publicar na Plataforma de Contratos de Galicia a licitación do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución das obras  de construción do novo edificio xudicial de A Estrada, incluíndo o estudo de seguridade e saúde, por un importe de 77.234 euros. 

A execución desta obra permitirá reorganizar os dous órganos xudiciais existentes en sedes diferentes na Avenida Benito Vigo -os xulgados de Primeira Instancia e Instrución nº1 e nº2- nun único inmoble na parcela A Baiuca cedida polo concello na Avenida da Torre. O edificio contará ademais con espazo suficiente para posibles ampliacións futuras.

As empresas interesadas en acometer esta actuación poden presentar as súas ofertas ata o día 3 de xaneiro de 2022.

A contratación inclúe a redacción do proxecto básico para definir os aspectos fundamentais de obra -funcionais, formais, construtivos e económicos-, xunto co proxecto de execución que definirá os materiais, elementos, sistemas construtivos e equipos necesarios para levar a cabo o proxecto básico. O prazo para elaborar ambos proxectos será de 8 semanas desde a sinatura do contrato.

Con esta licitación dáse continuidade aos avances realizados neste ano coa contratación do anteproxecto das obras, que foi entregado o pasado outubro.

O anteproxecto recolle as liñas xerais da obra cunha parcela cedida polo concello na que se levantará un edificio de 1.817 metros cadrados con dúas plantas, unha baixa para os espazos públicos  e unha primeira planta destinada aos espazos para os xulgados, ademais dun soto para arquivos.

O edificio albergará os xulgados nº 1 e nº2 de Primeira Instancia e Instrución, tres salas de vistas, así como espazos para outros servizos xudiciais e organismos como decanato, sala de videoconferencias e de informática, sala de atención ás vítimas, rexistro civil, despacho e sala de espera para o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), despacho para a Fiscalía e unha área para os profesionais da avogacía, procuradores e graduados sociais.

Neste novo espazo traballarán 18 profesionais: 2 xuíces, 2 letrados da Administración de Xustiza, 12 funcionarios e 2 axentes de seguridade.

O orzamento previsto para a execución da obra ascende a 2,4 millóns de euros, dos que 1,4 millóns se reservan para a anualidade de 2022 e o millón restante en 2023.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Camiño Circular recolle e dictamina as obras do alumnado estradense que participou na segunda edición do concurso A Estrada Creativa – Eu como con ollo, e ti?

Estudantes dos Ceip do Foxo, Cabada Vázquez, Villar Paramá e Figueroa participaron nalgunha das modalidades do concurso posto en marcha pola cooperativa de economia social, creada o pasado ano por tres mulleres.

O concurso titulado A Estrada Creativa – Eu como con ollo, e ti?  ten como obxectivo facer reflexionar a través das artes sobre hábitos de consumo e alimentación saudables, responsables e sostibles.

Xa na súa primeira edición o concurso foi un éxito, tanto pola calidade dos traballos como polo alta participación, e na segunda edición plantexaba como novidade contextualizar a produción local poñendo de relevo o patrimonio local.

O Xurado do concurso abarcou expertas nas catro modalidades de participación que se formularon: debuxo, música, poesia e relato. Concretamente, forman parte deste xurado:

Mercedes Brea, professora, investigadora e escritora estradense. Catedrática de filoloxía românica da USC. É unha das máis destacadas investigadoras sobre a lírica medieval galega.

Héitor Picallo, é un escritor e ilustrador galego, coñecido tamén cos pseudónimos de «Carrapucho» e «K-Rapucho».

Lorenzo Chedas: Xornalista e profesor de música.

Sindo Vilamayor: poeta estradense

Equipo de Camiño Circular: Laura Tojeiro, Lara Blanco e Mar Blanco.

A reunión do Xurado para dictaminar as obras do alumnado estradense tivo lugar na xornada de onte.

“Sorpréndenos gratamente o ben que os e as rapazas desde infantil ata 6º de primaria entenderon o obxectivo do Concurso”.

“Conseguiron plasmar nas suas obras a importancia de valorar o Rural como fonte de producción de alimentos sans e sostibles, así como a necesidade de priorizar o consumo de proximidade e incluso exaltaron os valores de cooperación, responsabilidade, esforzo e ilusión que se pretende transmitir con esta iniciativa”. Ademáis neste edición resaltaron nas súas creacións o patrimonio local e a importancia de poñelo en valor. 

En definitiva, o resultado das obras entregadas polos diferentes Centros de Ensino da Estrada é para nós unha autentica sorpresa que nos enche de felicidade ao ver que os valores que queremos transmitir desde o noso traballo están reflexado nas creacións dos mais cativos do noso Concello.

Cada creación é o mellor agasallo que poderíamos recibir”, recoñecen dende Camiño Circular. E coma tal faremos unha publicación en formato impreso e dixital onde se recolleran as obras co fin de visibilizar o patrimonio local desde os ollos dos escolares estradenses.

 

Listado de gañadores:

Modalidade Debuxo:

6º curso:

Sainza Vidueiros fuentes do Ceip Cabada Vázquez

5º curso:

Carla Folgar Abelleiro do Ceip Cabada Vázquez.

Sara Garrido Gorís do Ceip de Figueroa.

4º curso:

Luján Otero Calvelo do Villar Paramá

3º Curso:

Enzo Mogo Figueiras do Ceif do Foxo.

1ºCurso:

Ares Pego Barreiro do Manuel Villar Paramá.

6º de infantil:

Hugo Lorenzo Aller do Manuel Villar Paramá.

5º de infantil:

Martín Pardal Carballeda do Manuel Villar Panamá.

4º de infantil:

Do colexio Manuel Villar Paramá:

Álex Gerrero Santos

Manuel López Sobrino

Marcos Guimarey García

Sofía Berdullas Gómez

 

Modalidade Poesía:

6º curso:

Carme Ferro Matalobos do Colexío de Figueroa.

5º curso:

Brais Guerra Baños do colexio Villar Paramá.

4º Curso:

Alumnas e alunos de EP do CEIP do Foxo co poema Monte Cabalar: Seixo Camino Neira, Zaira Filoy Agra, Brais Montoto Couto, Adrián Sieiro Piso.

2º curso:

Manuel Valencia Alonso do Villar Panamá

Modalidade Relato:

6º curso:

Saúl Otero Calvelo do Ceip Villar Panamá

5º curso:

Rosalía Mazás Sebio do colexio Villar Paramá

Modalidade Música:

6º curso:

Colexio do Foxo: VEN E DESFRUTA

5º curso:

Colexio do Foxo: SE QUERES…..PODES

Publicado en Portada | Deja un comentario

Mañá terá lugar a presentación do poemario de Charo Golmar Nobelo de luz

Mañá xoves, ás 20.00 h, no Teatro Principal, terá lugar o acto de presentación do poemario Nobelo de luz da poeta lalinense Charo Golmar, un acto que tivo que ser aprazado no seu día pola pandemia e que mañá por fin verá a luz.

 

A obra, publicada por Edicións Fervenza, é un emotivo poemario que se nutre da experiencia persoal da escritora como docente e pretende concienciar á sociedade da importancia da comprensión a través da figura dun neno especial que ten dificultades para expresarse e ser comprendido.

 

O acto contará coa presenza, ademais da autora, do prologuista do libro Xosé Luna, o profesor e lingüista Carlos Loureiro, a ilustradora Amalia López, o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García e o concelleiro agregado a Cultura Gonzalo Louzao. 

Publicado en Portada | Deja un comentario