Comando teatro aterriza no Principal Estradese

A compañía Matrioska Teatro ven de presentar hoxe, en rolda de prensa, a súa última creación escénica Co-
mando Comadres, dirixida por Gena Baamonde e interpretada por Anabell Gago, Chelo do Rejo e María

Ángeles Iglesias. Unha peza teatral en femenino plural necesaria e reivindicativa que verá a luz este vindeiro
domingo, 31 de outubro ás 19.00 horas no Teatro Principal da Estrada.
Na presentación ós medios acompañou á equipa artística a concelleira de Educación e Igualdade, Amalia
Goldar, quen agradeceu o feito de que Matrioshka Teatro escolla A Estrada e o seu Teatro Principal para a
estrea de Comando Comadres e que ven a ser a peza escénica que inaugure un ciclo teatral coa MULLER
coma protagonistas durante o mes de novembro.
Matrioshka Teatro da un paso más no seu compromiso escénico coma mulleres creadoras con COMANDO
COMADRES destacando a necesidade de levar á escena unha homenaxe a tódalas heroínas de a diario, ás
mulleres invisibilizadas, á historia oculta do noso pasado.
Comando Comadres abre o seu círculo da man desas mulleres libres, sabias e feministas das que nunca
deixamos de aprender. A compañia, continúa así a senda daquelas que loitaron de todas as formas posibles
na busca da visibilización dunha historia compartida e continuada no tempo.

A peza busca, camiñar polas fendas que as Comadres foron quen de construir e mostrar modelos de mulle-
res diversas que poidan deixar de ser sempre amables, conformistas.

“Queremos falar cando nos pete, respirar, bailar, berrar e rir a cachón”
Comando Comadres conta, a través do humor, coma un grupo de Artivistas organizadas por Comandos

ataca as múltiples manifestacións da violencia sexista, e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensa-
mento hexemónico actual.

Son pequenos grupos de mulleres preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións
no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión.
Mediante estratexias impredecibles e irreverentes van creando unha rede de Comandos Comadres a nivel
mundial centrada na importancia da igualdade de dereitos e deberes sociais entre ambos xéneros tanto no
ámbito público coma no privado, no coidado dos ecosistemas naturais e sociais.

Comando
Comadres

é un espectáculo necesario na escena galega actual que busca e afonda na visibilización de modelos de
mulleres que se consideraron á marxe das estruturas sociais e dos ditados impostos e que pasaron á historia
cargadas cun halo de malditismo e reprobación. Busca e visibiliza algunhas historias de mulleres que moitas
veces eran castigadas unicamente polo seu xeito de vivir libertario, polo seu poder económico ou pola súa
sabedoría.
Neste proxecto Matrioshka Teatro tamén quere dar relevancia ao coidado do mundo que a través dunha
óptica ecofeminista. Incidir nunha relectura das mulleres como meigas portadoras dos saberes que sandan
da natureza e do respecto polo medio ambiente, relegadas durante séculos da medicina e da ciencia oficial
baixo unha lectura despectiva.
O ecofeminismo nace da man de numerosas activistas que recollen os discursos de coidados do noso
entorno dende unha óptica feminista. Unha loita por un consumo consciente, sostible que segue a senda
do decrecemento, atacando de cheo a mentira dun modelo de estado do benestar enchido de capitalismo
salvaxe, heteropatriarcal, poderoso e ubicuo que se cimenta nun crecemento continuo e desaforado.

Todo isto toma maior sentido no contexto actual, ante un quecemento global que pide a berros unha ne-
cesaria transición ecolóxica ante a ameaza da destrución do noso entorno. Cremos, por tanto, necesaria a

transmisión do coidado polo medio ambiente e polas contornas naturais dos que en Galicia temos sobradas
mostras de elevado interese apreciadas tanto na nosa terra como no exterior o que axudaría a comunicar
valores de respecto medioambiental e turismo respectuoso e sostible.
Comando comadres busca, nesta liña, dar relevancia tamén aos corpos, poñer a vida no centro. “Somos
mulleres diversas, somos señoras que non queremos desaparecer da escena porque non teñamos a idade
que se considera axeitada, porque non teñamos o corpo debido, porque non nos queiramos construír dentro

dun canon de beleza imposto. E queremos facelo utilizando a gargallada como arma arroxadiza para en-
cher os ouvidos de risas salvaxes, para ensinar unha diversidade corporal orgullosa, que se divirte bailando,

xogando e imaxinando”.

Historia da Compañía
-Matrioshka Teatro nace a lume lento, da man de 3 mulleres, Anabell Gago, Chelo do Rejo e Lorena Conde
que buscamos facer un teatro de creación, poñer en escena o que a nós, nos gustaría ver

-Matrioshka Teatro somos de onde vimos, alimentámonos do legado das xeracións que foron antes. Repou-
samos o vivido e tratamos de compartir coas que están e coas que virán. Somos teatro de partillar e coidar.

Mulleres que abrazan, mulleres que acubillan e que fomos acubilladas por outras
– Apostamos por camiños intermedios, por linguaxes misturadas que transiten neses lugares de intersección,
de recollida e cruzamento entre o teatro máis clásico e o contemporáneo.
-Cremos nun teatro onde as intérpretes estean no centro da creación, apostamos polas dramaturxias a pé
de escena, sen deixar de lado unha estética coidada, a frescura e a naturalidade nun diálogo aberto sempre
co público.

Ficha Artística de Comando Comadres:
• Interpretación: Chelo do Rejo, Ma Ángeles Iglesias e Anabell Gago
• Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde
• Autoría do texto orixinal: Gena Baamonde, Ma Ángeles Iglesias, e Matrioshka Teatro (Chelo
do Rejo, Lorena Conde e Anabell Gago)
• Manifesto Comando Mazá: Ana Cabaleiro
• Música orixinal: Mónica de Nut
• Deseño de vestiario: Gena Baamonde
• Xastrería: Bety de Chimpos S.L.
• Deseño espazo escénico e atrezzo: Gena Baamonde
• Carpintería: Ángel Otero
• Deseño de iluminación e dirección técnica: Octavio Mas
• Deseño de caracterización: Trini F. Silva
• Fotógrafía: Inés Salvado
• Deseño cartaz: Lorena Conde
• Deseño gráfico: Alba Aller de O Copión
• Comunicación: Belém Brandido
• Deseño web e RRSS: Terrum Social
• Produción: Matrioshka Teatro e Artefeito Producións S.C.G.
• Distribución: Matrioshka Teatro
•
Agradecementos: Comando Mazá, Mulleres Transgredindo, Comando Gordix, Mujeres de Artes Tomar,
Motos Marque, Andrea Quintana, Ana Seoane, Manuel Cabaleiro, …

EQUIPA

DIRECCIÓN:
GENA BAAMONDE

Creadora, directora, investigadora e intérprete cunha ampla traxectoria artística no eido da práctica escéni-
ca e a creación contemporánea.

Interesada nas prácticas artísticas bastardas e nos cuestionamentos da tríada sexo-xénero-sexualidade que
atravesan os corpos. Formada en artes escénicas, movemento e dramaturxia, así mesmo ten formación en
igualdade, xénero e diversidade sexual.

Vén de defender a súa tese de doutoramento, Sexualidades Des-Xeneradas na práctica escénica contempo-
ránea.

Entre os seus últimos proxectos escénicos, destaca a dramaturxia e dirección do espectáculo Elisa e Marcela
para A Panadaría Teatro, traballo que recibiu, entre outros, o Premio María Casares á Mellor Dirección e
Mellor Texto Orixinal, o Premio Luísa Villalta de Igualdade e o XIV Premio LGBT do colectivo ALAS. Dirixiu o
espectáculo Neorretranca e Posmorriña para o Centro Dramático Galego.
Xunto a Andrea Quintana crea o colectivo artístico VACAburra. co que crean as pezas O raro é que bailar

sexa raro, Metodoloxías Carroñeras para corpos invertidos e Festina Lente en coprodución co Centro Co-
reográfico Galego.

ACTRIZ-CREADORA:
ANABELL GAGO
– Premio de teatro MARÍA CASARES 2006 á mellor actriz
protagonista por Tío Vania
– Premio de teatro MARÍA CASARES 2007 á mellor actriz
secundaria por Carambola
-Premio EIS CARBALLEIRA FICCIÓNS á mellor actriz pola
curta Sen tempo
Anabell Gago conta cunha longa experiencia na escena
teatral. Descobre a súa vocación no ano 1984 e convértea
na súa profesión dende 1994 cando entrou a formar parte

do elenco estable de Teatro do Aquí, no que traballou du-
rante seis anos consecutivos dirixida por Roberto Vidal Bo-
laño. Nese mesmo ano inicia a súa formación profesional

na escola Espacio Aberto, e continúa a súa formación e
entrenamento en diversos cursos e seminarios con mestres/
as de grande prestixio nacional e internacional ata hoxe
en día.

Traballou como actriz en máis de 35 espectáculos profesionais (xa xustificados ante Agadic) en varias mon-
taxes das compañías A Factoría Teatro, A artística, Berrobambán; e en moitas otras de xeito puntual, como

con Lagarta-lagarta, El perro azul, A contrabutaca, Alalá producións, Disque Danza, Eme2 producións, etc.
Tamén participa nalgunhas performances coa compañia Nut, ou o grupo de creadoras María&Roja, así

como en dúas edicións do programa “6X6: punto de encontro” no Verbum, e no Marco de Vigo, organiza-
dos por A Producións Artísticas.

No CDG traballou como actriz protagonista en Noite de Reis, e como principal en Martes de Carnaval (polo

que foi nomeada ós premios María Casares 2018), ademais de en Neorretranca & Postmorriña, e Tarará-
Chispúm.

Formou parte do equipo de Voadora dirixido por Marta Pazos nos espectáculos Super 8 e Tokyo 3. En 2013
conforma a agrupación de creadoras escénicas “Matrioshka Teatro” que a día de hoxe produciu con éxito
3 espectáculos: C’est la vie”, “Manawee” (polo que foi nomeada como mellor actriz secundaria ós premios
María Casares 2016), e “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”.
Tamén traballou como actriz principal durante 3 tempadas da serie “Rías Baixas” posteriormente renomeada
como “Gondar”, e como actriz secundaria en episódicos de “Terras de Miranda” e “ A Escoba”.

ACTRIZ-CREADORA :
CHELO DO REJO

Chelo do Rejo Fórmase na Escola Municipal de Artes Escé-
nicas de A Estrada cos mestres Artur Trillo, Pepe Penabade,

e Anabell Gago.
Tamén ten cursado varios obradoiros de interpretación,
narración oral ou expresión corporal con Cándido Pazó,

Carlos C.Vizcaínho, Manolo Lourenzo, Santiago Fernán-
dez, e Cristina Domínguez.

Ten traballado no teatro con directores coma Xosé Luei-
ro, Celso Parada, Arthur Trillo, Pepe Penabade, Anabell

Gago, Toño Pena, e Santi Cortegoso en proxectos como

“Ensalada de Mosquito”, “Homes”, “Un morto moi vi-
vo”,“O último Chimpín”, “Razóns de peso” , “Xenitais”, “Xamón Xamón” e “Contiños da terra”

No 2017 interpreta ó personaxe do Merlo Vello no espectáculo “Voa” versión que escribe Ana Carreira de
O espantallo amigo, en homenaxe Xosé Neira Vilas dirixido por Xosé Lueiro coa colaboración do grupo de
coros e danzas Texetequéldere.
Creadora da compañía “Pinguela Teatro”
Crea, dirixe e interpreta o monónogo “I+D+50”
Participou como colaboradora en varios programas da TVG como Land Rober, A Solaina, Luar, Tourilandia,
e actualmente (2020) participa no programa A Revista.
Formar parte de Matrioshka Teatro onde co-creou e actuou como actriz principal en “C’est la vie” dirixida

por Marta Pazos, “Manawee” dirixida por Uxía P. Vaello, e
“Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos” dirixida por Gena Baamonde.
Actuou na longametraxe “Un cuento para Olivia” de Manane Rodríguez e nas curtametraxes “Entredentes”
dirixida por Roi Ovidio Pérez, “A Raíña do Marmelo” da produtoa CTV, e “Menta y Chocolate “ de Toño
Pena, (única curtametraxe española seleccionada para o festival de Bayona – Francia) .

ACTRIZ- CREADORA:
MARÍA ÁNGELES IGLESIAS
De pai galego emigrado, nace en Buenos Aires,
Arxentina, onde se formou como actriz primeiro na

Escola de Teatro do Centro Galicia de Buenos Aires-
Prof. Fernando Naval) e logo xa dun xeito máis pro-
fesional na Escola de Teatro de Augusto Fernandes

téndoo a el como mestre ademáis doutros da altura
de Fernando Piernas e Susana Pampín, (1998-2001
inclusive).
Tamén iniciou estudos de Pedagoxía Teatral no IUNA
(Instituto Universitario Nacional de Artes 2001-
2005).Aínda que esta carreira quedou inconclusa,
chegou cursar con moi boas calificacións materias

tales como: actuación, educación vocal, adestra-
mento corporal, xogos teatrais, metodoloxía da ac-
tuación, metodoloxía da práctica escénica, maquillaxe e caracterización, entre outras.

Logo, continuou a súa formación tomando cursos de actuación con mestres de distintas escolas como Elsa
Berenguer, Ricardo Bartis (2006), Carlos Ianni (2007-Celcit), Clodet (Teatro e
ritualidad, Celcit 2009) e Óscar Pachecho (Teatro de imágen), entre outros.
Alí tamén participou en curtametraxes e desenvolveu a maior parte dos seus espectáculos;
estudou distintas danzas, expresión corporal (Prof. Susana Goñi), tango, bailes tradicionais de
España e Galicia (Prof. Luisa Pericet) e canto.

Desde xullo de 2009 vive en Santiago de Compostela, onde desenvolve a súa carreira como actriz e dra-
maturga.

En decembro do 2016 estreou “Un lugar chamado mundo” (musical infantil), xunto a Tato López, autor das
músicas e cancións. Esta é a terceira obra de “Verdeveras Expresions Artísticas” que fundou no 2010.
En febreiro 2014 estreou no Salón Teatro de Santiago de Compostela o seu unipersonal
“Desalmad@s” baixo a dirección de Carlos Neira.
“Tacóns na Corda”, primeira obra á que deu forma en Galicia percorre desde 2011 os distintos
escenarios da comunidade interpretando con moi boa recepción do público 3 personaxes
diferentes. (Máis info: www.verdeveras.blogspot.com)
E no ano 2020 en coproducción co CDG estrea no salón teatro o espectáculo da súa autoría, interpretación
e dirección “Crónica dunha heterosexual insatisfeita”

Ademais de traballar nos espectáculos antes mencionados, no ano 2015 realizou, xunto a Gabriela Gon-
zález López a performance “Danzas do día a día” na exposición “Esculturas do día a día” de Soledad

Penalta (Galería Bus Station Space- Compostela) e participou no programa “Amor na Rede” (Adiviña Pro-
ducións-cap.10)

No 2013 formou parte da mostra “Catro monólogos e unha foto de familia” coa peza “A soas con Marilyn”,
e desenvolveu xunto á actriz Lina Perez o proxecto “Reconvertindo Espazos”, que propón teatro en espazos
non convencionais para repensar algunhas cuestións de xénero
(2013/14) .
Durante o 2011 tamén protagonizou xunto a Anxo Tirado a obra para nenos “Bom e Villa” escrita por Marìa
Inés Cuadrado, con música orixinal de Nani García (Compañía Teatrovador de A Coruña).

ESPAZO SONORO:
MÓNICA DE NUT
(MÓNICA IGLESIAS RODRIGUEZ )
Cantante de ópera, jazz, música contemporánea e
música galega de raíz.
Diplomada en Pedagoxía Musical pola Universidade
de Vigo, a súa cidade natal. Licenciada pola Escola
Superior de Canto de Madrid. Foi premiada polo
Festival Internacional de Arte de Sapporo, Xapón
2014, pola interpretación da obra do compositor
Karolis Biveinis Voicing (III parte), pola que recibiron
un Silver Award da man de Ryuichi Sakamoto. No

2015 foi finalista do María Casares de Teatro á me-
llor música escénica pola obra Kassa da cía. Elefan-
te Elegante, e no 2016 foi gañadora desta categoría

pola música da obra Manawee da cía. Matrioshka Teatro.
Compaxina a docencia coa composición musical, e proxectos musicais como cantante e teclista, ademais
de traballos como actriz no eido audiovisual e teatral .
Dende moi nova estuda música e piano e licénciase na especialidade de canto lírico na Escola Superior de
Canto de Madrid.
Asiste a clases de canto tradicional na Etrad de Vigo e a cursos intensivos con Mercedes Peón.
Toma clases de canto e improvisación na escola de jazz Estudio de Santiago de Compostela e no Seminario
Permanente de Jazz SPJ.
Actúa en diversas montaxes teatro-musicais, e performances como as óperas Orfeo ed Euridice, e Pomme
D’Api organizadas para a Escola Superior de Canto de Madrid dirixida polo escenógrafo e director Gregorio
Esteban.
Destaca a súa interpretación de Jenny en A Ópera dos Tres Reás como cantante e actriz, producida polo
CDG (Centro Dramático Galego), dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por Luis Tosar, obra coa que
xirou por toda a península.
Tamén actuou como cantante e actriz en Barbazul; Opereta para Clown e Soprano, onde interpretaba a
Judith, xunto con Borja Fernández (Barbazul) baixo a dirección de Marta Pazos (Compañía Voadora). Con
esta obra xiraron na rede de salas alternativas de España e participaron no festival internacional FESTLIP de
Rio de Janeiro.

Ten participado como actriz en traballos audiovisuais como a curtametraxe de Xoán Brión Movemento Vo-
ceal e a longametraxe de Darío Autrán Telda y Jean ademáis de compoñer a banda sonora da curta de Edu

Lavandeira Galicia 2098.
Voz Soa, Intervencións de Rúa, e os seus tres discos editados, Mónica de nut Trío, Dos Fios Invisibles Chegan
as Cores e Raíces Aéreas son os seus proxectos en solitario. Monica de nut trío foi considerado o mellor disco
de jazz do 2011 según Distrito Jazz e Dos Fios Invisibles Chegan as Cores levou o premio ó mellor proxecto
musical na categoría de músicas do mundo nos Premios da Música Martín Códax 2014.
Actualmente está a presentar o seu último traballo Raíces Aéreas, que forma parte do último traballo de
Mercedes Peón e Banda Tosta, de representación internacional de música de culturas minoritarias.
ILUMINADOR :
OCTAVIO MAS IBÁÑEZ
-Premio María Casares 2007 mellor iluminación por “O regreso ao deserto”, do Centro Dramático Galego.
Dirección: Cristina Domínguez.
-María Casares 2012 mejor iluminación, por “Oeste solitario” de Produccions Teatrais Excéntricas. Dirección
Quico Cadaval.
Octavio Mas é un artista plástico con ampla experiencia, como iluminador, escenógrafo e director técnico
en diferentes disciplinas das artes escénicas como concertos, ópera, teatro, danza e performance.

-Estudou na Escola de Artes e Oficios de Vigo.
-Trasladouse en 1989 a Santiago, onde estuda Fotografía na Escola Mestre Mateo
-Traballa de iluminador na TVG onde exerce durante 7 anos
-Posteriormente participa en rodaxes de cine e publicidade, con productoras como:
Peymar SL, CTV, Faro S.A., RTVE, etc…
-Ao mesmo tempo comeza o seu trabajo como iluminador e escenógrafo de artes escénicas para diferentes
compañías de teatro, danza e grupos musicais.
-Fórmase en dramaturxia escénica nos cursos do Centro Dramático Galego, “Pistas para uhna dramaturxia
contemporánea”, así como en diferentes encontros, congresos, conferencias,… e de forma directa na súa
ampla colaboración con diferentes dramaturgos.
-O seu estilo caracterízase por unha evolución cara á creación máis contemporánea.
Compañías destacadas de teatro, danza e música para as que deseñou:
CDG; Centro Coreográfico Galego. Casa Hamlet. Uvega teatro. Retouraumont ( Francia ).Teatro da lúa.
Mofa & Befa. Producións teatráis Excéntricas. Dobre Xiro danza. La Macana. Ballet Rei de Viana. Nut Teatro.
Chévere. Teatro do Morcego. Teatro da Bufarda. Compañía Pendiente (Barcelona). Acontrabutaca. Sapristi
teatro. Seiva Troup (Portugal). Francés Bravo (Cataluña). Javier Martín c.i.a. A factoría teatro. Colegio del
Cuerpo danza (Colombia). Colectivo 10 danza (Panamá). Six son Seis (Venezuela.). Elefante Elegante. David

Loira. Julián Giner. Eme2. A xanela do Maxín. P.T. Alakran. Verónique Delarche (Francia). Metropolitan Me-
dia (Holanda). Teatro del fuego (Argentina). Teatro Dom. Volta e dalle. Teatro Bruto. Pistacatro. Entremans

danza. El conde de Torrefiel (Cataluña). Ikue Nakagawa (Bélxica) Vertixe Sonora Ensamble. Festival RESIS.
Olatz de Andrés (Bilbao). Los hermanos Dalton. Dhais. Siniestro Total. Los suaves. Los Limones. Los Berrones.
Los Tamara. Cristina Pato&Rosa Cedrón. S.E. M. big band jazz,… entre outras.
No 2020 realiza o deseño de iluminación e de escenografía de “Crónica dunha heterosexual insatisfeita” da
compañía Verdeveras en co-producción co CDG.

FIGURINISTA:
GENA BAAMONDE
Deseñadora de vestiario en producións de
compañías onde traballa como Esteoeste

(Madrid), nalgún dos espectáculos de Ma-
tarile Teatro como Negro é Negro ou no

espectáculo Mala xestión dos sentimentos
para A Artística.
Deseña todo o vestiario da súa propia

compañía María a Parva, nos espectácu-
los Mullerona, Xogo para Nenas, Indignos,

ou Curto de vista, así mesmo nas pezas de
creación no cabaret colectivo Soberanas é

cousa de mulleres, nas creacións Experien-
cias Conxeladas e Descrición dunha par-
ty-war-line para dúas das edicións do pro-
grama 6×6: Punto de Encontro, no Verbum, Casa das Palabras de Vigo ou na peza TECOR, presentada no

programa Mulleres en acción. Violencia Zero, da Deputación de Pontevedra.
Dentro do sector audiovisual traballa en cine e televisión coa equipa de vestiario “Saturna”, na serie Pepe o
inglés, da productora CTV para a TVG, e na película Hotel Tívoli da productora Zentropa dirixida por Antón
Reixa.
Vén de deseñar o vestiario da peza Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos do colectivo VacaBurra,
que obtivo unha Residencia Paraíso do colectivo RPM e así mesmo foi seleccionado para o programa Oasis
Paraíso do TRCdanza do Teatro Rosalía de Castro, no que xa se fixo unha preestrea. A data oficial da estrea
será a finais de maio deste ano 2021.

ESTILISTA, EXPERTA EN
CARACTERIZACIÓN DE
PERSONAXES DE FICCIÓN :
TRINI F.SILVA
– Premio MARIA CASARES 2014 por “C’est la vie” de Matrioska Teatro.
– Premio MARÍA CASARES á mellor maquillaxe por A ÓPERA DOS 3 REÁS do CDG.
– PREMIO INTERNACIONAL AIPP 2010-2011, O MELLOR VIDEO, pola Colección “Subliminal”.
-PREMIO MESTRE MATEO 2002, pola maquillaxe e perruquería de “ENTRE BATEAS”.
-Tamén obtivo varias nominacións: nos PREMIOS MESTRE MATEO 2009 á mellor maquillaxe e perruquería
pola tv movie A mariñeira. No 2008 aos premios MARÍA CASARES pola mellor maquillaxe de “O burgués
fidalgo” de Teatro do Morcego, onde tamén deseñou a perruquería. E no 2005 á mellor maquillaxe e
perruquería pola longametraxe León e Olvido nos premios MESTRE MATEO. No 2013 foi nominada pola
colección Guerreras. á mellor peluqueira do ano nos Premios Figaro, que son os premios máis prestixiosos
da perruquería creativa española.Noi 2012. Finalistas do concurso nacional de Stile Masters de Revlon, con
Amparo Fdez.Finalistas do Premio Internacional AIPP, por FH2212, de Felicitas al mejor video
A experiencia profesional de Trini como deseñadora de maquillaxe e perruquería é moi extensa tanto en
cine, televisión, teatro, ópera, como en fotografía, pasarelas de moda, etc…
En teatro deseñou a caracterización (maquillaxe e perruquería) de “Días sen Gloria” e “A ópera dos tres
reás” no Centro Dramático Galego, O musical “Galicia Caníbal” de Filmanova Iinveset en co-produción co
CDG, ”El barbero de Sevilla” Ópera dirixida por Curro Carreres, “C’est la vie” de Matrioshka Teatro, “O
burgués Fidalgo” de Teatro do Morcego, “Os Rockenstein” de Malasombra, “Raclette” de Ibuprofeno Teatro.
En cine traballa nas longametraxes “A cicatriz branca” dirixida por Margarita Ledo, “Los girasoles ciegos”
dirixida por José Luis Cuerda, “O partido” dirixida por Juan Calvo, ”Heroína” dirixida por Gerardo Herrero,
“Para que no me olvides” por Patricia Ferreira, “León y Olvido” por Xavier Bermúdez, “El regalo de Silvia”
por Dionisio Pérez Galindo, “O lápis do carpinteiro” por Antón Reixa.
E nas Tv movies : “O bonito crime do carabineiro” dirixida por Miguel Conde, “A mariñeira” dirixida por
Antón Dobao, “Un cuento para Olivia” dirixida por Manane García, “O bosque de Levas” dirixida por Antón
Dobao, “Entre bateas” por Jorge Coira.
En Televisión en Series como “A Escoba” ou “Libro de familia” dirixidas por Mariana Carballal, e en
programas como “Zapping Comando”, “Vebenalia”, “Luar”, “Supermartes”. Ademais tamén traballou en
documentais, galas, spots publicitarios, videoclips e curtametraxes.
DIRECTORA ARTÍSTICA DE
FOTOGRAFÍA PUBLICITARIA:
INÉS SALVADO GONTAD
-Licenciada en comunicación audiovisual na USC.
-Graduada na escola Mestre Mateo en Fotografía Artística.
-Máster en Arte e Comunicación no centro ACME de Apple.

-Recibe formación de grandes mestres da fotografía e da comuni-
cación como Joan Fontcuberta e Manuel Outumuro,

-Cursos de iluminación teatral e dirección de fotografía.
-Participou en diversos rodaxes de curtametraxes como cámara,
dirección de iluminación, e edición de vídeo.

-Directora artística publicitaria de tódolos espectáculos de Matrios-
hka Teatro:

“C’est la vie”
https://matrioshkateatro.wixsite.com/matrioshka/blank-cl2d
“Manawee”
https://matrioshkateatro.wixsite.com/matrioshka/blank-paxxo
“Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”
https://matrioshkateatro.wixsite.com/matrioshka/galeria-senora-que
– Directora artística publicitaria do grupo musical ”De Vacas”
https://www.instagram.com/devacas/

Próximas datas da nova creación COMANDO COMADRES de Matrioshka Teatro :
-Lugo no Auditorio Gustavo Freire o xoves 18/11/2021 ás 20:30 h
– Pontevedra, no teatro Principal o xoves 25/11/2021 ás 21 h
– A Laracha, na casa da cultura o 26/11/2021 ás 21 h
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE COMANDO COMADRES NA WEB DE MATRIOSHKA TEATRO:
https://matrioshkateatro.com

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta investirá 2,4M€ nos novos xulgados da Estrada coa previsión de comezar a obra na primavera

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a parcela da Estrada na que se vai a construír o novo edificio xudicial, unha actuación que ten un presuposto total de 2,4 millóns de euros (1,4 millóns no 2022 e un millón máis no 2023).
Nunha visita na que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, Alfonso Rueda reuniuse co alcalde da Estrada, José López; co xuíz decano, Ricardo López, e co arquitecto redactor do anteproxecto, Víctor Manuel López, entre outros, para coñecer de primeira man os pormenores dunha obra que se prevé que comece na primavera do 2022 e finalice un ano despois, co obxectivo de que os novos xulgados da Estrada entren en funcionamento na verán de 2023.
O anteproxecto recolle as liñas xerais da obra nunha parcela cedida polo concello na que se levantará un edificio de 1.817 metros cadrados con dúas plantas; unha baixa na que se situarán os espazos públicos, con tres salas de vistas, e un primeiro andar para os dous xulgados do partido xudicial, ademais dun soto para arquivos. O inmoble terá, a maiores, decanato, sala de videoconferencias e de informática, sala de atención ás vítimas, rexistro civil, despacho e sala de agarda para o Imelga, despacho da fiscalía e un área para os profesionais da avogacía, procuradores e graduados sociais.
Á redacción do proxecto dos novos xulgados da Estrada na parcela cedida a tal fin polo Concello destínanse 60.000 euros este ano, pero a maior parte do investimento resérvase para o 2022, co inicio da obra do edificio no que a Xunta investirá 1,4 millóns de euros, e para o 2023, ano no que se investirá outro millón de euros máis e no que se prevé que entren a funcionar os novos xulgados.
Neste novo espazo traballarán 18 profesionais: dous xuíces, dous letrados da Administración da Xustiza, 12 funcionarios e dous axentes de seguridade.

Aposta pola modernización da xustiza

O vicepresidente primeiro ratificou na Estrada a aposta da Xunta pola modernización da xustiza, de tal xeito que destinará no 2022 preto de 8 millóns de euros a novas infraestruturas xudiciais. Ademais de 1,6M euros destinados a obras menores nos edificios xudiciais galegos.
O anteproxecto da Lei de Orzamentos aprobado onte no Consello da Xunta recolle, como actuacións destacadas da Dirección Xeral de Xustiza, dependente da Vicepresidencia Primeira da Xunta, a construción da nova sede xudicial do Imelga en Santiago, a dotación de servizos complementarios na nova Cidade da Xustiza de Vigo e a posta en marcha dun novo edificio xudicial na Estrada.
A sede central do Instituto de Medicina Legal de Galicia, se levantará nunha parcela cedida polo Concello de Santiago en Fontiñas e con esta actuación preténdese dotar aos forenses e traballadores dunhas instalacións dignas con todos os adiantos na medicina legal para dar aos usuarios en xeral, e as vítimas en particular, un servizo de calidade.
Unha vez rematada a construción e traslado dos servizos xudiciais de Vigo á nova Cidade da Xustiza levaranse a cabo actuacións para dotar ao complexo doutros servizos complementarios, entre os que destaca a dotación e posta en marcha da gardería da que poderán desfrutar os traballadores para facilitar a conciliación laboral e familiar. A Cidade da Xustiza de Vigo, que acollerá 38 unidades xudiciais nas dependencias do antigo Hospital Xeral da por concluído o Plan de Infraestruturas Xudiciais, no que a Xunta investiu 122 millóns de euros nos últimos anos.
Alfonso Rueda subliñou que estas inversións demostran o interese da Xunta por mellorar e modernizar as infraestruturas xudiciais galegas co obxectivo de “achegar aos cidadáns un servizo máis eficaz e equitativo”. Ás actuacións nas novas infraestruturas se suman as que se están levando a cabo para a climatización e eficiencia enerxética dos edificios xudiciais, así como a mellora da calidade do servizo que se ofrece tanto aos cidadáns en xeral como as vítimas, con actuacións como a posta en marcha das salas de vistas dixitais ou das salas Gesell, que permiten protexer e reservar a identidade de menores ou vítimas da violencia de xénero cando teñen que asistir a unha entrevista ou a unha declaración xudicial.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Teatro Principal estradense acollerá o 14 de novembro o XIV encontro folk ‘Lume na Lareira’

O municipio estradense repetirá este ano o exitoso festival de folk Lume na Lareira, un encontro que chega á súa XIV edición e que coincide co 20 aniversario da asociación que leva o mesmo nome. A cita será o 14 de novembro, a partir das 18.00 horas, no Teatro Principal.

As entradas terán un coste de cinco euros, e a partir deste mesmo luns poderanse adquirir no Mesón da Estrada ou no departamento de Cultura do Concello.

Será presentado, unha vez máis, polo xornalista da TVG Jacobo Pérez, e os grupos que porán música a este festival serán Cans de Palleiro (Bembrive, Vigo), Cristo Cristini Crucianelli (Bulgaria-Madrid), Pacheco (TVG), o grupo de concertinas Pedrosini (Portugal), Os Alegres (Pontevedra), e a propia agrupación Lume na Lareira, que porá o broche de ouro ao festival. Así mesmo, Juan Ruibal, integrante de Lume na Lareira e organizador do festival anunciou que haberá unha gran sorpresa: un artista invitado que actualmente está considerado das mellores voces de Galicia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Festival O Camiño dos Arrieiros

Antes de nada, agradecervos a todos a vosa presenza aquí. Como vedes, acompáñanme Alonso e Gabriel; aos que tamén lle quero agradecer a súa presenza neste acto de presentación.

Hai apenas 15 días que presentabamos no escenario do Teatro o programa do festival de rock O son dos arrieiros, que terá lugar na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada o venres e sábado final de outubro.

A programación que hoxe presentamos vén a complementar este programa de interior cunha xeira de actividades de rúa e concertos que terán lugar na carballeira da Feira, en sesión vermú. Será o sábado día 30 de outubro, entre as 12.00 e as 17.00 h.

O propósito destas actividades é que a veciñanza e os hosteleiros da vila poidan poidan verse favorecidos tamén, de forma directa, polo impacto que supón a organización na Estrada deste festival.  Son moitas as habitación da vila e arredores que están reservadas para esa fin de semana última de outubro, centos de visitantes os que terán a escusa perfecta para quedar na vila e gozar desta xeira de actividades que temos deseñado.

No festival danse cita actuacións musicais, mostras de arte urbana e animación de rúa. Falamos de artistas que teñen da man de Plan Siberia e o Colectivo da Estación representación estradense.

As actuacións, que terán lugar nun recinto na carballeira da Feira perimetrada para 300 persoas, serán todas gratuítas. Esta é arelación de eventos:

12.00 h Desfile da Agrupación de animación de rúa TROULA polas rúas da vila, escenificando a chegada dos arrieiros, carretando o viño desde terras do Ribeiro. O desfile rematará cunha pequena intervención na praza da Feira ás 12.45h

13.00 h A esta hora comezará a actuación do grupo Los Rastreadores, grupo onde toca Ortiga, o artista compostelán que arrasa nos festivais de todo o país coa súa verbena moderna.

16.30 h Á hora da sobremesa, collerá o relevo Gabriel, de Plan Siberia que nos presentará en acústico os temas do seu último disco.

17.00 h Pechará este Camiño dos arrieiros a banda Igloo, un grupo galego presente nos festivais máis potentes de toda España.

13.00 h-17.00 h O colectivo da Estación tamén contará cunha importante presenza neste festival. Traerá a Asten, un dos grandes artistas urbanos de Galicia, para pintar, en tempo real, un grafitti de temática xacobea. Ademais, botarán unha man na realización do festival, coma entidade colaborada que son.

E ata aquí podo contar. Haberá máis sorpresas que presentaremos nos próximos días. Agardemos que acompañe o tempo e poidamos converter a nosa vila no epicentro musical de toda Galicia. A Estrada súmase con este festival dos Arrieiros aos grandes festivais de Galicia, penso que era o último paso que nos quedaba para poñerlle o broche á nosa oferta cultural. Unha oferta de referencia en toda Galicia.

Déixovos xa na compaña xa de Gabriel e Alonso para que vos expliquen máis polo miúdo cal vai ser a súa participación no Festival.

Despois da súa intervención, poderedes falar tamén cos organizadores do Son dos Arrieiros, Patricia e Fernando. Por se queredes consultarlle calquera cousa sobre a marcha do festival O son dos Arrieiros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Feijóo avanza en A Estrada que os centros de maiores públicos de Galicia se converterán en residencias intelixentes, poñendo os últimos avances tecnolóxicos ao servizo do benestar dos usuarios

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que os centros de maiores de Galicia se converterán en residencias intelixentes coa posta en marcha dun proxecto piloto e pioneiro a nivel nacional que aplicará avances tecnolóxicos no benestar dos usuarios. “Seremos a primeira comunidade cun servizo sociosanitario con tecnoloxía intelixente e integrada na información sanitaria”, precisou, subliñando que o obxectivo é que no 2022 todas as residencias públicas autonómicas galegas conten con este servizo que facilitará o traballo dos coidadores e a atención sanitaria.

Feijóo destacou que no mes de xullo púxose en marcha por vez primeira este proxecto piloto de residencia dixital no centro público autonómico da Estrada en colaboración coa empresa Televés. Entre as novidades que incorpora este sistema atópase un monitor multiparamétrico, que permite que o persoal enfermeiro dedique menos tempo a trámites e transcricións e máis ao coidado personalizado da persoa maior. Ademais, os cuartos transfórmanse en habitacións intelixentes, con sensores que avisan se a persoa maior ten unha caída ou deambula de noite.

Así mesmo, resaltou que os residentes con algún tipo de deterioro cognitivo poderán pasear con máis seguridade, dentro ou fóra da residencia, coa aplicación dun novo sistema de seguimento. Un sistema que tamén posibilitará que os profesionais poidan xeolocalizar aos usuarios nas excusións no caso de extraviarse.

Por outra banda, os maiores poderán multiplicar as súas posibilidades de lecer grazas á instalación de monitores intelixentes que lles permitirán, por exemplo, facer terapias ou contactar coas súas familias sen saír da habitación. Ademais, tanto residentes como familiares estarán en todo momento informados da actividade da residencia, a través da instalación dun panel informativo no vestíbulo.

Novo modelo de coidados

Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta aseverou que a implantación das novas tecnoloxías no espazo sociosanitario será un dos piares do novo modelo de residencia que xa está ultimando o Goberno galego. Este novo modelo estará centrado en melloras na coordinación entre a sanidade e os servizos sociais; na humanización do trato e a formación continuada de todos os profesionais das residencias; e nas reformas estruturais que se comezarán a aplicar en todas as residencias de nova construción, con máis habitacións individuais e máis espazo para as actividades.

E continuarase ademais coa introdución dos sistemas de información do futuro, grazas a un novo censo sociosanitario que se actualizará minuto a minuto e que integrará os datos de dependencia e sanitarios dos residentes, “co fin de contar cunha soa base de información dos maiores”, abundou.

Obras de mellora na residencia

 

O Goberno galego investirá máis de medio millón de euros nas obras de mellora desta residencia de maiores da Estrada. Unha partida que permitirá o cambio das ventás, a instalación dun ascensor, a instalación dun sistema de climatización ou a creación dun xardín exterior de máis de 300 metros cadrados.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Lidl alcanzará este invierno las 35 tiendas
en Galicia con la apertura de A Estrada

La puesta en servicio este
invierno del primer establecimiento de Lidl en A Estrada, junto al centro de salud
de la avenida Benito Vigo, permitirá a la marca alcanzar las 35 tiendas abiertas
en Galicia.

La cadena, que invierte cerca de 4 millones de euros para la construcción y
equipamiento de las instalaciones, ha vuelto a poner de manifiesto su
compromiso con la consolidación del empleo entre las empresas del entorno, ya

que ha contratado a la firma de ingeniería coruñesa COTECNO o a la
constructora pontevedresa CHS, entre otras.

A este apoyo se suman los puestos de trabajo que se generarán directamente
en la veintena de personas que atenderán estas instalaciones durante el horario
habitual, de 9.00 a 21.30 horas de lunes a sábado. En ellas, el producto gallego
volverá a ser protagonista indiscutible, con referencias como las de quesos
regionales, leche fresca o cerveza Estrella Galicia como tres de las preferidas
por los clientes de la región.

Sostenibilidad
Tal como quedó patente en el acto de colocación de primera piedra de esta
mañana, al que acudió el alcalde de la localidad pontevedresa, José Carlos
López Campos, la sostenibilidad será otra de las enseñas del nuevo punto de
venta, tanto de la sala de ventas (de unos 1.400 m2) como de los propios
servicios de la parcela. Así, el Lidl de A Estrada contará con una instalación
fotovoltaica de 1.000m2, iluminación LED y equipamiento ecosostenible.

A todo ello hay que sumar también dos puntos de carga para vehículos
eléctricos, que se unen a las 75 plazas de aparcamiento convencionales.

Un proyecto “maduro” en el que destaca Pontevedra
El Gerente de expansión e inmuebles de Lidl en Galicia, Luís Biempica, subraya
que la llegada de la marca en A Estrada es una iniciativa que lleva años entre
los planes para la región de un proyecto “cada día más maduro y más próximo”
a sus clientes. En este sentido, Biempica explica que “del mismo modo que hace
solo cinco días abríamos nuestra primera tienda en O Val Miñor para evitar
desplazamientos de personas de Baiona, Gondomar o Nigrán, también ahora

queremos acercar la marca a todos los residentes de la comarca de Tabeirós-
Terras de Montes”.

Por otra parte, el responsable de expansión e inmuebles de la marca en Galicia
también ha destacado que solo en año y medio la firma ha destinado más de 22
millones de euros a obras en Pontevedra, provincia que ha absorbido las tres

aperturas de la comunidad entre el otoño de 2020 y el próximo invierno (Jacinto
Benavente en Vigo, Porto do Molle en Nigrán y la de A Estrada), a las que se
suma la modernización de A Guarda del pasado otoño.

Por su parte, José Carlos López Campos, alcalde de A Estrada, ha señalado que
“el desarrollo de un comercio minorista de calidad y la promoción de la ruta
xacobea a su paso por la calle escribirán el progreso futuro de nuestra villa; un
futuro que compartirán junto a grandes superficies comerciales, nacidas al
amparo del PXOM».

“No puedo más que mostrarle mi agradecimiento al grupo LIDL por instalarse en
nuestra villa. Lo hace en una zona, la de A Baiuca, convertida en uno de los ejes
urbanísticos más importantes de A Estrada del futuro, con la apertura del Centro
de Salud, de la Escuela Infantil y de los futuros juzgados», concluyó.

Publicado en Portada | Deja un comentario

LA CULTURA LLENA EL TEATRO ESTRADENSE

En A Estrada, además del festival de rock gallego ‘O son dos arrieiros’, que se celebrará el último fin de semana del mes, el Gobierno local ha apostado también por diferentes actividades y espectáculos para todos los públicos. Así, el Teatro Principal acogerá el 23 de octubre el concierto de Amancio Prada. En cuanto a las obras teatrales, el concejal de Cultura, Juan Constenla, explicó que el Gobierno local vuelve a apostar por la captación de público infantil y familiar con espectáculos «de gran formato e calidade», como son ‘Zapatos, a nena que vivía nunha caixa de mixtos’, de Caramuxo Teatro; ‘Os fabulosos cleanners’, de Malasombra Teatro y ‘Rosalía’, de Culturactiva Cultural. Los adultos también tendrán su espacio, y el próximo fin de semana podrán deleitarse con el estreno de un nuevo espectáculo de Manuel Manquiña, titulado ‘Todo nunha noite’. Los monó- logos también tienen su espacio en la programación cultural estradense. Así, David Amor estrenará en A Estrada ‘Love está en el aire’ el 22 de octubre a las 21.00 horas. Las entradas para todas las actividades programadas podrán conseguirse en el departamento de Cultura del Concello estradense.

PRINCIPALMENTE, OUTONO!
Programación Teatro Principal outono 2021
Entrada reducida!

OUTUBRO
2 (12.30 h) Saaabor! Culturactiva
8 (21.00 h) Todo nunha noite, Manuel Manquiña (Abismo Caracol)
15 (21.00 h) Meloncolía, Joan Strader
17 (19.00 h) Concerto de outono, Coral Polifónica Estradense
22 (21.00 h) Love está en el aire, David Amor
23 (21.00 h) Amancio Prada en concerto
31 (19.00 h) Comando comadres, Matriohskas Teatro
NOVEMBRO
5 (21.00 h) As fillas bravas e o mito de Casandra, Chévere
6 (12.30 h) Zapatos, Caramuxo Teatro
12 (21.00 h) Elisa e Marcela, A Panadaría Teatro
14 (19.00 h) Festival folclórico Lume na Lareira
18 (20.30 h) Recital poético de Antón Reixa e Colectivo Rompente
20 (20.30 h) Concerto de Sta Cecilia, Banda Cultural da Estrada
26 (21.00 h) O meu mundo non é deste reino, Teatro da Ramboia
27 (20.30 h) Concerto de Sta Cecilia, Banda Municipal da Estrada

DECEMBRO
3 (20.00 h) Festa da Poesía
4 (21.00 h) ¡Stand up! Danny Boy
11 (20.30 h) Facer memoria, Paula Carballeira (Berrobambán)
18 (20.30 h) Concerto fin de ano, Coral Polifónica Estradense
23 (20.30 h) Concerto de Nadal, Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso
27 (12.30 h) A nena que vivía nunha caixa de mistos, Caramuxo Teatro
28 (12.30 h) Os fabulosos Cleaners, Malasombra Producións
29 (12.30 h) Rosalía, Caramuxo Teatro

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario