Volve o concurso escolar de campo a través con 700 inscritos na Estrada





A Secretaría Xeral para o Deporte recuperará esta semana o programa escolar Xogade. Despois de ano e medio de parón pola pandemia, mañá xoves regresará á Estrada a competición escolar zonal de campo a través. Máis de 700 alumnos dos colexios Figueiroa, Lourdes, O Foxo, Pérez Viondi, Oca, Cabada Vázquez, Villar Paramá, CPI Aurelio Marcelino de Cuntis e IES García Barros participarán nas probas, que nesta ocasión terán lugar na zona deportiva entre 10:00h e 13:00h. O formato cambiou para acomodar a post-pandemia. Os alumnos correrán con aqueles da súa propia burbulla escolar. O resultado de cada aula será o tempo rexistrado pola oitava persoa que acade o obxectivo. Os máis pequenos correrán 500 metros, os alevíns 1.000, os infantís 1.500 e os cadetes 2.000.
Publicado en Portada | Deja un comentario

Antón Reixa e Guadi Galego na entrega dos premios San Martiño de Normalización Lingüística

Os Premios san Martiño de Normalización Lingüística, que entrega o Concello da Estrada, a aquelas persoas ou colectivos significados na promoción da lingua galega,  entregaranse, mañá xoves, no Teatro Principal, nun acto que comezará ás 20.30 h.

No apartado A Estrada-Comarca de Tabeirós-Terra, o premio entregaráselle a José Manuel Bértolo Ballesteros, catedrático de grego e investigador de temas de xenealoxía e heráldica. O premio Galicia enteira recollerao o colectivo poético Rompente, representado por Alberto Avendaño, Manolo Román e Antón Reixa. Pola súa banda, o premio Toda unha vida  irá parar a mans do programa radiofónico Sempre en Galicia, o programa en lingua galega máis lonxevo, creado en Montevideo (Uruguai) no ano 1950 por emigrantes galegos.

O broche de ouro a este acto de entrega, poñerao a artista Guadi Galego, interpretando algúns dos temas máis coñecidos do seu repertorio. A entrada ao acto será de balde até completar as localidades dispoñibles na sala.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Segunda edición do premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado.

O Concello da Estrada ven de convocar a segunda edición do premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado.
Todas e todos os interesados poderán presentar os seus orixinais ata o vindeiro 28 de febreiro de 2022 e poderán optar ao II Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da

Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil.

Nesta edición aumentase a partida orzamentaria do premio, pasando de 2.000 euros da pasada edición a 4.000 euros para o gañador ou gañadores desta edición.

Xuntanse as bases e enlaces onde se poden consultar as mesmas.

Tamén podedes consultar as bases no seguinte enlace.- http://app.aestrada.com/eventos/ficha/1313/gl
Ou na web do Concello da Estrada.- https://bit.ly/3bHaBeE
Publicado en Portada | Deja un comentario

Avanzan a bo ritmo as obras da Praza da Feira

As obras da Praza da Feira estradense, que comezaron hai pouco máis dunha semana, así como a peatonalización das rúas Justo Martínez e Carlo Sotelo, avanzan a bo ritmo e espérase que antes do verán de 2022 estean rematadas, xusto antes da celebración das festas de San Paio. A empresa encargada de realizar as actuacións da reforma integral desta praza é a firma Covsa.

Pola súa banda, as obras de humanización da rúa Ulla e da súa contorna comezarán despois do Nadal a petición da Asociación de Comerciantes de A Estrada (Acoe), que pedía que estes traballos non interferisen no desenvolvemento da campaña de compras navideña.

Para levar a cabo as obras na Praza da Feira foi preciso trasladar o mercadiño dos mércores a outro emprazamento, que será provisional, ata o mes de xuño do próximo ano aproximadamente. O lugar escollido foi o novo aparcamento público habilitado recentemente na confluencia entre as rúas Iryda e Varela Buxán e se extende ata a rúa Ponteareas para dar cabida a un maior número de postos e crear unha conexión da feira co centro neurálxico de A Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Entrega de diplomas dun curso de carretilla elevadora

Hoxe celebrouse no recinto municipal de Guimarei da Estrada a entrega de diplomas dun curso
de carretilla elevadora. Este curso foi organizado pola Asociación Amicos e nel colaborou
tamén o Concello da Estrada.
Un total de 8 persoas con discapacidade beneficiáronse desta formación para obter a
habilitación no manexo da carretilla elevadora con normativa UNE e así incrementar as súas
posibilidades de inserción no mercados laboral. O curso, dun total de 10 horas, realizouse
entre mércores e xoves en horario de mañá.
Ata o acto de peche e entrega de diplomas desplazáronse en representación de Amicos:
Miguel Beiro (responsable da área emprego/empresas), Rosa Agrelo (Técnica de emprego) e
Pablo Penide (Técnico de desenvolvemento de persoas/empresas e persoa de referencia da
Asociación na zona). E por parte do Concello da Estrada: Óscar Durán (Concelleiro de
promoción económica, comercio e emprego).
Con este tipo de iniciativas, Amicos pretende dar apoio directo a persoas con discapacidade
que teñan máis dificultades para acceder ao mercado laboral. Un mercado laboral que cada día
se mostra máis complexo e esixente.
Dende a Asociacion Amicos queremos facer un chamamento para que o tecido empresarial da
zona que necesite incorporar persoas e enriquecer as suas plantillas se involucren con nós
neste proxecto. Poden porse en contacto a través do teléfonos 981 865 716 ou 674 073 048.
Tamén enviando un correo electrónico a pablo.penide@amicos.org.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada vibrará o venres e o sábado ao ritmo do mellor rock cen por cen galego

Esta fin se semana, A Estrada acolle unha importante cita coa música e a cultura á que acodirán centos de visitantes. Serán dous días de actividades e concertos que agardan ser todo un éxito para a reactivación económica da vila.

 

O Son dos Arrieiros celebra a súa primeira edición cun cartel 100% galego formado por artistas de gran nivel como Bala, Agoraphobia, Terbutalina, Señora DJ, Novedades Carminha, que presenta o seu último concerto en Galicia do ano e Heredeiros da Crus, que ofrecerá o seu único concerto en formato eléctrico do 2021.

 

O recinto, ubicado no Pavillón 5 da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, conta con roupeiro e servizo de barra e restauración. Ademáis, será acondicionado acústicamente para convertilo nun gran salón de concertos no que o público, por primeira vez despois da pandemia, poderá gozar dunha experiencia única sen cadeiras.

 

Aínda quedan entradas, polo que a xente que desexe asistir poderá mercalas a través da plataforma ataquilla.com.

O Concello da Estrada, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa participación da Asociación de Hostaleiros da Estrada e o Lagar Peroja, organizou actividades paralelas ao festival para involucrar a todos os sectores posibles e beneficiarse desta iniciativa inédita en Galicia. Así, baixo o título de ‘O Camiño dos Arrieiros’, celebrarase mañá unha sesión vermú na carballeira da Feira, entre as 13.00 e as 18.00 horas, que contará coas actuacións de Los Rastreadores, Troula Animación, Plan Siberia e Igloo. Serán cinco horas de música aderezada con empanada, bolos preñados e sidra e taberna estradense. A asistencia será completamente gratuíta até completar a cabida da carpa habilitada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

LUIS LÓPEZ CUALIFICA DE “CLAVES PARA O FORTE IMPULSO” DE DEZA E TABEIRÓS-MONTES OS 34,7 M€ DE INVESTIMENTOS INICIAIS PROXECTADOS POLA XUNTA PARA 2022

A Xunta de Galicia vén de fixar uns investimentos iniciais de 34.695.383 euros para as bisbarras de Deza e Tabeirós-Terra de Montes no proxecto de Orzamentos 2022, segundo informou hoxe o delegado territorial, Luis López, que sostén que “este gran esforzo vai ser clave para outorgar un forte impulso de desenvolvemento e progreso e un salto cualitativo dos servizos públicos a toda esta contorna interior do norte da provincia”.

“O punto de partida para Deza e Tabeirós por parte da Xunta xurde do noso compromiso con estas bisbarras e está fixado en case 35 millóns de euros, unha contía que vaise ampliar con total seguridade a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano”, manifestou o representante autonómico.

Luis López recalcou que a Xunta “é a institución que máis inviste, de longo, nestas comarcas, cunha media de case 550 euros por habitante, o que non resiste comparación ningunha coas demais administracións, e ademais as actuacións deseñadas abranguen todos os ámbitos de importancia para a cidadanía, apostando polas infraestruturas viarias, a sanidade, a educación, as políticas sociais, a empresa e o emprego, o agro e os servizos públicos”.

O delegado territorial salientou que as principais actuacións orzamentadas para a zona, todas ellas por riba do millón de euros, son o remate do Centro Integral de Saúde (CIS) e a ampliación do parque empresarial Lalín 2000, na capital dezá, e o comezo da autovía AG-59, os talleres de madeira no IES Losada Diéguez e os novos xulgados da Estrada.

“Os principais investimentos, por contía ou singularidade, roldan os 25 millóns de euros, pero as contas da Xunta tamén contemplan para Deza e Tabeirós outros investimentos en instalacións deportivas, novas tecnoloxías, silvicultura, limpeza de montes e desbroces, obras educativas, como a renovación das luminarias en ata seis centros, entre outras, mellora e sinalización do Camiño de Santiago, transporte ou dixitalización no ensino ata alcanzar os citados 35 millóns”, significou o delegado, que salientou que os investimentos iniciais que aparecen recollidos nos Orzamentos 2022 “son aqueles que están máis maduros e avanzados administrativamente, pero seguimos traballando polas comarcas con outros proxectos, como a mellora da PO-201 entre Silleda e Laro, o saneamento e o albergue de Rodeiro, os mosteiros de Camanzo, en Cruces, e San Pedro de Vilanova, en Dozón ou unha nova e ampla quenda de melloras nos centros educativos públicos, entre outras”.

Principais investimentos 2022 da Xunta en Deza e Tabeirós-Montes

A Estrada

Autovía AG-59

4.000.000

Lalín

Centro Integral de Saúde

7.877.430

Forcarei

Limpeza da ribeira do río Umia

110.000

A Estrada

Abastecemento de Tabeirós e Nigoi

773.001

Lalín

Saneamento e depuración

954.372

A Estrada

Reforma da Residencia da terceira idade

367.800

A Estrada

Construción dos novos xulgados

1.440.416

A Estrada

Melloras na AGASP

228.038

Lalín

Destino Turístico+Camiño+Xacobeo 21-22

962.343

Silleda

Dixitalización da Lonxa Agropecuaria

500.000

A Estrada

Solo empresarial

110.000

Lalín

Solo empresarial

2.417.550

Silleda

Modificación técnica da planta de residuos

300.000

A Estrada

Talleres de madeira para FP

1.544.926

Lalín-A Estrada-Dozón

Catro Obradoiros de Emprego

836.000

Lalín-A Estrada

Grupos de Emerxencias Supramunicipais

2.300.000

Lalín

Taller de Mecanizado para Medio Rural

900.000

A Estrada

Mellora da ponte de Pontevea

300.000

 

Publicado en Portada | Deja un comentario