Sabucedo devolve hoxe ás bestas aos montes dacont orna tras rapar a 62 bestas no curro de hoxe
Os cabalos e bestas de Sabucedo retornarán hoxe
ao seu hábitat habitual nos montes da contorna tras protagonizar onte unha rapa na
que os/as aloitadores/as conseguiron contarlle as crins e desparasitar a un total de 62
bestas, convertindo este curro nun dos máis dinâmicos dos últimos anos.
Previamente, os 72 aloitadores/as realizaran os preceptivos test de antíxenos -cun
100% de resultados negativos- para poder baixar á area do curro sen máscaras. Durante
preto de dúas horas, a ancestral loita entre o home e os cabalos saldouse hoxe con 10
incidentes: 7 aloitadores contusionados, un con dous puntos no beizo debido a unha
cabezada dun cabalo e outro cunha fractura no pé debido á pisada dun cabalo. Tamén
tivo que ser trasladado en ambulancia ao Hospital Clínico de Santiago o camareiro dun
posto de polbo ao sufrir unha indisposición.
Tendo en conta que nesta primeira Rapa post-Covid19 a Asociación Rapa das Bestas
decidiu suspender o curro solidario do luns, a celebración deste ano rematará mañá pola
tarde coa devolución das bestas e cabalos ao monte.
Alfonso Rueda destaca a singularidade da tradicional Festa da Rapa das Bestas de Sabucedo como reclamo para atraer visitantes
A Rapa das Bestas é unha das 12 Festas de Interese Turístico Internacional de Galicia, o maior recoñecemento que converteu esta celebración nunha cita ineludible no calendario festivo de Galicia ao reunir cada verán a veciños e turistas
Alfonso Rueda destacou que modelo de turismo seguro e de calidade que ofrece Galicia permitiu manter bos resultados de afluencia turística en xullo cun 80% máis de viaxeiros que en 2020 e 20 puntos por riba da media nacional respecto a 2019
Invitou a descubrir a comunidade camiñando a Galicia neste Xacobeo 21-22 a través de rutas como o Camiño de Inverno ou a Vía da Prata que atravesan a comarca do Deza e avanzou a previsión de rematar o ano por riba dos 140.000 peregrinos
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, á presentación da Rapa das Bestas de Sabucedo, un referente cultural en Galicia que une tradición co turismo e que reúne cada ano nesta parroquia da Estrada a veciños e turistas. No acto destacou a singularidade da festividade e a súa capacidade como reclamo turístico para atraer visitantes ao converterse nunha cita ineludible no calendario festivo do verán en Galicia.
Alfonso Rueda engadiu que estas celebracións contribúen a contar cunha oferta turística diferenciada, unha das fortalezas de Galicia como destino, xunto coa aposta por un turismo seguro e de calidade que está a permitir manter bos resultados de afluencia turística. De feito, sinalou que a mensaxe de Galicia como destino seguro e o traballo do sector permitiu pechar o mes de xullo cun 80% máis de viaxeiros que o ano pasado e resistir 20 puntos mellor que a media nacional respecto a 2019.
Ademais, confía en rematar o ano por riba dos 140.000 peregrinos, tendo en conta que día selan a Compostela unha media de 1.400 e se prevé chegar a finais de agosto aos 100.000, aos que hai que engadir outros moitos que fan o Camiño sen obter a credencial.
Por iso, o vicepresidente primeiro da Xunta animou a turistas e peregrinos e desfrutar da comunidade e as súas festas e tamén a camiñar a Galicia, ao destacar que facer o Camiño é unha oportunidade para descubrir a comunidade en contacto coa natureza como están a demandar os visitantes e de forma segura. Así, lembrou que dúas das rutas -o Camiño de Inverno e a Vía da Prata- conflúen na comarca do Deza e pasan por algúns dos seus principais recursos turísticos.
A Rapa das Bestas de Sabucedo volverá a celebrarse este ano despois do parón de 2020 debido á covid-19 e levarase a cabo con tódalas medidas de prevención para garantir unha celebración segura. Ata o domingo realizaranse varios curros onde os coñecidos como aloitadores cortaranlle as crinas e marcarán aos cabalos recollidos do monte para despois devolvelos ao mesmo lugar.
A celebración conta desde 2007 coa declaración de Festa de Interese Turístico Internacional, a máxima distinción que ostentan 12 celebracións, ás que se suman outras 12 de Interese Turístico Nacional e 128 de Interese Turístico de Galicia. En total, máis de 150 festas en Galicia con algúns destes recoñecementos.
Alfonso Rueda sinalou o apoio da Xunta polas celebracións que como a Rapa das Bestas de Sabucedo contribúen a conservar as tradicións e os seus valores. O Goberno galego aporta este ano 40.000 euros para apoiar esta celebración organizada pola Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo.
Un incendio queima unha antiga fábrica en Berres A Estrada
O incendio declarouse a última hora do mércores nunha antiga fábrica situada no lugar do Ulla, na parroquia estradense de Berres. As chamas comezaron ao redor das dez da noite nunha instalación que garda herba seca, polo que o lume propagouse rapidamente. Permanecen no lugar axentes da policía da Garda Civil e cinco motobombas do 112.
LÓPEZ BUENO ESIXIRÁ ACCIÓNS INMEDIATAS ANTE O PÉSIMO FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO
O PSOE esixirá no vindeiro pleno accións inmediatas para
resolver os numerosos problemas que ten o servizo de recollida de residuos.
Luis López Bueno considera que a situación xa é “insostible”, e apunta a que
o servizo non está sendo capaz de chegar a todas as parroquias en
condicións.
Bueno apunta a que “as necesidades do servizo son moito maiores que as
que o Concello está cubrindo” e acusa ao PP de non mover nin un dedo para
resolver a situación. Apunta tamén a que lle constan numerosas queixas
dos veciños e veciñas das 51 parroquias “que pagan os seus impostos para
recibir servizos de calidade”.
López Bueno considera que o problema é especialmente grave nas
parroquias porque “as frecuencias sempre quedan curtas, pero nos meses
de verán xéranse aínda máis residuos”. Ademais valora como
“impresentable” que o lixo quede nos contedores durante semanas durante
o verán “porque todos sabemos que é insalubre e moi desagradable”.
Tamén fai fincapé na necesidade de ampliar a rede de colectores de
reciclaxe nas parroquias. López Bueno considera que é un asunto
“inaprazable” e “prioritario” que o PP non é capaz de atender. Da mesma
maneira, tamén considera “urxentísimo” que A Estrada acceda ao Plan
Revitaliza da Deputación de Pontevedra para instalar composteiros comúns
e planificar a chegada dos contedores de orgánicos.
O líder socialista apunta tamén a que é necesario mellorar o servizo de
recollida de plásticos no casco urbano, cuxa frecuencia de recollida é
claramente insuficiente e provoca que as bolsas de lixo se acumulen nas
beirarrúas. Indica que a única solución é aclarar as responsabilidades “se as
hai” ou mellorar o acordo entre a empresa de recollida e o Concello.
Ademais desas cuestións, López Bueno pregúntase “que estará facendo o
goberno local coa anunciada privatización do servizo”. O socialista non ve
normal que o PP fora incapaz de avanzar nada nos dous anos que pasaron
dende o seu propio anuncio. Tampouco ve razoable que o PP non teña
previsto reforzar o servizo de limpeza con máis persoal ante o mal estado
xeral do casco urbano e das parroquias.
Baños intelixentes “impracticables”
López Bueno tamén apuntou moitos outros problemas que se están
producindo na vila sen que o PP sexa capaz de resolvelos. Ratas no parque
infantil de Figueroa, ou o exemplo do mal estado de hixiene do “baño
intelixente de 70.000 euros”. O socialista critica que “leva sen limparse
dende hai case dúas semanas” e indicou que “durante o Mercado de Verán,
un evento que se celebrou no entorno do Concello, nin sequera houbo
preocupuación por acondicionalo antes de comezar”.
O socialista non exculpa comportamentos “pouco cívicos” pero ve
“indecente” que o PP culpe aos traballadores municipais do mal estado das
instalacións. Ademais, o propio PP estaba advertido da situación dende hai
meses.
Considera que culpar ao persoal é unha “excusa de mal pagador” de López
Campos e insta ao alcalde a que contrate máis persoal se é necesario ou
acorde cunha empresa local o mantemento do baño, pero que resolva o
problema.










































































































