A pediatra Eva García, coordinadora Covid do Centro de Saúde para os centros
educativos do Concello impartiu hoxe, no Salón de Plenos estradense, unha charla
dirixida ás escolas deportivas municipais e ás escolas da Fundación Cultural, ante a
inminente apertura do curso 2021-2022.
A dita charla deu a coñecer as medidas esenciais do protocolo de adaptación ao contexto
da Covid-19 nas actividades extraescolares para o presente curso, incidindo nas medidas
a tomar diante dun posible gromo.
Ademais, falouse das medidas xerais de hixiene, protección individual e colectiva, así
coma da aplicación destas medidas nos diferentes contextos de cada actividade.
Finalmente, acordouse manter un contacto permanente durante o curso lectivo entre os
monitores das distintas actividades e as coordinadoras do Centro de Saúde da Estrada
para solventar dúbidas, ou adaptarse a calquera posible cambio da situación sanitaria.
O servizo de coordinación COVID do Centro de Saúde da Estrada imparte unha charla ás
escolas municipais para dar a coñecer o protocolo Covid19 do curso escolar 21-22
A MOSTRA SECTORIAL DOS AMANTES DA AUTOMOCIÓN.

O 5º Salón do vehículo de ocasión, constitúe un
evento de dinamización económica e sectorial. Preto
de catrocentos vehículos reunidos nun mesmo
espazo expositivo.
11.400 m2 de espazo expositivo distribuído en cinco
pavillóns, nos cales atoparán unha ampla gama de
vehículos de ocasión e seminovos axeitados ás
necesidades dos nosos visitantes: Gasolina, Gasoil,
Híbridos, eléctricos, utilitários, industriais,
monovolumes, etc…
Oportunidades únicas en feira a prezos competitivos
e sorprendentes.
Un escaparate atractivo e variado que actúa como
punto de confluencia da oferta e a demanda.
A mostra, desenvolveráse os dias 17, 18 e 19 de
setembro, en horário ininterrumpido de 11 a 20
horas.
A iniciativa, conta co apoio da Xunta de Galicia, Excmo.
Concello da Estrada, Excma. Deputación Provincial de
Pontevedra, Cámara de Comercio de Vilagarcía de
Arousa e Asociación Comarcal de Empresarios.
2
1. DISTRIBUCION ESPACIAL
PAVILLÓN 1 (Vehículos de ocasión) 2.500 m2
PAVILLÓN 3 3 (Vehículos de ocasión) 1.800 m2
PAVILLON 4 (Vehículos de ocasión) 1.600 m2
PAVILLÓN 5 (Vehículos de ocasión) 2.000 m2
PAVILLON 6 (Vehículos de ocasión) 2.000 m2
EXTERIORES S (Vehículos de ocasión) 1.500 m2
2. OUTROS SERVIZOS FEIRIAIS
AREA DE COMPLEMENTOS E SERVIZOS 2.000 m2
CAFETERÍA 300 m2
SALÓN DE REUNIÓNS 500 m2
INFORMACIÓN 1.500 m2
APARCAMENTOS 4.000 m2
ZONAS VERDES 1.000 m2
3
PROGRAMA DE
ACTOS
4
MERCORES 15 DE SETEMBRO DE 2021
11.00 H. Presentación 5º Salón do vehículo de ocasión.
LUGAR: Pavillón 4
INTERVEÑEN:
• D. Óscar Durán Barros (Concelleiro de Promoción
Económica do Excmo. Concello da Estrada).
• D. José Luís Sánchez González (Xerente Caetano
Fórmula Galicia).
• D. José López Campos (Alcalde do Excmo. Concello da
Estrada).
COMPOSICIÓN DA MESA PRESIDENCIAL:
• Dna. Ana María Cajaraville Fuentes, Xerente Brasilcar.
• D. Víctor Manuel Louzao Valiña, Xerente Talleres
Louzao.
• D. Rubén Iglesias Calviño, Xerente Foxomotor.
5
VENRES 17 DE SETEMBRO DE 2021
11.00 H. Apertura do Recinto Feiral ao público.
12.00 H. Inauguración oficial do certame a cago do Dtor. Xeral de
Comercio e Consumo, Manuel Heredia Pérez. Percorrido pólo recinto e
visita ás firmas expositoras presentes.
20.00 H. Peche do Recinto Feiral.
Sorteo de 5 vales de combustibles por importe de 20€
Sorteo de 5 lavados, patrocinados por SBC Gasolineras
Sorteo dunha cea para duas persoas, patrocinada por “O Asador de
Leo”.
SABADO 18 DE SETEMBRO DE 2021
11.00 H. Apertura do Recinto Feiral ao público.
20.00 H. Peche do Recinto Feiral ao Público.
Sorteo de 4 vales de combustible por importe de 25€, patrocinados
por Estación de Servicio Puente Liñares
Sorteo dunha cea para duas persoas, patrocinada por “O Asador de
Leo”.
6
DOMINGO 19 DE SETEMBRO DE 2021
11.00 H. Apertura do Recinto Feiral ao público.
20.00 H. Peche do Recinto Feiral ao Público.
Sorteo de 2 vales de combustible por importe de 50€
5 vales de combustible por importe de 30€
10 vales de limpeza e lavado do vehículo,todos eles patrocinados por
Estación de Servicio Strada.
Sorteo dunha cea para duas persoas, patrocinada por “O Asador de
Leo”.
7
EXPOSITORES
8
PAVILLÓN 1
FIRMA COMERCIAL PROCEDENCIA
BRASILCAR-CITROËN A ESTRADA-PONTEVEDRA
R & S CARS LALÍN-PONTEVEDRA
STRADSEGUR, S.L. A ESTRADA-PONTEVEDRA
LUNIA A ESTRADA, S.L. A ESTRADA-PONTEVEDRA
INTEGRAL MOTION AELSA PONTEVEDRA
TALLERES LOUZAO-KIA MOTOR A ESTRADA-PONTEVEDRA
O.C.U. A ESTRADA-PONTEVEDRA
PAVILLÓN 3
FIRMA COMERCIAL PROCEDENCIA
TALLERES MARCOS LANDÍN,
C.B.
PORTAS-PONTEVEDRA
FOXOMOTOR, S.C. A ESTRADA-PONTEVEDRA
9
PAVILLÓN 4
FIRMA COMERCIAL PROCEDENCIA
CAETANO FÓRMULA GALICIA A ESTRADA-PONTEVEDRA
PAVILLÓN 5
FIRMA COMERCIAL PROCEDENCIA
MINOAUTOS MULTIMARCA,
S.L.
TEO-A CORUÑA
PAVILLÓN 6
FIRMA COMERCIAL PROCEDENCIA
JCV MOTOR SPORT A ESTRADA-PONTEVEDRA
FASTER CCK AUTOS, S.L. VILANOVA DE AROUSAPONTEVEDRA
AUTOCARAVANAS AROUSA-O
TUNO
VILAGARCÍA DE AROUSAPONTEVEDRA
10
EXTERIORES
FIRMA COMERCIAL PROCEDENCIA
AUTOS DODRO, S.L. PADRÓN-A CORUÑA
CARVENTA MINERVA, S.L. BERTAMIRÁNS-A CORUÑA
Premio Avelina Valladares
Manuel López Rodríguez, do concello de Noia, acaba de ser galardoado co Premio Avelina Valladares do Concello da Estrada. O xurado destacou a «sólida construcción» dun poemario que está dividido en tres partes e que antes de cada entrada o autor ten un diálogo cun poeta coñecido.
Ábrese o prazo para inscribirse nas actividades de prevención da dependencia 2021
Mañá martes, abrirase o prazo de inscrición para participar no programa de Actividades
de prevención da dependencia 2021 que permanecerá aberto desde o 14 até o 22 de
setembro (ambos incluídos).
Os requisitos para participar son estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior
de 50 anos ou contar con valoración de discapacidade. (33% ou máis).
As solicitudes deben presentarse no departamento de Servizos Sociais, en horario de
9.00 h a 14.00 h, ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada e deberán
acompañarse do certificado de discapacidade, de ser o caso.
No caso de que o número de solicitudes supere a previsión de prazas por grupo,
atenderanse as solicitudes segundo a seguinte orde de prioridades: En primeiro lugar,
daráselle preferencia ás persoas empadroadas no Concello da Estrada; e en segundo
lugar, darase preferencia por orde de entrada das solicitudes.
Cando se coñeza o número de participantes en cada parroquia, comunicarase o día e
hora da actividade, co fin de que os interesados formalicen a inscrición.
Para máis información, aqueles interesados ou interesadas poden dirixirse ao
Departamento de Servizos Sociais (de luns a venres en horario de 9.00 h a 14.00h) ou
chamar ao teléfono 986 573 265.
Codeseda, Souto e Arca: un ano sen televisión ante a pasividade do goberno do PP
As parroquias de Codeseda, Souto e Arcan levan máis dun ano sen poder ver a televisión. A pesar das denuncias presentadas polos veciños e veciñas no concello este problema segue sen resolverse, e o peor é que non hai data para a resolución definitiva deste problema.
A concelleira do BNG, Susana Camba, afirma que «o goberno municipal ten que poñerse as pilas para solucionar este problema, ten que poñer os medios políticos e técnicos para que os veciños e veciñas de Codeseda, Souto e Arcan reciban correctamente todas as canles de televisión».
«Por outra parte», engade a concelleira nacionalista, «o que non pode facer o goberno municipal é derivar o problema a outras instancias, neste caso RETEGAL, non pode botar balóns fóra deixando aos veciños completamente desamparados; o goberno ten que ser parte da solución, ten que dar a cara polos veciños e veciñas e polos seus problemas».
A concelleira do BNG, Susana Camba, explica que esta actitude «pasota» é «a marca deste goberno do PP; non resolven os problemas que son da súa competencia, como pode ser o arranxo de rúas e vías do rural (Avenida de Santiago, por exemplo) ou o pintado dos pasos de peóns, mais tampouco botan unha man aos veciños e veciñas para resolver o que dependen de outras instancias».
«Desde o BNG da Estrada», afirma a concelleira do BNG, «instamos ao goberno do PP a actuar e a actuar neste caso para resolver os problemas de recepción do sinal de televisión, que teñen os veciños e veciñas de Codesesda, Souto e Arca».
José López e Amalia Goldar dan a benvida ao curso escolar no CEIP de Oca

O CONCELLO DA ESTRADA ACOLLE ESTE SÁBADO A I FEIRA DOS FROITOS VERMELLOS, UNHA INICIATIVA PIONEIRA PARA PROMOCIONAR O SECTOR GALEGO DOS BERRIES
O Concello da Estrada convertirase este
sábado, 11 de setembro, na capital dos berries galegos coa celebración da I
Feira dos Froitos Vermellos.
O evento celebrarase o sábado pola mañá no Novo Mercado da Estrada o foi
presentado está mañá no Concello da Estrada, organizador da feira, por Anxos
Pais, concelleira da Área de Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira;
Óscar Durán, concelleiro da Área de Promoción Económica, Comercio e
Emprego; Ramiro Touceda, presidente de Berries Galicia, e José María Mira,
membro da asociación.
Na feira participarán seis empresas produtoras de froitos vermellos e tres
empresas que se dedican á elaboración de produtos con estos ingredientes,
ademais doutros axentes e representantes do sector.
En concreto, estarán Río Ulla SAT, da Estrada (fresa e arándanos); Frutos Finca
Tilleira, de Salvaterra do Miño (arándanos e produtos elaborados);
Biofruitgalicia, da Estrada (arándanos e produtos elaborados); Os Arandiños, de
Vilalba (arándanos e productos elaborados), e Adrián Crespo, de Carral (fresas).
Outros colaboradores con posto serán a pastelería Mimela (A Estrada),
especialista en repostería artesanal que levará para a venda dous trampantollos
de fresa e arándanos; Maruxío (A Estrada), obrador de galletas ecolóxicas.
Presentará na feira dous produtos novos no mercado: pastas con licor café e
arándanos, e tarta de hoxaldre con mazá da Estrada e arándanos; e A Casa do
Pan (A Estrada), que traerá dous tipos de tarta de queixo con arándanos.
A firma Ecoarándano (Santa Comba) apoia tamén a feira pero non estará
presente con posto porque agora mesmo non teñen produto. Se adican ao
arándano e os physalis -que chegarán a finais de mes-.
Tanto o concello como Berries Galicia destacan que outros produtores galegos
respaldan a iniciativa, pero debido á meteoroloxía tan cambiante os seus froitos
víronse prexudicados polas xeadas e non poden participar pola falta de produto.
“Na Estrada tivo lugar a presentación oficial de Berries Galicia, porque no noso
concello están asentados algúns dos produtores galegos e existe unha
arraigada tradición en torno ao cultivo dos froitos vermellos, polo que esta feira
é un paso máis no noso apoio á asociación”, afirmou na rolda de prensa Óscar
Durán.
Pola súa parte, Anxos Pais considerou fundamental que “os concellos apoiemos
a sectores galegos e locais con potencial como o dos froitos vermellos, que leva
moitos anos traballando para ofrecer ao consumidor un produto de alta
calidade”.
O Concello da Estrada organiza esta primeira feira da asociación e está a
colaborar cos produtores noutras cuestións, como a cesión dun local situado no
viveiro de empresas.
Ramiro Touceda, presidente de Berries Galicia, explicou que na feira os
asistentes “poderán coñecer de primeira man os nosos produtos, como fresas,
arándanos, frambuesas, grosellas e mouras, entre outros, e tamén a propia
asociación, a primeira de produtores galegos de froitos vermellos”.
“O sector crea riqueza en zonas rurais que non teñen agora mesmo outras
opcións e a asociación é importante desde o punto de vista do aporte técnico e
anímico para os produtores”, apuntou José María Mira.
Por outra parte, establecementos da asociación ‘Hostaleiros da Estrada’
ofrecerán tapas e pinchos nos seus locais durante a xornada para apoiar e
potenciar a produción e o consumo de berries galegos. A día de hoxe, están
inscritos na iniciativa os locais Nolis, O Lar, Samana, Andalucia e Argentinos.
Sobre a Asociación
Berries Galicia é a primeira asociación de produtores galegos de froitos
vermellos. Vende directamente ao consumidor e aos mercados maioristas para
ofrecerlles un produto autóctono, sostible e de alta calidade, tanto de
agricultura ecolóxica como convencional.
O colectivo, de recente creación, está especializado nos froitos vermellos
galegos como fresas, arándonos, frambuesas, grosellas e mouras, entre outros.
Preto dunha vintena de asociados con plantacións na Estrada, Lalín, Silleda,
Dodro, Teo, Vilalba, Santa Comba, Carral… suman forzas coas súas máis de 20
hectáreas de produción nun sector ata o de agora copado por grandes
empresas foráneas e multinacionais.
Na actualidade, os asociados proceden de tres provincias: A Coruña, Lugo e
Pontevedra. O seu obxectivo é ofrecer un produto galego e de alta calidade
para chegar ao cliente final pero tamén poder abastecer tanto mercados
maioristas e polo miúdo galegos como grandes mercados estatais, como Merca
Madrid, Merca Barcelona ou Merca Zaragoza -cos que se atopan en fase de
negociación-.
Tamén están a contactar para distribuílos nas Illas Canarias. Berries Galicia
traballa para proporcionar produto fresco en menos de 24 horas en calquera
destes mercados, dando resposta á falta de infraestruturas loxísticas que sofre
o sector.
Cada ano producen uns 14 toneladas de arándanos e 12 toneladas de fresas.









































