Danza,e patrimonio alíanse este sábado no Pazo de Oca


O Pazo de Oca e os seus impresionantes xardíns merecen unha visita. Se tamén se ofrecen como escenario dun espectáculo que é pura arte, a proposta faise irresistible. Iso é exactamente o que sucederá este sábado. O Versalles galego será o escenario dunha das paradas do novo ciclo cultural promovido pola Xunta dentro do programa de actividades para celebrar o Xacobeo 2021-2022. A proposta, que leva por título Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio, busca poñer en valor o traballo dos profesionais galegos das artes de danza e movemento, contando coa riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia como aliada para dalo a coñecer. O espectáculo traerá este sábado a partir das 20.30 horas a tres compañías galegas e un convidado que chegan desde Madrid ao Pazo de Oca. A compañía Vacaburra (A Coruña-Santiago de Compostela) porá en escena o espectáculo Extravíos. A peza preséntase como "un doodle musical para sete intérpretes" e está concibida como unha actuación de baile acompañada dunha orquestra ukelele en directo, a Ukestra do Medio. "Unha creación en forma de viaxe sonora bailada, un itinerario perdido polo corpo e a música", explican os creadores da creación. Os intérpretes son Andrea Quintana, Yolanda Porto, Sara Piñeiro, Katia Mera, Alberte L. C., Fon Collazo e César Parcero, baixo a dirección de Gena Baamonde e Andrea Quintana. A duración da peza é de 20 minutos. Vacaburra dará paso á actuación da bailarina madrileña Victoria P. Miranda, co seu espectáculo Rojo. A proposta presenta o corpo como o primeiro terreo de encontro con nós mesmos, co mundo, como un espazo para o pensamento ou produtor de unidades de sensación. "É un proxecto filosófico porque a escena e a filosofía son o corpo", explica o artista, que tamén fala de corpos no caos e corpos como pontes e reflexiona sobre contextos. A actuación dura 18 minutos.
A compañía compostelá de danza Can Cun Quinqué tomará o relevo co espectáculo Stay, baixo a dirección de Leodan Rodríguez e Isabel Sánchez, que tamén son os intérpretes. Os creadores explican o seu traballo con esta sinopse: «Queda. Pasabas por alí, tamén o eran. Mantéñase presente ou momento en que circunstancias é cómplice de algo que está a suceder. A implicación florece na ausencia de participar ou non. Esta responsabilidade pesa e cargarase con coidado, pero tamén é fráxil e pódese romper ». A duración da peza é de 15 minutos.

Por último, o Colectivo Delas, de Oleiros, estreará o espectáculo Occo, dirixido por Julia Laport e Sabela Domínguez. Os intérpretes son Andrea Castro, Eloi García, Martín Sanjurjo, Myriam González, Nerea Balado e Noelia Mato.
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

Rapa das Bestas de Sabucedo porá á venda na súa web as entradas para os dous curros tras ultimar o protocolo anti Covid-19

 A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo informa
que a venda ao público das entradas para asistir aos curros do sábado 28 de agosto
(18.00 horas) e o domingo 29 (12.00 horas) realizarase exclusivamente de xeito
anticipado a través da páxina web rapadasbestas.gal e non se abrirá ata que estea
ultimado o protocolo anti Covid-19 que se está a elaborar para “garantir o cumprimento
da normativa sanitaria e priorizar a saúde de todas as persoas implicadas”.
A data de apertura da venda on line anunciarase debidamente nas vindeiras semanas
a través das redes sociais e os medios de comunicación e o prezo das entradas será de
11 euros máis os gastos de xestión da plataforma de venda. Desde a asociación
saliéntase que «o aforo do curro será moi reducido» e anticípase que as restricións
sanitarias obrigarán tamén a “limitar notablemente” a acreditación de medios e
profesionais da comunicación.
Neste senso, avánzase que o prazo de acreditación tamén se dará a coñecer
proximamente nas redes sociais e advírtese que, como norma xeral e agás para casos
puntuais autorizados pola asociación, nesta edición non se permitirá aos profesionais
gráficos baixar ao curro para captar imaxes entre as bestas

Publicado en Portada | Deja un comentario

Café Quijano estará, por partida doble, los días 12 y 13 de agosto en Solpores no Lagoeiro

  • Los hermanos Quijano actuarán en A Estrada el próximo jueves, 12 de agosto, y viernes, 13 de agosto, tras haber colgado el cartel de ‘sold out’ para ambas fechas.
  • Ambas citas prometen ser un paso por el bolero y el pop latino a través de sus grandes éxitos y los temas de su última gira ‘La Vida no es La, La, La’.
 

A principios de junio, cuando la organización del ciclo de conciertos Solpores no Lagoeiro daba a conocer su cartel para este 2021, estaba prevista la celebración de un único concierto protagonizado por los leoneses Café Quijano. Concretamente, la fecha establecida era el jueves, 12 de agosto, a las 21.00 h. Sin embargo, la cantidad ingente de público interesado en asistir al espectáculo logró que se colgase el cartel de sold out en cuestión de días. Atendiendo precisamente a sus peticiones, la organización y los hermanos Quijano fijaban una segunda fecha de concierto para todos aquellos que se hubiesen quedado con la miel en los labios. Por eso mismo, Café Quijano repetirá actuación el viernes 13 de agosto, a las 21.00 h, en los exteriores de A Casa de Lagoeiro (A Estrada).

‘La vida no es La, La, La’ es el disco que devolvió a Café Quijano a la primera actualidad del pop internacional. Un trabajo que protagoniza una exitosa gira en la que el grupo repasa algunos de los grandes temas con los que hicieron historia y sus inseparables boleros.

Desde que regresaron a los escenarios en 2010, Café Quijano no ha parado de tocar, girar, colaborar con otros artistas y componer. Su lealtad al género del bolero se extendió con la trilogía ‘Orígenes: El Bolero’, gracias a la que han obtenido hasta cinco nominaciones a los Latin Grammy Awards. Ahora, con ‘La Vida no es La, La, La’, Café Quijano y su público disfrutan agotando entradas en la mayoría de los teatros y recintos en los que actúan gira tras gira.

Dado que la veteranía es un grado, su directo se prevé repleto de contenidos, haciendo disfrutar a su público con éxitos de finales de los 90 y del nuevo milenio, pasando de formatos eléctricos a acústicos y contando siempre con la elegancia, la empatía y la conexión de Manuel, Óscar y Raúl Quijano.

Ambos conciertos darán comienzo a las 21.00 h, mientras que el horario de apertura de puertas se establece para las 19.30 h. Puede consultarse toda la información a través de la página web www.solporesnolagoeiro.com.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O concello ten que ser máis ambicioso ca Torre e o Pazo de Guimarei

 No pleno do mes de maio a concelleira do BNG, Susana Camba, instou ao alcalde a actuar para paliar o deterioro da Torre e o Pazo de Guimarei, avisándoo de que o propietario deste Ben de Interese Cultural está incumprindo a lei que rexe para a preservación destes elementos patrimoniais, e no caso de non actuar para evitar o deterioro, o concello tería que pórlle unha denuncia.

No pleno de agosto, ante a insistencia da concelleira nacionalista, o alcalde confirma que o propietario da Torre e o Pazo de Guimarei acometerá melloras de consolidación, mais sen concretar datas nin prazos. No BNG estaremos vixiantes para que este anuncio non quede en saco baleiro, como tantos outros que fai o alcalde da Estrada.

Porén, desde o BNG cremos que o goberno municipal ten que ser máis ambicioso e non conformarse co lavado de cara que lle poida facer cada 20 anos (no mellor dos casos), e apostar pola inclusión destes elementos no patrimonio público do concello para a súa posta en valor posterior. Se se acometen as melloras necesarias a Torre e o Pazo de Guimarei ten todas as posibilidades de converterse nun dos mellores referentes turísticos do noso concello, mais o seu actual de abandono e deterioro deixa en moi mal lugar á Estrada e ao seu goberno.

Desde o BNG xa suxerimos en máis dunha ocasión que o concello pode buscar financiamento en varias administracións públicas, deputación, Xunta e mesmo o Estado, para que a Torre e o Pazo de Guimarei pasen a patrimonio público do concello. Só falta vontade política para coidar dos nosos bens culturais, do que é de todos e todas as estradenses, xusto do que carece este goberno.

Publicado en Portada | Deja un comentario

As prioridades do concello non pasan por peanolizar a rúa Calvo Sotelo

A Variante, mellorar a Avenida de Santiago, a 25 de Xullo, abrir novas rúas, mellorar os viais do rural, pintar os pasos de peóns… deberían centrar as actuacións do goberno municipal do PP

O BNG volve reiterar a súa desconformidade coa actuación de concello e Xunta de Galiza na Rúa Calvo Sotelo. Como xa dixemos non é unha actuación prioritaria nun concello con tantas carencias e nunha rúa que hai poucos anos tivo unha remodelación moi importante. Actuar sobre o xa feito é o doado, o difícil é ter unha visión de conxunto das carencias do noso concello e ter un proxecto claro para actuar en consecuencia, e iso é do que carece o goberno municipal do PP.
A día de hoxe hai moitas rúas que necesitan un lavado de cara importante como por exemplo a Rúa 25 de Xullo, convertida nun funil; a Avenida de Santiago, camiño obrigado para os camións que deterioran reiteradamente o asfalto; a Avenida de América e calquera das súas transversais, a Rúa Varela Buxán ou calquera das travesías de Fernando Conde, a Rúa do Matadoiro, a Avenida da Torre, a Rúa do Muíño, etc, etc, etc. Como se pode observar, sobra onde facer actuacións, mais o PP volve sempre sobre os seus pasos, actuando sobre o xa feito.

Desde o BNG cremos que o noso concello, e en concreto a vila, ten tantas carencias, que pensamos que o importante é actuar sobre o prioritario, como por exemplo pintar os pasos de peóns. E así como as casas empezan facéndose polos cementos, non polo tellado, o prioritario é desconxestionar o tráfico do centro antes de acometer peonalizacións, que o único que farían é aínda máis complicado a circulación pola vila.

Neste sentido, desde o BNG reiteramos a necesidade de abrir novas rúas, en concreto: prolongación da Rúa 25 de Xullo até as Colonias; prolongación da Rúa Antón Losada até a estrada de Pontevedra completando unha vía de circunvalación entre as colonias e o Pedregal; apertura da vía entre a estrada de Forcarei no entronque coa estrada de Ouzande e a avenida de Pontevedra conectándoa coa Rúa Fermín Bouza Brei. Estas propostas unha vez executadas, completarían unha trama viaria que contribuiría a desconxestionar o tráfico polo centro da vila e conformar un novo espazo urbano. Ademais, dotar a vila de máis zonas de aparcadoiro en superficie e mellorar e humanizar as existentes, así como de zonas verdes e zonas de esparexemento dispersas pola vila.

Isto son actuacións que o goberno municipal pode acometer, que son responsabilidade súa, só tería que buscar o financiamento para executalas. Outras, como a Variante, imprescindíbel para sacar o tráfico do centro da vila, depende da presión política do goberno municipal, mais tamén dos axentes sociais e sectoriais, que deberían facer unha fronte común para que esta infraestrutura sexa unha realidade.

Por outra parte, o noso rural tamén ten carencias importantes. Son moitas as vías que dependen do concello que están en moi mal estado, e o grave é que non hai no horizonte unha data para melloralas.

O concello da Estrada é moi grande, a metade da poboación vive no rural, e o goberno municipal do PP non só pode ter ollos para a vila, o rural tamén existe.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Rapa das Bestas de Sabucedo porá á venda na súa web as entradas para os dous curros tras ultimar o protocolo anti Covid-19

– A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo informa
que a venda ao público das entradas para asistir aos curros do sábado 28 de agosto
(18.00 horas) e o domingo 29 (12.00 horas) realizarase exclusivamente de xeito
anticipado a través da páxina web rapadasbestas.gal e non se abrirá ata que estea
ultimado o protocolo anti Covid-19 que se está a elaborar para “garantir o cumprimento
da normativa sanitaria e priorizar a saúde de todas as persoas implicadas”.
A data de apertura da venda on line anunciarase debidamente nas vindeiras semanas
a través das redes sociais e os medios de comunicación e o prezo das entradas será de
11 euros máis os gastos de xestión da plataforma de venda. Desde a asociación
saliéntase que «o aforo do curro será moi reducido» e anticípase que as restricións
sanitarias obrigarán tamén a “limitar notablemente” a acreditación de medios e
profesionais da comunicación.
Neste senso, avánzase que o prazo de acreditación tamén se dará a coñecer
proximamente nas redes sociais e advírtese que, como norma xeral e agás para casos
puntuais autorizados pola asociación, nesta edición non se permitirá aos profesionais
gráficos baixar ao curro para captar imaxes entre as bestas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta e o Concello da Estrada colaboran na mellora da accesibilidade das rúas Calvo Sotelo e Justo Martínez

A Xunta de Galicia e o Concello da Estrada colaborarán na mellora da accesibilidade de dúas rúas deste municipio: Calvo Sotelo e Justo Martínez, unha actuación á que se destinará un orzamento de case 310.000 euros.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde, José López Campos, asinaron esta mañá o convenio de colaboración, polo que a Xunta achegará un 70% do orzamento (máis de 215.000 euros), mentres que o concello o 30% (máis de 90.000 euros).

Vázquez Mejuto avanzou que coa sinatura do convenio, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio xa pode iniciar os trámites para licitación das obras.

Tal e como salientou a conselleira, esta actuación unirá dous puntos importantes do concello, como é a praza de Galicia, no caso da rúa Calvo Sotelo –onde se retirarán os bolardos e se renovará o asfalto-, e a alameda que rodea o edificio consistorial, no caso da rúa Justo Martínez, onde se ampliarán as beirarrúas actuais, se nivelará a cota e se instalarán novas rasantes para as escorrentías das augas pluviais. En ambos casos, as obras rematarán coa sinalización necesaria e a reposición dos servizos afectados.

A conselleira de Medio Ambiente indicou que o que se pretende é recuperar un espazo público peonil, para facilitar os desprazamentos e potenciar a súa función como espazo de encontro dos veciños; e o mantemento e conservación das rúas, en óptimas condicións de seguridade para os peóns e os vehículos.

Destacou que se trata dunha actuación que se enmarca no programa de humanización de rúas do plan Hurbe, impulsado polo Goberno autonómico hai máis dunha década para axudar ás entidades locais na execución de proxectos urbanísticos destinados a crear, mellorar ou humanizar equipamentos de uso público e colectivo.

Nese sentido, o alcalde da Estrada agradeceu a sensibilidade do departamento que dirixe Ángeles Vázquez, ao que presentou este proxecto de humanización “cun claro encaixe no plan Hurbe e que brindou colaboración tamén na tramitación que requiría” e grazas ao cal se dinamizará unha zona de gran actividade comercial.

Publicado en Portada | Deja un comentario