Defensoras de dereitos de Honduras, Guatemala, El Salvador, México e Nicaragua protagonizan unha exposoción fotográfica en A Estrada

 

As mulleres defensoras de Dereitos Humanos de Mesoamérica, a
rexión comprendida entre o sur de México e Costa Rica, son as protagonistas da segunda edición da iniciativa ‘Defensoras de Dereitos’ que este ano terá presencia en Gondomar, Pontevedra e A Estrada. As
súas historias de vida, o seu traballo en defensa dos dereitos das mulleres, das comunidades indíxenas, do territorio… son o fío condutor desta iniciativa impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Coordinadora
Galega de ONGD en colaboración coa Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos
Humanos (IM-Defensoras).
Hoxe inaugurouse en A Estrada #Defensoras Semillas de Cambio, unha exposición fotográfica que recolle os retratos e as historias de vida e acción política de 15 mulleres defensoras de dereitos Humanos de
Honduras, Guatemala, El Salvador, México e Nicaragua. As exposión conta co apoio da Asociación de Comerciantes de A Estrada e atópase nos escaparates de 10 comercios de Gondomar. O obxectivo desta
proposta é achegar as historias persoais e colectivas das activistas a prol da xustiza social ao máximo de persoas posible no actual contexto de restricións de movementos debido á COVID-19.
A exposición, que pode consultarse de xeito online na web galiciasolidaria.org, é unha adaptación da campaña de IM-Defensoras que, baixo o nome #Defensoras Semillas de Cambio, ten como obxectivo
homenaxear as máis de 2.000 defensoras de dereitos humanos articuladas en Mesoamérica arredor desta organización. Estudantes, xornalistas, labregas, sindicalistas, mestras, tecedoras, artistas, amas de casa…
No acto de inaguración, a portavoz da Coordinadora Galega de ONGD, María Paz, indicou que a exposición quere poñer en valor o traballo das defensoras. Visibilizalo e recoñecelo “porque a súa loita é a nosa”.
Lembrou que á pandemia da COVID-19 e ás crises económicas e políticas que vive a rexión, sumóuselle as últimas semanas as consecuencias dos furacáns Eta e Iota que afectou a máis de 6 millóns de persoas.

As consecuencias da pandemia nas vidas das defensoras
A irrupción da pandemia e a resposta que están a dar os gobernos de Mesoamérica á mesma está a impactar enormemente sobre as vidas e o labor das activistas. “A pesar de que o coronavirus agravou a
crise de dereitos humanos e a violencia estrutural que vive Mesoamérica desde hai siglos, os gobernos non
consideran esencial o traballo das defensoras”, aseguran dende IM-Defensoras.

Dende marzo, 8 de cada 10 defensoras víronse obrigadas a confinarse e a suspender a súa actividade de acompañamento presencial ás compañeiras e comunidades coas que traballan. Ademais, neste contexto, o
risco de sofrer violencia aumentou significativamente. Entre marzo e novembro de 2020, as alertas recibidas por IM-Defensoras incrementáronse un 123% respecto ao mesmo período do ano anterior. Se en
2019 foron 61, en 2020 chegan ás 136. Medraron as detencións arbitrarias, as campañas de desprestixio, a represión e a criminalización. Dende marzo, 10 defensoras mesoamericanas foron asasinadas.
Historias en forma de libro
Para dar a coñecer o risco que supón o traballo como defensoras de dereitos humanos e sensibilizar sobre as causas e consecuencias das situacións de desigualdade e pobreza que afectan ás súas vidas e aos países e
comunidades onde viven, publicaranse tres libros dirixidos a público xuvenil. Neles, contaranse as historia de vida e activismo de tres defensoras de Honduras, México e Guatemala. Os tres libros estarán escritos
pola marinense Lara Dopazo Ruibal, gañadora en 2020 do Premio Literario Illa Nova de Narrativa da Editorial Galaxia, e ilustrados pola deseñadora gráfica, Marta Conde.
As mulleres protagonistas dos libros serán:
Miriam Suazo (Honduras) conta cuha traxectoria de 20 anos traballando polos dereitos humanos.
Actualmente, faino desde o Centro de Estudios de la Mujer e a Red Nacional de Defensoras de Derechos Humanos de Honduras, coordinando xunto a outras organizacións e os movementos sociais o fondo de
emerxencia para a protección das persoas defensoras expostas a riscos inminentes debido ao seu labor.
Estela Ángeles Mondragón (México). Defensora dos dereitos territoriais do pobo rarámuri, comunidade indíxena do norte do país, durante más de dúas décadas.
María Magdalena Cuc Choc (Guatemala). Defensora do territorio e dos dereitos das mulleres indíxenas maya q’eqchi’. Apoia ás mulleres supervivientes de violencia de xénero e tamén ás comunidades que sofren
desaloxos violentos como consecuencia da usurpación de terras das empresas extractivistas e de monocultivo.
O 9 de decembro, organizarase un encontro online coas tres protagonistas dos libros para coñecer de primeira man, a través da súa testemuña, a realidade e os principais problemas que afectan aos seus países
e comunidades e a persecución e violencia que sofren por dedicar a súa vida a defender os dereitos humanos. O 17 de decembro terá lugar en Pontevedra a presentación do primeiro libro, protagonizado por
Miriam Suazo (lugar aínda pendente de confirmar).
Comercios participantes en A Estrada.
Os comercios de A Estrada que participan nesta exposición son: Catro Canciños (Rúa 24, 7), Copistería
Copistrada (Rúa Gradín, 48), Tiko Doco (Rúa San Antón, 8), Lugar del Vino (Rúa Ulla, 8), Regaliz Calzados
(Rúa Justo Martínez, 19), Luscofusco (Rúa Justo Martínez, 12), Moda infantil Ana Belén (Rúa Justo Martínez,
10), Federópticos Fondevila (Praza de Galicia, 12), Confecciones Loigar (Praza de Galicia, 11) e
Electrodomésticos Rey (Avda. América, 1)
Neste enlace>>> pódese acceder ao díptico informativo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE VATICINA QUE A LICITACIÓN DA AUTOVÍA A SANTIAGO NON CHEGARÁ NO 2021 E AS OBRAS NON SE INICIARÁN CANDO MENOS ATA 2024

O PSOE da Estrada ve insuficientes os recursos
orzamentados pola Xunta de Galicia para cumprir os compromisos que
anunciara sobre a AG-59. Luis López Bueno estima que “non hai orzamento
suficiente” e que o único “real” é a posta en marcha do trámite
administrativo de exposición pública do informe de impacto ambiental,
proxecto construtivo e a relación de afectados polas expropiacións. López
Bueno recorda que estes son “meros pasos administrativos” e que as
expropiacións do tramo ata Pontevea “levan dous anos pagadas” sen que se
produciran avances no proxecto.
A este respecto, recorda que a Xunta xa deixara caducar o trámite de
exposición ambiental que estaba superado, e advirte que “isto pode volver
acontecer”. Tamén recorda que o alcalde anunciara en 2017 que sería o ano
da licitación, “e ao final quedou en nada”. Estas cuestións e a falta de
recursos suficientes no orzamento, levan ao socialista a pensar que
“estamos diante doutra cortina de fume” mentres o alcalde intenta
capitalizar anuncios baleiros da Xunta “sobre os que, ademais, non ten
ningún mérito en particular”.
Para o líder socialista, estes anuncios da Xunta “intentan confundir” porque
xeran certo horizonte de que a infraestrutura se constrúa, pero á hora da
verdade “os investimentos reais chegarán máis alá de 2024, sen saber
certamente cando”, en tono de sorna comentaba que “exercicios seguintes
a 2024 tanto pode ser 2025 como 2035”. Tamén advirte de que “as
cantidades que figuran no orzamento hai que executalas” porque de nada
serve prever 4 millóns para 2021 “se ao final se gastan 0” como vén
acontecendo nos últimos anos.
Dende o seu punto de vista e se algún día se acaba executando, a Xunta de
Galicia levaría a cabo un proxecto “que se queda a medias”. A redución dos
custos de 80 a 45 millóns non é ningunha milagre, vén acompañada dun
peor servizo. Remarca que a autovía nacía pensada para rematar no
Polígono de Toedo e que finalmente rematará dunha forma “abrupta” no
Rollo. Considera tamén que a eliminación de enlaces en dirección A Estrada
fan que sexa un proxecto peor que o inicial, “moito menos ambicioso para a
Estrada”.
López Bueno afirma que o compromiso da Xunta con esta infraestrutura “é
cero”, porque dende a inauguración do tramo ata a Ramallosa por Emilio
Pérez Touriño, non se produciron avances “en ningún sentido”. De feito,

Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
recorda que o propio alcalde da Estrada asegurou ter sido “xeneroso e
comprensivo” coa administración autonómica durante os últimos 10 anos, o
que para o socialista é “un bonito eufemismo para recoñecer que non lle
facían nin caso”.
O voceiro socialista opina que o mérito do Goberno local do PP é moi
limitado respecto deste anuncio, porque nos últimos 10 anos foron
incapaces de colocar esta infraestrutura na axenda da Xunta de Galicia.
Considera que o alcalde non debería arrogarse agora o protagonismo
porque “todas as forzas políticas fixemos presión neste asunto” e cita que
en particular, dende o PSOE da Estrada “levamos anos utilizando todas as
ferramentas que tivemos ao alcance, e incluso algunhas que escapaban da
nosa esfera”.
Considera tamén que o compromiso do propio Presidente da Xunta é nulo, e
asegura que a construción desta infraestrutura se debe ao recorte sen
precedentes que se fai nas súas prestacións, e que ten un marcado carácter
“discriminatorio” para o noso Concello. Afirma que a infraestrutura está
pensada “dende o punto de vista de Santiago de Compostela” e que non
atende determinadas demandas da Estrada. “Non poder incorporarse en
dirección á Estrada ten un perxuízo evidente para o noso Concello”.
López Bueno defende que se trata dunha decisión económica e non política,
porque cando se prevía un proxecto “con todas as prestacións” a Xunta non
abordou a súa execución, “só accedeu cando o proxecto se recortou á
metade do orzamento”.
XULGADOS
O líder socialista tamén valorou o orzamento da Xunta para a construción
dos novos Xulgados de A Estrada. Afirma que 60.000 euros “dan para un
comezo moi tímido” e que, se se chegan a executar, “a final de 2021 haberá
un boceto sobre como poderían ser os Xulgados”.
Lamenta que a Xunta de Galicia non incorpore a previsión para os exercicios
2022 e 2023 dos aproximadamente 2,5 millóns de euros que custará esta
infraestrutura. Deixa claro que a Xunta pretende crear expectativas que non
ten previsto cumprir, polo que haberá que esperar anos para ter o novo
edificio de Xulgados.
PARQUE EMPRESARIAL DE TOEDO
López Bueno tamén considera que “os orzamentos da Xunta revelan máis
polo que calan que polo que din”. Critica con rotundidade que A Estrada
conte con cero euros para o desenvolvemento de solo industrial público. O
líder socialista valora que un ano máis A Estrada vexa desatendida “unha
das nosas principais demandas”. Lamenta que Xestur só contemple 1,5
millóns de euros para a ampliación dun único polígono industrial na


Provincia, “mentres os empresarios da Estrada continúan agardando por
servizos básicos no Polígono de Toedo”. Considera que A Estrada debe
contemplar “dende xa” outras vías para o desenvolvemento da parte pública
do solo industrial de Toedo porque está claro que “coa Xunta non podemos
contar”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os rozamentos da Xunta son raquíticos coma sempre e non recollen todas as necesidades do noso concello

Os orzamentos da Xunta de 2021 son a mesma historia de sempre, raquíticos e non recollen a necesidades do noso concello, que pasan por aumentar o solo industrial público para xerar emprego, pasan pola recuperación do noso patrimonio e pasan por mellorar os servizos públicos.

O noso alcalde pode pasear con Feijóo na inauguración do novo centro de saúde, mais vendo os investimentos previstos pola Xunta no noso concello, é obvio que A Estrada só conta para sumar votos para o PP.

No medio dunha crise económica brutal non se entende que o goberno municipal non aposte por ampliar o polígono industrial de Toedo e por impulsar a Cidade do Moble, que xa hai anos que non aparece nos orzamentos da Xunta, mentres, iso si, as empresas do moble da madeira non teñen por onde ampliar os seus negocios e mesmo, como xa denunciamos no seu día, teñen que comprar terreos nos concellos veciños.

Converter o ambulatorio en centro de día

Tampouco se entende que o goberno municipal non aposte por un centro de día público, deixando un sector tan importante en mans privadas. Neste sentido, e tendo en conta que o actual ambulatorio vai quedar baleiro dentro duns días, estes orzamentos de 2021 podía recoller xa unha partida para adaptar ese edificio ás necesidades dun centro de día, como xa propuxemos en 2018 desde o BNG. Pensamos, neste sentido, que é urxente darlle unha utilidade a ese espazo, non só para evitar o seu deterioro, senón para revitalizar unha zona que vai quedar nunha situación moi crítica no momento que o ambulatorio peche as súas portas.

Tampouco hai un só euro para actuar sobre o noso patrimonio. A Torre e o Pazo de Guimarei segue entre silveiras e toxos e o plan integral da ponte de Pontevea, tantas veces anunciado queda e en nada novamente nos orzamentos de 2021.

Desde o BNG presentaremos emendas que recollerán estas propostas, entre moitas outras, porque, a diferenza do PP, a nosa organización ten claro as necesidades do noso concello e non imos permitir que empresas privadas deseñen A Estrada que a elas lles interesa. A única aspiración do alcalde e o seu partido é pasear ao lado de Feijóo.
Publicado en Portada | Deja un comentario

Merca na Estrada, plataforma virtual de compra, abre hoxe 26 de Novembro as súas portas virtuais

A plataforma de comercio en liña da Estrada, MercaNaEstrada (www.mercanaestrada.gal),
abre as súas portas virtuais este xoves día 26. Dende hoxe, o público en xeral, xa poderá ter acceso ao mercado virtual que se oferta na plataforma, con distintos comercios e negocios que teñen os seus produtos á venda.
A data de hoxe, son 75 establecementos os que se poden visitar en www.mercanaestrada.gal e mais de 1.000 produtos os que se poñen á venda. Polo de agora, 11 de estos negocios, establecen a posibilidade de pago en liña e 21 aceptan entrega a domicilio.
Dende o departamento de Promoción Económica do Concello da Estrada, volve a facerse un chamamento a todos aqueles establecementos/comercios que aínda non se rexistraron, para que se animen a unirse a unha nova oportunidade de negocio que pon en valor o comercio de
proximidade do noso municipo. Especial fincapé, neste chamamento, aos produtores locais que, dun xeito moi sinxelo, poden inserir os seus produtos en mercanaestrada.gal e facer desta Plataforma en liña o seu escaparate.
O feito de abrirse ao público, aos potenciais clientes, agárdase que sexa unha motivación para todos aqueles negocios que aínda non se rexistraron e non están a facer uso desta ferramenta.
Cantos mais establecementos/negocios/comercios estén dispoñibles cos seus produtos na plataforma, mais atractiva será para as persoas compradoras e mais posibilidades haberá de por en marcha iniciativas que favorezan o comercio local, neste caso, o comercio local en liña.
Observarase a evolución na dinámica da plataforma nos vindeiros días para valorar a posta en marcha dalgún tipo de campaña de cara o Nadal, mediante descontos, bonos ou outras alternativas.
Lembramos que unha vez que un establecemento/comercio se rexistra terá que agardar á validación do Departamento de Promoción Económica, a cal adoita ser rápida, para poder comezar a operar ca súa tenda en liña. Na propia Plataforma www.mercanaestrada.gal está á disposición dos usuarios, varios métodos de soporte e axuda ante calquera dúbida, teléfono,
chat e mail. Ademais, tamén se está a ofrecer a posibilidade de soporte presencial para aqueles usuarios que persistan con dificultades á hora de poñer en marcha a súa tenda en liña, como xa se fixo, mediante visitas de axuda e asesoramento, en 22 establecementos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Aprobada a moción do BNG para levar a fibra a todas as aldeas e parroquias da Estrada

O pleno da corporación municipal aprobou no día de onte a moción do BNG que insta ao goberno municipal a levar a fibra óptica a todos os núcleos e parroquias do noso concello.

A concelleira do BNG, Susana Camba, explicou que “hai máis de tres anos que a fibra óptica se empezou a despregar no concello, concretamente na vila e no polígono industrial, desde aquela foi unha teima do BNG traballar para que a fibra tamén chegara ao rural, que a todos os núcleos e parroquias do noso concello”. “Ese é obxectivo da moción que se aprobou onte por unanimidade”, engade, “non pode haber veciños de primeira e veciños de segunda, todos temos dereito aos mesmos servizos, vivan onde vivan”.

“Demos un paso importante coa aprobación desta moción que presentamos desde o BNG”, afirma, “mais agora queda o máis difícil, negociar coas operadoras, negociar coa Xunta e co Estado para levar a fibra a todos os recunchos do noso concello, mais iso é algo no que se ten que implicar o goberno municipal”. “Estaremos vixilantes para que cumpran, non imos permitir que esta moción acabe nun caixón como fai o PP con todo”, engade.

“Agradecemos o apoio de todos os partidos a esta moción”, explica, “coido que todos entenderon que estamos a falar do futuro, que é unha necesidade presente, que debemos ter unhas conexións eficientes e seguras para desenvolver o noso traballo e estudar; a fibra ten que chegar a todas as aldeas, como chega a electricidade”. “Coido que a día de hoxe ningún goberno sensato debuxaría sobre un mapa a que aldeas leva a electricidade e cales non, coa fibra pasa o mesmo”, afirma.

“Por outra parte”, engade a concelleira, “o vindeiro xoves tamén se discutirá no seo da Fundación Cultural outra proposta do BNG para converter A Estrada Dixital en operador virtual de telecomunicacións, que permita que esta entidade municipal comercialice fibra óptica e telefonía móbil”.

“Coido que sería un salto cualitativo importante para A Estrada Dixital e podería redundar nun abaratamento dos prezos no acceso a internet e na telefonía para os veciños e veciñas da Estrada; ademais pensamos que isto pode mellorar a cobertura de 4G, que deixa bastante que desexar en boa parte do rural do noso concello”, afirma.
Publicado en Portada | Deja un comentario

Hoxe inauguramos o novo Centro de saúde da Estrada

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe que Galicia duplica o seu orzamento para infraestruturas de Atención Primaria con preto de 60 millóns de euros para 2021. “Non se trata de falar, senón de facer, e de plasmar sobre papel as partidas concretas para cumprir o comprometido e seguir modernizando e finalizando o mapa de hospitais e centros de saúde do novo Sergas”, aseverou.

Durante unha visita ás instalacións do novo centro de saúde da Estrada, Feijóo salientou que os presupostos de 2021, “os maiores orzamentos da historia da Comunidade”, investirán na Sanidade Pública 475 millóns de euros máis que este ano, chegando así á cifra récord total neste eido de preto de 4.600 millóns.

“Estamos a falar duns orzamentos para 2021 claramente sanitarios, xa que buscan blindar a sanidade, ademais de buscar a reactivación económica e social de Galicia”, abundou, referíndose tamén á oferta pública de emprego de 1.000 prazas na sanidade. Ao respecto, incidiu na necesidade de que o Goberno central autorice aos servizos de saúde de toda España a convocar todas as prazas vacantes, “xa que se isto se fixese, poderiamos sacar 3.600 prazas”, precisou.

No tocante ao novo centro de saúde da Estrada, Feijóo subliñou que, cun investimento de máis de 4 millóns de euros, conseguiuse aumentar case nun 30% a superficie asistencial que ten o centro de saúde actual. “Un 30% máis de superficie para atender ao mes preto de 10.000 consultas xerais, preto de 10.000 de enfermaría e preto de 2.000 de pediatría”, destacou.

Así mesmo, resaltou que esta infraestrutura pasa desde hoxe a formar parte dos 77 centros de saúde novos ou reformados nos últimos anos. “E, seguiremos comprometidos coa Atención Primaria nesta lexislatura, coa construción ou renovación de 39 centros de saúde; todo isto para ir finalizando o mapa de centros de saúde da Comunidade”, garantiu, avanzando que os presupostos recollen, ademais, unha partida de máis de 3 millóns para climatización de centros de saúde; e unha partida de 20 millóns para adaptacións de centros de saúde relacionadas coa atención á covid.

Por último, recordou que os orzamentos de 2021 apostan tamén por catro fondos: un Fondo Covid, dotado con 500 millóns para sanidade, educación e as políticas sociais; un Fondo Consenso, con 100 millóns de euros para financiar os proxectos de reactivación económica acordados no marco da Comisión parlamentaria de reactivación, do Diálogo Social e nas recomendacións do Comité de expertos económicos; e un Fondo REACT-EU.

“E inclúen tamén un Fondo de Garantía de Infraestruturas Sanitarias, de carácter plurianual e dotado con 105 millóns no ano 2021, co obxectivo de financiar durante toda a lexislatura a construción e reforma das infraestruturas sanitarias”, concluíu.

Por outro lago o alcalde estradense José López resaltou que, «Hoxe inauguramos o novo Centro de saúde da Estrada, coa visita do Presidente da Xunta. Na miña intervención recordei a aqueles que fai 60 anos soñaron con ter un estadio de fútbol na Baiuca, e con D. Mario Blanco ao frente loitaron por ese sono colectivo. Gracias a eles, gracias a todo o persoal do centro de Saúde, gracias á Xunta e a todos os galegos, hoxe temos na Estrada o mellor centro de saúde de Galicia».

Publicado en Portada | Deja un comentario

Obradoiro E ti, de onde comes? No CEIP de O Foxo.

No obradoiro de concienciación ambiental sobre a producción local e o
consumo de proximidade, titulado “Eu como do local”, abordaremos prácticas de alimentación sostibles e  saudables, coñecemos a riqueza dos productos de temporada elaborados no noso concello, e reflexionamos sobre os riscos dunha mala xestión dos recursos alimentarios.
 Descubrimos os productos locais de temporada da nosa Caixa.
 Coñecemos aos productore do Concello da Estrada.
 Investigamos como consumir dunha forma respetuosa coa contorna.
 Coñecemos os segredos dunha alimentación sostible e saudable.
 Reflexionamos sobre os riscos da globalización alimentaria.
Para implicar ao alumnado estradense nesta iniciativa e concienciar sobre unha alimentación de proximidade e respetuosa coa contorna, estamos a organizar un concurso creativo titulado “De onde comes?”
Invitamos ao alumnado a participar en 4 modalidades: debuxo, canción, poesía e narrativa. Todas as creacións deberán responder á pregunta “De onde comes?” e os centros educativos poderán elixir a(s) modalidade(s) na(s) que queren participar. No mes de Decembro incluiremos as creacións gañadoras nas nosas cestas, e faremos un acto de entrega dos premios. 
En Camiño Circular, ¡comemos do rural!.

Publicado en Portada | Deja un comentario