ACOE repartirá 200.000 rascas na campaña de Nadal

O teu corazón no comercio local, a asociación de comerciantes de A Estrada, ACOE, coa  colaboración do  Concello Estradense, colectivos e empresas de hostelería, pon en marcha o día 9 a súa campaña de Nadal, na  que un total de 160 establecementos repartirán 200.000 rascas que conteñen 8.000 premios. “Coa campaña, este ano difícil queremos agradecer ao cliente do comercio de proximidade que grazas a eles estamos aquí, aínda que por desgraza algúns xa tiveron que pechar”, dixo na   presentación o presidente de ACOE, Alfredo González.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada vistese de Gala para festexar o nadal

Galería Fotográfica:

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación do novo disco do pianista Javier Otero

O mércores día 16 de decembro, ás 21.00h, no Teatro Principal, o pianista e compositor estradense JAVIER OTERO presentará o seu cuarto proxecto discográfico.

 

Como todos sabedes, Javier leva anos alternando a docencia musical co seu traballo coma creador e intérprete musical, un labor no que colaborou cos mellores músicos do panorama nacional e internacional. Un labor de investigación, pioneiro na fusión de distintos estilos musicais, e na que da man de Yamaha integra o mundo da música na era da revolución tecnolóxica.

 

Todo aquel que queira achegarse a este concerto de presentación poderá recoller un convite no departamento de Cultura a partir de mañá venres. Como xa sabedes, a capacidade do Teatro está reducida debido á situación sanitaria polo que serán moi poucas as entradas dispoñibles para este concerto.

 

Antes de escoitar todos os pormenores da presentación por boca do seu protagonista, quero animar aos veciños a que se acheguen o mércores 16 a arroupalo neste ilusionante proxecto ao que lle desexamos moita sorte.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta destinará o vindeiro ano 60.000 euros a iniciar a construción do novo edificio xudicial da Estrada

O Vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado do alcalde, José Campos e da delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, visitou o solar no que se ubicará o novo edificio xudicial

A Xunta investiu nos últimos anos máis de 115 millóns de euros no Plan de infraestruturas xudiciais e seguirá investindo naquelas obras que sexan necesarias, como o caso da Estrada.

O Vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou hoxe o concello da Estrada, onde indicou que tal e como recollen os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, o Goberno galego destinará 60.000 euros para iniciar os traballos de construción dun novo edificio xudicial neste concello.

Alfonso Rueda, acompañado do alcalde, José Campos e da delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, visitou o solar no que se ubicará o novo edificio xudicial no que serán unificados os dous xulgados da Estrada, o de 1ª Instancia e o de Instrución, que entre ambos, atenden ao partido xudicial da Estrada que abarca unhas 24.000 persoas.

Alfonso Rueda indicou que “é necesario acabar coa dispersión dos Xulgados que había nalgúns concellos de Galicia, como era o caso de Tui que xa conta cun novo edificio xudicial e agora co novo edificio que se fará na Estrada, dando por finalizado así a dispersión xudicial. Agardo que no último trimestre do ano se presente o proxecto definitivo para que de comezo a construción no ano 2022 con todos os órganos unificados, un compromiso cumprido coa Estrada e con todos os concellos que tiñan separadas as unidades xudiciais”, rematou.

A Xunta investiu nos últimos anos máis de 115 millóns de euros no Plan de infraestruturas xudiciais e seguirá investindo naquelas obras que sexan necesarias, como o caso da Estrada. Un Plan que hoxe permite contar con sedes xudiciais novas ou renovadas nas principais cidades galegas acompañado tamén da realización de obras menores para mellorar outros xulgados, alí onde fose necesario.

A Administración de Xustiza é a partida orzamentaria con máis dotación económica para 2021 da Vicepresidencia primeira, máis de 164 millóns, un 4,4% máis que este ano. Un investimento que se destina tamén a recursos da Amtega para a modernización, para a creación de novas prazas de persoal para os novos xulgados que se porán en marcha cando o Estado aprobe o decreto correspondente, para o incremento correspondente á traxectoria profesional do persoal da Administración de Xustiza e para a dotación de persoal de reforzo dentro do Plan para axilizar a actividade xudicial tras a crise do coronavirus

Publicado en Portada | Deja un comentario

CAMPAÑA «NOVEMBRO 2.0»

 

Gañadoras dun vale de 100€ cada unha, do sorteo de hoxe LUNS 30 de Novembro da campaña «NOVEMBRO 2.0» son:
     EVA BLANCO – COMPRA REALIZADA NO COMERCIO DANA.
    LOLITA FLORES ALMOU- COMPRA REALIZADA NO COMERCIO TIKO DOCO.
    REBECA CERVELA DEBER- 
COMPRA REALIZADA NO COMERCIO CALZADOS REGALIZ.
    ANA FRANCO ESPAÑOL- 
COMPRA REALIZADA NO COMERCIO MI VESTIDOR AZUL

   
Gañadoras dun vale de 200€ cada unha, do sorteo de hoxe LUNS 30 de Novembro da campaña «NOVEMBRO 2.0» son:
     ROSAMAY RODRÍGUEZ COTO- 
COMPRA REALIZADA NO COMERCIO TIKO DOCO
    AMPARO COTO AMEIJEIRAS- 
COMPRA REALIZADA NO COMERCIO EMILIO IGLESIAS
                                                   

    MERCA NA ESTRADA
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada Dixital estudará a iniciativa do BNG para converterse en OPV

 Este xoves reuniuse o padroado da Fundación Cultura A Estrada e entre outros asuntos tratou a iniciativa do BNG para converter A Estrada Dixital en operador virtual para poder comercializar fibra e telefonía móbil. Segundo explicou a representante  nacionalista no padroado, Clara Iglesias, “a proposta foi ben acollida no seo do padroado e acordou estudar a viabilidade desta iniciativa”.

“Desde o BNG gustaríanos que o padroado tomase unha decisión xa o propio xoves, mais entendemos que o lóxico é estudala, analizala, ver as necesidades, os custes,… polo que daremos un tempo para este traballo se poida desenvolver”, afirmou a representante do BNG. “Con todo, pensamos que é urxente actuar para A Estrada Dixital non se quede atrás, dados os cambios que se están dando no mundo das telecomunicacións, tamén no noso concello”.

Por outra parte, a concelleira do BNG, Susana Camba, explicou que “esta iniciativa que presentamos xa no mes de setembro ten por obxectivo fortalecer o proxecto de A Estrada Dixital nun mercando cambiante, e ademais proporcionar un servizo de acceso a internet e telefonía móbil a prezos asequíbeis, desde unha entidade municipal, A Estrada Dixital, sobradamente coñecida entre os veciños e veciñas e con traxectoria e solvencia suficientes para desenvolver este traballo”.

“Agardamos sinceramente que desde o goberno municipal tomen a serio esta iniciativa”, afirma, “é importante non perder tempo e tomar decisións, porque, como xa dixemos, o futuro xa é hoxe”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O estradense Xosé Luna recibe o premio Avelina Valladares

 

O estradense Xosé Luna recibe o premio Avelina Valladares de poesía na mañá de hoxe nun acto cerrado so a prensa, acompañado polo concelleiro de Cultura Juán Constenla e a profesora e membro do xurado Noni Araújo.

O escritor adica o libro a seús pais nesta acto tan especial para él despois de ser a segunda vez galardoado con este premio.

Publicado en Portada | Deja un comentario