CONCILIA NADAL URBANO 2020

  • A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
  • DATAS E HORARIO: do 23 de decembro de 2020 ó 7 de xaneiro de 2021 (ambos incluidos). En horario de 8:30 a 14:30, de luns a venres.
  • LUGAR DA ACTIVIDADE: NOVO MERCADO
  • PRAZAS: 15 rapaces/as.
  • PRAZO DE INSCRICIÓN: do 24 de novembro ó 10 de decembro (ambos incluídos)

 

  • COTA DE INSCRICIÓN:
  1. a) Familias empadroadas no Concello da Estrada: 23 euros.
  2. b) Familias non empadroados no termo municipal e que os pais acrediten atoparse traballando na Estrada (termo municipal): 38,5 euros.

 

  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais ou no Rexistro Xeral do Concello da Estrada, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal).

 

A documentación a presentar xunto coa solicitude segundo modelo, é a seguinte:

  • N.I do pai, nai ou titor
  • Vida laboral dos pais/titores

 

No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:

 

  1. Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
  2. Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
  3. Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
  4. Orde de entrada das solicitudes.
  5. Rapaces e rapazas non empadroados no Concello da Estrada e que os pais acrediten atoparse traballando na Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

CONCILIA NADAL RURAL 2020

  • A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
  • DATAS E HORARIO: do 23 de decembro de 2020 ó 7 de xaneiro de 2021 (ambos incluidos). En horario de 8:30 a 14:30, de luns a venres.
  • LUGAR DA ACTIVIDADE: Centros Escolares de O FOXO, OCA, VEA e CODESEDA.
  • PRAZAS: 10 rapaces/as.
  • PRAZO DE INSCRICIÓN: do 24 de novembro ó 10 de decembro (ambos incluídos)

  • COTA DE INSCRICIÓN:
  1. a) Familias empadroadas no Concello da Estrada: 23 euros.
  2. b) Familias non empadroados no termo municipal e que os pais acrediten atoparse traballando na Estrada (termo municipal): 38,5 euros.

 

  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais ou no Rexistro Xeral do Concello da Estrada, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal).

 

A documentación a presentar xunto coa solicitude segundo modelo, é a seguinte:

  • N.I do pai, nai ou titor
  • Vida laboral dos pais/titores

 

No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:

 

  1. Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
  2. Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
  3. Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
  4. Orde de entrada das solicitudes.
  5. Rapaces e rapazas non empadroados no Concello da Estrada e que os pais acrediten atoparse traballando na Estrada

 

 O “CONCILIA NADAL RURAL” farase sempre e cando o número de nenos/as sexa superior a 6, e cun máximo de 10.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA APURA DIFERENTES NOVIDADES NO SEU URBANISMO ANTES DE FINAL DE ANO

Diversas novidades foron comunicadas dende a área de Urbanismo do Concello da Estrada durante esta semana polo seu titular, Gonzalo Louzao. Así pois, tras a celebración dunha mesa de mobilidade onde se deu conta do proceso de selección do proxecto para a humanización da Praza da Feira e o seu entorno no que “Baixo as Árbores” se proclamou opción favorita tanto para xurado técnico como na participación púlica, tomouse en consideración, co consenso de grupos políticos e asociación de hostaleiros, comerciantes e empresarios a humanización e regulación de tráfico rodado no tramo da rúa Serafín Pazo que une as Prazas do Concello e da Farola. Así pois, atendendo á demanda de hostaleiros, numerosos comerciantes e veciños/as de esa rúa, procederase a regular o aparcamento que hai no comezo da rúa, creando unha zona de carga e descarga para dar servizo ós negocios da zona e outra de aparcamento con límite de tempo para favorecer a rotabilidade. Ademais cambiarase a estética da rúa, eliminando os bolardos e repoñendo o pavimento de rodadura por outro de formigón impreso con interseccións en pedra, conservando as aceras ca pedra actual. Ademais deuse conta das actuáis obras para a ampliación do parking do Teatro e do novo convenio cos propietarios de unha parcela na rúa Iryda onde se crearán máis de cen de prazas de aparcamento.

Ademáis, comezouse a traballar para a aprobación dun documento de vital importancia para a eliminación das barreiras existentes nos espazos públicos, sexan edificios, rúas ou prazas, ou mesmo a nivel de servizos ou telecomunicacións. Será o vindeiro xoves cando se debata en sede de Comisión Informativa de Urbanismo un primeiro borrador dun Plan de Accesibilidade Universal Urbana no que en canto sexa posible será elevado a pleno para a súa aprobación e que pase a ser normativa de obrigado cumprimento para logar así unha Estrada accesible para todos/as, independentemente das dificultades de cada persoa ou do lugar onde viva ou transite.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG multiplica por 100 o orzamento previsto para a Variante

 
Como xa anunciou, o BNG da Estrada deu a coñecer as emendas que presentou aos orzamentos do Estado de 2021. En total suman 10.600.000 euros, dos que a meirande parte, 10 millóns de euros, serían para a Variante, e o resto serían para mellorar o acceso á AP-53 no Alto da Rocha (300.000 euros) e mellora do enlace que a Guimarei, Cereixo e Vinseiro ao final da Avenida Benito Vigo (300.000).

Segundo explicou a concelleira do BNG, Susana Camba, “sabemos que os 10 millóns de euros serán insuficientes para construír a Variante, que ten algo máis de 8 quilómetros, pero de aprobarse daranlle un impulso importante a unha obra que leva décadas demorándose”.

“Digamos que é a proba do algodón”, engadiu, “para ver a disposición do goberno de PSOE e Unidas Podemos para poñer en marcha a Variante, que para o BNG é imprescindíbel para mellorar as comunicacións da N-640 ao seu paso pola vila”.

O proxecto de orzamentos de 2021 contempla un investimento de 100.000 euros, que o BNG considerou “ridículos para unha obra que ten un custe de máis de 50 millóns de euros”, afirmou a concelleira nacionalista. “O BNG multiplícaos por 100”, engade, “e agardamos que no Congreso conten co voto favorábel de PSOE, Podemos e PP, xa que na localidade o apoio a esta infraestrutura é unánime entre as forzas políticas”.

“Por outra parte”, engade a concelleira, “tamén presentamos emendas para mellorar o acceso á AP-53 no alto da Rocha, así com o enlace  Guimarei, Cereixo e Vinseiro ao final da Avenida Benito Vigo, dous puntos negros que ten a N-640 ao seu paso polo concello da Estrada, e que levamos anos instando á súa mellora”.
Publicado en Portada | Deja un comentario

MercaNaEstrada, estrearase nos vindeiros días

A plataforma de comercio en liña da Estrada, MercaNaEstrada (www.mercanaestrada.gal)
pretende abrirse ao público, ás persoas compradoras, nos vindeiros días. Durante este tempo os establecementos/comercios estiveron a rexistrarse e subir os seus produtos na Plataforma e agora que xa existe un número de tendas e produtos que cumpren o mínimo esixido, é a hora de poñer en marcha este mercado virtual.
De todos xeitos, dende o departamento de Promoción Económica do Concello da Estrada, faise un chamamento a todos aqueles establecementos/comercios que aínda non se rexistraron,
para que se animen a unirse a unha nova oportunidade de negocio e que pon en valor o comercio de proximidade do noso municipo. Especial fincapé, neste chamamento, aos
produtores locais que, dun xeito moi sinxelo, poden inserir os seus produtos en mercanaestrada.gal e facer desta Plataforma en liña, o seu escaparate.
Lembramos que unha vez que un establecemento/comercio se rexistra terá que agardar á validación do Departamento de Promoción Económica, a cal soe ser rápida, para poder comezar a operar ca súa tenda en liña. Na propia Plataforma www.mercanaestrada.gal está á disposición dos usuarios, varios métodos de soporte e axuda ante calquera dúbida, teléfono,
chat, mail, etc.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE PÍDELLE EXPLICACIÓNS AO GOBERNO DO PP POLA PERDA DO OBRADOIRO DE EMPREGO POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO

O PSOE da Estrada denuncia a perda do obradoiro de
emprego por segundo ano consecutivo. Unha vez publicados os obradoiros
concedidos, A Estrada non está entre os Concellos que contarán cos talleres
duais de emprego, que representan 30 postos de traballo a disposición do
Concello.
Luis López Bueno considera que a perda do obradoiro reflexa a
“incompetencia” do goberno do PP, ao que considera máis centrado en
gastar millóns de euros nas súas obras faraónicas e improdutivas que no
pan dos veciños e veciñas. “Ao alcalde só lle importan IDOM e as
construtoras de fóra que lle fan as obras, o resto tanto lle ten” afirma López
Bueno.
O líder socialista remarca que coa perda deste obradoiro xa van dilapidados
60 postos de traballo. Ademais diso, as brigadas que se conformaban
“facían actuacións para todos os veciños e veciñas”. Ve “inexplicable” que o
goberno local anunciara en agosto de 2019 que solicitaría o obradoiro de
cara a 2020-2021, pero que finalmente o PP fixera gala da súa “inutilidade
política”, co resultado que se fixo público onte.
O voceiro considera que esta nova “é a peor posible neste momento”
porque moitos veciños e veciñas estaban esperando a que se puxera en
marcha esta ferramenta para acceder a un posto de traballo e aprender un
oficio. Opina tamén que López Campos debe dar explicacións sobre as
razóns polas que A Estrada non recupera o obradoiro “en contra dos seus
propios anuncios”.
Tamén considera o PSOE que a política de emprego municipal é
“inexistente”, e para mostra están os orzamentos de 2021, nos que as
partidas de promoción de emprego non suben. López Bueno califica que
“insultante” que o Concello non realice un esforzo para fomentar a
empregabilidade dos traballadores, e máis mentres transitamos pola “peor
crise económica da historia”.
Ademais valoran negativamente que o goberno do PP non siga o exemplo
doutros Concellos que si se preocupan pola situación dos seus veciños e
veciñas, incluíndo entre os servizos que prestan novas ferramentas de
acceso a emprego e mellora dos perfís profesionais.
https://emprego.xunta.gal/portal/es/11-demandantes/demandantessp/503-talleres-duales-de-empleo.html

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta somete desde hoxe a información pública un novo treito de 7,5 quilómetros da autovía Santiago-A Estrada, entre A Ramallosa e o Rollo, que suporá un investimento de 48M€

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada da delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, e do alcalde da Estrada, José López Campos, ofrece unha rolda de prensa sobre a autovía Santiago-A Estrada (AG-59).

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou o inicio hoxe do proceso de información pública do estudo de impacto ambiental e da actualización do proxecto de construción dun novo treito da Autovía Santiago-A Estrada. Trátase de 7,5 novos quilómetros desta autovía autonómica libre de peaxe entre A Ramallosa (Teo) e o enlace coa PO-841, no Rollo (A Estrada).

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade ofreceu hoxe unha rolda de prensa xunto coa delegada da Xunta na provincia de Pontevedra, Luisa Piñeiro, e co alcalde da Estrada, na que informou dos avances na prolongación da vía de altas prestacións. Tal e como informou, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o inicio do proceso de información pública do novo treito da Autovía Santiago-A Estrada (AG-59), que suporá un investimento da Xunta de case 48 millóns de euros.

A conselleira detallou que desde mañá e ata o vindeiro 4 de xaneiro todos os interesados poden realizar as achegas que consideren oportunas, que serán analizadas e tomaranse en consideración cando sexa pertinente.

Precisou que a determinación da Xunta para materializar a prolongación desta autovía libre de peaxe se traduciu na tramitación conxunta de dous subtreitos distintos: entre A Ramallosa e Pontevea (AC-241) e, entre Pontevea (AC-241) e O Rollo (enlace PO-841). E con esa mesma vontade, engadiu, unifícase nun único procedemento a tramitación ambiental, o inicio do proceso expropiatorio restante e a actualización dos proxectos.

Ethel Vázquez destacou que a actualización dos proxectos ten por finalidade adaptalos á normativa vixente, evitar a afección a un castro, que foi cuestionada pola autoridade
competente en Patrimonio Cultural e, ademais, racionalizar o impacto territorial e o investimento.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada da delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, e do alcalde da Estrada, José López Campos, ofrece unha rolda de prensa sobre a autovía Santiago-A Estrada (AG-59).

A responsable do departamento de Infraestruturas da Xunta puxo o acento na complexidade técnica da actuación, que require da execución de: 3 novos viadutos, un deles para salvar o río Ulla, 7 pasos inferiores e 3 superiores. Isto supón un investimento da Xunta de máis de 46,5 millóns de euros, aos que deben sumarse os case 1,2 millóns de euros precisos para completar as expropiacións.

Ethel Vázquez sinalou que a Xunta traballa co obxectivo de dispor o vindeiro ano dos proxectos construtivos aprobados e dunha Declaración de Impacto Ambiental que permita licitar as obras. De tal forma que, engadiu, mentres se avanza nos trámites que hoxe se inician, aprobarase tamén o decreto de utilidade pública para a expropiación dos terreos que faltan.

A este respecto, a titular do departamento de infraestruturas avanzou que os Orzamentos da Xunta para o ano 2021 recollerán a partida necesaria e suficiente para cumprir eses obxectivos fixados.

Publicado en Portada | Deja un comentario