O BNG está en contra da privatización da recollida do lixo

 O noso concello ten un problema coa recollida do lixo, xa o manifestamos en máis dunha ocasión, cuxas consecuencias pagan os veciños e veciñas, en especial do rural, que ven como se amorea o lixo durante días, sen que os servizos municipais pasen a retiralo. Tamén denunciamos en máis dunha ocasión o escaso interese que ten o PP pola reciclaxe e pola compostaxe, que reduciría o custe do servizo de recollida, prefiren levar a SOGAMA nun camión cuxo remolque ten tanta sucidade que xa non se ve o nome do noso concello. En máis dunha ocasión tamén denunciamos o deficiente funcionamento do punto limpo, en moitas ocasións aberto de par en par sen control de ningún tipo.

En maio de 2018 o concello da Estrada renovou a frota de camións de recollida do lixo, cun custe de máis 438.000 abonados con fondos da Deputación de Pontevedra, así como boa parte dos contedores do lixo, chegando a gastar preto de 700.000 euros en total. Logo deste imporante desembolso é inconcibíbel, que non só continúen os problemas co servizo de recollida, senón que o goberno do PP decida privatizalo, deixando esta infraestrutura renovada a unha empresa privada, tirando pola borda os miles de euros de diñeiro público gastado.

Efectivamente, o concello da Estrada ten un problema co lixo, mais a solución non pasa pola privatización, senón por xestionar mellor este servizo básico e imprescindíbel. A solución pasa por dotar de persoal estábel tanto no servizo de recollida, no punto limpo ou na limpeza viaria.

O goberno do PP non pode argumentar que non hai cartos para incrementar o persoal da recollida do lixo e para mellorar o servizo. Cartos hai, o que pasa é que o goberno de López malgástaos en obras faraónicas de dubidosa utilidade social.

O PP presume de xestión, mais desde que chegou ao goberno municipal en 2011 o único que fixo este goberno é desprenderse de servizos públicos. Primeiro foi o servizo de recadación de impostos e taxas, municipalizado na etapa anterior polo BNG, pasou ao ORAL, e agora queren privatizar o lixo. Isto deixa claro que se os servizos non funciona ou funcionan mal a culpa é do goberno municipal do PP e da súa incapacidade para xestionar adecuadamente os servizos públicos.

A isto hai que engadir a barra libre das empresas privadas na Estrada (Mercadona, IDOM, residencia privada), que deseñan o noso concello en base aos seus intereses particulares, mentres o goberno do PP dedícase a aplaudir estas xestións, así como algún partido da oposición.

Semella que ao grupo municipal do PP pésanlle as responsabilidades de goberno, cando recorren reiteradamente á privatización dos servizos públicos, mais o que non lle pensan son os máis de 168.000 euros en dedicacións exclusivas que pagan todos os veciños e veciñas. Se privatizan, se non xestionan os servizos públicos, o lóxico é que tampouco cobren as dedicacións exclusivas.

Por outra parte, unha recollida do lixo privatizada non garante un mellor servizo aos veciños e veciñas. Todo o contrario. Unha empresa privada débese aos beneficios, espremendo os dereitos dos traballadores e traballadoras, por iso non son raros os conflitos laborais neste tipo de servizo, amoreándose o lixo durante días. Exemplos hai abondo.

A privatización tampouco garante un custe económico para o peto dos veciños e veciñas, ao contrario, serán constantes as subidas no recibo de recollida do lixo para garantir o marxe comercial da empresa concesionaria.
 
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada continuaba hoy en alerta roja con 60 casos activos, siendo el brote de Vea el de mayor incidencia en el municipio.

El brote de Souto de Vea (A Estrada) suma trece positivos más y alcanza los 35 que actualmente están activos. Así lo comunicó el jefe de Atención Primaria del Centro de Saúde da Estrada, Juan Sánchez, que destacó que uno de los casos nuevos había sido detectado en una niña de tan solo siete años.

Un total de 2.046 personas realizaron durante el pasado fin de semana un cribado en el Centro de Saúde de Souto de Vea promovido por Medicina Preventiva de Santiago tras el vertiginoso aumento en el número de casos de un brote que surgió en un bar de la localidad, y que tan solo en unos días sobrepasó la treintena de contagiados.

A Estrada continuaba hoy en alerta roja con 60 casos activos, siendo el brote de Vea el de mayor incidencia en el municipio.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE PÍDELLE AO PP QUE ORGANICE A XESTIÓN DOS POSITIVOS COVID COS CENTROS DE ENSINO

O PSOE da Estrada pídelle ao PP que organice “dun xeito
profesional” a xestión dos positivos por covid nos centros de ensino do
Concello. A falta de información respecto dos últimos casos rexistrados
entre profesores e alumnos xeraron malestar tanto nos equipos directivos,
profesores como nos pais e nais dos alumnos. O Grupo Municipal socialista
rexistrou na tarde do venres unha solicitude para que o Concello inste á
Xunta a perfeccionar os protocolos de comunicación entre Sanidade,
Educación e os centros.
Luis López Bueno explica que algún centro notificou os casos positivos e non
tivo resposta da Xunta de Galicia “en ningún momento”. O socialista
lamenta que a administración autonómica non actúe dun xeito organizado
para contactar ás escolas e organizar a xestión deses positivos. Apunta a
que a pesar dos cambios continuos no protocolo, os centros fan esforzos
ímprobos e aplícano “con puntos e comas”.
Así, os recentes casos que se están dando nas escolas estradenses están
sendo xestionados polos centros “coa escasa información da que dispoñen”
porque as Consellerías non llela comunican. De feito, son os equipos
directivos, profesores e pais e nais os que están dando os avisos sobre as
aulas nas que se dan casos.
Para o socialista é intolerable que o protocolo non contemple o illamento de
casos sospeitosos de ser positivos dentro das aulas burbulla e que se lles
indique que fagan vida normal. Considera que estas indicacións son
contraditorias, máis aínda cando en algún caso os rastrexadores acaban
chamando ás familias días despois para facer a pertinente PCR.
López Bueno ve unha evidente falta de persoal e “falta de organización” na
propia administración autonómica. “As consellerías non están coordinadas e así é complicado controlar as cadeas de contaxio”. O voceiro socialista
recorda que nas aulas burbulla todos os alumnos deberían ser considerados
contactos estreitos, e por iso reclama a mellora dos protocolos para
“facilitar a comunicación e facer máis eficaz o rastrexo”.
O líder socialista tamén pide axilizar actuacións nos Centros que son
“urxentísimas”. É necesario acometer reformas, instalar cubertas e incluso
ampliar e construír máis accesos para facilitar a aplicación de protocolos de
entrada e saída. “En pleno outono moitos alumnos teñen que esperar á
choiva” recorda.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Comeza o cribado masivo en Vea tras detectarse un brote de máis de 20 casos

O cribado masivo organizado esta fin de semana en Souto de Vea tras detectarse un brote de coronavirus con máis dunha vintena de casos comezou este sábado con total normalidade.

O cribado permitirá determinar a extensión do foco de coronavirus. Este labor será realizado durante as xornadas deste sábado e domingo (de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00), nas instalacións do Centro de Saúde.

O alcalde da Estrada, José López; o tenente alcalde, Juan Constenla; o concelleiro de Sanidade, Óscar Rancaño e o xerente do centro de saúde da Estrada, Juán Sanchez, estiveron a acompañar aos veciños citados este sábado no centro médico de Vea.

RESPONSABILIDADE. O Sergas enviou mensaxes de texto aos veciños de Vexa para comunicar o día e a hora da cita para realizar o test a unha poboación caracterizada pola súa idade avanzada e o alcalde, José Campos, fixo un chamamento á responsabilidade para tratar de minimizar as consecuencias.

As autoridades sanitarias pediron o autoconfinamiento como medida para frear a propagación do coronavirus, cuxa presenza fixo que o municipio da Estrada figure no mapa caracterizado coa cor vermella que elabora a Xunta de Galicia e determina as limitacións nas actividades individuais e colectivas.

Os casos vinculados ao brote poderían ter a súa orixe nun bar de Vea e o número de casos ligados ao mesmo creceu vertiginosamente nas últimas xornadas. Ante esta situación, Atención Primaria considerou este venres prudente que a poboación desta zona se autoconfine para impedir que se produza a transmisión comunitaria.

Non é leste o caso de mozos que poidan contaxiar aos seus maiores -un suposto no que poñen un especial relevo as recomendacións da Consellería de Sanidade-, senón do colectivo de maiores entre si.

CONTAGIOS EN CENTROS EDUCATIVOS. Aínda que o foco de atención está centrado na parroquia de Souto de Vea, a preocupación está xustificada porque se rexistra un reguero de casos en diversos enclaves do municipio e a covid-19 tamén traspasou as paredes dos centros escolares.

Así no CEIP Foxo (situado en Rubín) son dous os afectados, mentres que o rexistrado no Villar Paraná está vinculado ao brote de Souto de Vea. Son dous tamén os que se produciron no IES García Barros e un no colexio Figueroa. Entre os afectados hai alumnos e profesores.

O nivel máximo de alerta polos contagios na Estrada está xustificada polos datos: son 45 os casos activos, dos que 25 corresponden a Vea, unha cifra que pon de relevo a situación en que se atopa esta parroquia. Dúas persoas están hospitalizadas e son catro os brotes.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O XURADO DO PREMIO XORNALÍSTICO MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA, VEN DE FALLAR A XXV EDICIÓN DESTE GALARDÓN.

O día 10 de novembro do ano en curso, reuníronse telemáticamente, os
membros correspondentes ao xurado cualificador encargados de fallar a XXV
edición do “Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela”.
O xurado presidido por D. Juan Manuel Constenla Carbón, estivo
composto por Dna . Victoria Reimóndez Sanmartín, Dna. Mª. Del Carmen
Vieitez Conde, D. Enrique Otero Fernández e D. Juan Andrés Fernández
Castro, exercendo de secretario, D. José Manuel Bouzas Blanco.
O xurado cualificador, agradece a participación e destaca a
variedade e calidade dos traballos presentados a concurso. Concurriron a
esta edición un total de vinte artigos, pertencentes a un total de sete
autores.
O premio desta Edición recaeu por unanimidade nunha serie de
cinco artigos, “A xeito de mensaxe aventado”, “O bosque: Espello de
algoritmos””, “Unha língua de bandeira”, “Os invencibles amores do cuco”,
“Festina lente no tempo adiado”, da autoría de D. Pedro Rielo Lamela que
foron publicados no suplemento semanal A Revista, do Diario de
Pontevedra, baixo o título xenérico de “Crónicas no faiado”.
O xurado destacou a actualidade e trascendencia dos temas elixidos —a
denuncia dos maltratos ás mulleres, a reivindicación da lingua galega, o
respecto á natureza ou a vida en plenitude—así como o estilo coidado dos
seus escritos e a voz íntima e persoal, impregnada de lirismo, coa que neles se
expresa o autor.

O acto de entrega do premio terá lugar o vindeiro mes de
decembro. Por mor da Covid-19 farase a entrega cumprindo coas medidas
de seguridade establecidas e cancelando a asistencia de público.
A entrega de galardóns contará coa presencia do Alcalde estradense, un
representante da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Concelleiro de
Cultura, un representante do Comité de Seguimento do galardón, o gañador da
presente edición e médios de comunicación.

Publicado en Portada | Deja un comentario

¡¡Aviso importante!!!a poboación de Vea

¡¡Aviso importante!!!do alcalde Estradense a poboación de Vea.
O Sergas está enviando mensaxes de texto á poboación da zona de Vea. Nestas zonas temos moita poboación maior, polo que pedimos a vosa colaboración para informar que a mensaxe contén os datos de afiliación (coa salvagarda de datos protexidos) e a data e hora na que están citados no Centro de Saúde de Vea para facer o test de cribaxe poboacional, que se realizará o sábado e domingo en horario de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Banda da Loba e Vagalumes galardoados co Premio San Martiño de Normalización Lingüística

Premio San Martiño á difusión da lingua galega na comarca Tabeirós-Terra de Montes á Asociación Cultural Vagalumes.

 

 N0 día de hoxe no teatro Principal de A Estrada o alcalde José López Campos acompañado de Iván Sanmartin como menbro do xurado fan entrega dos premios San Martiño 2020.

A concesión a Vagalumes baséase no longo percorrido da asociación no desenvolvemento e fomento da lingua galega, desde o ano 2009 ata a actualidade, promovendo conferencias, coloquios, mesas redondas, proxeccións audiovisuais, teatro, publicacións de libros e  homenaxes  (como o derradeiro co gallo da conmemoración do centenario do Emigrado 1920-2020), en prol da normalización, defensa é difusión da nosa lingua.

 

Premio San Martiño á difusión lingüística no ámbito galego

 

A Banda da Loba pasa por ser na actualidade, despois tan só de dous traballos discográficos, Bailando as rúas (2017) e A Fábrica da luz (2019), unha das voces máis frescas e renovadoras do panorama musical galego. Caracterizadas no aspecto creativo polo seu eclecticismo, aunando a tradición con ritmos como o pop, o reggae ou o ska; a súa identidade coma banda aséntase nunha defensa firme da muller, a terra e a lingua. Neste senso, a banda ten musicado poemas de autores coma Celso Emilio Ferreiro, Manuel María ou Rosalía de Castro.

Publicado en Portada | Deja un comentario