Os Comerciantes Estradenses están a crear iniciativas para axudar a hostalaría, únete

 
 
–  Sandra Alonso Estilistas
Presentando un tícket de compra de hostalería de A Estrada realizan un 10% de desconto nos seus servizos.
Dirección: Rúa Waldo Álvarez Insua, 7
 
–    Centro Óptico A Estrada
Presentando un tícket de compra de hostalería de A Estrada realizan un 10% de desconto na túa compra.
Dirección: Rúa Justo Martínez, 19
 
–  Peluquería e estética Monymar
Monymar ofrece un 10% de desconto a todos os clientes que presenten un tícket de compra de comercios estradenses (carnicerías, librerías, tendas de roupa, zapaterías, mercerías, ópticas, hostaleria)
Dirección: Rúa Forcarei, 3
 
– Anela A Estrada
Presentando un tícket da hostalería de A Estrada realizan un 10 % de desconto en toda a súa colección.
Dirección: Rúa Peregrina, 13
 
– Gilcolor Decor
Presentando un tícket da hostalería de A Estrada realizan un 10 % de desconto.
Dirección: Rúa Ulla, 2
 
– Catro canciños
Presentando un tícket da hostalería de A Estrada realizan un 10 % de desconto nas peluquerías (corte, baños, spa, cepillados…)
Dirección: Rúa 24, 7
 
–  Peluquería e Estética Xeloira
Presentando un tícket da hostalería de A Estrada realizan un 10 % de desconto nos seus servizos de perruquería.
Dirección: Galerías 2000
 
–  Repostería Creativa Doce
Presentando un tícket da hostalería de A Estrada poderedes adquirir cupcakes a 1€.
Dirección: Galerías San Antón 
 
– El Rincón de María García
Presentando un tícket da hostalería de A Estrada realizan un 10 % de desconto.
Dirección: Rúa Peregrina, 13, entresuelo
 
–  Dona Formiginha
Presentando un tícket de compra de hostalería de A Estrada realizan un 10% de desconto na túa compra.
Dirección: Rúa don Nicolas, 12.
 
–  Lugar del vino
Promoción especial para os que presenten un tícket de compra en hostalería mentres duren as restricións.
Dirección: Rúa Ulla, 8, baixo
 
–  Jorge Freitas Fisioterapia e Acupuntura
Presentando un tícket de compra de hostalería de A Estrada realizan un 10% de desconto nas súas terapias.
Dirección: Rúa Castelao, 7, 5º
 
– Nova Visión
Presentando un tícket de compra de hostalería de A Estrada realizan un 10% de desconto en calquera produto da óptica.
Dirección: Rúa Irida, 5
 
–  Mi bebé
Presentando un tícket de compra de hostalería de A Estrada realizan un 10% de desconto na roupa do teu peque, calzado, sacos, edredóns, mantas, bolsos,…
Dirección: Rúa Justo Martínez, 7
 
–  Reale Seguros
A Axencia REALE A ESTRADA vai a SORTEAR 5 SMARTBOX (onde podedes elixir entre Estancias, Condución, Balnearios, Degustacións, etc…) , entre a xente que consuma na Hostalaría da Estrada.
Son 5 experiencias para desfrutar ou ben só (si se quere e se pode 😅) ou ben na compañía da persoa que ti elixas (de momento recordade que só conviventes, sentidiño ante todo).
Para participar neste sorteo teredes que:
Subir o voso tícket de compra en calquera dos establecementos hostaleiros da Estrada e etiquetar ao Facebook de Reale Seguros A Estrada (@realeaestrada) ou Depositalo na urna que teremos na axencia de Reale da Estrada (C/Castelao 2 Baixo) co voso nome, apelidos e un teléfono para poder contactar convosco en caso de que o tícket resulte premiado.
A participación e o sorteo comeza este mesmo luns 4 de novembro a partir das 14:00h e durará ata que a Xunta de Galicia manteña o peche interior da hostaleira permitindo tan só o servicio a domicilio e para levar.
O sorteo levarase a cabo o día hábil seguinte ao finalizamento destas restricións. (Ex: no caso de finalizar as restricións o día 4 de decembro, o sorteo realizarase o 7 de decembro).
Publicado en Portada | Deja un comentario

Listaxes de locaís da Hostalaría Estradense

– CERVEXERÍA EUREKA

Comida para levar todos os días de 12:00 a 15:00 e de 19:00 a 22:45 horas.
Teléfono pedidos: 986 57 39 62 // 618 13 58 87
Páxina Web     //     Facebook
 
– RESTAURANTE RIO LIÑARES
Recollida de cafés e comida para levar todos os días e de luns a venres, tamén pack menú do día.
Horario de luns a venres de 08:00 a 14:30 horas
Fin de semana de 9:00 a 15:00 horas.
Teléfono pedidos: 986 57 15 20 // 625 61 71 22 // contacto@riolinares.es
Páxina Web     //     Facebook
– BAR RESTAURANTE ANDALUCÍA
Servizo de recollida de cafés e comida para levar durante toda a semana.
Teléfono: 986 57 05 78 // 649 93 37 91
– CAFETERÍA INVICTUS
Comida para levar os venres e sábados de 19:30 a 23:00 horas.
Teléfono: 986 57 19 59
Facebook
– RESTAURANTE REGENJO
Café e menús para levar de luns a venres e comidas para levar todos os días.
Teléfono: 986 570 825
Páxina Web     //     Facebook
– RESTAURANTE REGATOS
Comida para levar o fin de semana.
Teléfono 986573649
 
– MR. PIZZA
Comida por encargo todos os días e con servizo a domicilio.
Teléfono: 986 57 39 61
Facebook
– A TABERNA DE SEQUEROS
Comida para levar e reparto a domicilio.
Teléfono: 641650634
Facebook
– TAPERÍA O LAR
Servizo de cafés para recoller ou entregados de 10:30 a 12:00 horas
De luns a sábado
Teléfono: 676105517
– AS 3 PORTIÑAS
Servizo de desaiunos para levar a empresas, comercios, oficinas, etc… un café quentiño, con zumo e un pincho de tortilla por exemplo.
Teléfono 672 11 58 15
Tamén realizan comidas para recoller que van anunciando no seu Facebook
– O ASADOR DE LEO
Comida para levar.
Ademais tamén disporán de menús do día de luns a venres e pratos do día os fin de semana.
Tamén aceptan encargas de calquer comida fora de carta encargandoa de 24 a 48 horas antes.
Teléfono: 986 57 19 09 // 654 43 63 91
Páxina Web     //     Facebook
– TABERNA NAVEGACIÓN
Comida para levar:
Venres de 20:00 a 22.30 horas.
Sábado de 13.30 a 15.30 e 20:00 a 22.30 horas.
Domingo de 13.30 a 15.30 horas
Os encargos faranse con mínimo 1 hora de marxe aos seguintes números de teléfono: 635 44 00 68 // 690 95 20 50 // 986 07 16 61
Páxina Web     //     Facebook
– VELIS NOLIS BISTRÓ
Comida para levar
Teléfono: 635 01 63 73
Facebook
– BAR BODEDOS
Comida para levar e reparto nun radio de 15 km do local sito en Arnois.
Todos os días de 7:00 a 23:00 horas.
Teléfono: 986 58 75 02
Facebook
– O XULIA
Cafés, pan e comidas para levar.
Teléfono: 986 57 15 40
Facebook
– RESTAURANTE GRAN VIA
Menús para recoller
Teléfono: 620045652
– O PASEO CAFETERÍA
Café para levar de luns a venres.
De 8:00 a 14:00 horas.
Teléfono: 986 07 49 24
– OS PEARES
Comida por encargo para recoller.
Este fin de semana: Callos e Croquetas caseiras.
Teléfonos: 686 28 01 53 // 690 31 22 23
– GRUPO VALENCIAGA CATERING
Churrasco, polbo e tarta da avoa para recollerou entrega a domicilio Sábado e Domingo.
Fin de semana a mediodía entrega a domicilio avisando antes das 12:30 ou recollida no local avisando 10 min. antes.
Sábado a noite entrega a domicilio chamando antes das 19:30 ou no local 10 min. antes.
Teléfonos: 986 58 52 20 // 722 324 389
Páxina Web     //     Facebook
– A CASA DO GATO
Comida para levar e servizo a domicilio.
Teléfono: 886 909 411
Páxina Web     //     Facebook
 
– CAFETERÍA ALAMEDA
Cafés para levar.
O novo horario será:
De luns a venres: de 08.00 a 13.00 horas.
Sábados: de 09.00 a 12.00 horas.
Domingo: pechado.
– RESTAURANTE CARBALLO GRANDE
Comida para levar.
TeléfonoS: 986 57 28 35 // 626 83 99 40
 
– HOTEL RESTAURANTE AMÉRICA
Comida para levar, carta e menú.
Posibilidade de envio a domicilio na zona (Oca)
986587450
Páxina Web     //     Facebook
 
– CAFÉ BAR PANAMÁ Recollen encargas para levar: Pan, tortilla, bocadillos, biscoito, cafés,…: De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Sábado e Domingo de 9:00 a 13:30 horas. Teléfono: 615 59 11 55 Facebook
 
– CAFETERÍA CERVECERÍA AMADEUS
Cafés para levar.
De luns a sábado de 9:00 a 12:00 horas.
Teléfono: 986 17 42 79
 
– POLBERÍA PORTA
Polbo, churrasco e cachelos para levar.
Mércores e sábados na carpa da feira.
Teléfono: 659 90 87 45
 
– ARGENTINOS CASUAL FOOD
Comida para levar e reparto a domicilio.
Teléfono: 986 57 12 26
Páxina Web     //     Facebook
 
– BAR CAFETERÍA LECER
Cafés para levar
Teléfono: 886 15 36 22
 
Recordade sempre facer os vosos pedidos coa maior antelación posible para facilitarlle a elaboración aos nosos hostaleiros.
Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO DA ESTRADA CANCELA A GALA DO DEPORTE ESTRADENSE 2020

O Concello da Estrada, por medio da Concellaría de Deportes, Novas
Tecnoloxías e Participación Cidadá, informa que se suspende a IV Gala do Deporte
do Concello da Estrada, que debera celebrarse este vindeiro mes de decembro, polo
que non haberá festa do deporte estradense este ano 2020.
A nivel deportivo, coa suspensión das actividades deportivas e das distintas
competicións, a tempada 2020 non se puido completar, motivando un paro mínimo
seis meses en todas as modalidades, tanto en deportes colectivos coma individuais,


que obrigou a cancelar a maioría das actividades.
Debido a isto, a organización da IV Gala do Deporte Concello da Estrada,
considera que, nesta situación e baixo estas circunstancias, non se pode realizar unha
valoración obxectiva cos mesmos criterios dos obxectivos acadados por deportistas e
clubs, xa que os condicionantes de cada un para realizar á actividade, alteraron o seu
normal desenvolvemento, por múltiples factores. Isto impediu que o xurado desta gala
puidese realizar as súas propostas de forma equitativa e razoable.
A maiores, na situación actual, as restricións impostas polas autoridades
sanitarias aos espazos culturais, non nos permiten habilitar o Teatro Principal para a
realización desta gala. Así pois, comunicamos a súa supresión, e emprazamos os
estradenses á edición 2021.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA IMPULSA A RESTAURACIÓN DO BOSQUE DE RIBEIRA DO RÍO UMIA NA ESTRADA NUN TREITO DE 18 QUILÓMETROS CUN INVESTIMENTO DE 220.000€

A Xunta, a través de Augas de Galicia, vai proceder á restauración e ao desenvolvemento de accións de conservación do bosque de ribeira do río Umia ao seu paso polo Concello da Estrada nun treito de 18,62 quilómetros cun investimento de 219.700€.

 

Dita actuación ambiental foi presentada esta mañá pola delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, e o alcalde da Estrada, José López, no refuxio de pescadores de Abragán, na parroquia de Codeseda, que será, xunto a Arca, o emprazamento deste proxecto. “Presentamos hoxe unha fase máis da mellora do Umia, semellante a outras xa realizadas neste río, e que pretende preservar unha zona da Estrada dun altísimo valor ecolóxico, natural e paisaxístico e instaurar condicións nóptimas este importante cauce para beneficiar os sistemas de abastecemento ao seu paso e, principalmente, o de Caldas de Reis”, detallou a representante autonómica.

 

Segundo os datos técnicos que se deron a coñecer na presentación, este proxecto, que afecta a 1.808 parcelas catastradas situadas nas zonas de dominio público hidráulico e de servidume, está a afrontar os derradeiros trámites administrativos co obxectivo de comezar coa actuación no inicio de 2021 e afrontar o seu desenvolvemento durante doce meses.

 

A superficie beneficiaria ascende a case 20 hectáreas localizadas en ambas marxes do río Umia na Estrada e na mesma executaranse repoboacións nuns 36.000 m2 con labores de restablecemento e rexeneración artificial do bosque de ribeira en zonas onde non se produza de xeito natural.

 

Outras actuacións centraranse na conservación do bosque de ribeira existente nas zonas arbóreas, principalmente de especies ripícolas, con tarefas de eliminación e retirada de vexetación morta que non afecte negativamente á estabilidade dos noiros. Tamén se procederá á recuperación de zonas degradadas con labores de poda, supresión de restos vexetais e de especies que non formen parte do bosque de ribeira, rozas puntuais e selectivas, limpeza de residuos, accións selvícolas e implantación de medidas correctoras que favorezan a recuperación desta vexetación propia do cauce.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG pide que o concello publicite os bares e restaurantes que elaboran menús para levar

Susana Camba: “Consideramos importante a implicación do concello para chegar ao maior número de persoas posíbeis”

A concelleira do BNG, Susana Camba, insta ao goberno municipal do PP “a elaborar unha lista con todos os restaurantes e bares que elaboran menús para levar para compartila a través das redes sociais, do Whatsapp do concello e mesmo da páxina web oficial.“

“Esta iniciativa xa está circulando a través de Facebook”, indica, “mais consideramos importante a implicación do concello para chegar ao maior número de persoas posíbeis”. “A hostalaría local está a atravesar momentos moi complicados”, afirma Susana Camba, “e é o momento de que o concello se implique, non só con declaracións e anuncios, senón con iniciativas concretas”.

“Esta proposta”, engade a concelleira, “non é excluínte de outras axudas que pode adoptar o concello e que xa reclamamos a semana pasada cando amosamos como organización o apoio e colaboración ao sector hostaleiro do noso concello”.
Publicado en Portada | Deja un comentario

O GOBERNO DE JOSÉ LÓPEZ REXEITA INCORPORAR MEDIDAS DE APOIO A HOSTALEIROS E COMERCIANTES NO ORZAMENTO DE 2021

O PSOE estradense amósase “decepcionado” polo papelón
do goberno municipal na comisión de Facenda celebrada o venres. Na orde
do día unicamente estaban os orzamentos municipais para 2021. O martes,
os socialistas fixeran chegar as súas propostas, que centraban esforzos na
promoción económica (suba de 150.000 euros e bonificacións fiscais) e no
medio rural (suba de 100.000 euros nos investimentos), cuestións chave
que se deberían atender en 2021.
Os socialistas realizaron un estudo detido do orzamento e atoparon unha
diferenza de 762.000 euros entre os gastos que prevé o goberno e os que
finalmente se terán que atender. “Son partidas de gasto corrente que están
sobredimensionadas, nunca se gastan por completo”. Aínda así, para
poñerllo sinxelo ao goberno, López Bueno propuxo axustes por valor de
381.000 euros “detallando cada céntimo”, e que serían máis que suficientes
para atender as súas propostas.
O líder socialista explica que reorganizando o gasto non sería necesario
acudir a fórmulas e aumento dos ingresos, nin se incorrería en máis
endebedamento por parte do concello. Ademais, co axuste proposto
manteríanse abertas todas as partidas axustadas “que se poderían
complementar se tiveran gasto por riba do normal”.
En contra de toda a lóxica, o PP non atendeu as emendas da bancada
socialista. Para López Bueno este feito demostra que “o PP é o goberno
máis hipócrita da historia deste Concello”. O xoves puidemos velos na
manifestación da hostalaría, comprometéronse no pleno a tomar medidas
económicas de apoio a comerciantes e restauración, pero á hora da verdade
levantan a man para votar en contra das medidas de apoio.
López Bueno recoñece que “non esperaba outra cousa” e parécenlle
“lamentables” os intentos de xustificación do goberno, que intentou
parapetarse en “recomendacións” do departamento de intervención sen
esgrimir “ningún informe asinado”. O líder socialista sentencia que “non
presentan un informe porque non poden, trátase dunha decisión do goberno
e punto”.
O voceiro lamenta que o PP lle dea as costas a comerciantes, hostaleiros e
parroquias “cando se lles deu todo feito” e considera “retratados” aos
Concelleiros do PP. Considera como unha “moi mala nova” que edís
populares que teñen negocios e comercios “voten da man dos seus cargos
políticos” uns orzamentos que non prevén ningunha medida de apoio ao

tecido económico da Estrada. López Bueno opina que “é normal que os
concelleiros con dedicación estean moi tranquilos, ao final eles viven de
salarios pagados por todos os estradenses” pero non comprende a actitude
do resto de concelleiros. “Tal e como nós non entendemos o seu voto, os
veciños e veciñas tampouco o van a entender”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O concello non realiza a recollida de voluminosos no rural (e non sabe cando o volverá a facer)

Susana Camba pide ao alcalde maior dilixencia á hora de mellorar a xestión do punto limpo e ínstao a tomar medidas inmediatas para solucionar o problema da recollida dos voluminosos

A recollida de voluminosos que, en teoría, é un servizo que presta o concello desde hai anos, está suscitando numerosas críticas nas parroquias e lugares.

Segundo explicou a concelleira do BNG, Susana Camba, “veciños e veciñas comunicáronnos que nos últimos meses o concello non pasa a recoller os voluminosos para trasladalos ao punto limpo”. “De feito”, engade, “desde a oficina da alcaldía, que é a onde hai que chamar para prestación deste servizo, recoméndalle aos veciños e veciñas, que leven pola súa conta os voluminosos ao punto limpo, porque desde o goberno municipal non saben cando se vai prestar ese servizo”.

“O curioso”, explica a concelleira nacionalista, “é que na web do concello non figura información algunha de que se deixara de prestar o servizo, ao contrario, no apartado do punto limpo explican o procedemento a seguir polos veciños e veciñas, xerando confusión e frustración”.

“De todos os xeitos”, afirma a concelleira do BNG, “xa temos denunciado en numerosas ocasións o desleixo do goberno do PP co medio ambiente, así como a nefasta xestión do punto limpo, e o da recollida dos voluminosos xa é pinga que desborda o vaso”.

A concelleira nacionalista recordou que “hai poucos días rexistramos unha moción para mellorar a xestión do punto limpo, onde incidiamos tamén na recollida dos voluminosos polo rural”. “Agardamos do goberno municipal dilixencia á hora de enfrontar este problema medioambiental que nos consideramos grave”, engade, “e instamos ao alcalde a tomar medidas inmediatas para solucionar o problema da recollida dos voluminosos”.
 
Publicado en Portada | Deja un comentario