A hostelería estradense, en pé de guerra

GALERÍA:
 
Deceas de persoas participaron onte na mobilización convocada pola Asociación de Hosteleiros da Estrada con motivo da fonda crise que está vivindo o sector debido ás contínuas restriccións impostas polas diferentes administracións con motivo da pandemia do coronavirus. A protesta, que recorreu as rúas do centro urbano estradense, foi secundada tanto por veciños e veciñas como por profesionais da hostalería e doutros sectores, que mostraron a súa indignación polas duras restriccións impostas a estes establecementos, que en numerosas ocasións foron sinalados como causantes da terrible pandemia.
A partir do sábado os establecementos deberán cerrar ao público e servir só a domicilio, unha medida que probablemente non poderán soportar todos os pequenos empresarios. 
O alcalde, José López, e membros da Corporación municipal estradense non dubidaron en participar na mobilización e mostrar o seu apoio ao sector.
 
 
 
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

‘Lume na lareira’ hará vibrar A Estrada el próximo 15 de noviembre

La capital de Tabeirós-Terra de Montes volverá a acoger este año una nueva edición del festival folclórico ‘Lume na Lareira’, que tendrá que adaptarse, eso sí, a las nuevas restricciones sanitarias impuestas por el coronavirus. Así, el Teatro Principal será escenario, el próximo 15 de noviembre, a las 19.00 horas, de un espectáculo que promete ser inolvidable. Su organizador, Juan Ruibal, junto con el concejal de Cultura estradense, Juan Constenla, presentaron ayer el evento, que solo podrán disfrutar 30 personas. Las entradas tienen un coste de cinco euros y podrán retirarse en el Concelllo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

NOVA OFERTA DE CURSOS ON LINE DE TEQUEXETÉLDERE

 

Cursos de folclore en liña

Antes do confinamento para previr a expansión do coronavirus, a formación online xa era unha realidade e unha opción consolidada para quenes tiñan problemas para adaptarse ao sistema dunha formación presencial en moitas materias, sen embargo, nunca houbo unha necesidade nin un proxecto de facer clases online de foclore dende aulas virtuais e con profesorado en directo a través dunha plataforma en streaming.

Agora o parón obrigado pola pandemia supuxo que moitas actividades se tiveran que reinventar para sacar os seus cursos adiante en tempos dunha  nova normalidade.

 

Visto isto en Tequexetéldere decidimos crear a nosa propia aula virtual, para dar soporte ao noso profesorado e poder impartir, ademais das aulas das nosas aulas en curso, poder ofertas novos cursos para todo aquel que este interesado, xa ben viva na Estrada ou fora do noso concello.

 

A aula virtual de Tequexetéldere podemos acceder directamente dende a nosa páxina web tequexeteldere.gal e alí haberá información de como mercar os cursos a duración dos mesmos, profesorado, contidos do curso e toda a información de interés do alumnado

 

As clases serán na modalidade de directo on line mediante Google Meet, unha ferramenta de balde que xa ven integrada dentro do paquete Gsuite e completamente compatible con Google Classroom.

As videochamadas de Meet cífranse en tránsito, e todas as medidas de seguridade actualizanse constemente para ofrecer un nivel de protección optimo, tamén se poden organizar aulas multitudinarias e acceder de forma sinxela dende calquera dispositivo con só compartir unha ligazón aos membros de cada aula.

 

O alumnado que este interesado, poderá mercar os cursos online e facer o pago mediante transferencia bancaria ou Paypal e acceder as aulas ven en directo ou despois gravadas durante o tempo que dure dito curso, que poderá ir dende unhas semanas ata varios meses.

 

Ademais do noso alumnado máis cercano, Tequexetéldere quere difundir e achegar as súas aulas aos centros galegos tanto do estado como do exterior.

 

Esta plataforma recén creada para a formación e ensino do noso folclore, tamén ten unha versión dispoñible para dispositivos móbiles.

 

PRIMEIROS CURSOS QUE OFERTAMOS

Estreamos a nosa aula virtual con 3 cursos, 2 de baile galego (impartidos por Javier Sanmartín) e un de mantemento e iniciación de gaita galega (impartido por Suso Vaamonde)

 

 

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Ó BAILE GALEGO

Impartido por Javier Sanmartín

 

FUNDAMENTACIÓN

 

Este obradoiro está proxectado para aquelas persoas que se inician no baile tradicional galego. Aqueles bailadores que queren entrar no torreiro a danzar e darlle donaire ó corpo nas diferentes ruadas, foliadas, seráns, polavilas, filandóns e reunións en torno ás nosas músicas tradicionais.

A idea de diversión a través da danza onde a improvisación e a expresividade corporal se transmite en complicidade coa túa parexa de baile ou de forma colectiva.

Así mesmo, este Obradoiro nace para ser tamén unha aproximación inicial e ferramenta didáctica en programacions de ensino, ocio e tempo libre e dinámicas de grupo motrices, expresivas e creativas.

 

 

CONTIDOS

 

  • Movementos básicos repetidos na xeografía galega en base ás tradicións transmitidas de xeración en xeración, fonte de sabiduría e información nos diferentes estudos de campo e investigación realizados en vilas e aldeas galegas.
  • Dar a coñecer e achegarse á danza tradicional galega a través das diferenzas de expresión e identidade segundo a variabilidade xeográfica.
  • Iniciación á expresión corporal e coordinación motriz e musical tendo como base rítmica os diferentes melodías e músicas tradicionais de informantes galegos.
  • Creación dun espazo de diversión e transmisión da nosa cultural tradicional galega en liña en tempos de especial dificultade de xuntanzas sociais.

 

METODOLOXÍA

 

  • Oito sesións practicas en liña de 45 min de duración os Martes de 20:00 a 20:45 horas, a través da Escola Virtual de Tequexetéldere.
  • Espazos e encontros en liña con exposicións teóricas e coloquio entre os bailadores.
  • Foliada virtual como remate do Obradoiro.

 

 

OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL  EN LIÑA

» TABEIRÓS E TERRA DE MONTES «

Impartido por Javier Sanmartín

 

 

FUNDAMENTACIÓN

 

Este obradoiro está proxectado para aquelas persoas con coñecementos previos no baile tradicional galego que queiran ampliar os seus coñecementos e disfrutar das tradicións dunha comarca, a de Tabeiros e Terra de Montes, no que o baile e a música tradicional tiveron unha fundamental trascendencia nas súas xentes e no seu acontecer.

Terra dos Gaiteiros de Soutelo e dos emblemáticos requinteiros Os airiños da Ulla, entre outros, sempre foi zume de esencia galega e de forte enraizamento coas nosas tradicions, polo cal, era necesario sintetizar e transmitir unha formación especifica baseada en traballos de campo e investigacións realizadas en diferentes aldeas e vilas galegas repartidas polos concellos da Estrada, Forcarei e Cerdedo.

 

 

CONTIDOS

 

 

  • Dar a coñecer e achegarse ás tradicións en forma de baile e música tradicional galega a través das diferenzas de expresión e identidade segundo a variabilidade xeográfica dentro das terras de Tabeirós e Terra de Montes.
  • Baile solto con combinación das diferentes estructuras que se realizaban no torreiro, tendo como base rítmica as diferentes melodías e músicas tradicionais de informantes galegos desta comarca.
  • Creación dun espazo de diversión e transmisión da nosa cultural tradicional galega en liña en tempos de especial dificultade de xuntanzas sociais.

 

METODOLOXÍA

 

  • Oito sesións practicas en liña de 45 min de duración os Martes de 21:00 a 21:45 horas, a través da Escola Virtual de Tequexetéldere.
  • Espazos e encontros en liña con exposicións teóricas e coloquio entre os bailadores.
  • Foliada virtual como remate do Obradoiro.

 

 

Cursos impartidos por JAVIER SANMARTÍN LÓPEZ

 

A súa andaina no baile e na música tradicional se produce dende moi novo na escola e posteriormente no grupo oficial de baile da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela. Imparte as primeiras aulas en dita escola de muiñeira chegando posteriormente á dirección do grupo de baile desta Agrupación. Asemade, inicia novos sendeiros como mestre de baile e música tradicional en diferentes Agrupacións e Asociacións culturais galegas e no exterior, como a da Escola de baile e música tradicional de Dumbría ,Centro Social de Cee, CEIP de Carnota, CEIP de Dumbría, Escola de baile do Centro Cultural A Ponte Vella de Reis, Escola de baile da Agrupación Tequexetéldere da Estrada e grupos da Galiza exterior…

Actualmente dirixe o grupo oficial de baile do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo ( 2007-Actualidade ), o grupo de baile Tequexetéldere da Estrada ( 2009-Actualidade ) e o grupo de baile da Agrupación Folclórica Cántigas e Frores de Lugo ( 2015- Actualidade ).

A súa dedicación ó ensino ten como base a investigación de tradicións en torno á música e ó baile tradicional, a través da recolleita e recopilación en diferentes vilas e aldeas galegas. Esta afección polas nosas tradicións fai posible a realización e dirección de diferentes experiencias e mostras etnográficas como o espectáculo de raíz » Lenda » ( CC. A Ponte Vella 2018-2020 ), “ O son do sabugueiro ” ( C.C. A Ponte Vella 2015-2017 ), “ Voa ” ( Tequexetéldere 2016-2017 ), Gala XXV Aniversario Tequexetéldere ( 2015 ), Gala etnográfica “ Como cho conto ” ( Cantigas e Agarimos 2010 ), Gala etnográfica “ Lela ” ( Cantigas e Agarimos 2011-12 ), “ O Casamento”. ( C. S. de Cee 2007 ) ou a mostra “ O Serán ” ( E. M. Dumbría 2005-2006 ), entre outros.

Por último indicar a realización de diversos talleres en festivais e obradoiros de cultura tradicional en Galiza, Portugal, Barcelona, Italia, Bélxica ou Francia.

 

 

 

 

MANTEMENTO E AFINACIÓN DA GAITA GALEGA

IMPARTIDO POR SUSO VAAMONDE

 

Obxectivo

Palletas, pallóns, corchos, fíos… cantos gaiteiros que saben tocar unha morea de cancións, non obstante, descoñecen as pautas básicas para facer un correcto mantemento e afinar o seu instrumento?

Neste curso semipresencial aprenderás a afinar correctamente o teu instrumento e a facerlle o mantemento necesario básico para telo sempre a punto. Coñecerás os últimos materiais empregados para todos os compoñentes dunha gaita do século XXI: pallóns de PLA con láminas de fibra de vidro, gaitas de POM, METACRILATO, PET, válvulas de corte, buxas de cierre… E descubrirás ventaxas e inconvintes das palletas e pallóns de plástico e de cana.

Suso Vaamonde ensinaráche maneiras, métodos e habilidades para que aprendas a ter o teu iNStrumento sempre nas mellores condicións para o seu uso e disfrute.

 

Metodoloxía

  1. As clases serán de 60 minutos semanais, por medio da plataforma Google Meet.
  2. Nesta clase o mestre dará información sobre afinación e correcto mantemento da gaita en xeral, e de todos os seus compoñentes en particular.
  3. O mestre expoñerá un tema en concreto. Por exemplo: enfiado da palleta. Tratará a principal problemática, aportará as diferentes solucións ao mesmo, e, unha vez ensinado cómo se aplica a solución, cada alumno fará o propio baixo a supervisión do mestre.
  4. A duración do curso será de dous meses (8 clases)

 

 

SUSO VAAMONDE MANTEIGA

 

Suso Vaamonde Manteiga, Músico intérprete e Mestre de instrumentos populares (Visantoña, 1970) é Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, e posúe o Título Profesional de Gaita polo Conservatorio Mayeusis de Vigo.

Formou parte de grupos tan prestixiosos como Xacarandaina, Ballet Galego Rey de Viana, Leliadoura, Luvas Verdes, Cantata Vernácula, Trío Vaamonde, Lamas e Romero… Actualmente desenvolve a súa actividade musical principalmente no coro histórico “Aires da Terra: o legado de Feijóo”, no espectáculo De tradición con Suso Vaamonde (Suso Vaamonde con banda de música) e 24 Instrumentos Populares (Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero).

Foi Mestre de Música Tradicional do IGAEM (actualmente AGADIC), e músico colaborador do Centro Coreográfico Galego, tanto na interpretación de instrumentos como na impartición de talleres e obradoiros didácticos.

Ten impartido diversos cursos de técnica e afinación de gaita galega (Casa de Galicia de San Sebastián, A.F.C. Cantigas e Frores, Asociación Cultural de Folclore Tradicional Ourensá, Academia Escola da Vaca, do Ferrol, Cursos de Especialización para a Galicia do Exterior en Santiago de Compostela…).

Destaca ademais no campo da composición, sendo autor de máis de corenta obras e outros tantos arranxos. A meirande parte da súa obra está gravada por él mesmo en diversas publicacións discográficas.

Acadóu diversos premios como solista: Gañador do Concurso de Gaita Constantino Bellón nos anos 1992 e 1997, gañador do Premio LUAR 2000 como Mellor grupo de música tradicional…

Ten participado en máis dunha veintena de gravacións discográficas e publicado varias obras para gaita (Solo de Gaita, Cadernos de gaita galega -4 en total-, Doce Polainas Enteiras, De pano sedán, Revista de Etnomusicoloxía, Pel e Madeira I e II…)

O 2 de agosto de 2005 foi o único gaiteiro solista encargado de interpretar a Marcha do Antigo Reino de Galiza na Toma de posesión do Presidente da Xunta, don Emilio Pérez Touriño.

Participou tamén como gaiteiro solista nos actos de conmemoración do “25 Aniversario do Parlamento de Galicia”, tanto na apertura coma na clausura, que tiveron lugar os días 14/12/2005 e 19/12/2006 respectivamente.

Colaborou como xurado e músico no programa da TVG “LUAR” no concurso Vai de gaita infantil durante as tempadas 2014-2015, e 2015-2016, promovendo a difusión dos instrumentos populares galegos interpretados por nenos menores de 13 anos.

Na actualidade é o Director, Profesor e Coordinador da “Escola de Instrumentos Populares Galegos Suso Vaamonde”, en Arcos da Condesa (Caldas de Reis). Tamén é Mestre de instrumentos populares na “Escola de Música Tradicional do Concello de Outes”; na asociación “ASMUBE”, de Betanzos; na asociación “Hai que Roelo”, de Cuntis; na asociación “Amigos da Música”, de Salceda de Caselas; e na “Aula Permanente de Instrumentos Populares” da Universidade de Vigo, no Campus de Pontevedra. Foi Mestre de Zanfona na “TRADESCOLA”, en Lugo dende outubro de 2017 ata xuño de 2019.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG apoia as mobilización do sector da hostalaría da Estrada

Desde o BNG da Estrada, xa o dixemos desde o principio da pandemia, apoiamos as medidas que se están a tomar para frear o virus Covid19. A nivel galego a nosa organización tense instado ao goberno da Xunta a tomar medidas máis contundentes para frear unha pandemia que nos últimos días está batendo records de contaxios, hospitalizacións e mortes, unha situación que non é allea o noso concello.

Mais estas medidas, necesarias, teñen unha contrapartida negativa, xa que hai sectores económicos gravemente afectados polos peches perimetrais, os confinamentos e os toques de queda para aminorar a mobilidade de persoas. Un destes sectores é o da hostalaría, gravemente afectado por decisións políticas, necesarias, pero prexudiciais desde un punto de vista económico.

Desde o BNG queremos manifestar todo o noso apoio ao este sector importante na economía local e neste sentido apoiamos as mobilizacións previstas para mañá xoves. Mais pensamos que o alcalde ten que sentarse co sector, escoitar as súas reivindicacións para facer de interlocutor con outras administracións, sexa a Xunta ou o Estado.

Por outra parte, a nivel local o concello debería botar unha man ao sector a través dunha liña de axudas para facer máis levadeiro os peches obrigatorios, como fixeron en Verín, cuxo goberno municipal concedeu unha axuda de 300 euros fixos, ás que lle sumou outras axudas de tipo variábeis en funcións dos gastos do estabelecemento.

Son momentos complicados, ao tempo que extraordinarios, e son nestes momentos cando os representantes políticos teñen que estar á altura das circunstancias. O alcalde non pode facer como se a cousa non fora con el, xa que hai un sector económico, do que dependen moitos traballadores e traballadoras, así como autónomos e autónomas, que o está a pasar moi mal. É o momento de que o alcalde estea á altura.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O proxecto Baixo as árbores afrontará o proceso de execución da Praza da Feira, Porta do Sol e Rúa Ulla

Os integrantes do xurado técnico, e os 316 veciños que depositaron o seu voto en días pasados, coincidiron en escoller o deseño de RVR Arquitectos Baixo as árbores como o máis idóneo para remodelar a Praza da Feira, Porta do Sol e Rúa Ulla.

No caso do xurado técnico, foron os sete integrantes por unanimidade os que se decantaron por este proxecto unha vez valorados os puntos fortes e débiles das distintas propostas. No caso da votación popular a escolla produciuse por aplastante maioría. En concreto foi o 74,05% (234 votos) dos votantes o que se decantou por esta proposta; mentres que Espazos compartidos recibiu un 12,34 dos sufraxios (39 votos) e o Amencer da Barceloneta un 13,60% (13,60 votos).

Deste xeito, tras a adxudicación da obra ao estudo gañador, RVR Arquitectos, este disporá agora de 30 días para presentar o plan de execución. A idea e realizar a licitación do proxecto a primeiros de ano, comezar as obras antes de primavera e rematalas ao longo do ano 2021.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta pecha a hostalería e as actividades non esenciais en A Estrada e outros 59 concellos

 

Así o acaba de anunciar o presidente do Goberno galego nunha rolda de prensa para dar conta das medidas acordadas onte polo Comité Clínico, que pola noite xa avanzara que mantiña o peche perimetral e a limitación de reunirse só coa xente coa que se convive.

As novas restricións entrarán en vigor ás 15:00 horas do venres e manteranse en principio durante un mes.

Segundo explicou Alberto Núñez Feijóo, o peche da hostalería e a realización de actividades só esenciais (o comercio continuará aberto) afecta A Estrada xunto a outros 59 concellos, entre eles as grandes cidades galegas e municipios veciños como Silleda e Lalín.

De momento avanzou que non haberá limitacións para ir ao traballo, colexios, atención a persoas dependentes ou por motivos de saúde, así como para realizar compras. Si se poderá practicar deporte, aínda que só de forma individual.


Publicado en Portada | Deja un comentario

O Festival de cine de terror PANIC convoca os seus concursos de curtas e fotos de terror

Con motivo do inicio do Festival de cine de terror Panic o próximo 15 de
xaneiro, o Concello da Estrada e a Escola Municipal de Artes Escénicas da
vila, convocan os concursos de curtametraxes e fotografía de terror Panic
O concurso de curtametraxes, que contará cun premio de 300,00€, esixe que
os traballos teñan unha duración máxima de 20 min de duración, incluídos os
títulos de crédito. Ademais terán unha temática baseada no terror ou no
misterio, e estarán realizados en lingua galega ou subtitulados á dita lingua.
Pola súa banda, o concurso de fotografía conta con dúas modalidades. A
primeira dirixida ao alumnado dos IES, cunha contía de 150,00 repartida en
dous premios de 100,00 e 50,00 €, respectivamente. A modalidade de
adultos estará aberta a todo o público, e contará cun premio único de
150,00€. Cada participante poderá concursar cun máximo de tres fotografías.
Tamén deberán estar tematizadas no ámbito do terror e do misterio.
Todos os interesados en participar nalgún dos dous certames poderán
consultar as bases dos concursos nas web www.panic.aestrada.com e
www.aestrada.org que estarán dispoñibles a partir deste mércores 4 de
novembro.
As fotografías e curtas finalistas serán visionadas en pantalla grande durante
a Gala final do festival que terá lugar o 5 de febreiro ás 23.30 h en Minicines
Central, gala na que se lle entregará o premio á curta e ás fotografías
gañadoras de cada modalidade. O prazo de entrega de orixinais finalizará o
31 de xaneiro.
A mediados de decembro presentarase a programación completa da nova
edición do festival.

Publicado en Portada | Deja un comentario