Actividades Outubro

Con toque de queda imos rematando o mes das castañas.

🎭 *EL INOLVIDABLE VIAJE DE NANA* este sábado ás 18.00 h no Teatro Principal. 🎟️ Entradas xa á venda no Dep. de Cultura. *Butacas limitadas* 👉 http://app.aestrada.com/eventos/ficha/1103/gl

🎭  *VIAJE AL CENTRO DEL CUERPO HUMANO* o vindeiro sábado ás 18:00 h no Teatro Pricipal. 🎟️ Entradas xa á venda no Dep. de Cultura. *Butacas limitadas* 👉 http://app.aestrada.com/eventos/ficha/1105/gl

🎥 *CINE* Por outra banda, isto é o que nos ofertan en Minicines Central 🍿
_Lembra que tes a carteleira actualizada e horarios na app do Concello_ 🤳
👉 _Trolls 2_
👉 _Uno para todos_
👉 _Reboiras. Acción e corazón_
👉 _La Isla de las mentiras_

*Lembra as normas*
– 🙎<->🙎 Mantén a *distancia de seguridade*
– 😷 Uso de *máscara* obrigatorio en calquera lugar
– 🤧 *Cubre a boca e nariz* ao tusir con panos de papel
– 🗑️ Tira os panos/máscaras ao *lixo*
– 👐 *Lava as mans* frecuentemente
– 🤝🚫 *Non saúdes coas mans*

🤒 *FARMACIAS DE GARDA* 👉 http://bit.ly/2pXGlnu

Ata dentro duns días, e ás 23 h todxs para casiña, eh!!! 😉

Publicado en Portada | Deja un comentario

Atalanta Madera e Maruxío presentan a súa colaboración “SuMaS”: unha iniciativa que aposta polos produtos de proximidade e a sostenibilidade

Tradición e innovación van da man nun proxecto que é quen de
xuntar a artesanía coa alimentación.
Un traballo que ten como resultado pezas únicas de serie limitada
e perdurables no tempo.

Nos próximos días verá a luz SuMaS a colaboración entre Atalanta Madera e Maruxío Terra e Sal. Ámbolos dous obradoiros uniron as súas forzas nun proxecto que rinde homenaxe ás nosas tradicións e aos produtos locais.
Propoñen uns conxuntos de agasallo que engloban pezas de madeira e galletas, fusionando así alimentación e artesanía.
O que fai a estes conxuntos tan especiais é que son produtos saudables e de proximidade,
presentados en envases elaborados con materiais respetuosos co medio ambiente e producidos en pequenas empresas locais dun xeito tradicional. Esto permite que tódolos componentes do pack teñan unha segunda vida e cumplan coa filosofía do residuo cero.
Nos próximos días os consumidores poderán adquirir dende un niño de  paxaro con galletas saborosas no seu interior e cuns lápices de sabugueiro para despois poder decoralo, ata unha peneira con pratos de madeira, galletas saudables e unha bolsa de algodón reutilizable todo elo envolto cunha rede do mar.
Son propostas fermosas, útiles e saborosas nas que sempre haberá unha opción vegana a escoller.
Os packs inclúen un barquiño ou unha “pajarita” de papel onde se explica o proxecto e se aportan ideas de reutilización para tódolos elementos que o compoñen. Os consumidores poderán compartir as súas propostas de reutilización nas redes sociais cos cancelos #eusumo, #eusumoniño e #eusumopeneira.
A colaboración SuMaS supón deixar de lado os produtos globalizados e o industrial e apostar de cheo polo local e a artesanía, poñendo en valor conceptos tan importantes coma a sostenibilidade, o saber facer, o respecto ás materias primas é ó medio ambiente.
O resultado é un produto con marca, prestixiado, con valor intrínseco e único que trata de respostar a unha demanda cansa da estandarización e que apreza e valora os produtos
diferenciados.
A través desta colaboración, Atalanta e Maruxío poñen en valor a artesanía como xermolo dun novo modelo empresarial que aposta polas cousas ben feitas. As impulsoras do proxecto encaran esta nova etapa con optimismo e ilusión convencidas de que a unión fai a forza e as sinerxias das dúas empresas traerán novas e fermosas aprendizaxes.
Atalanta Madera é unha marca que nace en Berres, A Estrada, en 1996, a partir dun obradoiro de torneiría de madeira que a familia Neira ten nesta parroquia dende fai máis de 200 anos. Nestes intres Isabel Neira é a sétima xeración ininterrompida de torneir@s e a única mulller en Galicia no oficio. Cunha tradición tan longa, xa se levan producido todo tipo de pezas: menaxe de cocina, torneados para mobles, lámparas….. Isabel e Ana
continúan o legado familiar, atrevéndose a explorar outras tendencias e dándolle un xiro á súa producción. Hoxe en día as súas pezas de menaxe gourmet non só se atopan nos restaurantes máis selectos de Galicia, senón que algunhas das pezas, están á venda en Londres, Escandinavia ou Xapón.
Maruxío Terra e Sal é unha firma estradense que irrumpe no mercado a finais de 2019 apostando polo seu proxecto como filosofía de vida . Este proxecto está liderado por María e Uxío, os seus nomes e as súas esencias, dan nome ao proxecto, Maruxío Terra e Sal, Uxío do mar e María terra adentro.Os seus rebolos (así se chaman as súas galletas) xa se
venden en moitas tendas ecoloxicas e gourmet. Son galletas elaboradas artesanalmente onde incluso moen a súa propia fariña e os ingredientes son de cultivos sostibles . O obradoiro ubícase en Casa Terra de Rebolos onde proponen experiencias, cursos de saude e un aloxamento para atoparse e descansar

Publicado en Portada | Deja un comentario

Vagalumes e A Banda da Loba galardoados co Premio San Martiño de Normalización Lingüística

Este pasado luns día 26 de outubro, o Padroado dos Premios San Martiño reuniuse na casa consistorial para resolver, por maioría, a concesión á Asociación Cultural Vagalumes e a agrupación musical A Banda da Loba dos premios San Martiño de Normalización Lingüística 2020.

Premio San Martiño á difusión da lingua galega na comarca Tabeirós-Terra de Montes á Asociación Cultural Vagalumes

 

A concesión a Vagalumes baséase no longo percorrido da asociación no desenvolvemento e fomento da lingua galega, desde o ano 2009 ata a actualidade, promovendo conferencias, coloquios, mesas redondas, proxeccións audiovisuais, teatro, publicacións de libros e  homenaxes  (como o derradeiro co gallo da conmemoración do centenario do Emigrado 1920-2020), en prol da normalización, defensa é difusión da nosa lingua.

 

Premio San Martiño á difusión lingüística no ámbito galego

 

A Banda da Loba pasa por ser na actualidade, despois tan só de dous traballos discográficos, Bailando as rúas (2017) e A Fábrica da luz (2019), unha das voces máis frescas e renovadoras do panorama musical galego. Caracterizadas no aspecto creativo polo seu eclecticismo, aunando a tradición con ritmos como o pop, o reggae ou o ska; a súa identidade coma banda aséntase nunha defensa firme da muller, a terra e a lingua. Neste senso, a banda ten musicado poemas de autores coma Celso Emilio Ferreiro, Manuel María ou Rosalía de Castro.

 

Debido a motivos de protocolo sanitario, os premios da presente edición, entregaranse o día 13 de novembro no transcurso dunha rolda de prensa, no Teatro Principal.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

ELECCIÓN DO PROXECTO DEFINITIVO DA PRAZA DA FEIRA

 

Iniciase o proceso para a elección do proxecto definitivo que será executado na Praza da Feira. 
Nos seguintes  imaxes podese visualizar a información elaborada polos tres gañadores da Fase I.
Ao longo desta semana explicarase como será posible que cada cidadán censado na Estrada participe na votación polo seu favorito.

http://aess2020.gal/

BAIXO AS ÁBORES


EL AMANECER DE LA BARCELONETA

 

 

 

ESPACIOS COMPARTIDOS

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE PREGUNTARÁ POR QUE AS PROBAS PARA A REALIZACIÓN DE TEST ANTÍXENOS NOS CENTRO DE SAÚDE NON SE FARÁN NA ESTRADA

 

O PSOE da Estrada preguntará no pleno do vindeiro xoves
por que o Centro de Saúde da Estrada non iniciará as probas para a
realización de test de antíxenos nos Centros de Saúde de Galicia. Luis López
Bueno afirma que o Centro de Saúde local solicitou ser a sede dese primeiro
ensaio, pero que finalmente será Ribeira o lugar onde se inicie a realización
de probas de antíxenos.
Para o voceiro socialista é inadmisible que a excelencia do ambulatorio
estradense -acreditada cos galardóns Best in Class en numerosas ocasións-,
non se vexa apoiada polo goberno municipal. Para o líder socialista, “que
Ribeira faga os ensaios revela que o alcalde non se entera de nada ou que é
absolutamente irrelevante na Xunta de Galicia”. Ademais, aféalle ao
goberno que conte cunha área de Sanidade “que non realiza ningunha
xestión”.
López Bueno explica levar os test a Ribeira é unha “decisión política da
Xunta”, e que o alcalde de Ribeira lle gañou a partida á Estrada “por
incomparecencia”. Considera gravísimo que esta decisión fora tomada
“mentres A Estrada encaixaba os casos da segunda onda” e sen que o
goberno local “fixera nada ao respecto”.
Nesa liña, o voceiro socialista recorda que Galicia bate récords de casos
activos e de contaxios día a día. Á vista da situación, considera “retratado”
a López Campos. Valora que as súas declaracións durante a primeira onda
atacando ao Goberno central eran “vergoñentas” daquela e que agora se
demostra que fixo o “ridículo”.
López Bueno asegura que habería argumentos para culpar ao goberno local
do incremento de casos, porque “por exemplo, as desinfeccións nos parques
infantís son claramente insuficientes pola falta de persoal dispoñible” pero
tamén garante que “non o faremos, somos realistas e moito máis
responsables que López Campos”.
É máis, o líder socialista téndelle a man ao goberno para combater a
segunda onda e ofrece o apoio do grupo municipal para adoptar todas as
medidas necesarias para atallar o incremento de casos, “o actual e os que
poidan vir”. Confía en que as restricións por parte do Goberno Central e a
Xunta de Galicia sexan suficientes, aínda que remarca a obriga de “estar
alerta”. “Xa vimos como se pode torcer a situación en poucos días”, advirte.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG insta ao goberno do PP a acometer dunha vez o saneamento do rural

Susana Camba: “A Estrada non pode ser un concello do século XXI, nin intelixente, como reza a publicidade do plan EDUSI, se non se acomete xa o saneamento do rural, un tema que só se saca cando hai eleccións municipais”.

En xaneiro de 2019 o alcalde anunciaba que a consultora IDOM ía facer un plan director de saneamento do rural, un estudo que precise a forma de actuación máis axeitada para as condicións do rural estradense. Segundo explicou a concelleira do BNG, Susana Camba, “deste anuncio o único que sabemos é precisamente iso, o anuncio, xa que o plan director que o alcalde anunciou poucos meses antes das eleccións municipais nada se sabe, e iso que xa falta pouco para que o anuncio cumpra dous anos”. “Era visto que se trataba de propaganda electoral dirixida aos veciños e veciñas do rural e o tempo confirma que así é, xa que a día de hoxe nada se sabe do plan director”, engadiu a concelleira nacionalista.

“O saneamento do rural é unha necesidade”, afirmou Susana Camba, “non pode ser que máis da metade do rural do noso concello non teña un sistema de saneamento e o que hai funciona mal, feito que denunciamos en reiteradas ocasións, contaminando os nosos ríos”.

“No BNG preocúpanos que practicamente todo o noso rural careza de saneamento”, explica a concelleira nacionalista, “por iso, ante os anuncios que quedan en nada do alcalde, nós decidimos abrir o debate sobre unha cuestión que só se saca cando hai eleccións municipais á vista, presentando unha moción que non só insta ao goberno a facer un plan integral de saneamento para todo o concello, nomeadamente o rural, senón que poñemos enriba da mesa alternativas aos caros, ineficientes e escasos sistemas de depuración implantados até o momento”.

A concelleira do BNG explica que a proposta do BNG pasa por “crear humedais artificiais e filtros verdes ao longo do concello, atendendo ás características propias de cada poboación, resultando nun sistema de saneamento eficaz, descentralizado e integral, e encamiñándose cara a substitución das actuais EDAR por estes sistemas sustentábeis”.

Por outra parte, a organización nacionalista volve a insistir na municipalización EDAR e do mantemento dos bombeos de Lagartóns, Matalobos, Figueiroa e Guimarei. “Isto cústanos ao ano preto de 200.000 euros”, afirma a concelleira do BNG, “con eses cartos tiñamos pagabamos unha brigada de traballadores e traballadoras municipais que fixeran ese mantemento prescindindo da empresa privada que xestiona este servizo”. “Xa sabemos que o PP fuxe deste debate, mais vai ter que dar a cara”, afirmou Susana Camba.

Ademais, “no BNG tamén propoñemos un sistema de recollida de augas negras para evitar o seu verquido ilegal ou a sobrecarga dos sistemas de saneamento”. “En definitiva, propoñemos unha plan integral de reforma do sistema de saneamento de todo o concello, é en especial do rural”. “A Estrada non pode ser un concello do século XXI, nin intelixente, como reza a publicidade do plan EDUSI, se non se acomete xa o saneamento do rural, un tema que só se saca cando hai eleccións municipais”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

MILLADOIRO TRAERÁ Á ESTRADA A XIRA DO 40 ANIVERSARIO DO DISCO A GALICIA DE MAELOC

 

Será o venres 6 de novembro ás 21.00 h o día e a hora elixidos para que a mítica banda de folk galega visite o Teatro Principal, dentro da xira que os levará por 11 concellos de Galicia para celebrar o 40 aniversario da publicación do disco A Galicia de Maeloc.

 

No concerto, promovido por Turismo de Galicia coa colaboración do Concello da Estrada, Milladoiro fará un repaso polas pezas máis emblemáticas do seu repertorio, ademais de presentar as cancións do seu novo traballo discográfico, titulado Atlántico. Hora e media do mellor folk galego e internacional.

 

Os convites para este concerto poderán retirarse no departamento de Cultura do Concello da Estrada a partir do luns 2 de novembro ata un máximo de dúas entradas por persoa. Neste senso, como xa está sendo habitual ao longo da programación, a capacidade do Teatro Principal verase reducida notablemente por mor das restricións sanitarias.

 

A Estrada, 23 de outubro de 2020

Publicado en Portada | Deja un comentario