O Festival de cine de terror PANIC convoca os seus concursos de curtas e fotos de terror

Con motivo do inicio do Festival de cine de terror Panic o próximo 15 de
xaneiro, o Concello da Estrada e a Escola Municipal de Artes Escénicas da
vila, convocan os concursos de curtametraxes e fotografía de terror Panic
O concurso de curtametraxes, que contará cun premio de 300,00€, esixe que
os traballos teñan unha duración máxima de 20 min de duración, incluídos os
títulos de crédito. Ademais terán unha temática baseada no terror ou no
misterio, e estarán realizados en lingua galega ou subtitulados á dita lingua.
Pola súa banda, o concurso de fotografía conta con dúas modalidades. A
primeira dirixida ao alumnado dos IES, cunha contía de 150,00 repartida en
dous premios de 100,00 e 50,00 €, respectivamente. A modalidade de
adultos estará aberta a todo o público, e contará cun premio único de
150,00€. Cada participante poderá concursar cun máximo de tres fotografías.
Tamén deberán estar tematizadas no ámbito do terror e do misterio.
Todos os interesados en participar nalgún dos dous certames poderán
consultar as bases dos concursos nas web www.panic.aestrada.com e
www.aestrada.org que estarán dispoñibles a partir deste mércores 4 de
novembro.
As fotografías e curtas finalistas serán visionadas en pantalla grande durante
a Gala final do festival que terá lugar o 5 de febreiro ás 23.30 h en Minicines
Central, gala na que se lle entregará o premio á curta e ás fotografías
gañadoras de cada modalidade. O prazo de entrega de orixinais finalizará o
31 de xaneiro.
A mediados de decembro presentarase a programación completa da nova
edición do festival.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O programa Cine no Camiño trae á Estrada O QUE ARDE

O programa de dinamización lingüística FalaRedes e o Servizo de
Normalización Lingüístico do Concello da Estrada, en colaboración con
Minicines Central, programarán dous pases do filme O que arde o vindeiro
venres día 13 de novembro. Un evento enmarcado dentro do programa CINE.
NO CAMIÑO posto en marcha polo Xacobeo e a Xunta de Galicia.
Galardoada con dous Premios Goya e preseleccionada aos Óscar, o filme
de Oliver Laxe visita a Estrada despois de converterse nunha das
longametraxes máis aplaudidas do ano. Todos os interesados en vela
deberán recoller a súa invitación no departamento de Cultura do Concello a
partir do luns día 9 de novembro.
Os pases terán lugar nunha sala de Minicines Central ás 18.30 h e ás 20.30
h, respectivamente. Só haberá 70 convites dispoñibles por mor do protocolo
sanitario, 35 para cada pase.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE VALORA O ORZAMENTO DE 2021 COMO “CLAVADO” AO DE 2019

O PSOE valora negativamente a proposta de orzamentos
que o Goberno local levará a comisión o vindeiro martes. Para os socialistas
os orzamentos que presenta o executivo encabezado por López Campos son
“clavados” aos de 2019 “a pesar de que a realidade é completamente
distinta”.
Destaca tamén que “non se contempla ningunha das propostas do
PSOE para combater a pandemia”.
Luis López Bueno afirma que que non se resolveron as demandas dos
veciños e veciñas respecto dos investimentos que precisa o rural
, “que cada día está peor”, e tampouco se atallaron os principais problemas do casco urbano. Ademais destaca destes orzamentos que “perden o obradoiro de emprego e non traen incrementos significativos nas partidas de promocióneconómica”.
Luis López Bueno explica que o orzamento contempla unha suba dos
ingresos que é ficticia, “o 50 % dos 400.000 euros saen directamente do
peto dos veciños e veciñas”. “Hai un incremento de 151.000 euros en nas
partidas relacionadas co IBI, 40.000 euros máis en taxas por re
collida de lixo e 10.000 euros máis pola taxa de auga” desglosa López Bueno.
Ademais, indica que se incrementan 81.000 os ingresos de pasivo financeiro
“que sempre remata con execución de 0 €, polo que é unha suba
pantasma”.
Ademais diso, considera que desaparecen grandes partidas de
gasto como a da Galiña Azul, que outorga 220.000 euros máis para gastos.
Nos capítulos de gasto, o líder socialista destaca que a sub
a do orzamento destínase en boa parte a o aumento dos custos de persoal, e tamén valora como “ridículas” as partidas para promoción de emprego e estímulo económico. López Bueno alertou de que “este ano tampouco teremosobradoiro de emprego”. Asegura que xa lle chegara o rumor de que o Goberno ía a perder este instrumento que os socialistas consideran “vital”
para a promoción do emprego “e para resolver moitas cuestións que o
goberno non é capaz de atender”.
Tamén anuncia que “pediremos explicacións por este
desastre” cando saia a resolución definitiva.
López Bueno tamén ve “raquítico” o incremento en partidas como as axudas a promoción económica que só suben 6.000 euros “mentres estamos
inmersos na maior crise económica xamais vista”. Tamén advirte que as
partidas de promoción do emprego “quedan como estaban” e considera que
o goberno local “está máis preocupado por poñer cemento que polo pan dos
veciños”.
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
O líder socialista considera que estes orzamentos deberían contemplar
“unha ou varias campañas de vales
de compra para o comercio local”,
medida que foi proposta polos socialistas estradenses e que correu como a
pólvora noutros concellos galegos como Vilagarcía, que foi o primeiro en
poñela en marcha “con tanto éxito, que se repetirá na campaña de nadal”.
.
Respecto dos Servizos Sociais, López Bueno recoñece que hai un
incremento do gasto pero remarca que non se ampliará ningún servizo dos
que xa hai a pesar de que “desgraciadamente” a demanda “vai aumentar
máis do que xa o fixo este ano”.
López Bueno non e
ntende que se manteñan as partidas de festexos no
mesmo nivel que en 2019, “hai contemplados 116.000 euros para festexos
que non se poderían celebrar”. O voceiro cre “máis intelixente” adaptar esas
partidas á realidade actual e destinar os cartos a program
as de emprego e
estímulo económico “tal e como reclaman os veciños e veciñas”.
O líder socialista tamén é moi crítico co capítulo de investimentos “que
se
sitúa en
325.000 euros para as parroquias”
e que califica como
“insuficiente”
. Ese nivel de investim
ento é “irrisorio” e ademais cargarase a
máis endebedamento por parte do Concello. Os socialistas remarcan que
“as infraestruturas do rural volven a quedar supeditadas ao que achegue a
Deputación de Pontevedra
a través de transferencias
–
que aumentan
50.00
0 euros
–
e Plan Concellos
”.
En relación cos gastos derivados da pandemia, o socialista lamenta que o
goberno non atendera a petición dos centros de ensino para dotalos de
novos espazos. “Non aparecen contempladas partidas para os patios
cubertos que nós p
ropuxemos nin para crear novos espazos nas entradas e
saídas dos centros”.
Tamén ven como “un disparate” que a partida de Deportes se manteña no
mesmo nivel de 2019 mentres as escolas deportivas municipais están
suspendidas. Ademais diso, tamén
lle pregun
tarán ao goberno como
pretende darlle resposta ás actividades para maiores e campamentos
xuvenís, “porque a Concelleira di que non se farán as actividades para
maiores, pero o orzamento contempla os mesmos cartos para facelas”.
Publicado en Portada | Deja un comentario

PSOE e Podemos esquecen o noso concello, a Variante non conta nos orzamentos

“PSOE e Podemos esquecen o noso concello; novamente os orzamentos do Estado previstos para 2021 volven esquecer a Variante da Estrada, consignando uns miserentos 100.000 euros que non servirán para impulsar esta infraestrutura no noso concello”, afirma a concelleira do BNG, Susana Camba.

“Mais a culpa deste agravio continuado o noso concello non só é atribuíbel ao goberno de coalición do Estado, o alcalde, coma sempre, non fixo nada ao longo destes meses para que A Estrada contara nos orzamentos do Estado”, explicou a concelleira nacionalista.

Susana Camba explica que “temos un alcalde inútil para defender os intereses do noso concello, só se encarga de vender o que lle poñen enriba da mesa as empresas privadas, é incapaz de levantar o teléfono para preocuparse polos intereses colectivos, de preocuparse polo estado da Variante e da súa evolución”.

A concelleira do BNG anunciou que presentará emendas para “darlle un impulso a esta infraestrutura tan necesaria para vertebrar o noso territorio e desconxestionar o centro da vila”. “A Estrada non pode agardar máis tempo, queremos a Variante e querémola xa”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Agradecemos o recoñecemento do premio San Martiño que se fai á Asociación Cultural “Vagalumes” polo seu labor a prol da normalización lingüística.

Agradecemos o recoñecemento do premio San Martiño que se fai á Asociación Cultural “Vagalumes” polo seu labor a prol da normalización lingüística. Non tanto polo recoñecemento aos membros da nosa entidade como á causa pola que existimos e os obxectivos que nos propoñemos de defensa da nosa lingua, o noso patrimonio e a nosa memoria histórica. Para nós que se valore e se recoñeza este tipo de actividade nestes momentos de persecución do galego é positivo e deixa en evidencia as políticas de exterminio que estamos a sufrir.
A Asociación Cultural “Vagalumes” naceu no seu momento no seo da plataforma “Queremos Galego!”. Esta Plataforma xurdiu como resposta ás agresións que desde o goberno galego se desataron contra a nosa lingua das cales un Decreto no que, entre outros agravios, se prohibía o seu uso nas aulas das materias científico-técnicas, para nós era un dos atentados máis graves contra o idioma desde o comezo das institucións autonómicas.
É normal que se impida dar aulas nun país no propio idioma? Nós consideramos que non. Como non o é que no Concello da Estrada se esixa presentar a documentación en castelán como aconteceu recentemente. E por iso a normalización lingüística é un dos eixes fundamentais da nosa actuación dentro do cal inscribimos  a recuperación e difusión dos nosos escritores inxustamente esquecidos e desprezados.
Outro dos eixes do noso labor é a defensa do patrimonio natural, material e inmaterial da nosa comarca. Tabeirós-Terra de Montes é unha comarca especialmente rica nese patrimonio. Lamentablemente é pouco coñecido e valorado. Nalgúns casos mesmo sofre un desleixo inaceptábel.
E por último o noso compromiso ético coas vítimas do franquismo lévanos a traballar na loita pola verdade, xustiza e reparación nos nosos Concellos. Outra das grandes eivas que temos como sociedade e que xa non é que desde as Administracións Locais se colabore neste sentido senón que mesmo se rende tributo aos represores mantendo nas súas rúas homenaxes aos seus referentes. Por exemplo, no caso da Estrada a rúa principal a Calvo Sotelo ou en Cerdedo a Manuel Gutiérrez Torres.
Este recoñecemento agardamos que serva para contribuír a avanzar como sociedade nestas tres direccións ás que se dedica a nosa asociación. E nese sentido asumimos o devandito premio como un incentivo para seguir a camiñar conxuntamente cos que compartan o noso amor polo país e pola verdade para mellorar a nosa comarca, a nosa Terra e un mundo que cada vez precisa máis do activismo e compromiso da xente.  

Publicado en Portada | Deja un comentario

LÓPEZ BUENO REAFÍRMASE: A ESTRADA NON REALIZA TEST DE ANTÍXENOS POR UNHA DECISIÓN POLÍTICA DO SERGAS

. O PSOE reafírmase nas súas declaracións de que A Estrada
non realiza test de antíxenos por unha “decisión política” da Xunta de
Galicia. Luis López Bueno garante que a decisión sobre os centros que
comezarían os ensaios non foi tratada no Comité Clínico porque non é unha
cuestión que lle competa a ese Comité. O líder socialista afirma que os
centros foron “nomeados a dedo” no Protocolo de detección que está
probando o Sergas. De todas as maneiras, o único certo é que o Centro de
Saúde quería facer eses tests e o alcalde non lle brindou apoio “por
descoñecemento ou por indolencia”.
Valoran dende o PSOE que se a decisión fora técnica, non se lle ofrecería a
posibilidade de solicitar a realización de test de antíxenos aos centros, se
non que se contactaría directamente cos seleccionados para comunicarlles a
decisión. “Se o Centro de Saúde da Estrada puido solicitar os test é porque
o Sergas pediu voluntarios” sentencian.
O socialista valora que o alcalde está moi incómodo porque ultimamente só
recibe labazadas por parte da Xunta de Galicia. Pídelle ao alcalde que
intente ser “un pouco menos do PP” e valore as decisións con criterio e non
“coma un hooligan de dereitas”. López Campos utilizou o 8-M para atacar
ao Goberno Central na primeira onda da pandemia e agora carga contra o
novo estado de alarma mentres Galicia bate récords todos os días “coa
Xunta exercendo as súas plenas competencias”. López Bueno considera que
“López Campos leva toda a pandemia utilizando argumentos ridículos” e
asegura que foi incapaz de tomar “medidas concretas” na loita contra a
Covid.
Nese sentido, recorda que o Goberno local sempre foi a remolque do PSOE
nos últimos meses, “fomos nós os que pedimos unha Comisión Covid,
pedimos que o Concello provera mascarillas para os veciños e veciñas,
pedimos medidas económicas como os vales para o comercio local, pedimos
desinfección nas rúas e no mobiliario urbano…”. Algunhas desas medidas
aplicáronse despois de propoñelas, pero López Bueno insiste en que
“chegaron tarde e aplicáronse mal”. Tamén cre que “fomos moi
colaboradores” a pesar de que o alcalde “non levantou o teléfono nin unha
soa vez”.
No plano de desinfeccións López Bueno corrixe ao alcalde: “non insinuei que
a desinfección dos parques fora insuficiente, afirmeino”. O socialista garante
que se incumpre a lei porque non se están executando as desinfeccións
diarias que se requiren para mantelos abertos. Ademais diso, o voceiro
socialista considera “contraditorias” as declaracións de López Campos, “o
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
sábado estaba valorando pechar os parques e o mércores di que non fai
falla porque non houbo contaxios”. López Bueno pensa que é un intento de
“estar ao prato e ás talladas” e pide claridade por parte do goberno local.
López Bueno lamenta fondamente que o alcalde arremeta contra el no plano
persoal. Considera que é unha actitude reiterada, sobre todo cando os
partidos da oposición revelan as “labazadas” A Estrada recibe da Xunta de
Galicia. López Bueno defende que “López Campos non é relevante para a
Xunta” e considera que iso non é unha falta de respecto: “é unha
realidade”. O líder socialista enmarca as súas declaracións na “crítica á
xestión política deste goberno” e reta ao rexedor a que atope unha
descalificación persoal en calquera declaración do socialista.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O MERCADO MUNICIPAL VESE OBRIGADO Á REDUCCIÓN DE POSTOS SEMANAIS POR MOR DA CRISE SANITARIA

A entrada en nivel de alerta sanitaria nivel 2 por parte da gran maioría dos concellos de toda Galicia trouxo consigo medidas tales como que os Mercados Municipais en exterior teñen a obriga de reducirse ata un 50% no seu número de postos, así o adiantou o Concelleiro de Urbanismo, Eventos, Mercados e apoio á Cultura, Gonzalo Louzao na pasada xornada de feira, que xacontou con estas restriccións. Así pois, dende este mércores ata novo aviso este mercado, que conta con 100 puntos de ventas semanais, verá reducidos os seus postos filtrando en 2 grupos de 30 postos cada un os de textil e calzado, que rotarán cada 15 días para así asegurar igualdade de condicións para todos os de esta categoría. 

Non farán esta rotación os postos de alimentación por ser considerados prioritarios de primeira necesidade. Neste grupo tamén estarán incluidos a totalidade dos pulpeiros, aos cales se lles aplican as restricións de terrazas, nas que non poderán superar o 50% da súa capacidade e os comensais non poderán acudir en grupos maiores de 5 persoas. Tamén polas datas nas que nos atopamos, os postos de flores acudirán semanalmente por coincidir coa festividade de defuntos. 
O Novo Mercado pola contra, non sufrurá variacións, albergando como sempre os mellores productos, frescos, de calidade e de proximidade, sen as aglomeracións das grandes superficies, e seguindo todas as garantías sanitarias.
Estas medidas poderán sufrir variacións en función da evolución da pandemia e do que dicten as normas sanitarias de aplicación.
 
 
Publicado en Portada | Deja un comentario