O PSOE RECLÁMALLE CLARIDADE AO GOBERNO SOBRE A PEONILIZACIÓN DA VILA

O PSOE da Estrada pide claridade por parte do Goberno
local sobre a peonilización das principais rúas do casco urbano. Luis López
Bueno considera “inexplicable” que o Concelleiro de promoción económica
anunciara que se farían enquisas sobre esa posibilidade e onte José López
anunciara que “o proxecto xa está preparado”.
O voceiro socialista reitéralle ao goberno a súa petición de “ser claro”.
López Bueno non entende como é posible mentirlle descaradamente aos
veciños e veciñas dicíndolles que a súa opinión será tida en conta a través
dunha enquisa. “Estamos ante outra mostra do déspota que é López
Campos”, valora.
Ademais considera que o goberno debería dar unha imaxe de unidade, e
non lle parece normal “que o alcalde desautorice publicamente aos seus
concelleiros”. O voceiro socialista ve “desorganización” no equipo de
goberno, e recorda que “López Campos contradí aos seus concelleiros
continuamente, non é a primeira, nin a segunda, nin a terceira vez que
pasa”.
López Bueno pide “claridade”, e asegura que “o goberno xa tomou a
decisión de pechar ao tráfico o centro da vila”. O único que reclama é “que
se digan as cousas como son. Non se pode marear a perdiz e anunciar
consultas que non servirán para nada, porque o proxecto xa está listo”.
Ademais, dende o PSOE local valoran negativamente o que consideran
“unha decisión unilateral de López Campos”. Volven a facer unha chamada
á democracia pedindo unha consulta casa por casa, buzoneando os votos
para que se remitan ao Concello cumprimentados. Para o líder socialista esa
é a única maneira de que “a decisión estea lexitimada e respaldada polos
veciños”.
O socialista ve na enquisa “un paripé que é sinxelo de manipular” e cre que
a negativa do goberno a realizar unha consulta con todas as garantías é
“cobarde”. Alega que “se o alcalde está tan convencido de que isto é o que
queren os veciños, que o someta a votación”.
López Bueno explica que “o asunto da peonilización é de todos os veciños e
veciñas, da vila e do rural” e por iso cre necesario que o goberno local o
tome con seriedade e sen dar bandazos. O líder asegura que é unha forma
normal de proceder por este equipo de goberno e remarca que “non hai
máis que ver a improvisación coa que se pecharon as rúas”, unha situación
que continúa a día de hoxe.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada lanza una plataforma online para el comercio y la hostelería local

El alcalde estradense, José López, acompañado de los presidentes de la Asociación Comarcal de Empresarios (ACOE), de la de Hostaleiros y de la de Comerciantes, dio a conocer ayer un nuevo proyecto cuyo objetivo fomentar las ventas del comercio y de la hostelería local en un escenario de crisis provocada por la covid-19. Se trata de una plataforma online (www.mercanaestrada.gal) que ofrecerá una mayor visibilidad a los negocios y un contacto directo con los clientes a través de la web, en un momento en el que la adaptación del comercio a la red se presenta como indiscutible.

Para poner en marcha esta iniciativa el Concello ha aportado un total de 30.000 euros, financiados a través de los fondos europeos Edusi, además del mantenimiento de la plataforma. Así lo anunció ayer el mandatario estradense, que puntualizó que está en marcha una segunda fase de la iniciativa para ofrecer apoyo técnico directo a los comerciantes y hosteleros. Para ello, el Gobierno local firmará un convenio con los Grupos de Desarrollo Local por valor de 16.000 euros.

López indicó que «o pequeno comercio necesitaba reinventarse e fixo un traballo extraordinario», ya que, pese a la crisis, fue capaz de adaptarse a las nuevas circunstancias provocadas por la covid-19. En esta tesitura, el Gobierno ‘popular’ apostó por este «proxecto ambicioso», que dará «soporte e publicidade á hostalería e ao comercio» y que el regidor espera que «teña un amplo respaldo».

Así, desde hoy mismo los hosteleros y comerciantes interesados en tener su espacio en la nueva plataforma www.mercanaestrada.gal deberán de entrar en la página web y dejar los datos de contacto. Tras la validación del departamento de Promoción Económica, y una vez reunido un buen número de empresarios que expondrán sus productos en este proyecto, el Concello abrirá al público la plataforma para que empiece a operar y que los clientes puedan realizar sus compras de la manera que los comerciantes y hosteleros ofrezcan. El alcalde espera que en octubre la plataforma esté plenamente operativa.

 

Peatonalización de las calles

 

El alcalde estradense, José López, señaló ayer que el Gobierno local apuesta por un nuevo modelo urbano que conlleva la peatonalización de gran parte de las calles del centro urbano. Así, López indicó que las calles ahora cortadas al tráfico mediante vallas se irán señalizando adecuadamente, para poder mantener en el tiempo calles únicamente peatonales y otras en el que se compatibilice el tráfico rodado y el humano, aunque ya incide en que «a maioría serán peatonais».

La peatonalización del centro urbano fue ayer aplaudido por los representantes de las asociaciones, que creen necesario este nuevo modelo para incentivar el consumo en la villa.

Por otro lado, López explicó que otra de las actuaciones ambiciosas en este sentido es la proyectada reforma integral de la Praza da Feira.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

*TEQUEXETÉLDERE* *CURSO 2020-2021*

Dende mañá mesmo e ata o vindeiro día 20 ábrese o 2º prazo de matrícula para as escolas de Tequexetéldere dentro das súas modalidades de baile, gaita, pandeireta, percusión e acordeón.

As clases volven cun riguroso protocolo de seguridade en tódalas escolas e grupos que se fagan e o uso de xel hidroalcoholico e máscara será de uso obrigado nas clases, excepto nas seccións de gaita e de pandeireta, nesta última só se poderá sacar cando se vaia a cantar e haberá que manter as distancias de seguridade.

A matrícula poderase formalizar na web de Tequexetéldere no apartado de Escolas -> http://www.tequexeteldere.gal/index.php/escolas

A día de hoxe, despois das matrícula de xuño, non experimentamos un descenso acentuado das matrículas con respecto a anos anteriores.

Todas as escolas de Tequexetéldere, así como o seu grupo oficial, leva parado dende o pasado 13 de marzo, unha decisión moi dificil que se decidiu tomar por responsabilidade devido a situación que se está a vivir.
Ao longo destes meses ata xuño, a agrupación estivo facendo algunhas actividades co alumnado máis cativo, como pintar algunhas láminas ou gravar algúns vídeos con puntos ou cantigas que ata o momento aprenderan.
O grupo oficial aprendeu 2 bailes novos dende a distancia, sendo publicados 2 vídeos un de baile e pandeireta no mes de xuño e outro fai cousa de 15 días de gaita.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Víctor Pousada é o novo responsábel local do BNG da Estrada

A militancia do BNG da Estrada elixiu o pasado sábado a Víctor Pousada López como no responsábel local da organización nacionalista, que substitúe a Tino Regueira que ocupou o cargo nos últimos tres anos.

Víctor Pousada ten 39 anos, formou parte da candidatura das pasadas municipais no posto número 5 e desde o inicio da súa militancia hai case unha década foi un militante activo, que formou parte do consello local da organización.

A organización nacionalista analizou tamén os resultados das eleccións Galegas do pasado 12 de xullo, que colocaron ao BNG como a segunda forza no noso concello en número de votos, e traballará nos vindeiros meses para transformar eses votos das Galegas en votos nas municipais para liderar o cambio político na Estrada.

Por outra parte o BNG poñerá en marcha unha serie de comisións de traballo nas que poderán participar militantes e simpatizantes. Estas comisión servirán para fortalecer o traballo municipal e incrementar o traballo social. As comisións de traballo son as seguintes: formación, patrimonio cultural e medioambiental, economía e facenda, vivenda e servizos sociais, sector primario e tecido produtivo, infraestruturas e desenvolvemento urbanístico (seguranza vial e saneamentos), feminismo, mocidade e comunicación

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE PRESENTA UNHA PROPOSTA DE PROTOCOLO COVID PARA AS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS

O PSOE da Estrada rexistrou na tarde de onte unha moción
para a elaboración dun protocolo covid-19 para a utilización e desinfección
de locais e instalacións municipais. Segundo Luis López Bueno, o obxectivo
desta proposta é “darlle garantías ás asociacións e clubes deportivos, para
que poidan continuar desenvolvendo actividades cumprindo todas as
garantías sanitarias”.
O voceiro socialista denuncia que “o Concello non foi capaz de elaborar un
protocolo para o uso das súas instalacións. Unicamente hai unha serie de
precaucións, pero son absolutamente insuficientes” e por iso defende a
necesidade dun protocolo “claro, exhaustivo e operativo”. Recórdalle a
Óscar Rancaño que el é o concelleiro titular de Sanidade e que “esta
proposta debería facela o goberno”.
Na súa proposta, os socialistas consideran fundamental que o Concello
utilice a súa capacidade económica e negociadora para ampliar o Seguro de
responsabilidade civil sobre as actividades que se realicen en instalacións
municipais “porque é a única maneira de manter esas actividades”. Aínda
así, advirte de que “habería que buscar a maneira de amplialo a outras
instalacións que están fóra da titularidade do Concello: locais sociais das
parroquias, etc.”.
López Bueno considera “inviable” que cada asociación ou clube nomee un
responsable “porque ninguén quere asumir os riscos, é unha decisión
totalmente normal”. Por iso ve chave “descargar ás directivas das posibles
responsabilidades económicas” que deriven dunha incidencia relacionada
coa pandemia. O líder pensa que cos medios dispoñibles agora mesmo
“ninguén pode garantir que non se producirá un contaxio, aínda que se
cumpran todas as normas”.
O voceiro socialista si que propón nomear a un “responsable de aplicación
das medidas”, con comunicación directa co Concello e que terá a labor de
supervisar que se cumpran as medidas “pero en ningún caso tería
responsabilidades económicas polo que poida pasar”. Agora ben, se o
Concello constatara o incumprimento das medidas, a asociación ou clube
perdería o dereito a utilizar as instalacións.
A proposta socialista prevé delimitar os aforos nos locais parroquiais,
instalacións do Concello e recintos deportivos. Para iso solicita un informe
no que recolla unha relación de locais e as súas capacidades “respectando
as distancias de seguridade”. Para a práctica deportiva encargará un
informe dos técnicos municipais semellante “que valore o aforo das


instalacións para a práctica de deporte de forma individual” tendo en conta
o tipo de instalación e o deporte que se pretenda practicar.
Tamén propón unha serie de medidas de desinfección que deberán aplicarse
ao rematar as actividades, e sería o Concello o que garantira a presenza de
medios suficientes para aplicar os protocolos, (xeles desinfectantes,
aerosois, panos e calquera material que sexa necesario). Ao finalizar esas
tarefas, o responsable deberá asinar unha folla de mantemento que servirá
para facer seguimento das desinfeccións.
López Bueno reclamará a presenza dos técnicos municipais competentes e
tamén do Xefe de Servizo do Centro de Saúde da Estrada “para que fagan
as súas achegas”, porque recorda que a súa proposta “é un documento de
traballo que está aberto a modificacións”. A pesar do carácter inicial da
proposta considera que “é unha base moi sólida sobre a que comezar a
traballar” e estima que “debería ter unha versión definitiva e aprobada
canto antes”.

MOCIÓN SOBRE A ELABORACIÓN DUN PROTOCOLO COVID-19 PARA
UTILIZACIÓN E DESINFECCIÓN DE LOCAIS E INSTALACIÓNS MUNICIPAIS, E
OUTRAS MEDIDAS.
De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime
Xurídico das Entidades Locais e demais normativa de aplicación, o Grupo Municipal
Socialista do Concello da Estrada desexa someter á consideración do Pleno a
seguinte MOCIÓN:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A pandemia da COVID-19 obriga ao cumprimento de medidas de distanciamento
social e a reforzar as medidas de hixiene en todos os ámbitos da vida diaria. Estas
novas costumes tamén se aplican na vida social dos veciños e veciñas, polo que
devén necesario que o Concello da Estrada marque unhas pautas mínimas á hora
de utilizar instalacións cuxa titularidade lle corresponde ao Concello.
Esas obrigas débense recoller nun protocolo que sexa coñecido e compartido polos
usuarios, por iso é necesario que se lle dea a publicidade pertinente e conteña
medidas sinxelas de aplicar pero operativas para garantir a seguridade.
A ausencia dun protocolo común a todas as instalacións faría que as instalacións
non se puideran utilizar pola incerteza sobre o cumprimento da hixiene e o
distanciamento social, e paralizaría a actividade das decenas de asociacións, clubes
e veciños/as que dinamizan a vida do Concello valéndose de instalacións
municipais.
Ademais diso, hai un problema coa exposición a responsabilidades económicas por
parte dos responsables da organización de actividades. Na práctica, establecer un
responsable elimina a vontade de realizar actividades, por iso é necesario que o
Concello ofreza cobertura (cando menos nas responsabilidades económicas que
poidan derivar) para as asociacións e clubes (con sede social no Concello da
Estrada).
Polo exposto, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE somete á consideración do Pleno
esta MOCION, para que este adopten os seguintes ACORDOS:
1. Iniciar na semana inmediatamente posterior á aprobación dos acordos polo
Pleno o procedemento para ampliar a cobertura do Seguro de
Responsabilidade Civil para que ofreza cobertura sobre aquelas
responsabilidades que poidan derivar da situación de pandemia, e
responda das eventuais responsabilidades ás que poidan estar
expostas as asociacións/clubes polas actividades que se leven a cabo
nos locais/instalacións municipais.
O seguro daríalle cobertura tamén ás entidades/veciños/as que
desenvolvan as súas actividades en instalacións municipais,
GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA
descargando así aos seus directivos/socios/deportistas de posibles
responsabilidades económicas.
2. Iniciar na semana inmediatamente posterior á aprobación dos acordos polo
Pleno o procedemento elaborar unha relación de locais/instalacións de
titularidade municipal que contemple a súa superficie e determine o número
máximo de persoas que poden acceder ao local/instalación para o
desenvolvemento de actividades.
3. Dotar a todos os locais/instalacións de Puntos de desinfección e medios
suficientes para o cumprimento das medidas de hixiene e desinfección polos
usuarios.
4. Iniciar na semana inmediatamente posterior á aprobación dos acordos polo
Pleno o procedemento para a elaboración dun informe sobre as instalacións
deportivas municipais e o número máximo de deportistas que poden acoller
para a práctica deportiva, tendo en conta o mantemento en todo momento da
distancia de seguridade, o carácter individual dos adestramentos e o deporte
que se pretenda practicar.
5. Iniciar na semana inmediatamente posterior á aprobación dos acordos polo
Pleno o procedemento para a elaboración dunha relación sobre os
cambiadores nas instalacións deportivas municipais que estableza o aforo
máximo dos vestiarios.
6. Aprobación do Protocolo de utilización e desinfección de locais e instalacións
municipais anexo a esta moción.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE CALIFICA DE “IMPROVISADA” A XESTIÓN ECONÓMICA DE ALBERTO BLANCO

 

O PSOE da Estrada califica de “improvisada” a xestión
económica do Concello da Estrada neste 2020. Luis López Bueno considera
que Alberto Blanco foi “incapaz de elaborar un orzamento para 2020 en
tempo e forma” sen que por parte do executivo local “se asumiran
responsabilidades” e cre que “o Concello está funcionando a salto de mata,
non hai planificación”.
Para o voceiro socialista existen “fallos claros na xestión económica” tanto
no 2019 como no 2020 “a liquidación do orzamento de 2019 incumpriu a
legalidade e obriga a presentar un Plan Económico Financeiro que axuste o
exercicio seguinte, e neste ano sequera hai orzamento”.
López Bueno cre que as explicacións de Alberto Blanco son “excusas de mal
pagador”, xa que “o estado de alarma non tivo nada que ver no retraso do
Goberno municipal, é máis, a liquidación do 2019 fíxose durante ese
período” e recorda que o seu grupo municipal “fomos os primeiros en
preocuparnos por este asunto, levamos dende finais de novembro do ano
pasado preguntando polo orzamento de 2020”.
O líder socialista afirma que o Goberno local mantén a regra de gasto
“porque é un requisito legal, non unha opción” e explica que “o orzamento
que se aprobe debe contemplar a regra de gasto, cousa distinta é que estea
permitido liquidar o orzamento incumpríndoa”.
“A MOCIÓN DO PP É UN DISPARATE, A CESIÓN DE REMANENTES É
VOLUNTARIA”
Por outra banda, o líder socialista opina que a moción presentada polo PP
para rexeitar a cesión de remanentes á Administración Xeral do Estado é un
“disparate político”. Cre que “esta moción dá boa conta do desnortado que
está o PP a nivel nacional e a nivel local. Se o PP cre que hai unha
apropiación, só ten que estar quieto porque a cesión de remanentes é
voluntaria”.
López Bueno afirma que os remanentes “son cartos aforrados que agora
mesmo están paralizados pola Lei Montoro” e explica que “o sistema de
cesión permite asumir gastos xerais coa devolución deses remanentes” e
ademais “permite acceder a 5.000 millóns de euros a maiores que poñerá o
Estado, e permite entrar no reparto do Fondo para a reconstrución que
traerá 140.000 millóns de euros a España”. O voceiro sentencia que “non
está nada mal”.

Critica ademais que “o PP non acompañe a moción cun informe de
Intervención que determine que é o que máis lle convén á Estrada, ceder ou
non” e razoa que “seguramente aos estradenses lles conveña poder asumir
gastos xerais con cargo a uns remanentes que agora están bloqueados pola
Lei Montoro”. Remarca tamén que “é o momento de tomar decisións” e cre
que o goberno municipal debe ser coherente, “se presentan esta moción,
non sería normal que despois se acolleran ao sistema”.
O líder socialista manifestara que o sistema de cesión non é a alternativa
que máis o convence, e que el apostaría por unha reforma da Lei Montoro
que “permitira aplicacións directas do remanente de tesouraría para
afrontar gastos xerais derivados da pandemia, con especial atención nos
servizos sociais e nas medidas de prevención e desinfección”.
A pesar da súa posición, López Bueno explica que “o certo é que a cesión
dos remanentes é a única fórmula legal que permite obviar a Lei de
Estabilidade Orzamentaria aprobada polo PP”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Requián celebrou o seu día grande

Este venres o Santuario dos Milagres de Requián celebrou o seu día grande. Houbo misas durante todo o día coa novidade que este ano foron todas no exterior da capela motivado pola crise sanitaria, así como outras medidas polas que obtou a organización para favorecer o distanciamento social e a hixiene de mans; crearon un circuito seguro con unha única entrada nun lateral da carpa onde se realizaban as celebracións litúrxicas, esta conectaba coa porta grande da capela por onde se podía acceder á mesma para visitar a imaxe da Virxe, saíndo finalmente pola porta lateral. Dentro da carpa estaban á disposición dos fieis asentos debidamente distanciados para evitar aglomeracións, a todo esto uneuse a obligotariedade do uso de mascarilla, así como a disposición de dispensadores de xel desinfectante por todo o recinto.
Tamén contaron con seguridade privada para garantizar o cumprimento das normas sanitarias, que completaron a Garda Civil, Policia Local e Protección Civil de A Estrada.
Dende a organización preocupaba especialmente a desinfección dos aseos polo que este ano se contou cunha empresa de limpeza que contaba cun protocolo especial de desinfección.
Este sábado darase por rematada a Romería coa celebración dunha misa solembe ás 12:30 na honra a Virxe da Piedade, patroa da capela.
Durante o resto do ano haberá misas todos os domingos ás 20:00 no horario de verán e ás 18:00 horas no horario de inverno.

Publicado en Portada | Deja un comentario