O concello estradense mantivo onte unha reunión cos clubs locales para informar sobre o uso das súas instalacións.. O vindeiro lúns abrirán os campos de fútbol e pabellones, sin vestuarios e con uso obrigatorio de material propio. Na reunión tamén falaron sobre o futuro das escolas deportivas estradenses.
Eu son, e xuntas creamos en A Estrada
Na tarde de onte o Mome recolleu as mostras dos traballos formados polo grupo de mulleres participantes no taller de autoexpresión, Eu son, xuntas creamos é tamén polos nenos participantes no programa Concilia Estradense, cun taller adicado a identidade de xénero.
Éstas actividades foron coordinadas as dúas pola artista Neves Seara.
Concilia Rural de A Estrada pon punto e final no seú verán agridoce.
Na mañá de onte as instalacións da Plaia Fluvial Estradense foron testigos do esceario de despedida das súas actividades do Concilia Rural Estradense, coa visita da Concelleira Amalia Golgar e hinchables para o desfrute.
O BNG da Estrada rexistrará unha pregunta para o pleno pedindo explicacións ao concello sobre o estado de abandono que propicia a degradación do lavadoiro de Leicures.
O BNG da Estrada rexistrará unha pregunta para o pleno pedindo explicacións ao concello sobre o estado de abandono que propicia a degradación do lavadoiro de Leicures. Varias veciñas da zona puxéronse en contacto con militantes da formación nacionalista, queixándose do estado lamentable no que se atopa este ben etnográfico do noso concello, un elemento patrimonial que, lembremos, se recuperou da man do BNG no mandato (2007-2011), así como moitos outros bens etnográficos.
Isto non é máis que unha mostra do desleixo e a falta de interese do PP e López Campos polo noso patrimonio e a nosa cultura. Para o alcalde da Estrada e o seu equipo de goberno os elementos culturais non teñen ningún interese, só hai que ver o estado dun dos monumentos máis coñecidos que temos, como o conxunto formado pola Torre e o Pazo de Guimarei, que durme entre as silveiras e o derrube paulatino sen que ao noso alcalde lle importe o máis mínimo.
Noutros lugares estarían coidando o seu patrimonio como fonte de orgullo de algo diferencial e sacándolle rendibilidade económica. No Bng pensamos que todo suma na mellora do futuro do noso concello e por iso pediremos as explicacións oportunas aos responsables.
Reunión de los coordinadores Covid de los 7 centros de educación primaria de A Estrada, con la coordinadora Covid del centro de salud Estradense
A la reunión asistieron coordinadores Covid de los 7 centros de educación primaria de A Estrada, la coordinadora Covid del centro de salud para infantil y primaria, y el concejal de sanidad.
Los centros educativos agradecen el apoyo recibido por parte del centro de salud y ven satisfechas la resolución de sus dudas.
La coordinadora Covid del C.S. Eva García asistirá a las reuniones con los padres que se convoquen de tarde en los días previos al inicio del curso para incidir sobre todo en las medidas de prevención a nivel familiar
Además a lo largo del curso tendrá el primer tercio de la mañana de los miércoles disponible para educación sanitaria a través de talleres con los niños rotando por todos los centros.
También se compromete a notificar la evolución de la tasa de posibilidad de Covid 19 a los coordinadores Covid de los centros (a día de hoy es de 1.43).
El concejal de sanidad Oscar Rancaño confirma que se reforzará la limpieza de los centros con una persona 4 horas de mañana
A Estrada despide ó seu Mercado de Verán
A Estrada despideuse onte do seu Mercado de Verán organizado pola Asociación de Comerciantes Estradense (Acoe) e concello.
Forón 3 días intensos con centos de visitantes o noso Concello, visitando tanto sectores de comercio local como automoción e outros sectores.
A actuación da ruleta foi o mellor atractivo para todos os asistentes e reparteu preto de 5000 euros en vales de compra.
O PSOE REAFÍRMASE NAS QUEIXAS DE COMERCIANTES NON ASOCIADOS QUE NON RECIBIRON INVITACIÓN PARA O MERCADO DE VERÁN
O PSOE da Estrada reafírmase nas acusacións ao goberno local de darlle o Mercado de verán a unha parte do comercio local. Luis López Bueno considera moi revelador que Óscar Durán non teña nada que dicir como presidente da Mesa polo comercio. «É o responsable de promoción económica, debería dar explicacións. Destaca tamén que o seu grupo nom tivo a información para participar activamente na organización do evento.
O voceiro socialista asegura que o goberno local decidiu que na Estrada hai comerciantes de primeira e comerciantes de segunda. Os socialistas recollen as queixas dos propios comerciantes que non recibiron “ningunha comunicación para participar no evento. López Bueno opina que cando se organiza unha actividade e se pretende convidar á participación, cando menos hai que facer chamadas ou facer chegar unha comunicación, e iso non se fixo.
López Bueno lamenta que o goberno non controlase a organización do evento e considera ridículo que o executivo local dera por resoltas as invitacións aos comercios con dous posts en Facebook e 10 segundos de intervención na emisora local. Nese sentido, pregúntase como os concelleiros de Promoción económica ou o de Eventos non tomaron cartas no asunto para defender os compromisos que adquirira o goberno na Mesa polo comercio.
No plano de afluencia ao Mercado de verán, o socialista considera que non houbo unha promoción axeitada, «faltou tempo, puidéronse facer máis accións de publicidade». Ademais afirma que «hai postos de empresas de fóra da Estrada, sen que se lle ofreceran antes a comerciantes locais».
O líder socialista considera que a actuación do goberno municipal está sendo moi pobre no que se refire á reactivación da economía. A este propósito, López Bueno considera que as propostas que están dando rendemento son as do paquete de medidas do Partido Socialista, as únicas que son concretas e que teñen un impacto económico medible. A actitude propositiva dos socialistas contrasta coa incomparecencia do goberno local. O estudo que o goberno local lle encargou á USC debería dar os primeiros datos en xuño, pero aínda non se sabe nada del.
López Bueno valora que a situación do comercio na Estrada é moi delicada a nivel económico, e apóiase no traballo dos socialistas, que estamos moi preto dos comerciantes. O líder valora que nin o PSOE son eu só nin se pode personalizar o comercio nunha persoa e cre que a inacción do goberno do PP está condenando ao comercio local á súa desaparición, non hai apoio económico, non hai medidas para atallar o problema dos prezos do aluguer de baixos comerciais… unicamente se adoptaron medidas cosméticas, non vemos un apoio decidido.
O voceiro analiza que a única proposta do PP foi unha campaña publicitaria e considera que é difícil saber se o vídeo promocional e a publicidade foron ou non rendibles. En calquera caso, considera que a aportación do Concello da Estrada para a promoción da economía local despois do parón pola covid é raquítica en contraste con concellos da contorna 500.000 euros en Silleda, 700.000 euros en Lalín, e arredor de 150.000 na Estrada.
















































