XXXII Edición do Premio de Novela Garcia Banos

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e posibilita unha mellora no eido da Literatura e é polo que así entendido, no proceso de normalización cultural, crea: O PREMIO DE NOVELA «MANUEL GARCÍA BARROS” (KEN KEIRADES). Ademais, deste xeito, quere testemuñar a admiración e respecto e manter a presenza do ilustre académico e galeguista DON MANUEL GARCÍA BARROS, mestre e fillo deste Concello, contribuíndo así ao espallamento da súa persoa e máis a importante achega que a súa obra fixo ás Letras Galegas. 

O Excmo. Concello da Estrada en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia convoca o XXXII PREMIO DE NOVELA «MANUEL GARCÍA BARROS” (KEN KEIRADES), cunha dotación económica de 9.000 euros, que se rexerá polas seguintes: 

. 

Premio García Barros 

BASES XXXII PREMIO DE NOVELA “MANUEL GARCÍA BARROS” 

PRIMEIRA Poderán concorrer ao premio autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos, acordes coa normativa oficial vixente en lingua galega, agás os gañadores das últimas 5 edicións. Os textos presentados deberán ser inéditos e totalmente orixinais. 

SEGUNDA Os orixinais serán presentados por sextuplicado en papel tamaño folio ou en holandesa, mecanografados a dobre espazo e encadernados en espiral, acompañadas dun CD no que se incluirá a obra en formato PDF, antes do 15 de maio de 2020 na Casa do Concello, Praza da Constitución, 1 – 36680 A Estrada (Pontevedra) 

TERCEIRA Con cada orixinal que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor ou autora, así como o título da novela. 

Presentarase na plica unha declaración xurada conforme están ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non están incursos en prohibición de percepción de obrigas públicas, e en xeral de cumprir os requisitos do artigo 13 da LGS 38/2003, así como fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente. 

CUARTA O premio terá unha dotación económica de 9.000 euros que se outorgará indivisiblemente nun único premio. 

O gañador ou gañadora será notificado para que presente -cunha antelación mínima de dous días ao sinalado para a entrega do premio-os certificados dos organismos competentes de non ter débedas coas Facendas estatal e autonómica, nin coa Seguridade Social. 

QUINTA O xurado estará composto por cinco membros escolleitos entre recoñecidos persoeiros do mundo da cultura actuando un deles como secretario/a a proposta e en representación da Corporación do Excmo. Concello da Estrada. O premio concederase por maioría de votos. 

. 

Premio García Barros 

dende 1988  

SEXTA 

A composición do xurado darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicará oportunamente. 

SÉTIMA Unha vez emitida a resolución do xurado procederase á apertura da plica gañadora no curso dun acto público na data e lugar que se anunciarán oportunamente. 

OITAVA O premio poderá ser declarado deserto. 

NOVENA O acto de entrega do devandito XXXII PREMIO DE NOVELA «MANUEL GARCÍA BARROS» (KEN KEIRADES), será no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente. 

DÉCIMA O Excmo. Concello da Estrada resérvase, durante o prazo dun ano, os dereitos de publicar a obra premiada, en todas as linguas do Estado, en formato físico e dixital. Neste sentido, o autor ou autora renuncia a favor do Concello da Estrada, na primeira edición en papel, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor. A obra premiada será publicada por Editorial Galaxia. 

UNDÉCIMA Os textos non premiados poderán ser retirados no Departamento de Cultura do Concello da Estrada, logo de presentación de solicitude de retirada asinada polo autor ou autora e identificación no momento da súa recollida, nun prazo de trinta (30) días contados a partir do seguinte ao da comunicación do xurado. Aqueles que non sexan retirados no prazo indicado serán destruídos, sen que caiba ningunha reclamación ao respecto. 

DUODÉCIMA 

A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do xurado designado, que serán inapelables.

Publicado en Portada | Deja un comentario

XXIV Edición do Premio de Poesía Avelina Valladares

O Concello da Estrada e a Asociación de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares, comprometidos/as e sensibilizados/as co proceso de creación cultural, desexan contribuír á difusión da lírica galega e, ao tempo, servir como estímulo para que novos autores e autoras percorran o complexo e, en ocasións, pouco agradecido camiño da poesía, esa arte literaria de minorías, que historicamente adquiriu en Galicia unha importancia superior ao resto dos xéneros. 

Preténdese valorar o traballo do/a poeta, do/a médium das artes, do/a alquimista que tende a ponte entre dous mundos, entre a realidade e a imaxinación, o sólido e o volátil, a terra e o espírito, conseguindo en cada traballo o antigo soño de transformar o chumbo en ouro. 

Do mesmo xeito, tamén se pretende perseverar o cultivo da lingua galega como sinal de identificación e diferenciación de Galicia e principal patrimonio cultural da nosa comunidade. 

Por último, e non menos importante, búscase colaborar coa divulgación da obra da poeta estradense Avelina Valladares, auténtica precursora, xunto co seu irmán Marcial, do cultivo literario da lingua no século XIX, determinante no rexurdimento do noso idioma como vehículo artístico.  

BASES XXIV Edición do Premio de Poesía Avelina Valladares 

PRIMEIRA Poderán concorrer ao premio todas as persoas autoras, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en lingua galega e acordes coa normativa oficial vixente. Os textos presentados deberán ser inéditos. 

SEGUNDA Os orixinais presentaranse por quintuplicado acompañados dun CD, onde se incluirá a obra en formato PDF. O tema e a forma serán libres, mais os textos deberán contar cun mínimo de 300 versos e cun máximo de 800. Deberanse remitir, antes do 15 de maio de 2020, ao seguinte enderezo: XXIV Premio de Poesía Avelina Valladares, Concello da Estrada, praza da Constitución, 1,36680 A Estrada, Pontevedra. 

TERCEIRA Con cada orixinal, que se deberá entregar baixo lema, xuntarase nun sobre pechado o nome completo, a copia do DNI, O enderezo e o teléfono do autor ou autora. 

Presentarase na plica unha declaración xurada en que se indique que a persoa que concorre ao premio está ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social, que non está incursa na prohibición da percepción de obrigas públicas e, en xeral, que cumpre os requisitos do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. 

CUARTA A dotación económica será de 2.000 €, que se outorgarán indivisiblemente nun único premio. 

QUINTA O xurado estará composto por cinco membros escolleitos/as entre recoñecidas figuras do mundo da cultura. Cada un dos grupos políticos representados na corporación propoñerá un membro. Contará tamén cun/cunha secretario/a, con voz e voto, en representación do Concello da Estrada. O premio entregarase por maioría de votos. 

SEXTA 

A composición do xurado darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente. 

SÉTIMA Unha vez emitida a resolución do xurado, abrirase a plica gañadora no curso dun acto público que se desenvolverá na data e lugar que se anunciarán oportunamente. 

OITAVA O Concello da Estrada resérvase o dereito de publicar os traballos premiados en formato físico e dixital, nunha antoloxía creada con tal efecto, sen apercibimento de dereitos de autoría e compensando as persoas autoras con exemplares do volume que, no seu día, se puider editar. De a persoa autora publicar a obra, deberase facer referencia ao premio obtido neste certame. 

NOVENA Os textos non premiados poderanse retirar no Departamento de Cultura do Concello da Estrada nun prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da comunicación do xurado. Para a retirada dos textos cumprirá que o autor ou autora presente unha solicitude de retirada asinada e que se identifique no momento da recollida. Aqueles textos que non se retiren no prazo indicado serán destruídos, sen que caiba ningunha reclamación ao respecto. O Concello da Estrada non manterá correspondencia cos autores e autoras dos traballos presentados, nin asume responsabilidade ningunha pola eventual perda dalgún orixinal. 

DÉCIMA A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como das decisións do xurado designado, que serán inapelables.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Conexiones móviles más veloces y mejor cobertura llegan a /localidad/con el nuevo 4G

 

  • Las operadoras de telefonía móvil comienzan a ofrecer en /localidad/ servicios 4G en la banda de 800MHz

 

  • La nueva tecnología permitirá a los /gentilicio localidad/ disfrutar de servicios de datos móviles de alta velocidad, mejorará la cobertura en el interior de edificios y ampliará la extensión geográfica

 

  • Llega800 es la entidad encargada de garantizar la compatibilidad de este servicio 4G con la TDT en la banda de 800MHz

 

Las operadoras de telefonía móvil, Telefónica, Vodafone y Orange, comenzarán a ofrecer en /localidad/ a partir del xx de xx servicios sobre la red 4G en la banda 800MHz, lo que permitirá a los /gentilicio/ disfrutar de conexiones móviles de alta velocidad sobre tecnología LTE (4G) con una mejor cobertura en el interior de los edificios y mayor extensión geográfica. Para garantizar la compatibilidad de la nueva tecnología con la Televisión Digital Terrestre (TDT), los operadores han puesto en marcha Llega800, entidad encargada de solucionar cualquier afectación en la recepción de la señal de televisión. 

 

Con la llegada del nuevo 4G a /localidad/ continua el proceso de implantación que se está realizando de forma paulatina por toda la geografía nacional. Para comprobar las localidades donde ya están activos estos servicios se puede consultar el siguiente enlace: https://www.llega800.es/listado-de-municipios-activos/

 

El despliegue 4G se enmarca en los establecido en el Real Decreto 805/2014, de 19 de septiembre, con fecha 1 de abril de 2015 en el que se procedió a la liberación de las frecuencias entre 790 y 862 MHz (canales 61 al 69 de UHF) que hasta entonces se empleaban para la recepción de la Televisión Digital Terrestre, proceso también conocido como Dividendo Digital. A partir de entonces, dichas frecuencias fueron asignadas a las operadoras de telefonía móvil para prestar sus servicios de telefonía móvil 4G.

 

Principales ventajas: más y mejor cobertura

 

Con la red 4G se ha abierto la puerta a innovadores servicios y aplicaciones, además de proporcionar significativas mejoras tanto en la velocidad de descarga, como de envío de datos -fotos, música o contenidos audiovisuales de alta definición- o permitir sacar el máximo partido a aplicaciones online, como los videojuegos. 

 

La red 4G de telefonía móvil introduce dos mejoras fundamentales. La primera es la solvencia de los diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes en la geografía española donde tradicionalmente fallaba la cobertura. La segunda, es la gran penetración en zonas interiores de los edificios.

 

La nueva generación de la tecnología 4G también facilita la introducción de nuevos servicios en el área empresarial y de las administraciones públicas, como aplicaciones empresariales en movilidad con alto contenido multimedia o el uso de la videollamada, entre otros.

 

Además, la mayor cobertura que alcanza el 4G en la banda de 800MHz mejorará el servicio en el interior de edificios y será la banda que permita extender geográficamente el servicio de forma eficiente.

 

Garantizando la compatibilidad del 4G y la TDT

 

Llega800 es la entidad gestora encargada de ofrecer los servicios que garantizarán la compatibilidad entre la puesta en marcha de la emisión del 4G en la banda 800 MHz y la recepción del servicio de TDT.

 

Para garantizar esta compatibilidad, Llega800 presta a los ciudadanos una serie de servicios gratuitos que incluyen, por un lado, una actuación previa, gracias a la cual los ciudadanos que residan en zonas de mayor afectación recibirán una comunicación en su domicilio que les informará de que a partir de ese momento podrán solicitar de forma gratuita la adaptación de la antena de su edificio para evitar posibles incidencias.

 

Y, por otro, un procedimiento correctivo, tras el encendido de las estaciones, por el que llega800 se encargará de atender a los usuarios afectados gestionando y resolviendo posibles afectaciones también sin coste alguno.

 

Para gestionar estos servicios, se ha puesto a disposición de los ciudadanos un teléfono de atención gratuito (900 833 999) y una página web www.llega800.es.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A partir de abril as familias que teñan dous ou mais fillos non pagarán a garderia a partir do segundo

A Corporación estradense aprobou onte a modificación da tasa para as garderías. Trátase dun trámite administrativo para que o Concello se adapte así á decisión da Conselleria de Política Social, que hai un mes anunciou que as familias que teñan dous fillos ou máis non pagaría a gardería a partir do segundo fillo. 
Esta medida entrará en vigor no mes de abril.
Por outra banda, o Pleno aprobou tamen o pago de facturas a proveedores que estaban pendentes.
Publicado en Portada | Deja un comentario

Concello e voluntarios axudan en A Estrada facilitando servicios

Dende o Concello de A Estrada,Creouse a Rede de Axuda entre Parroquias do Rural para prestar colaboración a aquelas persoas que vivan solas, estén enfermas ou non poidan desplazarse e precisen de servicios.

*Dende o Concello de A Estrada habilitouse o tfno 986.57.00.30, que estará operativo de mañà e tarde.*

Se sabes de quen poida estar necesitando axuda, faille chegar esta información.

Nos pròximos días enviaremos outras iniciativas que se van levar a cabo nos supermercados e comercios da Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

COMUNICADO DO BNG DA ESTRADA POLA CRISE DO CORONAVIRUS

Dende o Bloque Nacionalista Galego da Estrada queremos comezar dando azos aos traballadores infectados da nosa vila, aos seus familiares e a todo o pobo estradense que está a demostrar nesta crise unha seriedade e unha disciplina exemplares, a pesar do difícil da situación, quedando na casa para evitar o espallamento desta nova enfermidade.
 
Tamén queremos recoñecer o esforzo e agradecer a todos os traballadores e traballadoras que manteñen o servizo público de saúde (limpadoras, celadores, enfermeiras, médicas…) e que están a realizar un labor excepcional en primeira liña, a pesar das súas condicións precarias de traballo. É o noso sistema público de saúde quen unha vez máis garante a igualdade e sostén a nosa sociedade nos momentos máis difíciles.
 
Queremos tamén expresar a nosa solidariedade cos traballadores e traballadoras que non poden ficar na casa e que o seu traballo, moitas veces invisibilizado no día a día, é indispensábel: transportistas, caixeiras, repoñedoras… É por todos estes traballadores e traballadoras precarias que teñen que continuar a traballar para que a sociedade non se derrube, e instamos ao establecemento e cumprimento dos protocolos de seguridade para manter o máis a salvo posíbel a  todos aqueles traballadores e traballadoras que teñan que continuar a traballar.
 
É por iso que, deixando á marxe a enorme distancia ideolóxica que nos separa do goberno municipal e dos outros partidos da oposición, queremos transmitirlle ao goberno que nos terá ao lado durante esta situación dando ideas, apoiando e reforzando todas aquelas iniciativas que se realicen dende o concello para mitigar o máximo posíbel os efectos negativos desta crise. Do mesmo xeito convidamos ao resto da oposición a sumarse a este esforzo común e confiamos en que así o farán para acadar consensos que melloren a saída desta situación.
 

Unha vez máis, dende o BNG queremos animar á veciñanza estradense nestes tempos que son duros, pero pasaxeiros. A pesar de estarmos nunha situación nova estamos a demostrar que a cura máis efectiva é vella: a rede de solidariedade veciñal que é a que impide que caiamos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE ESIXE QUE O GOBERNO SE CENTRE EN RECUPERAR A NORMALIDADE E SACAR ADIANTE O ORZAMENTO DE 2020

O PSOE esixe que o goberno municipal evite anuncios e se
centre en sacar adiante o orzamento para 2020 “que vai con tres meses de
retraso”. Luis López Bueno critica que “este goberno faga anuncios
improcedentes na situación excepcional que estamos a vivir. Ademais
trátase dunha decisión que debería ser consensuada co resto de grupos
políticos, non unha imposición unilateral do goberno”.
López Bueno tamén valorou que “o proxecto requirirá informes técnicos que
aínda non están sobre a mesa. Este tipo de anuncios funcionan como unha
cortina de fume do Goberno, ese expediente atópase nun estado moi inicial
e non corresponde facerlle publicidade agora, máxime cando non existe
sequera un orzamento aprobado”.
O voceiro socialista valorou que “o Concello ten cuestións moito máis
urxentes sen resolver: Non existe un plan estratéxico para paliar a crise
demográfica, débese elaborar a RPT que o Concello está obrigado a sacar
adiante por sentenza xudicial e cun procedemento de execución forzosa
aberto. Continúa sen cubrirse o posto de Psicóloga no CIM, o Centro de
Atención Temperá funciona en precario, cun contrato de tempo determinado
e que expirará pronto”. López Bueno considera que “anuncios coma o de
onte reflexan que este goberno non é capaz de distinguir as prioridades,
traballa sen saber cara onde vai”.
López Bueno pregúntase “onde está a dirección política do Concello? A
Estrada perde preto de 200 habitantes ao ano, e a proposta de creación
dunha Comisión Especial de Reto Demográfico continúa sen tramitar. O
goberno non é consciente da gravidade da situación demográfica, non
manexa escenarios económicos do que suporía descender dos 20.000
habitantes, e está a facer a conta da leiteira anunciando a compra dun
edificio”.
Ademais diso, o voceiro opina que “o goberno non ten en conta o impacto
que terá o envellecemento sobre os servizos que se están a prestar.
Precisamos un plan para adecuar a demanda dos servizos á terceira idade
nos vindeiros anos, a medida que envelleza a nosa pirámide de poboación,
a demanda aumentará“

Publicado en Portada | Deja un comentario