O PSOE ESIXE QUE O GOBERNO SE CENTRE EN RECUPERAR A NORMALIDADE E SACAR ADIANTE O ORZAMENTO DE 2020

O PSOE esixe que o goberno municipal evite anuncios e se
centre en sacar adiante o orzamento para 2020 “que vai con tres meses de
retraso”. Luis López Bueno critica que “este goberno faga anuncios
improcedentes na situación excepcional que estamos a vivir. Ademais
trátase dunha decisión que debería ser consensuada co resto de grupos
políticos, non unha imposición unilateral do goberno”.
López Bueno tamén valorou que “o proxecto requirirá informes técnicos que
aínda non están sobre a mesa. Este tipo de anuncios funcionan como unha
cortina de fume do Goberno, ese expediente atópase nun estado moi inicial
e non corresponde facerlle publicidade agora, máxime cando non existe
sequera un orzamento aprobado”.
O voceiro socialista valorou que “o Concello ten cuestións moito máis
urxentes sen resolver: Non existe un plan estratéxico para paliar a crise
demográfica, débese elaborar a RPT que o Concello está obrigado a sacar
adiante por sentenza xudicial e cun procedemento de execución forzosa
aberto. Continúa sen cubrirse o posto de Psicóloga no CIM, o Centro de
Atención Temperá funciona en precario, cun contrato de tempo determinado
e que expirará pronto”. López Bueno considera que “anuncios coma o de
onte reflexan que este goberno non é capaz de distinguir as prioridades,
traballa sen saber cara onde vai”.
López Bueno pregúntase “onde está a dirección política do Concello? A
Estrada perde preto de 200 habitantes ao ano, e a proposta de creación
dunha Comisión Especial de Reto Demográfico continúa sen tramitar. O
goberno non é consciente da gravidade da situación demográfica, non
manexa escenarios económicos do que suporía descender dos 20.000
habitantes, e está a facer a conta da leiteira anunciando a compra dun
edificio”.
Ademais diso, o voceiro opina que “o goberno non ten en conta o impacto
que terá o envellecemento sobre os servizos que se están a prestar.
Precisamos un plan para adecuar a demanda dos servizos á terceira idade
nos vindeiros anos, a medida que envelleza a nosa pirámide de poboación,
a demanda aumentará“

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE PIDE RESPONSABILIDADE PARA ENFRONTAR O CORONAVIRUS E PONSE A DISPOSICIÓN PARA FACER O QUE ESTEA DA SÚA MAN

 

“É unha situación excepcional e hai que seguir as recomendacións
dos profesionais. Debemos tomalas con naturalidade” di López
Bueno.

O PSOE apoia as medidas tomadas polo goberno municipal
contra o coronavirus. López Bueno indicou que “tivemos conversas co
alcalde para achegar as nosas suxestións, e coincidimos en que debemos
seguir as indicacións dos profesionais”.
O voceiro socialista valorou que “as restricións de atención ao público son
lóxicas, pola saúde do persoal do concello como dos veciños e veciñas. As
recomendacións piden evitar ao máximo os contactos, e estes poden
evitarse”.
López Bueno tamén indicou que “propuxemos a elaboración dun Bando con
recomendacións de cara a prevención dos contaxios e que recorden cal é o
protocolo en caso de ter síntomas, para evitar o colapso dos centros
médicos e dos hospitais. É importantísimo manter a capacidade de resposta
do noso sistema de saúde público, e iso pasa polo control dos contaxios”.
Sobre a resposta dos profesionais opinou que “están a pelexar cos recursos
dispoñibles. Oxalá houbera máis medios. O pasado mes de febreiro
manifestouse SOS sanidade pública xunto con moitos outros colectivos, e
agora é onde se ve a necesidade dos recursos en sanidade”. Estendeulle os
seus parabéns “tanto aos profesionais sanitarios como ao persoal de
emerxencias, protección civil, policías locais e outros corpos que miran pola
nosa seguridade nestes momentos”.
Tamén valorou “moi positivamente” que algúns negocios da vila decidisen
pechar “por responsabilidade, incluso antes do anuncio da Xunta de Galicia.
Di moito do noso comercio e da sociedade estradense en xeral. Xa o
tivemos que demostrar o noso civismo en outros episodios de crise, e nesta
ocasión volvemos a facelo”.
O socialista recordou que “para moitas persoas mozas esta será a primeira
crise importante que pasarán nas súas vidas” e apelou á “responsabilidade”
para cortar a curva de contaxios. “Os cativos e cativas funcionan como
transmisores, igual que as persoas mozas. Debemos ter en conta este feito
para evitar ser vectores de transmisión do virus a persoas de grupos de
risco. Podemos causar grandes problemas”.
Por último, o voceiro recordou que o PSdG suspendeu todas as súas
actividades públicas, “o noso grupo municipal seguirá traballando.
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
Adaptarémonos ás circunstancias e na medida do posible, empregaremos
medios telemáticos para as reunións de traballo e as nosas comunicacións”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os Estrandenses deciden «QUEDARSE NA CASA»

Na mañá de onte aínda se podía ver sair e entrar xente nos supermercados para así facer as compras últimando o medo a sair cando menos das súas casas.

Tendas cerradas e sen afluencia nas rúas despois dun chamamento do goberno de QUEDARSE NA CASA.

Algún negocio Estradense da hostelería mantén o servizo de reparto o que tamén se van sumando co paso das horas outros máis.

O Estradense Xesús Palmou e a súa dona reciben no día de onte a confirmación do seu positivo en Coronavirus, aínda que xa están asintómaticos.

En outro orde de cousas a Igrexa tamén suspende as súas misas aínda que a a Igrexa Estradense permanece aberta .

Publicado en Portada | Deja un comentario

COMO MEDIDA PREVENTIVA ANTE O CORONAVIRUS CANCELAMOS A FESTA PREVISTA PARA O SÁBADO 14 NA PRAZA DO MERCADO POR MOR DO CORONAVIRUS

 

                                                    IMPORTATE

Lamentamos as molestias que isto poida ocasionar a todas as persoas que confirmaron asistencia, mais é o momento de sermos responsábeis e colaborar na medida das nosas posibilidades para que frear o virus.

Neste sentido tamén nos poñemos a disposición do goberno municipal para colaborar no que sexa necesario para atallar esta crise sanitaria que ameaza a saúde das persoas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Socios y socias de Fundación Amigos de Galicia colaboran en la reparación del tejado de la casa incendiada en Berres (A Estrada)

 El tejado tuvo un coste de 5.445,00€
 Con la recaudación hecha por los socios y socias de la entidad también
se pagará un seguro para la vivienda
Fundación Amigos de Galicia ha recaudado entre sus socios y socias 5.445
euros destinados a la reparación del tejado de la vivienda familiar
incendiada en Berres (A Estrada) el pasado mes de octubre. Además del coste
de la reparación del tejado también se le ha hecho entrega de un seguro de hogar
para la vivienda, ya que en el momento del incendio no contaba con ninguna
póliza en vigor, lo que dificultó aún más la obtención de recursos para su
rehabilitación.
Tras el trágico suceso padecido por esta familia estradense el pasado mes de
octubre, la entidad promovió una recaudación de fondos entre sus socios y
socias para ayudar a esta familia en la recuperación de su casa para que puedan
disponer de una vivienda digna.
Socios de la entidad visitaron hoy la vivienda que sigue en obras junto a su
propietario, quien aprovechó la ocasión para expresar su agradecimiento a
Amigos de Galicia por esta ayuda.
Desde la entidad somos conscientes de la importancia que tiene para las familias
vivir en viviendas adecuadas.
Dentro del Plan Integral de Lucha contra la Pobreza y la Exclusión Social llevado
a cabo por la entidad, Fundación Amigos de Galicia presta ayuda a familias
residentes en Galicia, principalmente con menores a cargo, que se encuentren
en situación de pobreza o exclusión social y que necesitan ayuda en la
rehabilitación de sus viviendas para poder vivir en un hogar digno.
Desde Fundación Amigos de Galicia se han realizado en los últimos años
diferentes rehabilitaciones de casas, que por diferentes circunstancias, sus
dueños/as no pudieron realizar para poder habitar en una vivienda digna.
La entidad ha desarrollando actuaciones similares a esta en localidades
como como Silleda, Pazos de Borbén, Camariñas, Camelle o Vilanova de
Arousa.

Publicado en Portada | Deja un comentario

¡IMPORTANTE!

Canceladas todas as actividades culturais e deportivas no Concello da Estrada.

Dende hoxe xoves e ata novo aviso, as actividades culturais e deportivas organizadas polo
Concello da Estrada ou realizadas en dependencias municipais quedan canceladas con
motivo do COVID-19. Unha medida tomada atendendo ás restricións e recomendacións da
Xunta de Galicia. Calquera modificación nestas medidas será comunicada ao seu debido
tempo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Recinto Feiral da Estrada apraza a data do seu primeiro evento do calendario feiral 2020 para os vindeiros días 12, 13 e 14 de Xuño.

O Recinto Feiral
Estradense, atendendo á inquedanza dos expositores e
dada a situación actual, considerou convinte trasladar as
Feiras previstas para esta fin de semana para os
vindeiros dias 12, 13 e 14 de Xuño do presente ano.
O interés xeral nestes casos debe prevalecer e a
máxima do recinto e velar póla saúde e benestar dos
clientes e visitantes.

Publicado en Portada | Deja un comentario