O PSOE RECLAMA ACTUACIÓNS CON “EXTREMA URXENCIA” NA AVENIDA DE SANTIAGO

O PSOE reclama actuacións urxentes na Avenida de Santiago
e cualifica a situación como “insostible”. López Bueno recorda que “tanto os
veciños e veciñas da zona como o Grupo Municipal Socialista levamos
tempo reivindicando esta necesidade. Mentres tanto, o goberno non é capaz
de sacar adiante o orzamento para o 2020 e iso impide que coñezamos se
pensan actuar ou non”.
Para os socialistas as carencias na Avenida de Santiago son “un reflexo
claro da situación da Estrada, tanto do rural como da vila. Este goberno é
incapaz de resolver os problemas do día a día. Gástanse millóns de euros na
ampliación da alameda pero os veciños e veciñas non poden chegar con
normalidade ás súas vivendas nin poden deixar os seus vehículos
estacionados nesa e noutras rúas”.
O voceiro socialista valora que “no PMUS existe unha ficha para esa área, e
debería haber unha solución en marcha para os problemas do firme, que
está causando problemas importantísimos para os veciños e veciñas, e
tamén nos consta que existen problemas nos edificios cos servizos
soterrados como o saneamento”.
Os socialistas opinan que “o máis acaído é facer unha actuación definitiva
que resolva os problemas de asentamento do asfalto, e de paso aproveitar
para realizar as melloras que sexan necesarias nos servizos”. Ademais diso,
tamén recordan que “xa anunciamos a nosa intención de que a actuación
sexa ambiciosa e se faga unha remodelación sobre toda a área. Xa que
propoñemos unha actuación, é mellor resolver todos os problemas dunha
soa vez para que as solucións sexan duradeiras”.
López Bueno remarca que “non se trata dun capricho, se non que son
necesidades que saltan á vista de todos. Estamos a falar dunha zona na que
existe unha escola infantil, un colexio, é un lugar de paso para saír do casco
urbano e ademais concentra un número moi importante de domicilios” e
critica que “a pesar da importancia que ten a Avenida de Santiago, a acción
do goberno limítase a solucións temporais que apenas duran unhas horas”.
O líder socialista tamén dubida de que o goberno prevea actuacións no
2020 “o grupo de goberno responde con evasivas cada vez que lles
recordamos estas necesidades, e está recollido nas actas do Pleno, por
exemplo”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación do libro A Matanza do porco

Mañá xoves ás 20.00 h, na Casa das Letras, terá lugar a presentación do libro A Matanza do porco escrito polo lalinense Xoán Carlos García  Porral e editado por Edicións Fervenza.

 

O libro desfía, textual e graficamente, todo o relativo á tradición tan ancestral da matanza do porco en Galicia: os seus traballos comezando desde a etapa do cebo ata a curación da carne, o rico e variado vocabulario, as crenzas que hai arredor desta tradición ou os roles que xogan homes e mulleres no ritual da mata. Trátase, pois, dunha investigación feita desde un punto de vista antropolóxico, etnográfico, lingüístico e cultural.

 

Como doutor en antropoloxía social, a traxectoria investigadora de Xoán Carlos está ligada ao patrimonio histórico e cultural da comarca do Deza, pero nesta publicación recolleu tamén información doutras vilas de Galicia, entre elas A Estrada.

 

No acto intervirán, ademais do autor, a profesora Mónica Mato, o normalizador do Concello Xosé Lueiro e o concelleiro de Cultura Juan Constenla. Ao remate do acto, o escritor asinará exemplares da publicación.

Publicado en Portada | Deja un comentario

‘O mundo máxico de Pinocho’, fai escala en A Estrada

Tras lograr un gran éxito de asistencia fai agora catro anos, a compañía Educateatro Producións volve a levar ao concello da Estrada a obra ‘O mundo máxico de Pinocho’, unha adaptación de Carlo Collodi que promete sumerxer a pequenos e maiores nunha viaxe pola vida daquel boneco de madeira que se convirteu nun neno humano.

O concelleiro de Cultura estradense, Juan Constenla, e Xandre Vázquez, de Educateatro, presentaron aonte este espectáculo, que se celebrará o próximo domingo, ás 18.30 horas, no Teatro Principal.

A entrada ao espectáculo costará seis euros e xa se pode adquirir na páxina web de Tikodoco ou no departamento de Cultura do Concello da Estrada.

Vázquez explicou que a compañía pretende que o espectáculo sea interactivo. Para elo, entregarán con cada entrada e a cada neno ou nena una varita máxica «coa que axudarán á fada madriña cos seus conxuros e que logo pode servir de marcapáxinas para fomentar a lectura».

…
Publicado en Portada | Deja un comentario

O Foxo da Estrada rindeu hoxe homenaxe ao escritor e poeta portugués Joao Manuel Ribeiro

O colexio O Foxo da Estrada rindeu nesta mañá homenaxe ao escritor e poeta portugués Joao Manuel Ribeiro.O acto contou coa actuación do cantautor Manoele de Felisa e rematou coa plantación dun árbol en memoria de Joao Manuel Ribeiro.

Naceu e medrou ligado á terra, en Oliveira de Azeméis, na casa do seu avó, un agricultor que deixou unha fonda pegada na súa vida. O avó, “um homem muito sabio” foi o que o configurou existencialmente. A persoa que lle encheu a cabeza de historias, imaxinación e de fantasías. “Ao fim e ao cabo, no principio de min –o que sou, o que tenho, o que sonho e escrevo– está o meu avô, rei de coisa pouca.”

 

De pereiriño gustaba de ir ás mazás á finca dunha veciña. Tiña dous enredos, un cabalo de pao no que viaxaba moito e facía moitas falcatruadas e unha bóla de trapos. Tamén “gostava muito de descobrir ninhos, mexer na terra, ver o meu avô fazer un enxerto, fazer bonecas de trigo…” Se fose un paxaro sería un “gavião”, un gato que quere voar.

 

Di sempre que vive apaixoado polas palabras. “Gosto de brincar com as palavras, de as olhar, de as namorar, de perder/ganhar tempo com elas. Gosto do silêncio que há em muitas, quase todas, as palabras.”

 

O profesor Xesús Alonso Montero subliñaría, sen dúbida, que o João é un letraferit.  Acostuma tamén a dicir que “posso falar muito bem inglês, mas vou pensar sempre em português, porque foi a língua com a qual nasci e cresci.” Recoñece que sería moi difícil vivir sen palabras, xa que sen palabras non seriamos as persoas que somos.

 

Hai catro cousiñas que gusta de facer, aínda que non sabe exactamente se é traballo ou lecer; a saber: ler, escribir, estudar e (facer) nada. “Esta última é das coisas mais deliciosas de se fazer”. Tamén gusta de escoitar música, camiñar, viaxar, andar en bicicleta e “de um bom petisco”.

 

A súa escrita é sempre poesía, aínda cando escribe en prosa. Ao cabo, a poética de João Manuel Ribeiro –ao dicir do crítico literario Armando Requeixo– “é magmática e reflexiva, transcendente e iluminadora, entrañada e radical, un río de voces que nos arrastra ata o océano da Eternidade”.

                   Xosé Luna

Publicado en Portada | Deja un comentario

Medio Ambiente lanza a segunda campaña ‘Únete ao reto’ para premiar aos concellos que superen as súas taxas de reciclaxe

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou esta mañá en Lalín a campaña Únete ao reto, impulsada en colaboración con Ecoembes co fin de fomentar a reciclaxe de envases lixeiros nun total de 15 concellos galegos pola vía da concienciación social e mediante a programación ao longo de tres meses de diversas accións de impacto na rúa.

Trátase da segunda edición desta iniciativa, que ten como obxectivo conseguir e incentivar aos concellos participantes para que melloren polo menos nun 10% a porcentaxe das achegas que fixeron ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e bricks) durante o mesmo período do ano anterior. No acto de lanzamento da campaña, a conselleira Ángeles Vázquez explicou que aqueles municipios que o logren, recibirán como recompensa 2.000 euros, cantidade que poderán destinar a unha causa social da súa elección.

A iniciativa comezará a desenvolverse este mesmo mércores e prolongarase ata o vindeiro 11 de xuño nos 15 concellos participantes. Concretamente, Únete ao reto chegará nesta segunda edición aos municipios de Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro e Cambados, que suman en total unha poboación de preto de 450.000 habitantes.

Para cumprir co obxectivo de incrementar nun 10% as súas actuais cifras de recollida de envases, están programadas unha serie de actuacións a pé de rúa coas que se buscará comprometer á cidadanía e animala a implicarse e participar activamente na mellora das taxas de reciclaxe de envases lixeiros nos seus respectivos concellos.

A idea é apostar por accións innovadoras e rechamantes entre as que figuran, como explicou Ángeles Vázquez, a instalación temporal de contedores xigantes en lugares públicos e visibles, a mobilización de patrullas de promotores ou a realización de impresións con auga e pintura de leite no pavimento de graffitis ecolóxicos, unha técnica que permite que a pintura desapareza ao cabo dunhas semanas.

De forma paralela a todas estas actividades, a mensaxe tamén se reforzará cunha campaña de comunicación pensada sobre todo para redes sociais coa intención de chegar ao público máis novo, e co reparto de merchandising.
Trátase dunha iniciativa dinámica que contará con actividades comúns pero que non necesariamente se van desenvolver de forma simultánea nin continuada nos 15 concellos. De feito, os 16 monitores que se encargarán de informar á xente e dinamizar as accións de rúa programadas estarán un mínimo de 20 días e un máximo de 39 en cada un dos municipios nos que se vai centrar a campaña. A misión destes dinamizadores de rúa será informar á cidadanía do reto e da importancia da reciclaxe, así como tamén ao comercio e aos hostaleiros locais.

Ademais, porase en marcha paralelamente e a nivel nacional a campaña Pensa cos pulmóns en medios autonómicos e locais. O obxectivo é concienciar sobre os beneficios que aporta a reciclaxe sobre a calidade do aire e o coidado do medio ambiente, repercutindo por tanto na protección da nosa propia saúde e animando á cidadanía a pensar de maneira sostible

Resultados da campaña anterior

Durante a pasada edición de Únete ao reto, que se levou a cabo no ano 2018, 10 dos 15 concellos galegos participantes cumpriron o seu obxectivo e incrementaron en máis dun 10% as taxas de reciclaxe no contedor amarelo.

Tras o éxito daquela experiencia piloto, a conselleira de Medio Ambiente engadiu que se os 15 concellos participantes nesta nova edición (algúns dos cales como Ribeira, Boiro, Ferrol, Ourense e Viveiro xa se implicaran tamén no primeiro reto) logran superar a barreira do 10% que se fixa como obxectivo mínimo, poderanse recoller uns 140.000 quilos de envases, latas e bricks adicionais ao longo dos tres meses que durará a campaña.

Publicado en Portada | Deja un comentario

10ª Feira de Oportunidades do Comercio, o 5º Salón do Vehículo de Ocasión e a 61ª Feira de Antigüidades e Artesanía

O concelleiro de Industria estradense, Óscar Durán, e o presidente da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE), Alfredo González, presentaron hoxe 10ª Feira de Oportunidades do Comercio, o 5º Salón do Vehículo de Ocasión e a 61ª Feira de Antigüidades e Artesanía, que se celebrarán desde o próximo venres ata o domingo no recinto ferial estradense.

O edil ‘popular’ explicou que haberá un espazo expositivo de 11.400 metros cadrados nun total de cinco pavillóns nas que participarán máis de 70 firmas expositoras.

A entrada ao recinto costará un euro e será válida para todos os días de feira. As portas abrirán o venres de 16.00 a 21.00 horas e sábado e o domingo, de 10.00 a 21.00 horas.

Haberá, así mesmo, estands de degustación de productos como queixo, sidra e mel e os máis pequenos da casa poderán gozar de inchables e dun toro mecánico e de espectáculos de maxia e humor, que serán os tres días ás 18.00 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Premio Honorífico ao Labor das Mulleres del Concello de A Estrada

Deceas de veciños e veciñas, familiares e amigos arrouparon a Francisca Andújar Tato, do establecemento hosteleiro Os Peares, que recibiu o Premio Honorífico ao Labor das Mulleres del Concello de A Estrada. Así, nun emotivo acto celebrado no Museo do Moble e da Madeira, Francisca recibiu da man do alcalde estradense, José López, e da concelleira de Benestar Social, Amalia Goldar, este galardón, co que o Goberno municipal quixo destacar o compromiso da hosteleira tanto co seu negocio, como coa sú familia e coa vila. Nai de seis fillas, Francisca Andújar loitou por sacar adiante un negocio e conseguiu mantelo en pé durante décadas.

Publicado en Portada | Deja un comentario