Hai unhas semanas o alcalde da Estrada anunciaba o despregue da fibra óptica nunha serie de núcleos rurais ao longo de 2020 e 2021. Sen embargo, a pesar de que a lista aparentemente era numerosa, unha análise dos datos reflicte que o 67% dos núcleos rurais da Estrada quedarán fóra do despregue da fibra que están realizando as operadoras Movistar e R.
É dicir, máis da metade dos veciños e veciñas do rural da Estrada non terán acceso á banda ampla de acceso a internet nos próximos dous anos. Logo de 2021 a continuidade do espallamento da fibra dependerá da vontade das operadoras e sobre todo das subvencións públicas que reciben para tirar o cable polo rural, que se poden ver afectadas logo do presumíbel recorte de fondos europeos que se aprobará proximamente no consello europeo.
Por outra parte, das 52 parroquias nas que se divide o noso concello, só unha, Barbude, terá todos os seus núcleos con fibra, o resto das parroquias terán que agardar. Este xeito de espallar a fibra no rural é cando menos anárquico, sen sentido e en máis dun caso sobrevoa a longa man do caciqueo, habitualmente utilizada polo PP para manter contenta a súa tropa. Este caprichoso despregue da fibra óptica lembra á instalación dos teléfonos públicos no rural a mediados dos anos 80 do século pasado. Daquela a dereita caciqueaba teléfonos públicos, hoxe caciquea coa fibra óptica.
Este espallamento caprichoso e anárquico discrimina en xeral a todos os veciños e veciñas do rural a respecto dos que viven na vila, e o que é peor, este tratamento discriminatorio aínda é máis grave cando se produce entre veciños e veciñas dunha mesma parroquia, un agravio comparativo que baixo ningún concepto debería de darse. Porque non estamos falando só de ter ou non ter un servizo, senón que hai veciños e veciñas que pagan máis por un acceso a internet de peor calidade e prestacións.
Desde o BNG entendemos que o alcalde debe dar explicacións dos criterio utilizados polas operadoras para espallar a fibra óptica no rural.
O espallamento da fibra óptica na Estrada deixa fóra ao 67% dos núcleos rurais
O PSOE RECLAMA ACTUACIÓNS URXENTES EN MONTILLÓN PARA GARANTIR A SEGURIDADE E OS SERVIZOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS

O PSOE reclama actuacións urxentes en Montillón para garantir a seguridade e os servizos dos veciños e veciñas. Luis López Bueno apunta a que “cedeu unha parede de terra na entrada do lugar, e o único que atinou a facer o concello foi apartar as pedras máis grandes á beira da pista. Mentres tanto, a parede continúa sen asegurar é existe un risco máis que evidente de producirse un novo corremento. Ademais, é un punto moi transitado porque a pista é un paso obrigado para acceder ao lugar”.
O concelleiro asegura que “estiven alí vendo os efectos do temporal, e non se trata da única deficiencia que hai nese entorno. Puidemos falar cos veciños e xa acudiron ao concello denunciando esta situación, pero o goberno non é capaz de ofrecerlles unha solución”.
López Bueno destaca que no lugar de Montillón “cómpre desatoar a rede de saneamento en varios puntos, xa que non admite o torrente de auga que discorre por ela cando chove. Hai que amañar unha canalización que derrama o seu contido no portal dunha vivenda, e tamén é necesaria unha actuación sobre parte do vial que leva ao campo da festa. O goberno non ten escusa, son actuacións perfectamente asumibles a nivel técnico e económico, e resolverían os problemas máis notorios que hai nesa zona”.
O voceiro remarcou que “non é admisible que se anuncien grandes investimentos mentres o rural está nunha situación de ruína. O goberno está esquecendo as parroquias como sempre fai despois das eleccións”. Lamentouse tamén de que “estamos a falar deste lugar en concreto, pero existen deficiencias similares a estas en todas as parroquias. López Campos e Juan Constenla deberían velar polo mantemento das infraestruturas nas parroquias, pero este goberno prefire falar de Plans de Mobilidade para a vila en vez de mirar polo benestar dos veciños”.
López Bueno tamén considera que “a situación na vila tampouco é moito mellor, só hai que ver o estado de determinadas rúas como Avenida de Santiago, Leicures, Serafín Pazo…”, e determina que “este goberno é incapaz de xestionar as infraestruturas que ten o concello, e en vez de traballar nesa dirección, encargou o deseño dunha estratexia para novos investimentos”.
A Xunta renovará este ano as súas campañas de promoción do consumo dos produtos do mar entre os escolares galegos
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañou hoxe aos alumnos do CEIP O Foxo no obradoiro da iniciativa Ponlle as pilas ao teu bocata, na que animou aos participantes a consumir conservas de produtos do mar de xeito habitual e resaltou a importancia de incluír estes alimentos na dieta para contar cunha vida máis saudable. Este tipo de accións, lembrou a titular de Mar, contribúen a elevar o consumo de peixes e mariscos entre a poboación máis nova, polo que a Xunta ten previsto actualizalas e renovalas antes do verán para adaptalas ás novas xeracións.
A representante do Executivo galego, que estivo acompañada pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, salientou a transcendencia de transmitirlle aos rapaces de xeito ameno e na súa linguaxe a importancia de consumir este tipo de produtos, polo que Galicia está en pleno proceso de actualización das campañas vixentes para que conten con accións modernas e frescas adaptadas aos novos tempos e con novos contidos para facelas máis atractivas.
Neste sentido, a acción Ponlle as pilas ao teu bocata -pensada para fomentar o consumo de conservas de produtos do mar entre os escolares a través de actividades nos colexios de educación primaria e nos campamentos de verán- iniciará unha nova etapa na que o pan e a lata se converterán nos protagonistas principais e os obradoiros, dunha hora de duración, estarán estruturados en tres fases para mellorar os seus resultados.
Nunha primeira fase didáctica mostraráselle aos nenos de xeito creativo a importancia de incluír as conservas de produtos do mar na dieta e a relevancia de preservar os recursos mariños. Na segunda, a lúdica, fomentarase o consumo e o interese polo coñecemento das conservas a través das personaxes da campaña -Pan e Lata- e na terceira, de degustación, aprenderán a manipular os produtos do mar, farán o seu propio bocadillo e degustarano.
Esta mesma estrutura mantense na campaña O sabor da aventura está no mar, que ten entre os seus obxectivos familiarizar aos rapaces coa pesca e coa acuicultura, fomentar o consumo de produtos do mar frescos e que os cativos coñezan e diferencien as distintas especies de peixes e mariscos. Os obradoiros desenvolveranse nas escolas de infantil, primaria e secundaria de Galicia, nos campamentos de verán e noutras actividades culturais, ao tempo que haberá excursións a distintos portos e lonxas da comunidade para coñecer algúns dos lugares nos que se traballa con eses produtos.
Accións anteriores
Estas dúas iniciativas chegaron desde 2010 a máis de 150.000 escolares de toda Galicia de entre 3 e 16 anos e agora sométense a un proceso de renovación para contar cunha linguaxe máis moderna e fresca que será visible tamén na imaxe das súas ferramentas web. Con esta actualización preténdese mellorar unhas campañas que no seu día foron premiadas pola Comisión Europea como exemplos de boas prácticas para o fomento do consumo de produtos saudables.
Esta renovación de Ponlle as pilas ao teu bocata e de O sabor da aventura está no mar segue ademais os pasos da campaña galega destinada aos millennials Vai de Peixe, que pretende favorecer o aumento do consumo de produtos do mar entre a xente nova a través das redes sociais, os medios máis empregados polas novas xeracións para comunicarse, e cunha linguaxe adaptada a elas.
Presentación do Entroido 2020 Estradense

A concelleira estradense Lucía Seoane e a vicepresidenta da Asociación de Hosteleiros da Estrada, Adriana Abelleiro, presentaron onte a programación do Entroido da vila, que celebrará o seu día grande o martes 25 de febreiro, festivo local.
Este ano, como novidade, o Goberno municipal organizou un ‘Bicientroido’ solidario para os rapaces e rapazas da vila, que será o luns 24 de febreiro, a partir das 15.30 horas. Os participantes deberán levar un quilo de alimentos, que logo se doarán a Cáritas.
Antes, o próximo venres terá lugar o concurso de disfraces da Hostelería Estradense, con máis de 1.600 euros en premios. A inscripción deberá facerse no Robert´s Café.
O sábado 22 de febreiro será o baile de disfraces infantil no Samaná, a partir das 16.30 horas.
O domingo 23 a parroquia de Santa Cristina de Vea celebrará os Encontros dos Xenerais, ás 19.30 horas no campo da festa, mentres que ás 17.30 horas haberá un baile de disfraces para maiores, co Dúo Galín, na Residencia.
Ao día seguinte, ademais do Bicientroido, os mozos e mozas poderán participar nun obradoiro infantil de decoración de bicicletas, para o cal será preciso inscribirse previamente en Alcaldía.
Xa o martes 25 as rúas da vila serán escenario do concurso e do entroido tradicional, mentres que o Alto dos Xenerais será na Praza da Feira, así como a entrega dos premios.
O sábado 29 será o turno de Arnois, que celebrará os encontros dos xenerais a partir das 19.00 horas no campo da festa. Este día será tamén o Enterro do Salmón, ás 19.00 horas.
Por último, o domingo 1 de marzo será o entroido tradicional na parroquia de Santeles. O encontro dos xenerais terá lugar a partir das 19.00 horas no campo da festa.
Acrofam y el Concello ofrecerán charlas sobre igualdad en los centros educativos estradenses

La Asociación para el Crecimiento y Orientación en Familia (Acrofam) de A Estrada y el Concello acaban de poner en marcha la iniciativa ‘Escola de Familia’, cuyo objetivo es sensibilizar a los niños y niñas de la villa y a los jóvenes sobre la igualdad, mediante charlas y actividades que invitan a los estudiantes a la reflexión y contribuyen a mejorar la convivencia.
La concejala de Benestar Social estradense, Amalia Goldar, miembros de Acrofam y de los centros educativos participantes en la iniciativa en el curso escolar 2019-2020, esto es, CEIP Cabada Vázquez de Codeseda, CEIP Manuel Villar Paramá de Vea, CEIP Plurilingüe de Oca, IES Número Uno e IES Manuel García Barros, dieron a conocer ayer este proyecto que ya se inició hace cuatro meses y al que los distintos centros han solicitado unirse.
De esta manera, durante este curso los alumnos recibirán formación sobre igualdad, violencia machista, acoso escolar, sexualidad o crecimiento personal, entre otros temas, en el que los niños y niñas y jóvenes participarán activamente.
Acrofam indicó que se trata de un ‘servicio a la carta’, en el que pueden solicitar las actividades que consideren pertinentes e incluso proponer otras. Este es el caso de iniciativas relacionadas con los ‘room escapes’, que el colectivo ya valora poner en práctica.
O RECINTO ESTRADENSE ULTIMA DETALLES ORGANIZATIVOS DO SEU PRIMEIRO CERTAME DO CALENDARIO FEIRAL 2020.

O triple evento abrirá as súas portas o vindeiro dia 13 de
Marzo as catro da tarde : 10ª Feira de Oportunidades do
Comercio, 5º Salón do Vehículo de Ocasión e 61ª Feira de
Antigüidades e Artesanía. . A entrada para todos os
visitantes maiores de doce anos custará un euro e será válida
para os tres días.
O sábado ás vinteunha horas sortearánse tres vales de compra
e o domingo a mesma hora, tres ceas por xentileza da firma
local “O Asador de Leo”..
Asistirán ás tres mostras un total de 70 firmas, das cales o
95% son galegas, destacando a participación local. A provincia
de Pontevedra aporta o 67% das firmas participantes, seguida
pola de A Coruña, cun 15%. O restante 18% dos participantes
veñen das provincias de Ourense, Lugo, resto da península e
Portugal.
O Salón do Vehículo de Ocasión que ocupa o 51% do espazo
expositivo total da triple mostra estradense. A Feira de
Oportunidades do Comercio ocupa o 18% ao igual que as
Antigüidades e Artesanía. O restante 13% ocupao unha zona de
lecer con inchables que se ubicara no pavillón dous.
O 5º Salón do Vehículo de Ocasión ocupará os pavillóns1,3 ,4 e
exteriores , no que se expoñerán
vehículos,autocaravanas,tractores,etc., en versión gasolina,
diesel, eléctricos e híbridos a prezos moi competitivos. Os
vehículos serán de ocasión e seminovos.
A 10ª Feira de Oportunidades do Comercio estará ubicada no
pavillón 5 e terá expositores de
roupa,calzado,ópticas,xoguetes,etc .A Feira de Antigüidades e
Artesania estará ubicada no pavillón 5 e no pavillón 6,cunha
ampla representación de anticuarios procedentes na súa
meirande parte de Galicia.
O recinto feiral abrirá o venres dende as dezaseis a vinteunha
horas.O sábado e domingo dende as 10:00h- 21:00 h.
O PSOE ESIXE QUE SE ATENDA A REIVINDICACIÓN DE MÁIS PERSOAL MÉDICO PARA O SERVIZO DE URXENCIAS DO CENTRO DE SAÚDE

O PSOE esixe que se atenda a reivindicación de máis
persoal médico de urxencias no Centro de Saúde da Estrada. Luis López
Bueno analiza que “a falta de persoal no centro médico é un feito que
comparten os profesionais. Precisamos máis persoal en xeral, pero o caso
das urxencias merece unha especial atención pola natureza do servizo que
prestan. É un asunto que xa denunciamos en multitude de ocasións, e
calquera día pode volver a haber consecuencias graves”.
O concelleiro socialista recorda que “non é unha reivindicación nova, xa
denunciamos en multitude de ocasións a falta de persoal. As urxencias
quedaron sen médico en varias ocasións, tanto de día como de noite, e
mentres iso continúa acontecendo, nin o goberno municipal nin a
Consellería de Sanidade tomaron ningunha medida ao respecto. A situación
é a mesma e calquera día pode volver a haber consecuencias graves”.
O voceiro socialista considera que “a Xunta de Galicia atópase dende hai
uns meses nunha posición moi feble, dá marcha atrás nas súas decisións
pola presión social, como é o caso do paridoiro de Verín. Esta situación de
debilidade constitúe unha oportunidade histórica de conseguir ese novo
facultativo, e López Campos non é capaz de facerse valer diante da
administración autonómica”.
López Bueno di que “non se trata de pedir imposibles, se non que é unha
demanda que ten un cumprimento moi sinxelo” pero remarca que “hai que
ter a vontade política de tomar a decisión”.
Opina que “o goberno do PP na Xunta debería atender as reivindicacións da
corporación, e neste asunto deberiamos ter un acordo sen excepcións. A
Xunta débenos ese facultativo para que o servizo se preste con garantías,
xa que agora mesmo o servizo non está garantido”.
Insistiu na necesidade de que o goberno municipal se faga valer, “xa que o
PP está a gobernar na Xunta e tamén na Estrada, que é ademais un dos
poucos concellos grandes que nos que manteñen o goberno. Por iso
consideramos que López Campos debería conseguir ese facultativo”.
O concelleiro socialista remarca que “é inaceptable que un paciente chegue
a urxencias e non haxa un médico para atendelo. É inaudito que calquera
persoa cun problema de saúde chegue ao centro médico e teña que dar
volta pola falta de doutores. Os veciños e veciñas pagan impostos para
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
soster o sistema público de sanidade, e as administracións deben responder
ao esforzo que facemos todos”.
López Bueno considera que “A Estrada está esquecida pola Consellería de
Sanidade, temos un edificio novo que non mellorará a atención, e a Xunta
debe recordar que a sanidade é, en primeiro lugar, os profesionais que a
fan posible. Son os doutores e doutoras, enfermeiros e enfermeiras e
demais profesionais, os que permiten que calquera persoa poida ter unha
solución aos seus problemas de saúde”.












































