O Concello e Sogama convocan charlas sobre compostaxe doméstica

A partir do luns 9 de marzo, o MOME acollerá unhas charlas formativas en materia de
compostaxe impartidas por técnicos de SOGAMA. As charlas, de carácter gratuíto,
prolongaranse os días 11,12 e 13 de marzo, contando cun máximo de 50 persoas por día.
Todos os interesados deberán reservar praza no teléfono de Alcaldía 986570030.

Estas charlas enmárcanse dentro da iniciativa de compostaxe doméstica emprendida polo
Concello, en colaboración con Sogama, coa que pretende acadar importantes beneficios
ambientais, económicos e sociais minorizando os desprazamentos da poboación rural aos
contedores de recollida selectiva. As vivendas acollidas a esta iniciativa de compostaxe
doméstica deben ser unifamiliares e dispoñer de terreo (horto, xardín ou terras de cultivo)
no que aplicar o abono resultante.

Todos os participantes na charla serán obsequiados ao remate da charla cun manual
didáctico de apoio que lles servirá para aclarar as posibles dúbidas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta destaca o compromiso da AGASP para formar ás forzas e corpos de seguridade en Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe ao acto de elección de praza dos aprobados no proceso de selección unitario de policías locais que escolleron destino definitivo entre as 132 vacantes convocadas en 2019 pola quenda libre. Estas prazas foron ofertadas por parte de 28 concellos dos 73 que xa teñen asinado o convenio para delegar no Goberno galego a selección e formación das súas plantillas de policías locais e auxiliares.

Alfonso Rueda destacou o compromiso da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) para formar ás forzas e corpos de seguridade que velan pola seguridade dos galegos e galegas. Os futuros axentes que escolleron hoxe praza comezarán en breve a súa preparación e formarán parte da 12ª promoción de policía local da Academia, a máis numerosa da historia do centro. No verán realizarán prácticas nos seus concellos de orixe e no mes de novembro incorporaranse aos destinos elixidos no acto de hoxe.

Trátase do segundo proceso de oposicións unificadas para cubrir 158 postos de policía local en 28 concellos galegos: os 132 pola quenda libre que comezarán en breve a súa formación e os 26 pola quenda de concurso-mobilidade que escolleron destino o pasado venres e que se incorporarán aos seus concellos nos próximos días. Este proceso súmase ás 38 prazas en 23 municipios ofertadas en 2018 para esta categoría.

No caso dos auxiliares de policía local as primeiras oposicións unitarias celebráronse en 2018 para optar a 109 prazas e o ano pasado a segunda convocatoria con outros 144 postos que xa están adxudicados.

O vicepresidente da Xunta incidiu en que a aprobación do decreto 115/2017 que regula a centralización na AGASP das oposicións de auxiliares e policías locais dos municipios que así o decidan de forma voluntaria, permite ás entidades locais aforrar xestións e recursos, ao mesmo tempo que favorece a axilidade dos procesos. Nesta liña, sinalou a importancia da colaboración entre a Xunta e a Administración local para que sexan máis eficientes na prestación dos seus servizos.

Ademais, resaltou que a AGASP é un centro de referencia estatal para a formación dos corpos e forzas de seguridade do Estado destinados en Galicia e dos servizos de emerxencia e voluntarios de Protección Civil co obxectivo de actualizar os seus coñecementos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

MARTES DE ENTROIDO EN A ESTRADA

BÚSCATE NA GALERÍA:

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BiciEntroido fai escala en A Estrada

Búscate na Galería;

Publicado en Portada | Deja un comentario

O entroido en Sabucedo

A Asociación de Veciños de Sabucedo celebrou esta fin de semana a súa tradicional Festa de Entroido, que contou coa asistencia dunhas 200 persoas e que arrancou de tarde cun animado desfile de disfraces polas rúas da aldea orientado especialmente aos máis cativos. Xa pola noite, as celebracións incluíron unha cea popular, a base de arroz de mariscos e postres de Entroido, que ateigou o Teleclub con preto de 120 comensais. Finalmente, a velada prolongouse coa actuación da solista Laura Ocampos e co concurso de disfraces, que estivo moi competido e que rexistrou a vitoria de “Autolavado do Estreitiño”, das curmáns Álvarez e os nenos da familia. Reproduciron un servizo de lavado de vehículos e incluíron a espectacular e vistosa presenza do mítico “RapaBús”. En segundo lugar quedou “A Familia Viquinga”, protagonizada por Rubén, Sonia e Leila, e completou o podio “Souvenir de Galicia”, de Eva Rodiño.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación Estrada Escena 2020

N a mañá de hoxe o edil de cultura Juán Constenla presentou os medios Estrada Escena Primaveira 2020 no Teatro Principal.

MARZO

Ó Venres 6 ás 20.30h, de balde para todos os públicos Contiños da Terra, Emae, Tequexetéldere.

Ó Sábado 7 ás 22.00 a entrada custa 10e para todos públicos Second e Plan Siberia en Concerto.

Ó Venres 13 ás 21.00 h a entrada custa 5e Comedia, Fabiolo Conection, Rafa Maza.

Sábado 14 ás 12.30 custo entrada 3e Infantil e bebés, Nube nube sol, Teatro ao Cubo.

Domingo 15 ás 18.30h 6e Musical Infantil, O Mundo máxico de Pinocho , Educa Teatro.

Venres 20 ás 21.00h precio entrada 5e comedia Moloncolía, Juán cállate.

 

ABRIL

Venres 17 ás 21.00h 5 e precio entrada Pink Unicorn, La Macana

Domingo 19 ás 13.15 Entrada de balde. Banda Municipal da Estrada.

Venres 24 ás 21.00h 5e Comedia Nós, a historia de Galicia, Malasombra Producións.

Sábado 25 ás 12.30h 3 e Danza para BebésCatro, Caramuxo Teatro

Xoves 30 ás 21.00h precio 5 e Danza Spontingh Can Cun Qinqué.

MAIO

Sábado 2 ás 18.00h precio 3e Comedia xestual infantil,Viaje al centrodel cuerpo humano, Spasmo Teatro.

Venres 8ás 21.00h precio entrada 5e, Comedia Medida por Medida, P.T Excéntricas.

Sábado 9 ás 18h precio entrada 3e Novo circo infantil, El inolvidable viaje de Nana, Café de las artes

Venres 15 ás 22h Zona dos ViñosFesta Movida Anos 80 cos claretes e músicos locais.

Sábado 16 as 22.00h zona de viños A Banda da Loba en Concerto.

Domingo 17 ás 19.00 h Entrada de balde, Coral Polifónica Estradense.

Venres 22 ás 21.30h precio entrada 5e, Manoele en concerto,»A Estrada da Vida»

Sábado 23 ás 18.00 h precio entrada 3 euros Teatro Infantil Mai mai, Baobab Teatro.

Venres 29 ás 21.00h precio entrada 10e Musical Xestual The Primitals, Produccions Yllana.

XUÑO

Sábado 6 ás 20.00h de balde Praza do Concello Leilía, en Concerto.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG urxe ao goberno de López a que esixa a Fomento unha solución á saída da N-640 dirección a Vinseiro.

O BNG da Estrada trasládalle ao sr. López unha vez máis a situación na que se atopa a incorporación da PO-2016 á N-640 e viceversa, a saída da nacional en dirección a Vinseiro.

Susana Camba, voceira da formación nacionalista lémbralle ao sr. López a súa obriga, non só de poñer en marcha actuacións para resolver problemas cando son da responsabilidade do seu goberno, senón tamén, cando non é o caso, a de trasladarllos ás administracións correspondentes, amosándolles os prexuízos que lle causan á veciñanza, esixindo que se lles dea solución.

Este é o caso da saída da N-640 á PO-2016 para dirixirse a núcleos das parroquias de Vinseiro, Cereixo, Lagartóns e Guimarei.

Calquera que baixe pola Rúa Fernando Conde e pretenda ir en dirección a algún destes lugares só ten dúas alternativas : unha, baixar pola recta dos Bolos e apartar por unha travesía con un firme estreito e con mala visibilidade.

A outra é cambiar de sentido diante do centro comercial contiguo á Lennon. Calquera que teña que facer esta manobra comprobará que moitas veces é ou imposible ou perigosa, dada a aglomeración de vehículos de persoas usuarias do centro comercial.

Total, unha veciñanza de catro parroquias con unhas dificultades de mobilidade que parece nada lle importan ao seu goberno. Goberno que non é merecente dunha veciñanza que en vez de presionalo o que fixo foi padecer o problema con paciencia franciscana e calar.

A todo isto Susana Camba tamén lle lembra ao sr. Alcalde os problemas de seguridade que soporta este punto da 640 : nin un só paso de peóns, nin uns semáforos de precaución, nin unhas bandas de seguridade….. Nada de nada, aguantar e calar.

Sr. López desde o BNG e en nome dos afectad@s  esixímoslle que exerza o seu cargo e cumpra coas súas responsabilidades.
Publicado en Portada | Deja un comentario