Entrega das 15 primeiras caixas Baby Box

O alcalde estradense, José López, entregou onte a 15 familias do municipio as primeiras caixas -en forma de cuna- de artigos de coidado e hixiene que o programa A Estrada Baby Box, posto en marcha pola Concellería de Benestar Social, que dirixe Amalia Goldar, concede aos recén nacidos da vila

Publicado en Portada | Deja un comentario

ENTREGA ALIMENTOS EMERXENCIAS MUNICIPAL DE A ESTRADA

En el día de hoy, el Primer Teniente de Alcalde del Concello de A Estrada, JUAN CONSTENLA y personal del SERVICIO DE EMERXENCIAS MUNICIPAL, hicieron entrega en la sede de Caritas Parroquial de A Estrada de más de cien kilos de alimentos básicos no perecederos, fruto de la venta de almanaques.
 
Estos alimentos, vienen a incrementar los recogidos con motivo de la OPERACION KILO 2019, que se suman a los 12.000 de dicha operación.
 
A Estos 12.000, tenemos que adjuntarle alrededor de unos 2000 que en próximos días, recibiremos de la UE, gracias al convenio que tenemos suscrito con Cruz Roja.
 
Aprovechando estas líneas y a título personal como Director de Caritas Parroquial de A Estrada, me gustaría pedirle a todas las personas de buen corazón, que no se aburran de ayudarnos, pués a pesar de las estadísticas gubernamentales y los medios afines, la crisis sigue latente, pués nosotros en el año 2010, teníamos 38 familias dependientes, en el año 2015, 240 y en la actualidad casi 150 y no bajamos.  Tambien, tengo que pedierle a todos los que quieran colaborar con nosotros, que no hagan caso a las personas detractoras que se esconden detras de los medios y cuentan lo que les parece y no se aproximan a la verdad . (Me gustaría que dieran la cara en la sede de Caritas con nombre de los usuarios infractores).
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta apela ao uso responsable do teléfono de emerxencias no Día europeo do 112

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu hoxe a integrantes de asociacións do concello da Estrada para coñecer as instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, con motivo do Día Europeo do 112, que se celebra hoxe. Na visita tamén participou o alcalde da Estrada, José López Campos.

Alfonso Rueda incidiu na necesidade de fomentar a concienciación da cidadanía para que fagan un uso responsable do número único de atención ás chamadas de emerxencia 112. “Visitas coma estas axúdannos a perseverar para que os cidadáns saiban que poden recorrer ao número 112 ante calquera emerxencia, onde recibirán unha atención inmediata e profesional”, sinalou. Tamén reivindicou a importancia do investimento en emerxencias para que os profesionais estean ben formados e equipados para calquera intervención.

Deste xeito, o Goberno galego sumase á acción divulgativa e de sensibilización no Día Europeo do 112 sobre os beneficios deste servizo, que este ano inclúe a apertura dos centros de emerxencias á cidadanía para dar a coñecer o seu funcionamento. “Os veciños da Estrada coñecen con esta visita que teñen no seu concello todos os recursos de emerxencias centralizados nestas instalacións”, indicou Alfonso Rueda.

Os asistentes á visita tamén recibiron recomendacións por parte do persoal do 112 Galicia sobre como reducir os riscos de incidencias como os incendios no fogar ou os atropelos na rúa e coñeceron tamén o equipo de drons que a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) mobiliza para a busca das persoas desaparecidas.

O vicepresidente da Xunta destacou o papel das novas tecnoloxías e a da innovación no ámbito das emerxencias e para permitir o acceso de toda a cidadanía aos servizos do 112. Nesta liña, sinalou ademais que a Axega conta con distintas ferramentas para coñecer a localización das persoas que chaman ao 112.

O 112 foi lanzado no ano 1991 co obxectivo de proporcionar un número de emerxencia común, gratuíto e dispoñible as 24 horas do día os 365 días do ano en todo o territorio da Unión Europea. En Galicia, o CIAE-112 atende e xestiona as chamadas de emerxencia da nosa comunidade e coordina os medios e recursos que interveñen na resolución das emerxencias.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG leva ao Congreso os problemas de seguranza vial da N-640 ao seu paso pola Estrada e a Variante

 A concelleira do BNG, Susana Camba, así como militantes da organización nacionalista acompañaron na mañá de hoxe ao deputado no Congreso, Néstor Rego, nunha visita pola N-640 ao seu paso polo vila. Segundo explicou a concelleira nacionalistas, “xa hai tempo que denunciamos os problemas de seguranza vial que temos na vila, en concreto na N-640, que rexistrou no último ano varios atropelos, un deles mortal, e a pesar de instar ao goberno municipal a tomar medidas, nada se fixo desde o goberno de López”. “Polo tanto,” engadiu Susana Camba, desde o BNG tomamos a iniciativa e levaremos ao Congreso estes problemas para que o ministerio de fomento tome medidas para arranxar o grave problema de seguranza vial que ten a N-640 ao seu paso pola vila da Estrada”.

“Cabe recordar”, indicou a concelleira nacionalista, “que o tramo urbano da N-640 ten unha lonxitude de case tres quilómetros onde hai 17 pasos de peóns e 9 dispositivos semafóricos a ambos lados do vial”. “Esta é a realidade da N-640 ao seu paso pola Estrada”, afirmou Susana Camba, “e a realidade tamén é que hai accidentes neste treito e que a Fomento corresponde tomar medidas que ninguén vexa perigar a súa integridade física por cruzar un paso de peóns”.

Por outra parte a organización nacionalista tamén explicou ao deputado do BNG, Néstor Rego, “a importancia da Variante para o futuro do noso concello; esta a infraestrutura que circunvalaría a vila da Estrada, que serviría para reducir a intensidade do tráfico polo centro da Estrada e polo tanto o risco de accidentes, ao tempo permitiría axilizar as comunicacións por estrada”.

A concelleira nacionalista explicou que “a burocracia ten uns ritmos, mais hai que darlle un impulso importante a esta infraestrutura para que sexa unha realidade a finais desta lexislatura”. “Non pode haber máis retrasos nin máis anuncios baleiros como os feitos polo alcalde en 2015”, engadiu Susana Camba, “é hora de compromisos claros, e desde o BNG queremos aproveitar o voto decisivo do BNG no Congreso para darlle á Variante o impulso definitivo que merece o noso concello”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

«A Estrada incrementou o volume de reciclaxe de residuos no 2019»

A Estrada incrementou o volume de reciclaxe de residuos no 2019, así o coñecemos de man do Concello estradense.

Na bolsa negra recolléronse 5.775,8 toneladas en 2019, un 0,08% máis que en 2018. A reciclaxe de envases lixeiros tamén subíu no último ano,  ata as 366,64 toneladas, sendo o mellor dato dos últimos sete anos…

En papel, por exemplo, subíu a recollida porta a porta, cun total de 46,260 toneladas en 2019

Tamén en vidro se incrementou a reciclaxe, alcanzando os 448.430 quilos.

O concello estradense fai inhas recomendacións para seguir mellorando, así faise un recordatorio para saber que vai en cada contenedor;

Colector amarelo:

  • Botellas e envases de plástico: produtos de hixiene e limpeza, terrinas, bandexas, envoltorios e bolsas.
  • Envases metálicos: latas, bandexas de aluminio, aerosois, botes de desodorizante tapas e tapóns metálicos.
  • Briks de leite, zumes, sopas, etc.

Colector de papel e cartón:

  • Papel e caixas de cartón de: envases de alimentación, calzado, produtos conxelados, papel de envolver, papel de uso diario, etc.
  • Botellas de vidro: viño, cava ou licores.
  • Frascos de vidro: perfume, colonia ou similar.
  • Tarros de alimentos: marmelada, conservas, vexetais, etc.

Colector resto:

  • Colector de restos: este é o colector para outro tipo de residuos como alimentos, plantas, materiais orgánicos..

 

Outros colectores:

  • Outros produtos como o aceite, as pilas,… iran aos colectores específicos para estes refugallos, ou ven levalos ao punto limpio

 

OS ENSERES VOLUMINOSOS COMO MOBLES, ELECTRODOMESTICOS,… POÑERSE EN CONTACTO CO CONCELLO PARA ORGANIZAR A SUA RECOLLIDA (983 57 00 30) OU LEVALOS AO PUNTO LIMPO.

 

Horario do punto limpo, sito en Penerada:

  • Xoves e Venres de 9:00 a 13:00
  • Sábados:         10:00 a 13:00

16:00 a 19:00

 

Erros máis comúns á hora da utilización dos colectores de reciclaxe: Existe unha serie de produtos que acaban no colector equivocado.

Erros no colector amarelo

Ao colector amarelo só debemos depositar os envases de plástico, latas e briks.

NON vai ao colector amarelo:

ü  Xoguetes de plásticos: deben ir ao colector de restos.

ü  Biberóns e chupetes, deben ir ao colector de restos.

ü  Utensilios de cociña, como unha espátula ou un escurridor: NON van ao colector amarelo.

ü  Os cubos de plástico, como os de praia, podemos depositalos no colector de restos.

 

Erros no colector azul

Depositaranse só envases de papel e cartón. É habitual cometer erros pola composición material dalgúns residuos:

ü  Un dos principais erros é co Brik de leite ou de zume. sempre vai ao colector amarelo, xa que está composto por cartón, plástico e aluminio.

ü  Refugallos diarios como servilletas de cociña ou papeis sucios deben depositarse no colector de refugallos orgánicos.

ü  Os cueiros, o seu lugar é o colector de residuos orgánicos.

 

 

Erros no colector do vidro

É fundamental diferenciar entre vidro e cristal, neste colector só debemos depositar VIDRO.

Os erros mais comúns son:

ü          As lámpadas, deben levarse ao momento limpo ou centro de recollida.

ü  Os espellos, cinceiros, vasos ou vaixelas: tamén deben ser reciclados nun punto limpo ou de recollida.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A DONA DE ASERRADOIRO

Onte levouse a cabo a actividade do Panic a Dona do aserradoiro. Un grupo de 35 pers colleron un bus sen saber a onde levaba, polo camiño (a Sabucedo) a altura de Codeseda unha personaxe que facía de Peregrino parou o bus para subir e pedir axuda para buscar un anel perdido nalgún lugar.
Ao chegar a Sabucedo os participantes divididos en 2 grupos fixeron a Ruta dos Muíños onde atoparon a outras personaxes caracterizadas de Orcos, demos e demais.
Toda a ruta estaba iluminada con antorchas e pebeteiros con lume.
Ao remate tódolos participantes tomaron un chocolate quente con rosca mentres escoitaban contos de medo da man de Paula Carballeira xa no Aserradoiro do Mestre.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE LAMENTA QUE O GOBERNO NON SE COMPROMETA A ACTUAR SOBRE O FIRME DA AVENIDA DE SANTIAGO DURANTE O 2020

“A nosa pregunta no pleno do xoves foi moi clara e respondíase cun si ou con un non. A resposta de López Campos deixa claro que non é unha prioridade para o goberno” di López Bueno.

O PSOE formulou unha pregunta sobre as intencións do
goberno municipal respecto da Avenida de Santiago no pleno ordinario
deste xoves. López Bueno cuestionou se “o goberno se compromete a
contemplar no orzamento de 2020 unha partida para a realización dunha
actuación sobre a estabilización do solo e a reposición do firme no tramo
máis baixo da Avenida de Santiago”.
O voceiro socialista valorou que “a nosa pregunta foi moi clara e
respondíase cun si ou con un non. A resposta de López Campos deixa claro
que non é unha prioridade para o goberno. Unicamente falou do que se leva
feito nesa rúa e de intencións vagas, pero non foi capaz de comprometerse.
Para este goberno a Avenida de Santiago non é unha prioridade”.
O concelleiro do grupo socialista alertaba hai meses da “desintegración do
firme nesa rúa”, e reclamaba actuacións definitivas porque “os parches xa
son insuficientes”. Os socialistas tamén apuntaron a posibilidade de
“elaborar un proxecto de humanización máis amplo, que permita renovar e
ampliar os servizos nesa rúa, e que podería financiarse con fondos EDUSI,
incluso como parte da execución do PMUS”.
López Bueno critica as “contradicións” do goberno municipal que “non é
coherente cando fala dunha rúa ou doutra. López Campos considera moi
importante diminuír o tráfico pesado na avenida Benito Vigo, pero cando se
fala sobre o tráfico pesado nunha rúa titularidade do Concello, o argumento
cambia e dise que non é sinxelo evitalo. Nós xa falamos de abrir ese debate
en outubro do ano pasado. Existe unha escola infantil e outra de primaria. O
único que falta é a determinación de facelo, nada máis”.
Para o voceiro a posición do goberno “é insostible”. “O rural xa entrou no
esquecemento do goberno municipal, só se acordou del nos meses antes
das eleccións. Dende maio non se fixo máis investimento na rede viaria das
parroquias, e algunha das obras que se fixeron xa adoecen de problemas”.
López Bueno ve “inadmisible” que A Estrada careza dun plan de
mantemento que dirixa os traballos de conservación das infraestruturas. É
impensable en calquera organización cun patrimonio como o do noso
concello”.

Publicado en Portada | Deja un comentario