A Estrada acollerá do 17 de xaneiro ao 7 de febreiro a sétima edición do Festival de Cine de Terror

O Festival de Cine de Terror da Estrada levantará o telón da súa sétima edición o 17 de xaneiro e incluirá cine, presentacións literarias, xogos de rol, concursos e temas relacionados co terror.
O programa do evento, que este ano non contén a tradicional procesión da Santa Compaña, durará ata o 7 de febreiro, cando terá lugar a gala final, na que se entregarán os premios dos concursos fotográficos e das curtas de terror.
O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, e o colaborador Pedro Pérez, presentaron onte a programación deste festival, que conta coa colaboración dos Minicines Central, onde se proxectarán as películas 'Cadáver' (día 17, ás 24.00 horas), 'Zombieland: mata e remata' (18 de xaneiro ás 13:30), 'Inferno baixo a auga' (18:00 a 16:00), 'Reanimator' (sábado 18 ás 17:30 horas), 'Harp' (31 de xaneiro ás 23.45), 'Ghostland' (31 ás 24.00) e 'One cut of the dead' (venres 7 de febreiro ás 24.00). A entrada será de balde.
Doutra banda, o Teatro Principal recibirá o 24 de xaneiro, ás 21:00 horas, a visita do escritor Manel Loureiro, que presentará "Como escribir unha historia de terror sen morrer no intento".
O 31, ás 20.30 horas, a Praza do Concello será o punto de partida para un terrorífico xogo de rol, mentres que o 7 de febreiro haberá unha actividade para grupos no Teatro Principal, ás 19.30 horas.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada acolle a I Mostra de Orientación Educativa e Profesional

A concelleira de Educación estradense, Amalia Goldar, e representantes dos catro centros de secundaria da vila, presentaron onte a I Mostra de Orientación Educativa e Profesional, que se celebrará desde o vindeiro luns ata o mércores no recinto feiral do municipio e que pretende orientar aos estudantes e ás súas familias para que conoñezan as posibilidades de estudo que teñen. Haberá charlas,obradoiros e estands das tres universidades galegas, do Centro Superior de Hostelería de Santiago e das Forzas Armadas. As charlas ofreceranse únicamente aos estudantes, pero todas as persoas que o desexen poderán participar nos obradoiros e achegarse aos estands a pedir información.

A mostra será inaugurada pola conselleira de Educación, Carmen Pomar, o próximo luns, ás 10.30 horas.

Tanto os centros educativos como o Concello pretenden darlle continuidade no tempo a esta iniciativa.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Bike A Estrada fai entrega de alimentos a Cáritas

A Asociación Bike A Estrada fixo entrega na mañá de hoxe a Cáritas os alimentos recaudados polo colectivo con motivo da carrera solidaria San Silveira. No  acto participaron o concelleiro de Deportes estradense, Ismael Pena, e persoal de Cáritas e Bike A Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE LAMENTA A SITUACIÓN DA BANDA MUNICIPAL E ESÍXELLE AO GOBERNO UNHA MEDIACIÓN EFECTIVA

O PSOE lamentouse da situación da Banda Municipal ao fío
dos problemas entre os músicos e o Director da propia Banda. Luis López
Bueno calificou de “inadmisible” a situación actual, “estamos moi
preocupados, cómpre atopar unha solución para evitar a deserción de
músicos e o dano ao bo nome da nosa Banda Municipal” afirmou.
O voceiro socialista confirmou que “este problema arrástrase dende hai
tempo, non se trata dun problema puntual que estourase agora. Hai meses
que se veñen dando tensións entre os músicos e o Director”. Tamén aludiu
a que “coñecemos que o goberno se contactou coas partes, pero esas
reunións non están a dar froitos. Mentres tanto, a situación continúa a
deteriorarse e non debemos permitir que se chegue a un punto que non
permita reconducila”.
Valorou que “estamos a seguir este asunto con interese e estamos en
contacto tanto con persoas relacionadas coa Banda como co goberno.
Sinceramente, é unha mágoa que se deixase chegar a situación ata este
punto, debíase ter atallado antes”.
López Bueno aludiu a que “contamos cunha Banda de Música con 150 anos
de historia, e quizais estemos presenciando a situación máis crítica que
padeceu en todos eses anos. Non se pode consentir un ambiente así porque
iso é moi negativo para todo o talento musical que producimos na Estrada.
Os nosos músicos deben ter unha saída de calidade na Banda Municipal e
ademais temos varios exemplos de éxito internacional dos músicos que
formamos na Estrada”.
Os socialistas pídenlle ao goberno “unha mediación efectiva que permita
poñerlle fin a estes problemas”, e reclámanlle “altura de miras, xa que
estamos a falar dunha entidade moi vencellada ao noso Concello e que leva
o nome da Estrada alá a onde vai”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Este vindeiro sábado o Teatro Principal encherase de Lambetadas

Este vindeiro sábado día 11, ás 18.00 h, chegará ao Teatro Principal o espectáculo
Lambetadas da compañía Talía Teatro.

Na liña das exitosas Bicos con lingua e Pelos na lingua, a compañía compostelá reinvindica
a posta en valor da lingua galega como elemento fundamental da identidade individual e
colectiva. E faino cunha comedia baseada en textos de Santiago Cortegoso, María Canosa e
Sechu Sende que son levados a escena a través do clown, o xogo escénico e o teatro de
obxectos.

Dirixido polo propio Santiago Cortegoso e interpretado por María Ordóñez e Diego Rey, as
entradas para o espectáculo poderán recollerse no departamento de Cultura da Estrada, a
partir do mércores día 8 a un prezo de 3,00€ ou no despacho de billetes do teatro a partir das
17.15 h.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Centos de estradenses desfrutan da cabalgata de Reis

O pasado Domingo unha ateigada Estrada desfrutaba da tan ansiada cabalgata de reis. Centos de estradenses abarrotan a Plaza do Concello para desfrutar da recepción das súas maxestades de oriete.

 Búscate na galería:

Publicado en Portada | Deja un comentario

Cabalgata dos Reis A Estrada

Saída Cabalgata ás 18:30 h dende a Baiuca, percorrendo así a  rúa Varela Buxán ➡ avda. Fernando Conde ➡ r. Ulla ➡ r. Calvo Sotelo ➡ Pr. de Galicia ➡ r. Peregrina ➡ r. Capitán Bernal ➡ avda. de América ➡ avda. Benito Vigo ➡ Praza do Concello, donde farán a súa recepción as súas Maxestades os máis pequenos.

Que os  Magos de Oriente veñan cargados de ilusións e felicidade para todolos Estradenses.

Publicado en Portada | Deja un comentario