O Rexedor Estradense fai chegar o seu pésame a familia de Alejandro Durán

Quero facerlle chegar á familia Durán Martínez o meu máis profundo pesar e o de toda a Corporación polo recente falecemento de D. Alejandro Durán; membro distinguido da sociedade estradense e que tanto significou no eido empresarial a través da firma Martínez Otero, un grupo empresarial tan importante para o benestar e progreso da nosa vila.

 

Máis alá do seu inxente legado empresarial, nestes duros momentos, cómpre facer unha sentida lembranza da súa bonhomía e xenerosidade, postas sempre a disposición de cantos tivemos a honra de coñecelo e tratalo.

 

O meu máis sentido pésame, pois, á familia, amigos e empregados. Hoxe, máis que nunca debemos renderlle homenaxe a quen fixo da súa empresa un referente mundial do comercio e, da súa vida, un exemplo de grandeza, constancia e compromiso. Descanse en paz.

 

 

O alcalde

 

José C. López Campos

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Falece o presidente de Martínez Otero, Alejandro Durán

ENTREGA DE LECHE A CARITAS DE MARIA MARTINEZ

A Estrada despide dende hoxe a Alejandro Durán, presidente da firma Estradense Martínez Otero

O Velatorio será no Tanatorio Estradense San Pelayo, a estas horas descoñecese a que hora recibirán dó.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada concentrará as actividades fortes do Entroido o martes 25, festivo local

O Goberno local fará cambios na programación do Entroido deste ano. Así o Sinalou onte a concelleira de Mocidade e Colaboración en Materia de Actividades Culturais, Lucía Seoane, que se reuniu onte con distintas asociacións da vila para concretar algúns aspectos da programación.

“Como este ano o martes de Entroido é festivo na Estrada imos a intentar meter nese día o máximo de actividades”, subliñou Seoane. Así, o tradicional concurso de disfraces e desfile polas rúas do municipio, que se celebraba ata agora o luns, este ano englobaranse nas actividades do martse, “co desfile das parroquias e os xenerais”.

Con todo, o sábado haberá un baile infantil no restaurante Samaná, “con xogos e merenda”, dixo; o domingo, na Residencia de Maiores celebrarase un baile de disfraces “tamén con merenda”; e as actividades do luns están todavía pendentes de confirmar.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Comesaña decide dimitir como director de la Banda Municipal Estradense

Debido a la controversia surgida en estos últimos
días entorno a la Banda Municipal, el concello se
puso en contacto con las partes para mediar, en
aras de solucionar lo antes posible esta situación y
continuar con normalidad la vida de esta institución,
con tanto arraigo en nuestro pueblo.

Como consecuencia de los contactos mantenidos, el
director de la banda, y debido a que atraviesa una
situación familiar delicada, decide, junto con el
concello, dejar la dirección de la misma, para que la
institución prosiga su funcionamiento con total
normalidad y como muestra de su firme voluntad de
llegar a un acuerdo entre las partes y no perjudicar
el buen hacer de la Banda Municipal.

El Concello quiere transmitir su agradecimiento al
trabajo realizado por el Sr Comesaña durante todos
estos años, siendo ejemplo de dedicación y entrega
con el único fin de situar a la Banda Municipal de A
Estrada en el lugar que le corresponde.

De igual modo, Javier Comesaña quiere agradecer
la colaboración de todos aquellos que sumaron
esfuerzos durante todos estos años, destacando su
buen hacer y profesionalidad, siempre pensando en
el bien de un colectivo, referente de la vida cultural
municipal.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Carmen Pomar anuncia a licitación da reforma dos talleres de FP do IES Antón Losada Diéguez (A Estrada) para este ano 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar acompañada polo alcalde estradense José López e a concelleira de Servicios Sociais Amalia Golgar anunciou hoxe que o seu departamento ten previsto licitar dentro deste ano 2020, probablemente na segunda metade do mesmo, a obra de reforma dos talleres de Formación Profesional do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez. Fíxoo na apertura da I Mostra de Orientación Educativa e Profesional do Concello da Estrada, na que participou esta mañá, e que se desenvolverá os días 13, 14 e 15 de xaneiro nesta localidade pontevedresa.

Segundo explicou a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, a actuación está en fase de redacción de proxecto e as obras poderían comezar xa a finais de ano. Prevese que o orzamento supere os 250.000 euros, en función do programa de necesidades.

En base ás previsións iniciais, as obras consistirían na remodelación total do edificio de talleres que alberga o ciclo de grao básico de Mantemento de vehículos e medio de Electromecánica de vehículos automóbiles, titulacións cunha alta demanda. Así mesmo incluiría unha reforma integral dos aseos e vestiarios masculinos, así como a instalación de vestiarios femininos.

A I Mostra de Orientación Educativa e Profesional do Concello da Estrada ten como obxectivo amosar aos estudantes da localidade a oferta de ensino dos centros do municipio, así como outras opcións a nivel universitario, das Forzas Armadas e do Centro Superior de Hostelería de Galicia. Para isto haberá obradoiros impartidos no posto do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez arredor da Formación Profesional, así como charlas sobre as súas posibles saídas. Ademais ofreceranse relatorios sobre orientación universitaria e información sobre a oferta de ocio á xuventude. Así mesmo, o IES de Mugardos impartirá un obradoiro de Agroxardinería.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O novo Plan Integrado de Emprego centra o seu obxetivo na estabilidade laboral

Na maña de onte A Estrada presentou o seu novo Plan Integrado de Emprego na que participan unhas 100 persoas con intención de  unha nova inserción laboral.

Este programa ben xestionado dende hai anos pola Fundación Cultural Estradense, inagurán o acto Carlos Andujar membro da Fundación o ALcalde Estradense e o concelleiro Oscar Durán.

O Alcalde Estradense recalcou onte que os anos anteriores estiverón marcados por un gran positivismo ca inserción laboral dun 65%.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Ethel Vázquez, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantivo hoxe un encontro co rexedor, José López Campos

A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS INFORMA AO ALCALDE DA ESTRADA DO AVANCE NOS TRABALLOS PARA IMPULSAR CONXUNTAMENTE DOUS PRIMEIROS TREITOS DA PROLONGACIÓN DA AUTOVÍA AG-59

 

–     Trátase dun total de 7,5 quilómetros de vía de altas prestacións libres de peaxe, entre A Ramallosa e o enlace coa PO-841

–   A Xunta activou xa o pago de 1,3 millóns de euros de expropiacións do primeiro dos treitos e iniciará a tramitación das do segundo

–    A Axencia Galega de Infraestruturas está a traballar na redacción dos proxectos construtivos, que serán sometidos a información pública

Publicado en Portada | Deja un comentario