O Concello de A Estrada anuncia, o peche de todas as instalacións depotivas municipais o aire libre na mañá de hoxe Sábado 21 de Decembro debido as alertas métereoloxicas por fortes ventos e choivas .
O peche sera efectivo dende as 09.00 a ta 21.00h e levara consigo a suspensión de calquera actividade deportiva neste horario.
Este peche ven dado despois das indicación recibidas pola Xunta de Galicia, e Secretaría Xeral polo Deporte.
Tamén serán suspendidas as actividades na PISTA DE XEO.
O PSOE amosouse “incrédulo” ante as declaracións de López Campos sobre a Feira do Moble. Luis López Bueno opina que “non ten sentido que sexa el o que tire pedras contra a Feira do Moble cando é un dos principais responsables da situación da Fundación, e como tal debe asumir a súa responsabilidade”. López Bueno explicou que “a Feira do Moble leva anos nunha caída moito máis acusada do que reflexan os datos que anuncia o goberno, e iso ten un claro efecto na situación económica da Fundación. Porén, non se tomaron medidas durante os últimos 9 anos, e a culpa de que non existan eses cambios é do Concello e da Xunta de Galicia. Propuxemos no Padroado que se aposte pola contratación dun Xerente profesional, que teña a capacidade efectiva de realizar os cambios que demanda o sector”. Considera que “é a única solución posible para os malos resultados económicos, xa que ese mando intermedio tería a capacidade de dirección operativa do día a día da Fundación, todas as potestades para a organización dos eventos e sería responsable da xestión económica”. Ese xerente que reclaman dende o PSOE debería “encargarse de orientar a Feira cara o mercado ao que se dirixen os mobleiros da Estrada. Só desa maneira se pode promocionar o moble local”. Ademais, considera necesaria unha “axenda paralela que poña en contacto aos clientes coa nosa industria para potenciar as cifras de negocio impulsadas ao abeiro da Feira do Moble, apostar por espazos para a innovación, que lle faciliten á industria comprobar cara onde camiña o sector e mellorar a súa competitividade e incluír un apartado para a formación”. O líder socialista valorou o orzamento aprobado no Padroado como “manifestamente irreal, pero non houbo ningunha outra proposta precisamente pola falta dun Xerente que poida decidir sobre ela”, e sentenciou que “o goberno municipal e a Xunta deben poñerse de acordo na solución que se debe tomar, eles son os únicos que teñen maioría no Padroado para decidir sobre o futuro da Fundación”. Sobre a cesión de instalacións para o IES Antón Losada, o voceiro socialista coincide en que o sector está demandando man de obra, e que coas instalacións actuais “é imposible satisfacer esas peticións”. Manifestou que “o propio Losada Diéguez está a asumir a responsabilidade do que poida acontecer nos espazos actuais, e débese actuar con axilidade para resolver o problema de instalacións. Ademais diso, debemos coidar á pouca industria que nos queda, e esta é unha maneira de facelo”. Sendo consciente diso, ______________________________________________________________________ Agrupación Socialista da Estrada ______________________________________________________________________ Prolongación da R/ Castelao 16, baixo considera que “haberá que valorar o impacto económico sobre a Fundación, xa que iso repercute directamente na capacidade de xerar recursos da entidade”, e tamén explicou que “consta que a Consellería de Industria está en contacto coa Consellería de Educación, e que se están a valorar alternativas dende as dúas. O ideal sería que A Estrada contara cunhas novas instalacións que garantan a calidade da formación”.
La concejala de Benestar Social, Amalia Goldar, y la asesora jurídica del CIM, Rocío Lodeiro, presentaron ayer el cuarto Plan de Igualdade de A Estrada, con el que se pretende, a través de acciones concretas transversales, alcanzar la igualdad entre hombres y mujeres y contribuir a la prevención de la violencia de género
Este fin de semana o goberno municipal anunciou a posta en marcha dunha pista de xeo para amenizar as festas no Nadal. A concelleira do BNG, Susana Camba, indicou que “o goberno do PP louvase por unha medida que consideran que vai revitalizar o comercio local durante estas festas, mais o certo é que necesitan medidas serias para vivir todo o ano, non só durante 15 días.” “Isto é unha medida puntual que pouco vai axudar ao comercio local”, afirmou a concelleira nacionalista, “que o goberno municipal anuncia a bombo e platillo como se fora algo orixinal e unha novidade”.
“O noso comercio necesita, entre outras medidas, alugueiros máis baratos”, indicou Susana Camba, “así no lo veñen dicindo empresarias e empresarios do comercio local”. “Para iso”, engadiu a concelleira do BNG, “o goberno municipal podería por en marcha unha bolsa de locais comerciais asumíbeis para que non se vexan afogados polos alugueiros”. “Tamén podería descartar áreas comerciais como a anunciada do Mercadona”, explicou a concelleira nacionalista, “que non vai supoñer unha mellora significativa no emprego, e si o peche de pequenas tendas”. “Tamén podía poñer en marcha tendas virtuais para o comercio local aproveitando a infraestrutura de A Estrada Dixital, como lle propuxo no seu día o BNG”, engadiu Susana Camba, “sen embargo, esta medida, como outras, dormen no caixón do despacho do alcalde”.
“Estas si son medidas realistas nas que se podían gastar os 15 mil euros da pista de xeo e non en fogos de artificio que non levarán a nada”, indicou.
Por outra parte, a concelleira do BNG afirmou que con “eses cartos o concello podería abrir liñas de axuda para as máis de 150 familias en risco de exclusión social do noso concello para paliar as diferenzas económicas que nestas datas se fan máis visíbeis.”
“Estas medidas son as que poñería en marcha un goberno do BNG”, explicou a concelleira nacionalista, “e o que está claro é que este goberno do PP patina moi ben con pista de xeo ou sen ela”.
O recinto feiral estradense, pechaba onte á noite o 7º Salón Motor Classic e a 60ª Feira de Antigüidades e Artesanía. Ambos certames, poñían o colofón ao calendario feiral do recinto para o presente ano. A resposta por parte do público foi satisfactoria. Neste senso, á media tarde do domingo, o recinto feiral estaba moi concurrido, superando en afluencia de visitantes á xornada do sábado. A resposta do público, animou aos expositores e refrendou as expectativas do equipo organizativo. Polo tanto, os resultados deste doble certame estradense, foron positivos no referente a número de firmas expositoras e de visitantes. En canto ás vendas, a variedade e calidade do producto exposto, incrementou éstas. O 56% dos enquisados, alegaron ter mercado algo dentro do propio recinto feiral. O 20% dos enquisados, manifestan ter realizado algún tipo de compra no comercio local estradense. As provincias de Pontevedra e A Coruña, foron as que maior volume de visitantes aportaron ao certame (55% e 33% respectivamente), seguidas das de Ourense e Lugo. O 42% do público, manifestou ser a primeira vez que visitaba a mostra, o que pon de manifesto o tirón do Salón Motor Classic e da propia Feria de Antigüidades e Artesanía.
7º SALÓN MOTOR CLASSIC/60ª FEIRA DE ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA (14-15 Decembro 2019) O 89% manifestou estar satisfeito coa cantidade de firmas presentes, e o 94% , satisfeito coa calidade do producto exposto. A diferenciación en áreas temáticas, foi algo moi valorado tanto por parte do público asistente como por parte das firmas participantes. O 90% dos visitantes enquisados, manifestaron a sua intención de voltar ao certame en vindeiras edicións. Este dato, pon de manifesto a vixencia e o tirón mediático da mostra estradense. Igualmente salientable, é o impacto socioeconómico xerado no entorno que como xa ven sendo tradicional, deixase sentir maiormente no sector da hostelería e nas estacións de servizo locais. O 34% dos enquisados manifestaron ter acudido a algún restaurante local e o 65% alega ter usado algunha gasolineira, bar ou cafetería local. Satisfactoriamente e contando unha vez mais co incondicional respaldo do público, o recinto feiral estradense, pechou o certame, dando por rematado o seu calendario feiral 2019
El Teatro Principal acogerá el próximo viernes, a las 21.00 horas, el concierto de Navidad de la Big Band del Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso. Se trata del primer concierto de la Banda, en el que tocarán unos 20 músicos que se formaron durante los tres últimos meses con la intención de dar continuidad al legado del músico estradense, diagnosticado de un cáncer de páncreas terminal.
Como novedad, según indicaron los organizadores, Juan Núñez y Manuel Castedo, habrá un coro de nueve voces que cantará a capela y acompañará a la Big Band durante todo el concierto.
Utilizamos cookies propias y de terceros para garantizar el funcionamiento de la web, medir su uso y mejorar nuestros servicios. Puede aceptar todas las cookies, rechazar las no necesarias o configurar sus preferencias. Política de cookies
Configurar cookies
Necesarias para que la web funcione correctamente. No se pueden desactivar desde este panel.
Ayudan a medir el uso del sitio y mejorar sus contenidos.
Permiten publicidad, medición de campañas o personalización de anuncios.
Guardan preferencias o permiten contenido externo no necesario.