Primeira edición do mercado de nadal

A Estrada engade un mercado aos atractivos das festas máis entrañables do ano

O Concello informa de que, con motivo das festas de nadal, instalarase un Mercadiño de Nadal no Novo Mercado que funcionará os días 20,21,23 e 24 de decembro, para reforzo e apoio das ventas dos postos de venta de productos naturais e de proximidade dos postos da Praza en datas de elevado consumo.

O mercadiño, que habrirá tódolos días en horario de 9:30 h a 14:30 h, estará decorado con motivos propios do nadal e incluirá a venda de produtos relacionados con estas festas, como artigos decorativos, doces típicos (turróns artesáns, mantecados, froitos secos…) e agasallos (artesanía textil, cerámica, xoiería…). Serán un total de 16 postos, dos cales unha parte están reservados para o comercio local, na que ainda se poden inscribir no teléfono 630 650 415.

O mercado estará apoiado a maiores, nunha ludoteca infantil onde os máis cativos en horario de 11:00 h a 14:00 h poderán xogar mentres os adultos visitan os distintos postos, presentando ticket de compra no Novo Mercado. Ademais o martes 24, as 12:00 h realizarase un show culinario con degustación para elaboración de un menú de nadal saudable.

Os mercadiños de nadal son unha actividade que se celebra dende moi antigo en moitas cidades europeas converténdose nun importante foco de atracción de público. Un fluxo de xente que se estende polo resto das rúas do municipio e que supón un importante incentivo, xunto coa pista de xeo e a programación cultural de nadal, para o comercio e a hostalaría local.

Ademais o mercado terá unha vertente ecolóxica e sostible, posto que boa parte dos artigos de decoración que se exporán, están realizados con materiais de refugallo e reciclaxe. Algúns dos produtos gastronómicos tamén se elaborarán con ingredientes de agricultura ecolóxica.

Publicado en Portada | Deja un comentario

UN TOTAL DE 11 COOPERATIVAS AGRARIAS DO DEZA E TABEIRÓS RECIBIRON DA XUNTA CASE 860.000 EUROS PARA O FOMENTO DO USO DE MAQUINARIA EN RÉXIME ASOCIATIVO

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica   unha resolución da Consellería do Medio Rural pola que se fan públicas as axudas concedidas na convocatoria de 2019 para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo.

 

Esta axudas permitirán desenvolver proxectos en 11 cooperativas agrarias do Deza e o Tabeirós por un montante total de 2,05 millóns de euros, recibindo estas entidades para este fin unha subvención global de 859.251 euros por parte da Consellería de Medio Rural.

 

As beneficiadas nestas dúas comarcas serán as cooperativas Campodeza, Valle del Deza, Pena de Francia, Gandeiros do Deza, Sixto, Campo Afiliados, Maquideza, O Rodo, Novos Gandeiros, San Isidro del Deza e Cobideza.

 

En total, en Galicia, son 36 as cooperativas beneficiadas, sendo o importe total das subvencións de case 2,8 millóns de euros. O obxectivo destas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, é fomentar a adquisición de maquinaria para a súa utilización en réxime asociativo.

 

Trátase de mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara o mercado, así como a diversificación agrícola. Ao tempo, procúrase tamén reducir as emisións dos gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA NADAL 2019/20

                                             A ESTRADA NADAL 2019/20

Na mañá de hoxe o edil Juán Constenla presentou detalladamente as actividades para o nadal 2019/2020

DECEMBRO

 

DÍA 20

>09.30 h.Mercado de Nadal no Novomercado

>17.30 h. Apertura e inauguración da pista de xeo ubicada na Praza do Concello (ata o 7 de xaneiro)

>21.00 h. Concerto do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso no Teatro Principal

 

DÍA 21

>09.30 h. Mercado de Nadal no Novomercado

>10.00 h. “Xogamos pola infancia” no pavillón Coto Ferreiro

>11.00 h. “Vémonos polas rúas” R.A.K.

>18:00 h. Concerto de Musikenos na Igrexa parroquial da Estrada

>20.30 h. Concerto de Fin de Ano no Teatro Principal

 

DÍA 22

>17.30 h. Encontro de Coros Parroquiais na Igrexa parroquial da Estrada

 

ACTIVIDADES DO PROGRAMA «VIVE O CAMIÑO» (con inscrición previa)

>10:00 h. Paseo pola ruta de Outeiro do Castro en San Miguel de Castro

>17.00 h. Showcooking de productos locais no Teatro Principal (con inscrición previa)

>18:00 h.Obradoiro para público infantil: Xogando coa natureza no Teatro Principal (con i.p.)

>18:00 h.Degustación de productos do Camiño no Teatro Principal (con i.p.)

 

DÍA 23

>09.30 h. Mercado de Nadal no Novomercado

 

DÍA 24

>09.30 h. Mercado de Nadal no Novomercado

>18:00 h.Cabalgata de Papá Noel e posterior recepción

 

DÍA 26

>12.30 h. A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza no Teatro Principal

 

DÍA 27

>12.30 h.Animais de compañía no Teatro Principal

>13.00 h. charla de Evelyn Ramirez “Como conseguir os teus obxetivos”, na Estación

>16:00 h. “Un espazo verde para todos” R.A.K., carballeira

>20.00 h. Presentación da Miscelánea no mome

 

DÍA 28

>11.00 h. “Flipa en cores” R.A.K. na Zona dos Viños

>12.30 h. A galiña Azul no Teatro Principal

>20.30 h. Gala de Nadal do Teleclub da Comedia no Teatro Principal

>21.00 h. Sesión disco na pista de xeo

 

DÍA 30

>12.30 h. Fíos no Teatro Principal

 

DÍA 31

>17.00 h. IX Milla San Silvestre

 

XANEIRO

 

DÍA 2

>20.30 h. Concerto de Reis da Banda de Veteranos

 

DÍA 3

>20.00 h. Presentación da revista Olga no mome

 

DÍA 4

>16.00 h. “Festa Atacamos polo Nadal” na Alameda Municipal

>21.00 h. Sesión disco na pista de xeo

 

DÍA 5

>18.30 h. Cabalgata das SS.MM. Os Magos de Oriente

Recepción dos Reis Magos na Praza do Concello

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

S FIRMAS EXPOSITORAS GALEGAS OCUPARÁN O 79% DO ESPAZO EXPOSITIVO DE VENDA DIRECTA DISPONIBLE NO 7º SALÓN MOTOR CLASSIC E A 60ª FEIRA DE ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA.

Os vindeiros días 14 e 15 de decembro, o recinto fe
iral estradense, abrirá as
súas portas ao público co último dos certames co qu
e pecha o calendario feiral
2019:
7º Salón Motor Classic e a 60ª Feira de Antigüidade
s e Artesanía
. O
recinto feiral permanecerá aberto en horario ininte
rrumpido de dez a veinte
horas e a entrada custa un euro e será válida para
ambos días, permitindo
entrar no sorteo de duas ceas para dúas persoas, po
r xentileza do restaurador
local o Asador de Leo e dúas entradas para un dos c
urros da Rapa das Bestas
2019, patrocinadas pola Asociación Rapa das Bestas
de Sabucedo.
A meirande parte do espazo expositivo, ocuparao o
Salón motor Classic
, cun
55
%
dos 7.400 m2 de espazo expositivo total. Esta most
ra engloba un
mercadillo de pezas, recambios e complementos do mo
tor. Pola súa banda, a
exposición de vehículos clásicos, á data conta con
mais dun centenar de
vehículos inscritos dos cales, o 63% son automóvile
s e o restante 37% son
motocicletas e bicicletas. Para todos os visitantes
que se acheguen nos seus
vehículos clásicos (automóviles, motocicletas ou bi
cicletas), habilitaráse un
parking específico, dentro do propio recinto feiral
.
As antigüidades e artesanía, con medio centenar de
firmas expositoras,
complementan a mostra expositiva. Catro pavillóns c
o espazo
completamente cuberto.
As provincias de
Pontevedra e A Coruña
, son as que meirande porcentaxe de
firmas expositoras aportan á mostra, cun 43
% e 23% respectivamente
,
seguidas de lonxe por Lugo e Ourense e un 21% de fi
rmas procedentes do
resto do estado español e Portugal.
Numerosos particulares, colaboran coa mostra exposi
tiva, aportando os seus
vehículos. Éstos estarán complementados por diverso
s clubes, asociacións,
talleres, empresas privadas, etc…, dentro dos mais
salientables: Club Audi
Sport -Ibérica, Escudería Clásicos O Toxo, Club A.V
.A., Autocares Lázara,
Autocares Cuiña, AGAMAC, etc…
Publicado en Portada | Deja un comentario

O Festival de cine de terror PANIC convoca os seus concursos de curtas e fotos de terror

Con motivo do inicio do Festival de cine de terror Panic o próximo 17 de
xaneiro, o Concello da Estrada convoca os concursos de curtametraxes e
fotografía de terror Panic cun prazo de entrega de orixinais que finalizará o
31 de xaneiro.
O concurso de curtametraxes, que contará cun premio de 300,00€, esixe que
os traballos teñan unha duración inferior aos 15 min de duración, unha
temática baseada no terror ou no misterio e que estean realizados en lingua
galega.
Pola súa banda, o concurso de fotografía conta con dúas modalidades. A
primeira dirixida ao alumnado dos IES e unha segunda aberta a todo o
público. Os premios destinados a ambas as dúas modalidades é de 150,00€
e pode participar cada concursante cun máximo de tres fotografías. Tamén
deberán estar tematizadas no ámbito do terror e do misterio.
Todos os interesados en participar nalgún dos dous certames poderán
consultar as bases dos concursos nas web www.panic.aestrada.com e
www.aestrada.org que estarán dispoñibles a partir do mércores 11 de
decembro.
As fotografías e curtas finalistas serán visionadas en pantalla grande durante
a Gala final do festival que terá lugar o 7 de febreiro ás 23.30 h en Minicines
Central, gala na que se lle entregará o premio á curta e ás fotografías
gañadoras de cada modalidade.
Nos primeiros días do mes de xaneiro presentarase a programación
completa da nova edición do festival.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Falece o ex alcalde Ramón Campos

Falece o ex alcalde Ramón Campos, esta mañá con 89 anos de idade. O seú funeral será mañá, partira dende o Tanatorio San Pelayo 16.30a igrexaSan Paio.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O alcalde Estranse José López rende homenaxe a Brilat

O Concello da Estrada, a través do seu alcalde, José López, quixo render homenaxe á Brilat e agradecerlle deste xeito a súa participación durante os últimos cinco anos nas festas locais de San Paio facéndolle entrega dunha gaita feita a man nun coñecido obradoiro artesán da parroquia estradense de Riobó. Os membros da Banda de Música da Brilat non dubidaron en probala e ofrecer un mini concerto na Alameda da vila.
 
Publicado en Portada | Deja un comentario