Obradoiro de confección de coroas de nadal

Con motivo das festas de Nadal, o Concello da Estrada presenta unha iniciativa relacionada coa ambientación festiva do Nadal no fogar. Trátase dun obradoiro  de confección de coroas de nadal que terá lugar o martes 17 e o xoves 19 de  decembro de 18.00 h a 20.00 h na sala Abanca.

O obradoiro recolle elementos da tradición dos pobos celtas, baseados no respecto e o seguimento dos ciclos naturais do ano que os levaban a celebrar o solsticio de inverno ao redor do 24 de decembro. Esta tradición conlevaba o adorno das portas das súas vivendas con hedra e grilandas de acivro verdes e vermellas.

O obradoiro, impartido por unha decoradora florista será gratuíto e todos os materiais empregados correrán por conta da organización. Todos os interesados poden anotarse no teléfono de Cultura 986 573 601.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE ESIXE A AMPLIACIÓN DO CAMPAMENTO URBANO DE NADAL TAMÉN AO RURAL

O PSOE esixe que se amplíe o campamento de nadal
tamén ao rural. López Bueno criticou que “Se só existe un campamento e
está no casco urbano, o único que se consegue é discriminar aos cativos e
cativas do rural. Terán que desprazarse á vila, e iso impídelle o acceso a
moitas familias”.
López Bueno indicou que “o campamento de nadal é tan necesario no casco
urbano como no rural. Os cativos e cativas que viven nas parroquias teñen
o mesmo dereito a poder desfrutalo”. Ademais acusa ao goberno de “tomar
unha decisión premeditada” non levando os campamentos ás parroquias.
O voceiro socialista ve “un novo desprezo ao rural” e lamenta que “incluso
nestas datas, non se teña en conta ás nosas parroquias”. Manifesta que “é
certo que hai iniciativas que se deben colocar no casco urbano porque sería
inviable levalas ao rural, pero os campamentos pódense clonar
perfectamente”.
Os socialistas tamén poñen de relevo que “unicamente se fomenta o nadal
no casco urbano, o concello non promove directamente ningunha actividade
nas parroquias. Hai que recordarlle ao goberno que os impostos que pagan
o nadal, son de todos”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG insta ao goberno de López a arranxar as cunetas de Vinseiro

Susana Camba: “Logo do atraco que están sufrindo os veciños e veciñas cos recibos do IBI o lóxico é que o goberno municipal proporcione mellores ser vizos, en especial no rural”.

 

A portavoz municipal do BNG, Susana Camba, visitou a pista que une os lugares de Vinseiro, na parroquia do mesmo nome, co lugar de Cimáns, na parroquia de Tabeirós, para coñecer o estado lamentábel que presenta a cuneta, especialmente no tramo de Visdecorrea a Cimáns, onde se pode apreciar que a auga da choiva discorre pola estrada no canto de polo seu lugar natural, desfacendo o firme.

A concelleira nacionalista explicou que “esta é unha mostra máis da política de abandono que ten o PP co rural estradense”. “Non é de recibo presumir de bos xestores”, engadiu, “cando se deixan partidas sen gastar ou se incrementan partidas como o da iluminación do nadal cando despois as veciñas e veciños do rural carecen dunhas infraestruturas dignas”.

“Nestes días”, indicou Susana Camba, “moitos veciños e veciñas do rural están pagando os “atrasos” da regulación do IBI, na maioría dos casos estamos a falar de importes moi altos e non é de recibo que logo deste atraco, o concello non atenda as necesidades máis básicas dos veciños e veciñas”. “Os impostos son necesarios” afirmou a concelleira do BNG, “pero hai que investilos en proporcionar mellores servizos, mais o goberno do PP só sabe cobrar e dilapidar os impostos de todos e todas en luces e obras faraónicas de cemento”.

A concelleira do BNG insta ao alcalde a “actuar xa no rural, empezando pola parroquia de Vinseiro”. “O rural da Estrada non pode agardar catro anos a que cheguen as novas eleccións municipais, que é cando López saca as palas”, afirmou Susana Camba.

Publicado en Portada | Deja un comentario

III Gala do Deporte Concello da Estrada

O Concello da Estrada, por medio da Concellería de Deportes, Novas
Tecnoloxías e Participación Cidadá, ten a honra de convidar a todos os estradenses a III Gala do Deporte Concello da Estrada, que se celebrará no Teatro Principal o martes día 17 de decembro a partir das 20:30 horas, e que será un punto de reunión de todos os afeccionados o deporte na Estrada.
Na tarde de onte luns, reuniase o xurado para valorar as propostas que
formaban aparte de cada unha das categorías, e escoller os galardoados desta III Gala do Deporte Concello da Estrada.
Na categoría de Premio a traxectoria, o xurado escolleu un so galardoado que se coñecerá o mesmo día da Gala.
Para asistir a este evento é preciso retirar, a partir do martes 10 de decembro, a correspondente invitación no departamento de deportes do Concello, no 4º andar.
So se poden retirar como máximo tres invitacións por persoa, ata esgotar o aforo do Teatro Principal.
A III Gala do Deporte Concello da Estrada, na que se farán públicos os
galardoados, estará conducida por Terio Carrera, que será o encargado de presentar as categorías e os nominados en cada unha delas, coma noutras edicións.
Durante o acto haberá unha actuación sorpresa, e terá unha duración
aproximada de 75 mimutos.
Animamos a todos os estradenses a acudir a este evento, que tentará ser unha festa do deporte local :


NOMINADOS III GALA DO DEPORTE 2019


MELLOR DEPORTISTA MASCULINO 2019
Cristobal Dios Rios (triatlon)
Manu Brea (bádminton)
David Vázquez (automobilismo)
MELLOR DEPORTISTA FEMININO 2019
Alba Vilas (futbol sala)
Amara Blanco (baloncesto)
Ana Carbón (bádminton)
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO sub 18 2019
El Medhi El Nabaoui (atletismo)
Breixo Luna Durán(natación)
Pedro Rey López (bádminton)
MELLOR DEPORTISTA FEMENINO sub 18 2019
Itziar Barcala (bádminton)
Paula Tejo Pereira (ximnasia)
Laura Carracedo (atletismo)
MELLOR CLUB 2019
Club Bádminton A Estrada
CD Estradense
EDM Baloncesto
MELLOR CLUB DE BASE 2019
CC Estradense
Atletismo A Estrada
Club Ximnasia A Estrada
DEPORTISTA REVELACIÓN 2019
Rocio Fuentes Afonso (judo)
Andrés Carballeda (natación)
Ainara Lago (karate)
ENTIDADE DE APOIO O DEPORTE
Start Motor
Reale Seguros A Estrada
Xoiería-Óptica Fondevila
PREMIO TRAXECTORIA

Publicado en Portada | Deja un comentario

Primeira edición do mercado de nadal A Estrada

O Concello informa de que, con motivo das festas de nadal, instalarase un Mercadiño de Nadal no Novo Mercado que funcionará os días 20,21,23 e 24 de decembro.

O mercadiño estará decorado con motivos propios do nadal e incluirá a venda de produtos relacionados con estas festas, como artigos decorativos, doces típicos e agasallos. Serán un total de 16 postos e, a maiores, haberá unha ludoteca infantil onde os máis cativos poderán xogar mentres os adultos visitan os distintos postos.

Os mercadiños de nadal son unha actividade que se celebra dende moi antigo en moitas cidades europeas converténdose nun importante foco de atracción de público. Un fluxo de xente que se estende polo resto das rúas do municipio e que supón un importante incentivo, xunto coa pista de xeo e a programación cultural de nadal, para o comercio e a hostalaría local.

Ademais o mercado terá unha vertente ecolóxica e sostible, posto que boa parte dos artigos de decoración que se exporán, están realizados con materiales de refugallo e reciclaxe. Algúns dos produtos gastronómicos tamén se elaborarán con ingredientes de agricultura ecolóxica.

Todos aqueles artesáns, produtores e creadores de artigos interesados en ocupar un stand neste Mercado de Nadal deberá dirixirse ao número 630 650 415. O Concello porá algúns postos a disposición do comercio local estradense por se algún artesán desexa estar presente nesta convocatoria.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Falecemento de Maribel Ruíz Ferro

Hoxe é un día moi triste para o BNG da Estrada, deixounos Maribel. Foi concelleira entre 1999 e 2011, asumindo responsabilidades de goberno entre 2007 e 2011. Perdemos a unha gran compañeira, responsábel, traballadora incansábel, muller comprometida… todo o bo que se pode dicir dela é pouco. Maribel deixa un enorme baleiro na nosa organización. Desde o BNG da Estrada queremos trasladar a toda a súa familia todo o noso afecto. MARIBEL SEMPRE ESTARÁ NA NOSA MEMORIA.

Publicado en Portada | Deja un comentario

MOTOR CLASSIC E A FEIRA DE ANTIGÜIDADES E ARTESANIA, COLOFÓN DO CALENDARIO FEIRAL 2019 DO RECINTO ESTRADENSE.

Os vindeiros días 14 e 15 de decembro, o recinto feIral
estradense, celebra unha nova edición de Motor Classic. A mostra
complementaráse coa 60ª Feira de Antigüidades e Artesanía.
• O certame contará con dous pavillóns de exposición de
vehículos clásicos (motos, coches e bicicletas), outro cun mercadillo
de pezas, recambios, accesorios e complementos varios do motor e
un con antigüidades e artesanía.
• Habilitaráse parking gratuito dentro do propio recinto para os
que asistan nos seus vehículos clásicos.
• Mais dun centenar firmas presentes, distribuidas ao longo
de catro pavillóns, cunha superficie expositiva de 7.400 m2.
• Entre os asistentes ao certame, realizaránse diversos sorteos
patrocinados polo “Asador de Leo” e a “Asociación Rapa das Bestas
de Sabucedo”
Actualmente, o recinto feiral estradense, atópase inmerso no último
dos certames do seu calendario feiral 2019. Trátase dunha doble
mostra: 7º Salón Motor Classic e 60ª Feira de Antigüidades e
Artesanía.
Os días catorce e quince de decembro, o mundo do motor ten
unha cita no recinto feiral estradense, con numerosas firmas
relacionadas co sector do recambio, accesorios e complementos
varios, destinados específicamente a vehículos clásicos e históricos.
Pola súa banda, o recinto contará igualmente coa tradicional mostra
de antigüidades e artesanía, contando con medio centenar de
anticuarios e artesans de toda Galiza e de Portugal.
O certame, ocupará un espazo expositivo de mais de 7.400 m2,
distribuidos ao longo de catro pavillóns, contando igualmente, dentro
do propio recinto, cunha zona especialmente habilitada para que os
visitantes que asistan á mostra nos seus vehículos clásicos poidan
aparcalos cómoda e gratuitamente.
Motor Classic, estas últimas edicións, está contando con grande
aceptación entre visitantes e participantes. O mercadillo de pezas e
recambios desperta grande interese, contando con preto dunha
vintena de firmas presentes.

7º SALÓN MOTOR CLASSIC/60ª FEIRA DE
ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA
(14-15 Decembro 2019)
Pola súa banda, varias Asociacións, clubes e particulares,
participarán na sección de exposición de clásicos que ocupará un
total de dous pavillóns e espazo exterior para autobuses, etc…
Motor Classic, contará co respaldo da tradicional e consolidada Feira
de Antigüidades e Artesanía que xa vai pola sesenta edición, sendo
un referente consolidado do sector e do calendario feiral dos recintos
da nosa Comunidade Autónoma.
Medio centenar de anticuarios e artesans, incrementarán e darán
cobertura a Motor Classic 2019. Os anticuarios galegos e
portugueses, unha vez máis, vólcanse coa mostra que igualmente é
secundada por outras firmas procedentes do resto do estado.
Almoneda, numismática, decoración, iluminación, porcelana, libros
antigüos, mobiliario, apeiros de labranza, pezas textís, escultura,
etc… serán algún dos productos estrela da mostra de antigüidades.
A artesanía pola súa banda, tamén contará cunha representación de
firmas de procedencia fundamentalmente autonómica.
O recinto feiral, abrirá en horario ininterrumpido de dez a vinte horas,
amosando variedade de productos, así como, de pezas, recambios e
accesorios do motor e unha nutrida área expositiva de vehículos de
incalculable valor. As coleccións privadas de vehículos clásicos e
históricos, farán as delicias dos visitantes máis esixentes.
Os días 14 e 15 de decembro, máis dun centenar de firmas
expositoras, asociacións, clubes e particulares, sorprenderán e
tratarán de captar o interese dos visitantes que se acheguen ao
recinto feiral estradense. Con esta doble mostra, o recinto feiral
estradense pechará o seu calendario de promoción económica 2019.

Publicado en Portada | Deja un comentario