A Xunta manterá o actual apoio financeiro aos agricultores e gandeiros galegos no marco da PAC

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reafirmou hoxe o compromiso da Xunta de continuar prestando apoio os agricultores e gandeiros galegos para mellorar as súas rendas e, en xeral, as súas condicións de vida e traballo. Fíxoo hoxe na Estrada, nun encontro con gandeiros da comarca de Tabeirós-Terra de Montes, no que confirmou a continuidade das axudas públicas a estes colectivos que xestiona a Consellería do Medio Rural no marco do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia e da PAC.

Así, Balseiros reiterou que se van seguir fornecendo as achegas en diferentes liñas, como as destinadas á mellora de explotacións, á incorporación de mozos ao agro, ao asesoramento, ás pequenas explotacións ou para aquelas situadas en zonas de montaña ou desfavorecidas.

Lei de recuperación

O director xeral aproveitou tamén a ocasión para avanzarlles os gandeiros algúns detalles da futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia. Así, trasladou que esta norma terá por finalidade recuperar terras abandonadas, aportarlle base territorial suficiente a aquelas explotacións que a precisan, anticiparse ao problema dos lumes e traballar pola recuperación demográfica e pola mellora da calidade de vida da poboación. Un obxectivo, dixo, que se realizará facilitando, entre outras actuacións, o contacto entre os interesados en poñer a producir os predios e os seus propietarios.

Neste sentido, Balseiros avanzou que a lei basearase, fundamentalmente, no uso e na potenciación de dous instrumentos: o Banco de Terras, que se axilizará coa nova norma, e o Banco de Explotacións. En relación con este último, subliñou que servirá para apoiar e facilitar o contacto entre agricultores e gandeiros que vaian abandonar a súa actividade e outras persoas interesadas en darlle continuidade, co obxectivo de evitar o seu desmantelamento e o das terras que as conforman. Falou ademais doutras ferramentas, coma os polígonos agroforestais, os proxectos de uso comunitario da terra e a iniciativa de aldeas modelo.

O director xeral referiuse, así mesmo, ao traballo que está a desenvolver a Xunta para mellorar a xestión dos residuos agrogandeiros mediante medidas normativas (coa futura Lei reguladora do sistema integrado para a xestión das dexeccións gandeiras, actualmente en trámite), formativas (caso do plan específico para os agricultores da Limia, recentemente presentado) e de impulso ao seu tratamento en plantas específicas, entre outras actuacións.

Por último, José Balseiros explicou tamén que por parte da Consellería e do sector estase avanzando no desenvolvemento dunha estratexia específica de dinamización para o lácteo, con participación plena dos axentes deste eido produtivo. Así, indicou, estase traballando nunha completa análise e diagnóstico da situación e avanzando propostas de futuro.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Saboreando no Novo Mercado

Alrededor de un centenar de niños y niñas de los cuatro colegios estradenses del rural mostraron ayer sus dotes culinarias en el Novo Mercado, con motivo de la Semana Saborea. Los pequeños y pequeñas, acompañados del alcalde, José López, y varios ediles, hicieron una compra de productos saludables, que luego emplearon en sus deliciosas recetas que pudieron degustar.

El programa Saborea culminará el sábado 30 con una jornada de puertas abiertas. A partir de las 11.00 horas, los cocineros Tere Rico y André Arzúa (conocido por los programas de la TVG Comando Chef y A Cociña de André) prepararán exquisitos platos que se podrán degustar de manera gratuita en el Novo Mercado, acompañados de sidra de los productores locales.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A II EDICIÓN DO PROGRAMA SABOREA ATERRIZA NO NOVO MERCADO ESTRADENSE

As concellerías de Promoción Económica e de  Desenvolvemento Rural lanzan a segunda edición do programa Saborea A Estrada, que busca potenciar á vez o  Novo Mercado e o produto de proximidade.

Mañá mércores 27, preto dun centenar de alumnos/as de quinto e sexto curso dos colexios citados elaborarán as súas propias receitadas —previamente escollerán entre todas as propostas unha por clase—. Para facelo, primeiro percorrerán o mercado en busca da mellor materia prima e logo, por quendas, seguirán as indicacións do restaurador Iván Méndez e os consellos sobre nutrición de Clara Torres e Máximo  Gioiello.

O sábado 30 Saborea A Estrada culminará cunha xornada de portas abertas. Desde as 11.00 a cociñeira Tere Rico elaborará tapas doces e salgadas para todas as persos asistentes. Ás 13.00 o evento clausurarase coa elaboración a cargo de coñecidos cociñeiros galegos de receitas especiais que todos os presentes poderán degustar acompañadas de sidra estradense.

Publicado en Portada | Deja un comentario

CHARLA INFORMATIVA SOBRE DANO CEREBRAL EN RIOBÓ (A ESTRADA)

Mañá mércores, 27 de novembro, Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela) organiza na parroquia de Riobó ás 20:00 h. e que está destinada á poboación xeral. O encontro será na Casa Escola de Riobó (Lugar da Mota – A Estrada) e nel falarase das causas principais do Dano Cerebral Adquirido (ictus, traumatismos etc) así como se darán consellos de prevención e pautas sobre os coidados e atención das persoas con esta discapacidade. Laura Segade, traballadora social en Sarela, será a persoa encargada de dar a charla e solucionar as dúbidas que as persoas que asistan poidan ter.

 

Sarela organiza estes encontros nos 46 concellos que forman a área sanitaria de Compostela-Barbanza e con eles quere concienciar á poboación sobre a que é a primeira causa de discapacidade e dependencia no noso país, e aportar información de utilidade para aquelas persoas que teñan no seu entorno a unha persoa con DCA. Sarela ten detectado desde hai moito tempo que en xeral, e por motivos complexos, existe bastante descoñecemento do dano cerebral como discapacidade e, derivado disto, das necesidades de atención especializada que teñen estas persoas e dos recursos que para a mesma existen na actualidade.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

PATRIMONIO E INFRAESTRUTURAS CENTRAN AS EMENDAS DO BNG DA ESTRADA AOS ORZAMENTOS DA XUNTA DE 2020

A concelleira do BNG, Susana Camba, e o deputado no Parlamento Galego, Luís Bará, presentaron na mañá de hoxe as emendas do BNG da Estrada aos orzamentos da Xunta de 2020. A concelleira nacionalista explicou que “estas emendas supoñen unha emenda á totalidade ao goberno municipal do PP, que se caracteriza polo desleixo no que atinxe ao patrimonio e as infraestruturas”. “Así por exemplo”, engadiu a concelleira nacionalista, “presentamos unha emenda de 500.000 euros para a recuperación da Torre e o Pazo de Guimarei, así como un plan de valorización da ponte medieval de Pontevea e a súa contorna (200.000 euros), declarada BIC grazas ao empeño do BNG da Estrada e de Teo”.

“No que ten a ver coas infraestruturas”, engadiu Susana Camba, “introducimos emendas para mellorar o cruce de Baloira, do acceso á AP-53 no Alto da Rocha, que é impracticábel para os vehículos pesados, así como melloras nas estradas de competencia autonómica A Estrada-Ponte Ulla, Baloira-Pontecesures e Codeseda-Campolameiro, e tamén dotar dun acceso peonil seguro ao centro médico do Souto de Vea, aprobando por unanimidade en 2009 no Parlamento Galego”.

A concelleira nacionalista tamén indicou que “a Cidade do Moble tamén centra as emendas do BNG, apostando pola xeración de emprego e polo sector do moble e da madeira do noso concello”. “E xa por último”, explicou a concelleira nacionalista, “cremos imprescindíbel dotar o noso concello dun centro de día merecente de tal nome, ben dotado, amplo e accesíbel”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación do libro do estradense Miguel Carbajal

Na tarde de onte no Mome fixose a presentación do libo do estradense Miguel Carbajal, acompañadp polo concelleiro de cultura Juán Constenla.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Á VENDA AS ENTRADAS DE QUICO CADAVAL E A PRINCESA BRANCAFLOR

Xa están á venda as entradas para os espectáculos desta fin de semana no Teatro Principal. Por unha banda, o sábado ás 12.30 h, Fran Rei da compañía Os sete magníficos máis un porá en escena o contacontos A princesa Brancaflor, un espectáculo para nenos maiores de 3 anos para o que só se habilitará un aforo de 80 localidades.

 

O domingo ás 20.00 h tomará o relevo un dos grandes da escena galega. Quico Cadaval presenta na Estrada o seu novo espectáculo Vacas, guerras, porcos e cregos. Un espectáculo no que Cadaval conta a historia dun antepasado, Xuán o Fino, un home bo coa familia, pacífico e bo veciño. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade. Pero observando o seu entorno próximo, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosas.

 

As entradas a un custo de 3 e 5 euros, respectivamente, poderán mercarse no Departamento de Cultura do Concello ou no despacho de billetes do propio Teatro Principal.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario