Presentación Festival Folk Lume na Lareira

O Festival Folk Lume na Lareira, unha das citas ineludibles coa música da terra na Estrada xa ten data para a súa duodécima edición: será o domingo 17 de novembro, no Teatro Principal da vila. A programación presentouna onte o representante de Lume na Lareira, a formación anfitriona, Juan Ruibal, e o concelleiro de Cultura e tenente de alcalde, Juan Constenla.

O festival comezará ás 18.00 horas e será presentado polo televisivo Xacobe Pérez. 

As entradas xa están á venda, polo que as persoas que queiran asistir como público poden mercar os seus pases, a un prezo de cinco euros, no departamento de Cultura do Consistorio estradense, no establecemento hostaleiro Mesón da Estrada ou no Café Alameda. Recoméndase facelo con antelación para asegurar asento. 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os nenos e nenas do CEIP do Foxo van de compras A Estrada

Primeiro e segundo curso participan nun proxecto sobre a cociña: alimentos, utensilios, traballos, productos… Unha das actividades incluidas foi visitar un supermercado. Explicáronlle os tipos de frotias, de peixes, como fan para reciclar o plástico e o cartón. Realizaron unha pequeniña compra cada un deles asesorados polos profesores de para mercar productos que non tivesen envases de plástico. Van elaborar unha merenda para os seus pais. Depois foron visitar a cociña da á Residencia de Maiores da Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE AFIRMA QUE OS ORZAMENTOS DA XUNTA “CONTINÚAN COA PARÁLISE NA QUE SE ATOPA A ESTRADA”

AUTOVIA AG-59 SANTIAGO-A ESTRADA

O PSOE fixo unha valoración do proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia
para 2020. Os socialistas consideran “continúan coa parálise na que se
atopa A Estrada”. Ademais táchanos de “insuficientes para avanzar nas
necesidades máis urxentes do noso Concello”
López Bueno opina que “o investimento na AG-59 é raquítico, e é unha declaración de
intencións de que non a teremos a curto prazo. Dous millóns de euros representan unha
ínfima parte do orzamento que se precisa para actuacións de calado no ano 2020” e
lamentaba que “non veremos avances significativos no vindeiro ano, e tampouco veremos
un metro máis de autovía”. Considera que a dotación do orzamento “é unha nova
preocupante porque dela depende a recuperación da nosa industria”.
O voceiro socialista tamén valorou outros investimentos que prevé o orzamento da Xunta,
“Augas de Galicia si que parece un pouco máis preocupada polo noso concello, seguramente
pola ausencia case total de traídas e saneamentos”. Aínda así, foi crítico cos investimentos
previstos: “Outros concellos próximos e da mesma categoría gozan de 3,6 millóns de euros
para saneamentos, mentres que A Estrada, con 400 núcleos de poboación, non recibirá
ningún investimento para iso. A traída do Umia é unha actuación necesaria, pero cómpre ser
máis ambiciosos e construír tamén ese tipo de infraestruturas noutros puntos do concello”.
López Bueno sentenza que “os investimentos que prevé a Xunta para A Estrada son
insuficientes. Son outra mostra de que López Campos carece de capacidade para atraer
investimentos da Xunta que resolvan os problemas dos veciños e das veciñas do noso
concello. Noutros concellos semellantes ao noso recibirán 5 millóns de euros de investimento
fronte ao nosos escasos 2,6. Ademais, eses investimentos irán destinados a actuacións en
Polígonos Industriais, en saneamentos, e noutras áreas nas que A Estrada tamén está
necesitada”.
Os socialistas indican que “elevaremos propostas para que o grupo parlamentario do PSdG
propoña emendas a estes orzamentos. Solicitaremos aquelas actuacións que realmente
demandan os estradenses”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

CEIP Pérez Viondi asiste a un pleno no Concello de A Estrada

Na mañá deste martes ás  10.30 h, os alumnos de 2º de primaria do CEIP Pérez Viondi celebraron un Pleno Extraordinario en compañía do alcalde da Estrada José C. López Campos. Unha iniciativa que intenta familiarizar aos cativos coa actividade de xestión municipal e na que coñecerán aos distintos departamentos da Casa Consistorial.

 

Esta iniciativa terá continuidade nas vindeiras semanas con outros centros escolares da vila.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O TELECLUB DA COMEDIA ENCHE DE RISOS O RURAL ESTRADENSE!

Despois de dúas funcións realizadas en Moreira e Riobó onde se deron cita máis de 150 persoas, a décimo sexta xira do Teleclub da Comedia, organizada polo Departamento de Cultura do Concello da Estrada, segue camiñando esta fin de semana en Toedo da man do Padre Xiao.

 

Deste xeito, este ciclo inaugurado no segundo semestre do ano 2011, celebra unha edición máis retomando os obxectivos cos que naceu; os de descentralizar a programación cultural da vila, poñer en valor as casas escola que están espalladas polo rural estradense e xerar xornadas de convivencia veciñal.

 

Desta volta, os artistas e agrupacións seleccionados son os seguintes: O Mago Toño e Manolo do Atlético, a Escola Municipal de Artes Escénicas, Pedro Brandariz, O Padre Xiao, o Padre Merino e Mentallini, Pablo Chichas Isi e As Lerchas que visitarán, ademais das parroquias mencionadas, Couso, Sabucedo, Frades, Cereixo, Arca, Berres, Vinseiro e Matalobos.

 

A xeito anecdótico, nesta xira incorpórase por vez primeira Barcala ao amplo abano de parroquias seleccionadas e vólvese programar unha función na Residencia de Maiores da 3ª Idade da Estrada.

 

Sinalar tamén que a xira volverá rematar cunha gala de nadal no Teatro Principal, que terá lugar o 28 de decembro, e na que se contará co acompañamento musical do recén creado Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso.

 

Comentarvos, por último, que tanto este ciclo como os de Estrada Escena outono, contan tamén coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través das subvencións do Plan Concellos 2019.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG DENUNCIA A MOI DEFICITARIA PUBLICITACIÓN INSTITUCIONAL DO NOSO PATRIMONIO PARA FACELO VISIBLE E ATRACTIVO

O BNG unha vez mais, alerta da desatención total do goberno municipal do PP cara o interesante e abondoso patrimonio espallado polo territorio do concello estradense. E para mostra un botón : este pasado sábado o BNG celebrou no Areal de Berres un xantar de confraternidade de toda a militancia coa presenza de Susana Camba voceira da formación nacionalista, que comprobou de primeira man as deficiencias de que estamos a falar.


A media mañá percorreuse un roteiro con paradas en referencias do patrimonio desta ribeira estradense do Ulla (Castrotión, achádego lítico na cima do castro, antiga fábrica de papel de Riobo, Torre da Barreira…). Pois ben, a voceira do BNG quere alertar da necesidade urxente de que o goberno municipal do PP tome en serio a posta en valor e a publicitación destes bens patrimoniais que garda o noso territorio e que seguro que serían do interese de moitas persoas que se achegasen á Estrada.

Lembrámoslle ao sr. Alcalde que o patrimonio e a cultura ademais de representar retrincos da nosa historia son xeradores de emprego, non así construcións de dubidoso gusto, como a Alameda cuxa rendibilidade é  nula. Non é propio dun goberno que adquire un compromiso coa cidadanía, teña este tema no abandono actual, e non podemos esquecer outros elementos patrimoniais como a Torre de Guimarei e a ponte medieval de Pontevea, elementos catalogados como BIC, aos que o goberno municipal non lles presta atención algunha.

Por este motivo instamos ao actual goberno a que poña en valor e dea a coñecer as referencias patrimoniais e culturais que garda o noso concello.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE AFIRMA QUE O PMUS NON ACHEGA NADA NOVO PARA O FUTURO DA ESTRADA

O PSOE fixo unha primeira avaliación do Plan de Mobilidade Urbana Sostible e afirma que “non achega nada novo para o futuro da Estrada”.
Os socialistas entenden que “é un documento que prevé actuacións que xa lle soan a todos os estradenses porque estiveron de actualidade en distintos momentos, e moitas de las dependen de que se executen infraestruturas
que dependen doutras administracións
.López Bueno opinou que “como fotografía das necesidades está ben, aínda
que xa eran coñecidas. A única xustificación que lle vexo é cumprir un dos
requisitos da EDUSI, pero a realidade é que case todas as actuacións
propostas dependen dunha maneira ou doutra
da autovía e da variante,
e este goberno non fixo nada pola súa execución nos últimos 9 anos
. Iso fai que no curto prazo sexa inaplicable
s moitos dos proxectos que se recomendan
para os propósitos que se pretenden”.
Sobre a humanización da Praza da Feira, López Bueno pronunciouse
“totalmente a favor da reforma, pero con matices”. Indicou que “cómpre ser
ambiciosos na reforma, que non quede nun mero lavado de cara. Débese
conseguir que os veciños e veciñas usen as novas instalacións máis do que
o fan agora”. O voceiro tamén se amosou preocupado polo “encaixe da
reforma cos usos que ten a praza agora mesmo. A reforma debe ser
compatible coa feira dos mércores e con outras actividades que se realizan
nesa praza ao longo do ano. Na mesa de
mobilidade e na comisión
encargada do seguimento deberá haber consenso en como acometer a
humanización, non pode ser un proxecto
 unilateral do PP como a reforma da
alameda”.
López Bueno tamén se amosou preocupado polo anunciado aparcamento
disuasorio na rúa 25 de xullo, 
Este proxecto xa se estaba contempladodurante o goberno de Dono. Oprincipal será que o aparcamento sexa
operativo e cubra ben o servizo. O PMUS indica como aparcamento
disuasorio a zona posterior á oficina de Correos, e todos sabemos en que
estado se atopa. Se se fai a
humanización da Praza da Feira débese garant
ira viabilidade do aparcamento no longo prazo. Se
rá necesario que o firme
soporte a carga dos vehículos sen deteriorarse
Publicado en Portada | Deja un comentario