Concentración en apoio a campaña «Emerxencia»en A Estrada.

A Estrada sumouse na noite de onte a Concentración en apoio a campaña «Emerxencia», xuntos partidos políticos e cidadáns en gran número iluminarón a Plaza do Concello Estradense.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A semana do Deporte Estradense acerca os seús pilotos e coches a Plaza do Concello

 Na tarde de onte o Concelleiro de deportes Ismael Pena asistia a visitar os pilotos das escuderias estradenses que se achegaron cos seus coches esta tarde ata a praza do Concello para agradecer a a súa colaboración, dentro das actividades da semana do deporte,

Publicado en Portada | Deja un comentario

Entrega do premio Reimóndez Portela


O acto de entrega do premio Reimóndez Portela celebrouse na tarde de onte
, dentro da 33ª Feira do Moble de Galicia. O premio está dotado
con 1.000 €, talla conmemorativa e diploma acreditativo.
Previo acto de entrega de galardóns, terá lugar unha ofrenda floral que
correrá a cargo de D. Marcelino Salgueiro Rodríguez, médico, forense e
escritor.
O mantedor do acto será, D. Juan Jesús Gestal Otero, médico, profesor e
escritor. Catedrático e Xefe de Servizo de Mediciña Preventiva e Saúde Pública
do CHUS. Académico numerário da Real Academia de Mediciña e Ciruxía de
Galiza.
A entrega de galardóns contará coa presencia de persoeiros do
panorama sociocultural galego e autoridades locais, provinciais e autonómicas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG INSTA AO GOBERNO DO PP A QUE GARANTA A ATENCIÓN SANITARIA DE TODOS OS VECIÑOS E VECIÑAS.

Desde o BNG vimos de ser informados por veciños e veciñas afectados, de que a comezo desta semana no servizo de extraccións do Centro de saúde de Vea, atopáronse con que non había persoal de enfermería para levar a cabo este labor sanitario.

Todo quedaría nunha simple continxencia que sempre pode ocorrer cando, por exemplo, se produce unha indisposición imprevista da persoa adscrita ao servizo.

Pero, aclara Susana Camba voceira nacionalista, “isto xa non é permisible cando temos constancia de que a ausencia desta enfermeira xa era coñecida polo SERGAS con antelación suficiente para tela cuberta”.

“Este desleixo á hora de cubrir unha vacante non é casualidade, non é unha excepción, é a norma do goberno da Xunta xestionado polo PP”, apunta a concelleira do BNG, “na Estrada sabemos moi ben que consecuencias ten a falta de persoal facultativo nos centro de saúde, unha cuestión moi grave, tendo en conta que desde a administración galega podía dárselle solución para evitar males maiores”.

“Por outra parte”, engade Susana Camba, “queremos tamén facer fincapé nun asunto non menor como é a precariedade na que vive o persoal médico en xeral”. “Este centro leva moitos anos en funcionamento”, explica a concelleira do BNG, “non se entende que a estas alturas non teña persoal fixo e que o SERGAS o cubra con contratos por horas, días, semanas… e o que é peor, que non teña constancia de cando o persoal eventualmente contratado remata o seu contrato”. “A precariedade laboral do persoal facultativo”, engade, “é unha mostra máis da desfeita que sofre a nosa sanidade pública”.

O BNG, desde as súas responsabilidades, insta ao goberno municipal de López a que, tamén desde as que contraeu coa veciñanza da Estrada, “esixa á Administración galega, neste caso o SERGAS, para que evite no sucesivo neglixencias como a descrita, en xustiza cos dereitos dos veciños e veciñas, que para iso pagan impostos.”

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta destaca a importancia da innovación na industria forestal na inauguración da XXXIII Feira do Moble de Galicia na Estrada

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a necesidade de avanzar na innovación para modernizar a industria forestal na inauguración da XXXIII Feira do Moble de Galicia que se celebra na Estrada. Rueda participou na xornada inaugural acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; o alcalde estradense, José López Campos; e o xerente da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, Nemesio Rey.

A Estrada converterase ata o domingo na capital do moble en Galicia, nun centro de negocios para o sector e no mellor escaparate onde coñecer as últimas tendencias no mercado sobre o deseño e a transformación da madeira. Máis de 60 expositores de Galicia e outras comunidades como Asturias, País Vasco, Castela e León, Castela-A Mancha ou Comunidade Valenciana, así como Portugal, participarán nesta edición da feira, a única do sector na comunidade galega e todo un referente a nivel estatal.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que a industria forestal é clave para a economía galega ao aglutinar miles de postos de traballo, xa que 80.000 familias viven desta actividade. O sector da madeira e do moble xogan ademais un papel moi importante na dinamización económica do rural galego ao permitir a creación de empregos de calidade que, á súa vez, contribúen a fixar poboación nestas zonas. O ano pasado foi récord en exportacións de madeira e das súas manufacturas superando os 800 millóns de euros e tamén se acadou o mellor rexistro da última década en facturación con máis de 2.200 millóns de euros.

A Xunta aposta por achegar a innovación ás pequenas e medianas empresas e facer da industria forestal a panca da bioeconomía en Galicia e, por tanto, fomentar o uso de produtos biolóxicos renovables como vía para gañar competitividade. Nesta liña, o Goberno galego traballa, a través da Axenda de impulso da industrial forestal, na modernización do sector coa promoción de construcións sostibles con madeira local, o uso da madeira como combustible e coa colaboración con outros sectores estratéxicos para desenvolver novos produtos.

 
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

Programación outono 2019

 

 

Evento Cultural

 Do 29/09/2019 ao 31/12/2019
 20:00h a 23:59h
 Teatro Principal A Estrada

ESTRADA ESCENA OUTONO 2019

Teatro Principal

 

SETEMBRO

✅ Día 29 ás 20.00 h – INVISIBLES, REDRUM TEATRO

 

OUTUBRO

✅ Día 04 ás 21.00 h -ELISA E MARCELA, A PANADARÍA TEATRO

✅ Día 05 ás 21.00 h -GALICIA, UN PAÍS DE LENDA, AACC A PONTENOVA

✅ Día 11 ás 21.00 h -NOITE DE HUMOR CON ÁLEX CLAVERO E J.J.VAQUERO

✅ Día 12 ás 20.30 h -MOSTRA DE CORAIS, FECOGA

✅ Día 19 ás 20.30 h -NOITE DE ZARZUELA, CORO LICEO DE VILAGARCÍA

✅ Día 19 ás 21.00 h -CONCERTO DE OUTONO DE CORAIS (Igrexa de Berres)

✅ Día 20 ás 20.00 h -OS OLLOS DE MISS MARGARETT,REBULIR

✅ Día 25 ás 21.00 h -TALLER DE CORAZONES, MUSICAL DE NAÍM THOMAS (O.T.)

✅ Día 26 ás 22.00 h -ARIZONA BABY EN CONCERTO

 

NOVEMBRO

✅ Día 08 ás 21.00 h -XAMÓN, XAMÓN, TIRINAUTAS

✅ Día 09 ás 20.30 h -CERTAME XX ANIVERSARIO DA CORAL POLIFÓNICA DE BERRES

✅ Día 16 ás 20.30 h -CONCERTO DE STA CECILIA, BANDA CULTURAL DA ESTRADA

✅ Día 17 ás 18.00 h -LUME NA LAREIRA

✅ Día 22 ás 21.00 h -CASA O REI, IBUPROFENO TEATRO

✅ Día 23 ás 20.30 h -CONCERTO DE STA CECILIA, BANDA MUNICIPAL DA ESTRADA

✅ Día 29 ás 20.00 h -FESTA DA POESÍA

✅ Día 30 ás 12.30 h -A HISTORIA DE BRANCAFLOR, OS SETE MAGNÍFICOS MÁIS UN

 

DECEMBRO

✅ Día 01 ás 20.00 h -VACAS, GUERRAS, PORCOS, QUICO CADAVAL

✅ Día 14 ás 20.30 h -CONCERTO DE CORAIS DE NADAL

✅ Día 20 ás 21.00 h -CONCERTO DO OBRADOIRO DE MÚSICA MODERNA CARLOS BARRUSO

✅ Día 21 ás 20.30 h -CONCERTO DE FIN DE ANO

✅ Día 22 ás 17.30 h -ENCONTRO DE COROS PARROQUIAIS(Igrexa de San Paio)

✅ Día 26 ás 12.30 h -A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA ISO NA CABEZA, A XANELA DO MAXÍN

✅ Día 27 ás 12.30 h -ANIMAIS DE COMPAÑÍA, TEATRO DO NOROESTE

✅ Día 28 ás 12.30 h -A GALIÑA AZUL, TANXARINA TÍTERES

✅ Día 28 ás 20.30 h -GALA NADAL DO TELECLUB DA COMEDIA

✅ Día 30 ás 12.30 h -FÍOS, BAOBAB TEATRO

 

 

EXPOSICIÓNS SALA ABANCA

✅ Do 16 ao 22 setembro: EXPO FOTOGRÁFICA, ANTÍA EXPÓSITO

✅ Do 01 ao 13 outubro: EXPO PINTURA BISTURÍ E COMEZOS, GAXDALY AMEIJEIRAS

✅ Do 21 outubro ao 2 novembro: EXPO PINTURA A MULLER E OS ELEMENTOS, MARÍA GANDÁSEGUI

✅ Do 18 ao 30 novembro: EXPO PINTURA MANCHAS DE CORES, ESTUDIO DENOVENDIANTE

✅ Do 02 ao 08 decembro: EXPO PINTURA CORES CON PALABRAS, ASOCIACIÓN GALEGA DAS ARTES

Publicado en Portada | Deja un comentario

III Andaina Solidaria ‘Os Camiños da Memoria’

Arredor de 250 persoas participaron na tarde deste sábado na III Andaina Solidaria ‘Os Camiños da Memoria’ , impulsada por Agadea. Na camiñata participaron veciños e representantes da Corporación municipal, co alcalde, José López, á cabeza. Partindo da praza consistorial, houbo dúas rutas, unha máis longa, por Figueiroa e subido por Aguións e outra máis curta, polo casco urbán.

Publicado en Portada | Deja un comentario