A programación da Semana do Deporte da Estrada comezou na mañá deste sábado cunha ruta infantil BTT na que participaron un bo número de nenos e nenas, acompañados de familiares.
A programación da Semana do Deporte da Estrada comezou na mañá deste sábado
A 33ª Feira do Moble de Galicia arranca o día 18 co reto de superar os 12.000 visitantes
O recinto feiral da Estrada acolleu este mediodía a rolda de
prensa de presentación da 33ª Feira do Moble de Galicia, que se celebrará do 18 a0 22 de setembro e que parte co reto de superar a cifra de 12.000 visitantes. Así o expresaron nas súas intervencións a directora xeral de Comercio, Sol Mª Vázquez; o alcalde da Estrada, José López; e a vogal da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa Lucía Pedroso.
Ademais de presentar unha revista promocional do certame, da que se distribuirán preto de 4.500 exemplares, os presentes precisaron que nesta edición participarán na feira 61 firmas procedentes de diferentes puntos de Galicia, pero tamén de Portugal, Asturias, Salamanca, Alicante, Valladolid, Toledo e Bizkaia. O recinto feiral da Estrada abrirá de 11.00 a 20.00 horas ininterrompidamente e o
mércores 18 as entradas serán de balde, mentres que os demais días terán un prezo simbólico dun euro.
«Esta feira non se podería celebrar noutro lugar»
Tras afirmar que «unha traxectoria de 33 anos non é nada doado de conseguir», Sol Vázquez resaltou que «A Estrada é e seguirá a ser a capital do moble de Galicia e esta feira está para axudar a visualizar ese posicionamento». «A Feira do Moble de Galicia non se podería celebrar noutro lugar», enfatizou.
Pola súa parte, o alcalde da Estrada, José López, manifestou o seu desexo de que esta feira «sexa útil» como «un escaparate máis dirixido ao ámbito do mobiliario doméstico», mentres apuntou que o sector do moble estradense «está a vivir, posiblemente, o seu mellor momento histórico». Nembargantes, advertiu da «necesidade de que tódolos patronos da fundación sigan comprometidos con este proxecto e apoien as melloras que precisa o recinto feiral para conseguir que esta feira sexa un evento de referencia». «Desde as administracións debemos ser proactivos
para axudar ao sector a anticiparse á evolución do mercado e paliar os posibles efectivos dunha nova crise que parece aveciñarse», engadíu.
Neste senso, Lucía Pedroso resaltou o esforzo realizado polo sector local do moble para «adaptarse aos novos tempos e modernizarse tecnoloxicamente» e subliñou que empresas da zona tamén participan en misións organizadas para abrir novos mercados internacionais.
Ao remate da rolda de prensa, os presentes aproveitaron para visitar os traballos demantemento no pavillón 5, onde xa se renovaron as luminarias da planta superior e se está a pintar o exterior.
A ESTRADA ACOLLE MAÑÁ O «II ENCONTRO LEADER DE GALICIA», QUE ABORDARÁ O TURISMO COMO DINAMIZADOR DO MEDIO RURAL

O Concello da Estrada acollerá mañá a celebración
do «II Encontro Leader de Galicia», que abordará a relevancia das medidas Leader e do
turismo como dinamizadores do medio rural e que reunirá a representantes dos 24
Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs) de Galicia.
O evento, que dá continuidade ao celebrado o ano pasado no municipio coruñés do Pino,
comezará ás 10.00 horas coa apertura dunha carpa situada na Praza do Concello, na que
se distribuirá material promocional e turístico dos 24 GDRs e se proxectarán vídeos de
cada territorio Leader.
De forma paralela, para as 10.30 horas está programada no salón de plenos do
consistorio una mesa redonda sobre «O Leader no marco da nova PAC», que será
moderada polo presidente da Asociación de GDRs de Galicia, José Antonio Santiso
Miramontes, e que contará coa participación do subdirector de Relación de Apoio aos
GDRs de Agader, Javier Blanco; o coordinador da Red Estatal de Desarrollo Rural
(Reder), Víctor Jolín; o presidente da Red Española de Desarrollo Rural (REDR) e
secretario da Red Cántabra de Desarrollo Rural, Secundino Caso; e o xerente da Red
Asturiana de Desarrollo Rural, Luis Miguel González.
Con posterioridade, ás 12.00 visitará a carpa do II Encontro Leader de Galicia o
conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, que será recibido polo alcalde da
Estrada, José López; o alcalde de Rodeiro e presidente do GDR Pontevedra Norte, Luis
López; e polo presidente da Asociación dos GDRs de Galicia, José Antonio Santiso
Miramontes. Ademais, tamén estarán presentes a directora da Axencia Turismo de
Galicia, Nava Castro; e o director xeral de Agader, Miguel Ángel Pérez Dubois.
Premios Leader e degustación gratuíta
Arredor das 13.00 horas está programada a presentación dos Premios Leader e, a
continuación, ás 13.30 horas comezará unha degustación gratuíta e aberta a todo o
público de produtos gastronómicos típicos dos 24 territorios Leader de Galicia.
Xa pola tarde, ás 17.00 horas a carpa do evento acollerá a actividade «O programa
Leader e o turismo: grandes fitos turísticos», que incluirá a presentación dos seguintes
proxectos: Xeodestino Deza-Tabeirós, Senda dos Faros, Reserva da Biosfera MariñasBetanzos, Xeoparque Montañas do Courel e outros xeodestinos xestionados polos GDRs
como o Xeodestino Ancares-Courel ou o Xeodestino Condado-Paradanta.
Por último, este segundo Encontro Leader rematará cunha actuación musical do grupo
Odaiko e Vanesa Muela e cunha mostra de xogos tradicionais e populares, ambos na
Praza do Concello estradense.
Susana Camba: “A exclusión do noso idioma na zona infantil da Alameda demostra unha vez máis o que vimos denunciando desde hai meses, que o goberno do PP fai política lingüística para a galería”
A pesar de que formalmente a nova Alameda abriu ao público en plena campaña electoral das municipais, non foi até onte nove de setembro que se puxo en marcha a zona infantil. Este feito demostra, segundo indicou a concelleira do BNG, Susana Camba, que “a nova alameda non estaba rematada a mediados de maio, mais corría présa inaugurala para as eleccións”. “Sen embargo”, engadiu Susana Camba, “o que agora nos preocupa é que unha vez máis o PP despreza o noso idioma, e precisamente faino ante os máis cativos do noso concello que poden desfrutar estes días dos novos columpios”.
“A nosa lingua non existe no novo parque infantil da Alameda”, afirmou a concelleira nacionalista, “onde se poden ver claramente un cartel en perfecto castelán informando dos servizos de emerxencia e do concello”. “Xa o temos subliñado en máis dunha ocasión”, engadiu Susana Camba, “mais a pesar das reiteradas denuncias que fixemos desde o BNG, o goberno do PP esquece a nosa lingua para a que só ten ollos o 17 de maio”.
A concelleira do BNG recorda que “o PP votou a favor da ordenanza municipal de normalización lingüística, que di claramente no artigo 26 que o Concello de A Estrada fomentará a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, asociativas, culturais, deportivas e calquera outra dentro do ámbito municipal”. “Isto é o que di a normativa municipal”, explica Susana Camba, “mais a exclusión do noso idioma na zona infantil da Alameda demostra unha vez máis o que vimos denunciando desde hai meses, que o goberno do PP fai política lingüística para a galería, pero a efectos prácticos, como é neste caso e noutros que temos denunciado, seguen o catecismo centralista e españolista.”
A concelleira nacionalista insta ao goberno do PP “a mudar ao galego os sinais do espazo infantil da nova Alameda, non só para cumprir a ordenanza, senón por respecto á nosa lingua e para que os nenos e nenas da Estrada vexan con normalidade o noso idioma.”
—
A Casa das Letras acollerá a presentación do novo libro de Manuel Blanco Desar
Mañá mércores 11 de setembro, ás 20.15 h, na Casa das Letras, terá lugar a presentación da novela escrita por Manuel Blanco Desar Fuxir de Proxeria.
Publicada por Edicións Fervenza, a novela trata, en clave futurista, o tema da crise demográfica, un problema que afecta non só á realidade europea senón á Galicia do século XXI.
Blanco Desar é economista, avogado e politólogo, especialista en temas internacionais, dereito da competencia e políticas públicas europeas. Tamén é membro da Comisión de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega e do Patronato do Museo do Pobo Galego.
No acto estará acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística Valentín García e o alcalde da vila José López
SEMANA DO DEPORTE 2019-VOLTA O COLE
O Concello da Estrada, presenta a semana do Deporte 2019, na que se presentan unha serie
de actividades de carácter gratuito, abertas para toda a poboación, e que coincide ca volta a actividade
nos centros educativos para o curso 2019-2020.
As xornadas ofertan duas actividades cada día, e serán dende o sábado día 14 ata o domingo
día 22 de setembro. Hai actividades prácticas, charlas teóricas ou mesas redondas.
A forma de participar nas actividades será presencial, co que presentándose no lugar e no
horario de inicio da mesma, xa se pode participar na actividade. Deste xeito, téntase dar a coñecer a
realidade do deporte local e co inicio do curso escolar e do curso das escolas deportivas municipais, a
poboación teña un xeito de probar diversas actividades e coñecer outros aspectos do deporte actual.
As actividades ofertadas son as seguintes:
SÁBADO DÍA 14 DE SETEMBRO:
* Ruta infantil BTT. Praza do Concello. 10:30h. (Bikestrada e CC Estradense)
Idade: mínima 6 anos. Acompañados por un adulto. Avituallamento con merenda. Uso obrigatorio de
casco. Distancia: 13km. Desnivel: 200+m. Data límite de inscrición: xoves 12 de setembro. Inscricións
en : www.bikestrada.com
* Andaina Solidaria “Os camiños da Memoria”. Praza do Concello. 18:30h. (Agadea)
Inscrición solidaria: 5 euros en www.agadea.org ou presencial no centro de día do novo mercado da
Estrada ou por teléfono no 651981863. Actividades paralelas para toda a familia. Agadea Alzheimer.
DOMINGO DÍA 22 DE SETEMBRO:
* Ven o partido de 3ª!!! CD ESTRADENSE-CD PONTELLAS. Campo novo municipal. 19h. (CD
Estradense)
Acceso gratuito para todos os socios e todos aqueles que presenten o DNI no que figure nado/a en A
Estrada.
LUNS DÍA 16 DE SETEMBRO:
* EDM´S Xornada portas abertas. (Escolas Deportivas Municipais Concello da Estrada)
Judo. Tatami Fundación do Moble. De 16 a 18h.
Karate. Tatami Fundación do Moble. De 18 a 20h.
Deportes Alternativos. Estación de autobuses. A partir de 16h.
Patinaxe e Hockey. Pavillón de Figueroa. A partir das 17h.
Baile deportivo. Escola Sondodance. A partir das 17h.
Tenis. Pistas municipais. A partir das 17h.
Ximnasia. Ies nº 1. A partir das 17h.
Tenis de mesa. Sala Gradin. A partir das 17h.
Bádminton. Pavillón Coto Ferreiro. A partir das 17h.
* Mesa Redonda. “Muller e Deporte”. MOME. 20h.
Modera: Terio Carrera. Participan: Antía García (campiona mundial de socorrismo), Zulema González
(árbitro internacional de fútbol), Sara Vázquez (adestradora nacional de fútbol-nivel III), Ainhoa
Lacorzana (xogadora Celta Baloncesto Feminino LF2. Internacional española en todas as categorías
inferiores)
MARTES DÍA 17 DE SETEMBRO:
* ¿Coñeces o fútbol gaélico?. Campo Manuel Regueiro. 18h. (Irmandinhos FG)
* Charla. “Primeiros Auxilios e utilización desfibrilador”. MOME. 20h. (AVPC A Estrada)
MÉRCORES DÍA 18 DE SETEMBRO:
* Xornada portas abertas. Pistas de padel. De 16 a 18:30h. (Estrada Padel)
* Mesa Redonda. “Deporte de Elite”. MOME. 20h.
Modera: Terio Carrera. Participan: Alex Marque (ciclista Sporting de Portugal. Gañador da Volta a
Portugal), Gustavo César Veloso (ciclista PortoW52. 2 veces gañador da Volta a Portugal), Paula Lema
(árbitro Liga DIA Feminina Baloncesto) e Borja Golán (2 veces campión de Europa de squash e 16
veces campión de España)
XOVES DÍA 19 DE SETEMBRO:
* Clinic práctico baloncesto Obradoiro CAB . Pavillón Coto Ferreiro. De 18 a 20h. (CAB
Obradoiro/Edm A Estrada Baloncesto)
Prazas limitadas: 50. Inscrición dende o xoves día 12 de setembro. Asignación ata esgotar as mesmas
por orde de inscrición no correo eléctrónico: deportes@aestrada.es indicando nome, apelidos, teléfono
de contacto e data de nacemento. Nenos /as nados/as entre os anos 2004 e 2009. Entrada para o
partido de liga ACB Monbús Obradoiro-Barça. 27/10/2019.
* Charla. “Nutrición e alimentación saudable”. MOME. 20h. (Clara Torres)
VENRES DÍA 20 DE SETEMBRO:
* ¿Corremos pola estrada? Iniciación o atletismo. Pavillón Coto Ferreiro. 18h. (Atletismo A
Estrada, CD San Paio, CAI A Estrada)
* Mostra automobilismo. Praza do Concello. Dende 18h. (Escuderías Motor A Estrada)
SÁBADO DÍA 21 DE SETEMBRO:
* Ruta sendeirismo Goza do Ulla. Ponte de Ximonde. 9:30h. (Senderuta)
* Xornada de xadrez “Enrócate”. Casa das Letras. Dende 10h. (Club Xadrez a Estrada)
DOMINGO DÍA 22 DE SETEMBRO:
* Gimkana ciclista infantil. Praza do Concello. 11h. (CC Estradense)
Idade: menores de 16 anos. Circuito de habilidade. Os participantes deberán de demostrar a sua
destreza sobre a bicicleta. Os elemenetos de habilidade estarán adaptados segundo a idade e a
destreza.
* Clausura tempada piscinas municipais. Portas Abertas. Dende 13:30h.
Actividades CNS e Sincroburbullas.
* CELTA ZORKA RECALVI (Liga Feminina 2 Baloncesto) – OLIVAIS COIMBRA (Campión Liga
Portuguesa Feminina) . Pavillón Coto Ferreiro. 19H. (Celta Feminino Baloncesto/ Edm A Estrada
Baloncesto)












































